Idiomas: Español / English
Pazo de Raxoi, 2º andar
15705 Santiago - A Coruña
Tel.: +34 981957202
Directorio de contactos
ACTUALIDADE
O Consello da Cultura Galega realizou no serán deste xoves unha sesión plenaria na que aprobou a organización dunha grande homenaxe ás Irmandades da Fala con motivo do centenario da súa constitución, que terá lugar en 2016. Isto concrétase na celebración de tres seminarios e unha exposición, que supoñen unha revisión dos presupostos ideolóxicos e a contextualización deste movemento. Na sesión deuse a coñecer o redeseño da plataforma web culturagalega, que estreará dominio .gal, e a incorporación ao máximo órgano de decisión do CCG do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, como membro nato.

Santiago, 24/03/2015
O Consello da Cultura analiza mañá como lle afectan ao ensino artístico os novos plans de estudo

Santiago, 23/03/2015
As políticas culturais abren o ciclo Desafíos do ecosistema cultural galego ante a Axenda Europa 2020

Eventos
Ana Abad Carlés no ciclo O(s) sentido(s) da(s) cultura(s)
Xoves, 23 de abril ás 17 horas
DESAFÍOS DO ECOSISTEMA CULTURAL GALEGO ANTE A AXENDA EUROPA 2020. Segunda sesión: XESTIÓN CULTURAL
Martes, 26 de maio de 2015
Exposicións
Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí
Río de Xaneiro (Brasil), do 8 de marzo ao 31 de marzo
BUSCADOR
DESTACADO
Publicacións dixitais
Xa están dispoñibles a publicacións que recollen as achegas dos congresos Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada (2013) e Mil e un Cunqueiros (2011). Máis de dúas mil páxinas e cen textos que ofrecen novas olladas de dúas das personalidades máis destacadas da nosa cultura. Descubre unha nova forma de ler.

No bico un cantar
500 nenos e nenas de toda Galicia cantarán a Cabanillas o 5 de xuño en Cambados

Especial Letras Galegas 2015: Filgueira Valverde
A el se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. Aquí poderás escoitar a súa propia voz, descubrir novas imaxes e ver todos os contidos que o CCG fará ao longo do ano.


O Grupo escolar Hijos de Limodre
Esta escola foi construída grazas ao empeño de D. Juan Varela Grande, emigrante nacido nesta parroquia e residente na Habana, que liderou a un grupo dos seus conveciños, emigrantes coma el, na recadar fondos que mandar a súa terra natal para construír unha escola para os nenos de Limodre. O edificio escolar foi inaugurado en 1927 e na actualidade funciona como local social.

Descarga a primeira edición de Follas Novas
Coincidindo coa segunda xeira do Congreso Internacional Rosalía de Castro e o seu tempo ofrecémosche a descarga da primeira edición deste emblemático libro de Rosalía de Castro.




publicacións

Divulgación »

O emprego cultural en Galicia
OBSERVATORIO DA CULTURA GALEGA

Podes consultar e descargar o informe O emprego cultural en Galicia
Divulgación »

Documentación »

ARQUIVO DA EMIGRACIÓN GALEGA
A Casa-escola de Entenza, construída polos emigrantes da parroquia en Arxentina

A Sociedade "Fomento y Educación Hijos de Entienza" en Arxentina, creada en 1920, tiña como lema "fomento, educación y ayuda mutua".
Sen esquecerse dos seus parroquianos, nos anos 20 do pasado século, mandaron cartos para construír un cemiterio na súa vila natal.
Logrado este proxecto, centráronse na construción dun moderno edificio escolar para que os nenos e nenas da parroquia accederan á educación. Ademais nun amplo salón, habilitouse unha biblioteca para todos os veciños. A casa-escola foi inaugurada en 1932.
Actualmente o edificio, moi modificado tras a súa rehabilitación en 1996, funciona como centro sociocultural a disposición dos veciños.
Divulgación »

Ángel Jorge Echeverri

1904 - 1984. Un continuador da escola de Anatomía de Rodríguez Cadarso
DOCUMENTAL. A luz do negro»
A luz do negro. O volframio da Brea e o poboado do Fontao

Documental construído a partir do rexistro documental realizado para o Arquivo Sonoro de Galicia das vivencias das mulleres e homes que traballaron na mina da Brea (Vila de Cruces). Promovido pola Comisión de Igualdade e dirixido por Encarna Otero, este documental reflicte o duro traballo de aqueles que na posguerra apostaron polo tráfico e e comercialización de volframio.
DOCUMENTAL. 30 anos imaxinando país»
30 anos imaxinando país

O Consello da Cultura Galega cumpriu 30 anos en 2013. É pouco tempo na vida dunha institución pero permite xa identificar e recoñecer a súa traxectoria. O presente documental, realizado por Toño Chouza, e a dirección de proxecto de Manuel Gago e Cristina Mouriño, recolle a traxectoria, misión e visión do Consello da Cultura Galega.
Convocatoria de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez
Unha de creación e outra de investigación para contribuír a difundir a cultura galega, notablemente no mundo francófono
Kit para a normalización en rede
Revisamos e actualizamos o Kit con novos contidos para a planificación lingüística do galego
Sempre en Galiza
Sempre en Galiza cumpre setenta anos da súa publicación, así o celebramos
Fernández del Riego, correspondente para América
Accede os artigos que enviou ás revistas da diáspora
Documentos de traballo
Consulta todos os informes do Observatorio da Cultura Galega
Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada
Congreso internacional celebrado entre febreiro e xuño de 2013
ÚLTIMAS ACTIVIDADES CELEBRADAS »
12 de marzo de 2015
Ciclo |
12 de marzo de 2015
Ciclo |
É unha institución independente creada polo Estatuto para promover e difundir a lingua e a cultura galega e asesorar ás Administracións neses ámbitos
O CCG está constituído por unha ampla representación de profesionais, creadores e divulgadores da cultura galega
O CCG créase en 1983 recollendo a tradición cultural do galeguismo.O primeiro presidente foi Ramón Piñeiro
Entre as liñas de traballo do CCG están a visibilidade internacional da lingua e cultura galegas e a prestación de servizos de coñecemento aos cidadáns
Consello da Cultura Galega en Facebook Consello da Cultura en Twitter

MAPA INTERACTIVO

MAPA INTERACTIVO »
Equipamentos culturais
MAPA INTERACTIVO »

MAPA INTERACTIVO

As escolas da Emigración
Recuperación do legado educativo da emigración

ROTEIROS

ROTEIROS »
Roteiros da Cultura
Viaxes temáticas a redor do noso territorio
  • O Mapa Cultura Galego é un amplo directorio de equipamentos e infraestruturas culturais en toda Galicia, xeolocalizadas

Identidade | Perfil do contratante | Lei de Transparencia | Aviso Legal | | Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela - A Coruña. Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 9819572055 |

    Acción exterior do Consello da Cultura Galega

  • Convenios e colaboracións
  • Exposicións
  • Recuperación documental
  • Centros de estudos galegos
  • Congresos da AIEG