Idiomas: Español / English
Pazo de Raxoi, 2º andar
15705 Santiago - A Coruña
Tel.: +34 981957202
Directorio de contactos
ACTUALIDADE
Lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa é unha publicación que se achega a esta zona xeográfica desde a perspectiva histórica, antropolóxica pero sobre todo lingüística. O volume, foi presentado esta mañá por Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Ernesto González, director do Instituto da Lingua Galega (ILG) e Xulio Sousa un dos tres editores deste volume xunto con Rosario Álvarez e Marta Negro. Villares destacou na presentación a metodoloxía e o rigor científico co que se achega a esta realidade así como a colaboración institucional que o fixo posible. A publicación xa se pode descargar desde o web do CCG.

Santiago, 15/01/2015
O Consello da Cultura Galega presenta Gallaeciae Monumenta Historica, un proxecto para documentar a Galicia medieval

Santiago, 08/01/2015
O Consello da Cultura Galega acolle este serán unha sesión plenaria extraordinaria

Exposicións
Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia

En Fene, do 8 ao 15 de xaneiro (ampliado ata o 31)
Valle Inclán traducido: outros verbos, novas lecturas

Do 10 de decembro ata o 8 de marzo, Madrid
BUSCADOR
DESTACADO
No bico un cantar
500 nenos e nenas de toda Galicia cantarán a Cabanillas o 5 de xuño en Cambados

Gallaeciae Monumenta Historica
Nove Publicacións dixitalizadas, máis de tres mil documentos, estudos, materiais...todos o corpus documental nun único sitio web para descubrir a Galicia medieval

Epistolarios. Luís Seoane
Entre Arxentina e Galicia, máis de 1600 cartas para coñecer as relacións de Seoane cos intelectuais das súas dúas patrias.




publicacións

Divulgación »

O emprego cultural en Galicia
OBSERVATORIO DA CULTURA GALEGA

Podes consultar e descargar o informe O emprego cultural en Galicia
Divulgación »

Documentación »

ARQUIVO DA EMIGRACIÓN GALEGA
O Grupo escolar Hijos de Limodre

Esta escola foi construída grazas ao empeño de D. Juan Varela Grande, emigrante da parroquia en Cuba, que liderou a un grupo dos seus paisanos para recadar fondos, que enviaron a súa terra natal. O edificio escolar foi inaugurado en 1927 e alí estudaron centos de nenos da parroquia. Actualmente funciona como local social para os veciños.
Divulgación »

Ángel Jorge Echeverri

1904 - 1984. Un continuador da escola de Anatomía de Rodríguez Cadarso
DOCUMENTAL. A luz do negro»
A luz do negro. O volframio da Brea e o poboado do Fontao

Documental construído a partir do rexistro documental realizado para o Arquivo Sonoro de Galicia das vivencias das mulleres e homes que traballaron na mina da Brea (Vila de Cruces). Promovido pola Comisión de Igualdade e dirixido por Encarna Otero, este documental reflicte o duro traballo de aqueles que na posguerra apostaron polo tráfico e e comercialización de volframio.
DOCUMENTAL. 30 anos imaxinando país»
30 anos imaxinando país

O Consello da Cultura Galega cumpriu 30 anos en 2013. É pouco tempo na vida dunha institución pero permite xa identificar e recoñecer a súa traxectoria. O presente documental, realizado por Toño Chouza, e a dirección de proxecto de Manuel Gago e Cristina Mouriño, recolle a traxectoria, misión e visión do Consello da Cultura Galega.
Kit para a normalización en rede
Revisamos e actualizamos o Kit con novos contidos para a planificación lingüística do galego
Sempre en Galiza
Sempre en Galiza cumpre setenta anos da súa publicación, así o celebramos
Fernández del Riego, correspondente para América
Accede os artigos que enviou ás revistas da diáspora
Documentos de traballo
Consulta todos os informes do Observatorio da Cultura Galega
Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada
Congreso internacional celebrado entre febreiro e xuño de 2013
ÚLTIMAS ACTIVIDADES CELEBRADAS »
É unha institución independente creada polo Estatuto para promover e difundir a lingua e a cultura galega e asesorar ás Administracións neses ámbitos
O CCG está constituído por unha ampla representación de profesionais, creadores e divulgadores da cultura galega
O CCG créase en 1983 recollendo a tradición cultural do galeguismo.O primeiro presidente foi Ramón Piñeiro
Entre as liñas de traballo do CCG están a visibilidade internacional da lingua e cultura galegas e a prestación de servizos de coñecemento aos cidadáns
Consello da Cultura Galega en Facebook Consello da Cultura en Twitter

MAPA INTERACTIVO

MAPA INTERACTIVO »
Equipamentos culturais
MAPA INTERACTIVO »

MAPA INTERACTIVO

As escolas da Emigración
Recuperación do legado educativo da emigración

ROTEIROS

ROTEIROS »
Roteiros da Cultura
Viaxes temáticas a redor do noso territorio
  • O Mapa Cultura Galego é un amplo directorio de equipamentos e infraestruturas culturais en toda Galicia, xeolocalizadas

Identidade | Perfil do contratante | Lei de Transparencia | Aviso Legal | | Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela - A Coruña. Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 9819572055 |

    Acción exterior do Consello da Cultura Galega

  • Convenios e colaboracións
  • Exposicións
  • Recuperación documental
  • Centros de estudos galegos
  • Congresos da AIEG