O Arquivo da Emigración Galega conserva un amplo arquivo fotográfico composto por uns 8.000 documentos gráficos en diferentes soportes que actualmente están en fase de catalogación e dixitalización.
A temática destes fondos é moi variada, aínda que teñen unha maior presenza os aspectos referentes á emigración a América. Existen fondos específicos de persoeiros sobranceiros tanto no ámbito empresarial como cultural da emigración (Suárez Picallo, Elpidio Villaverde ou Tacholas, entre outros); un importante volume de fotografías do asociacionismo galego, de negocios de emigrantes, portos e barcos da emigración, festas, homenaxes, escolas, edificios, etc. Tamén dispoñemos dunha colección de carteis anunciadores e publicidade das compañías navieiras e de consignatarias de buques, postais da emigración, etc.Identidade | Perfil do contratante | Lei de Transparencia | Aviso Legal | | Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela - A Coruña. Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205