Co obxectivo de recuperar a voz dos protagonistas, o Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega asinou un convenio de colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) para a recuperación da memoria histórica e cultural de Galicia, a través da reprodución dos fondos procedentes do Proxecto Historga.
Este proxecto conserva unha colección de fontes orais resultado do esforzo conxunto de profesores e alumnos da Faculdade de Xeografía e Historia da USC coa colaboración de investigadores individuais e doutras institucións académicas, constituíndose nunha plataforma de recompilación de entrevistas sobre os máis diversos temas, así como de conservación e difusión de coleccións xa creadas.Identidade | Perfil do contratante | Lei de Transparencia | Aviso Legal | | Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela - A Coruña. Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205