Arquivo da Emigración Galega (CCG)
Cidade da Cultura de Galicia
Edificio da Biblioteca de Galicia, 1º andar
Monte Gaiás, s/n. CP 15707
Santiago de Compostela
aemigracion@consellodacultura.gal
Tel: +34 881 995 143 | +34 881 995 148
Noticia

O Consello da Cultura Galega e a Secretaría Xeral da Emigración reeditan o “Estudio sobre emigración”

En pleno éxodo migratorio a América, Eduardo Vincenti y Reguera publicou un texto que ofrecía informacións precisas e útiles para orientar aos que xa decidiran marchar. “Estudio sobre migración” foi un texto innovador no formato e atípico no seu contexto que agora o Consello da Cultura Galega e a Secretaría Xeral da Emigración reeditan en formato facsimilar dentro da colección Clásicos da Emigración. A presentación tivo lugar esta mañá a cargo dos responsables desas dúas entidades, Rosario Álvarez e Antonio Rodríguez Miranda, respectivamente, que destacaron a relevancia de poñer á disposición da sociedade unha obra que axuda a entender o fenómeno migratorio. Canda eles estaban o director do Arquivo da Emigración Galega, Xosé Manoel Núñez Seixas, e o autor do prólogo, Raúl Soutelo. A publicación xa se pode descargar deste o web do Consello da Cultura Galega.

Hai dúas características que converten a “Estudio sobre emigración” nun clásico contemporáneo. Dunha banda o seu formato de guía, con indicacións precisas e útiles encamiñadas a orientar ao emigrante de 1908 que decidía embarcarse cara a América. Eduardo Vincenti ofrece información detallada dese periplo, desde as condicións da viaxe (hixiene, alimentación, diferentes tipos de pasaxes...) ata as leis dos países de acollida, pasando polas casas consignatarias ou as compañías existentes para facer os traxectos. Doutra banda, porque ofrece unha visión da emigración libre de tópicos e centrada nas evidencias documentais e nos contextos internacionais. Estas dúas peculiaridades da obra pódense descubrir con detalle no prólogo elaborado por Raúl Soutelo, quen define a Eduardo Vincenti como “un publicista a prol da emigración”.
Eduardo Vincenti foi un destacado político galego do tempo da Restauración decimonónica. No Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega consta unha entrada sobre a súa figura na que destaca a preocupación que tivo polo desenvolvemento da educación e pola necesidade constante de melloras corporativas e profesionais para o Maxisterio. Foi, ademais, un importante publicista que publicou, ademais da obra que hoxe se reedita, “Estudios sobre las reformas penitenciarias” (1880) ou “La libertad de prensa” (1902).

Colección Clásicos da Emigración
“La emigración en Galicia” publicada por Ramón Castro López en 1923 foi o punto de apertura dunha colección de libros que, baixo o título “Clásicos da Emigración”, pretende ofrecer un reflexo fiel do que supuxo a emigración galega tanto para aqueles que a viviron desde os seus países de destino como para os que os viron marchar.

A colección está integrada por unha ducia de títulos de diferentes xéneros que hoxe en día son difíciles de atopar en bibliotecas ou librarías, e que así poden ser máis accesibles para o público investigador, mais tamén para calquera persoa interesada no tema. Reúne así as distintas perspectivas que marcaron un dos fenómenos demográficos máis importantes dos últimos séculos en Galicia a través de obras que abranguen tanto ensaios como literatura de ficción ou biografías, entre outros xéneros, escritos entre principios do século XX e os anos 60, aproximadamente. Cada un dos volumes está prologado por un especialista contemporáneo na materia, como Ramón Villares, Pilar Cagiao ou Raúl Soutelo, entre outros.

Arquivo da Emigración Galega
O Arquivo da Emigración Galega é un centro que desenvolve proxectos de investigación que intentan aproximarse ao fenómeno migratorio desde os máis diversos enfoques, cun carácter netamente interdisciplinar. Entre as súas áreas de traballo está a difusión de estudos sobre o fenómeno migratorio, a través de publicacións de obras de interese cultural e científico. Está dirixido por Xosé Manoel Núñez Seixas e conta entre os seus membros con Pilar Cagiao, Anxo Lugilde, Antía Perez ou Luís Domínguez.
DESTACADOS
Arquivo da Emigración Galega//Captación de fondos
Especial web// Arquivo da Emigración Galega
Fondos documentais//Novidade
Trátase dun primeiro instrumento de descrición das publicacións conservadas polo Arquivo da Emigración Galega en diferentes soportes (papel, dixitalizadas, microfilmadas, etc.), co fin de facilitar a súa localización aos investigadores e demais interesados na temática emigratoria
Documentos, fotografías, obxectos, películas....calquera formato que recolla a historia da emigración serve. O Arquivo da Emigracion Galega recupera este patrimonio no marco dun proxecto que abre novos camiños. Agora, o Concello de Ribadeo abre unha vía permanente para documentar o legado da emigración. Neste folleto tes toda a información.
A publicación que xuntou a intelectualidade galega residente en Arxentina nos anos 20
Entre Arxentina e Galicia, máis de 1600 cartas para coñecer as relacións de Seoane cos intelectuais das súas dúas patrias.
Últimas NOTICIAS
10/01/2020
O Consello da Cultura Galega e a Secretaría Xeral da Emigración reeditan o “Estudio sobre emigración”
10/12/2019
O Consello de Comunidades Galegas insta a poñer en marcha dúas propostas do Consello da Cultura Galega
12/11/2019
O Consello da Cultura Galega homenaxea os navegantes galegos en “Inventio mundi”
07/11/2019
Expertos destacan no Consello da Cultura Galega a profunda relación histórica coa Habana
07/11/2019
Un especial web pon en valor o labor social e cultural do Centro Galego da Habana
06/11/2019
Un congreso, unha exposición e un concerto profundan desde Santiago na conexión galega coa Habana
04/11/2019
A exposición “Os Adeuses” inaugúrase hoxe en Florida no marco dun congreso sobre hispanistas
31/10/2019
A presidenta do Consello da Cultura Galega reuniuse coa cónsul de Cuba en Galicia
18/10/2019
O Consello da Cultura Galega participou en Boal nun simposio que analiza a prensa da emigración
14/10/2019
Dispoñible na rede a versión actualizada do Repertorio da prensa galega da emigración

Consello da Cultura Galega en Facebook Consello da Cultura en Twitter

Identidade | Perfil do contratante | Lei de Transparencia | Aviso Legal | | Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela - A Coruña. Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205