Arquivo da Emigración Galega (CCG)
Cidade da Cultura de Galicia
Edificio da Biblioteca de Galicia, 1º andar
Monte Gaiás, s/n. CP 15707
Santiago de Compostela
aemigracion@consellodacultura.gal
Tel: +34 881 995 143 | +34 881 995 148
Noticia

A colección “Clásicos da emigración” incorpora unha novela de Antón Paz Míguez

“Da emigración. Notas d’un galego” é unha novela na que Antón Paz Míguez proxectou as duras condicións vitais e laborais dos galegos e galegas que sobrevivían lonxe da terra. É tamén o cuarto volume da colección Clásicos da emigración coa que o Consello da Cultura Galega (CCG) e a Secretaría Xeral da Emigración recuperan, en edición facsimilar e con estudos introdutorios, obras fundamentais para entender o fenómeno migratorio. O profesor e investigador Xavier Castro Rodríguez é o encargado de facer o estudo preliminar. Xunto coa publicación, o CCG presenta a entrada de Paz Míguez no Álbum de Galicia.

O cuarto volume da colección Clásicos da emigración recupera a novela “Da emigración. Notas d’un galego” escrita desde as anotacións dun galego fiel coñecedor dos universos galego e arxentino. Paz Míguez estruturou a novela como unha viaxe de ida e volta con final aberto, adobiada coas circunstancias e peripecias vividas polo protagonista ao longo de varios anos residindo na Arxentina. Pablo, o protagonista, vive un conxunto de peripecias persoais que o autor quere proxectar sobre o prototipo de emigrante galego: a dura viaxe no barco, o engano, a soidade, a situación do idioma, a visión pesimista da realidade, o retorno… Personaxes paradigmáticos, difíciles condicións humanas e aspectos de didactismo e ensinanza comúns marcan os alicerces dunha narración moi interesante, escrita en clave testemuñal para un mellor coñecemento do que foi a vida dos desterrados galegos.

Paz Míguez
O Consello da Cultura Galega acompañou a presentación desta publicación coa publicación da entrada do seu autor, Paz Míguez, no Álbum de Galicia. Naceu na Pobra do Caramiñal o 11 de xuño de 1911, onde vidiu ata os 18 anos, que emigrou a Arxentina. Primeiro estivo traballando nun negocio familiar na cidade portuaria de Rosario ata que decidiu trasladarse á capital do país. Paz Míguez coñeceu en primeira persoa a situación dos compatriotas galegos (condicións laborais, relacións humanas, desterro, morriña…), que acabaron sendo motivo esencial e recorrente das súas principais novelas: Da emigración. Notas d’un galego (1936) e O Adán que non quixo voltar ó Paradiso (1992). Realizou varias viaxes entre a Arxentina e Galicia e foi en Bos Aires onde acabou formando unha familia e pasou a derradeira etapa da súa vida. Faleceu no ano 2003.

Colección Clásicos da emigración
“La emigración en Galicia” publicada por Ramón Castro López en 1923 foi o punto de apertura dunha colección de libros que, baixo o título Clásicos da emigración, pretende ofrecer un reflexo fiel do que supuxo a emigración galega tanto para aqueles que a viviron desde os seus países de destino como para os que os viron marchar.
A colección está integrada por unha ducia de títulos de diferentes xéneros que hoxe en día son difíciles de atopar en bibliotecas ou librarías, e que así poden ser máis accesibles para o público investigador, mais tamén para calquera persoa interesada no tema. Reúne as distintas perspectivas que marcaron un dos fenómenos demográficos máis importantes dos últimos séculos en Galicia a través de obras que abranguen tanto ensaios como literatura de ficción ou biografías, entre outros xéneros, escritos entre principios do século XX e os anos 60, aproximadamente. Cada un dos volumes está prologado por un especialista contemporáneo na materia, como Ramón Villares, Pilar Cagiao ou Raúl Soutelo, entre outros.

Arquivo da Emigración Galega
O Arquivo da Emigración Galega é un centro que desenvolve proxectos de investigación que intentan aproximarse ao fenómeno migratorio desde os máis diversos enfoques, cun carácter netamente interdisciplinar. Entre as súas áreas de traballo está a difusión de estudos sobre o fenómeno migratorio, a través de publicacións de obras de interese cultural e científico. Está dirixido por Xosé Manoel Núñez Seixas e conta entre os seus membros con Pilar Cagiao, Anxo Lugilde, Antía Perez ou Luís Domínguez.
DESTACADOS
Explora as viaxes da emigración
Especial web// Arquivo da Emigración Galega
Fondos documentais//Novidade
Trátase dun primeiro instrumento de descrición das publicacións conservadas polo Arquivo da Emigración Galega en diferentes soportes (papel, dixitalizadas, microfilmadas, etc.), co fin de facilitar a súa localización aos investigadores e demais interesados na temática emigratoria
Documentos, fotografías, obxectos, películas....calquera formato que recolla a historia da emigración serve. O Arquivo da Emigracion Galega recupera este patrimonio no marco dun proxecto que abre novos camiños. Agora, o Concello de Ribadeo abre unha vía permanente para documentar o legado da emigración. Neste folleto tes toda a información.
A publicación que xuntou a intelectualidade galega residente en Arxentina nos anos 20
Entre Arxentina e Galicia, máis de 1600 cartas para coñecer as relacións de Seoane cos intelectuais das súas dúas patrias.
Últimas NOTICIAS
19/02/2021
O especial “Historias de ida e volta” dedica esta entrega a amosar o lecer na emigración
18/12/2020
O Consello da Cultura Galega sube á rede nova documentación sobre o fenómeno migratorio
09/12/2020
A colección “Clásicos da emigración” suma unha nova obra que amosa a Luís Seoane como poeta
04/12/2020
O Consello da Cultura Galega e a Secretaría Xeral da Emigración lembran o vínculo de Celanova con Cuba na inauguración da mostra “O soño cubano da emigración galega”
11/09/2020
O Consello da Cultura Galega inaugura na Coruña “Inventio mundi”, a mostra que afonda na historia da navegación galega
21/08/2020
O Consello da Cultura Galega colabora na difusión do legado da emigración na terceira edición de Ares Indiano
10/07/2020
A colección “Clásicos da emigración” incorpora unha novela de Antón Paz Míguez
28/06/2020
Poñemos na rede unha edición de "O estatuto de Galiza” no aniversario do seu plebiscito
03/04/2020
O Consello da Cultura Galega amplía a colección Clásicos da emigración con “Cousas gallegas” de Fortunato Cruces
10/01/2020
O Consello da Cultura Galega e a Secretaría Xeral da Emigración reeditan o “Estudio sobre emigración”

Consello da Cultura Galega en Facebook Consello da Cultura en Twitter

Identidade | Perfil do contratante | Lei de Transparencia | Aviso Legal | | Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela - A Coruña. Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205