Arquivo da Emigración Galega (CCG)
Cidade da Cultura de Galicia
Edificio da Biblioteca de Galicia, 1º andar
Monte Gaiás, s/n. CP 15707
Santiago de Compostela
aemigracion@consellodacultura.gal
Tel: +34 881 995 143 | +34 881 995 148
Noticia

O Consello da Cultura Galega inaugura na Coruña “Inventio mundi”, a mostra que afonda na historia da navegación galega

Acidade da Coruña puido desempeñar un papel histórico na navegación marítima. Noséculo XV,Carlos V quixo abrir desde a cidade herculina unha nova ruta para chegar asillas Molucas sen depender do porto de Sevilla. Para iso creou na Coruña a Casada Especiaría e con ela escribiuse a historia dun fracaso. Esta vía político-marítimaxestou catro expedicións que acabaron todas en desastre e da que non queda ningúnrastro na cidade herculina. Este é o relato que se narra en  “Inventio Mundi”, a mostra organizada polo Consello da Cultura Galega e pola Secretaría Xeral de Emigración. Esta exposición, comisariada por Ofelia Rey, inaugúrase este venres 11 na Fundación Barrié.

“Inventio mundi” non foi unha exposición doada. “É unha parte da historia de Galicia que se descoñece, que permaneceu practicamente invisibilizada e da que existen poucos documentos e materiais” explicou a comisaria Ofelia Rey. Por iso, unha das grandes fortalezas desta mostra está no relato, en explicar en pouco máis de trinta paneis unha historia da navegación galega que arranca nese interese comercial coas Illas Molucas e remata no século XVII, cando mudan as formas de navegación. Pero tamén está en recoñecer esa historia de navegación que chegou ata os nosos días a través do imaxinario popular e que recolle a nosa literatura.

A Coruña tivo un papel destacado nesta historia da navegación. A creación da Casa de Contratación da Especiaría supuxo un importante impulso económico para a cidade pero tamén un foco de atracción de piratas. A duración desta institución foi breve. En 1529, tan só sete años despois da súa creación, desapareceu como resultado dos acordos alcanzados entre España e Portugal no tratado de Zaragoza, no que se cedeu a Portugal os seus dereitos sobre as illas das Especias a cambio dunha gran suma de cartos.

A exposición estará aberta ata o día 25 de outubro e poderá visitarse segundo as condicións de seguridade establecidas pola Fundación Barrié, entidade que acolle esta mostra na súa sede. É a terceira itinerancia dunha mostra que se inaugurou en 2019 no Museo de Pontevedra co interese dar a coñecer as repercusións que tivo para Galicia a primeira circunnavegación da Terra, a expedición de Magalhães-Elcano, cando se conmemoraba o quinto centenario da súa partida.

A Galicia navegante no imaxinario literario
A posición atlántica de Galicia é fundamental para comprender a especificidade da cultura galega. Por iso, a través de “Inventio mundi” tamén se recupera como se mantiveron no noso imaxinario popular os feitos históricos. Na literatura galega medieval, o Atlántico é o Mar Maior, cantado por Paio Gómez Chariño, o poeta almirante sepultado na igrexa de San Francisco de Pontevedra, a Boa Vila, porto importante aínda a fins do século XV. Pero hai máis, a historia do Colón pontevedrés; o Fernando de Magalhães que naceu na aldea de Magaláns, na mesma ría; pero tamén na literatura contemporánea en obras como “O triángulo inscrito na circunferencia” de Víctor Freixanes, entre moitas outras achegas. Unha conexión que tamén está presente na mostra e sobre a que se afondará nunha das actividades complementarias previstas. O vindeiro día 18, Pemón Bouzas, Marilar Aleixandre e Manuel Bragado, coordinados por Olivia Rodríguez, participarán no parladoiro “A Galicia navegante no imaxinario literario” e nel afondarán, a través das súas propias experiencias, na relación entre a literatura galega e as historias de navegacións mariñas.

A navegación histórica
O relato da navegación galega comeza coa epopea de Magalhães, que descobre unha nova ruta para ir ás illas Molucas, a das especias, pero sen ter que pasar polos territorios adxudicados a Portugal no Tratado de Tordesillas (1494). Como é sabido, Magalhães morreu na ruta pero regresou Elcano, que tentou explorar esa nova ruta. Por aquel entón Carlos V non tiña interese en reforzar o comercio de Sevilla con América e aproveitou as circunstancias políticas para crear na Coruña unha casa de contratación (da que non queda resto ningún). Iníciase así un intento de explotar o mercado con América desde Galicia. Esa nova vía político-marítima concretaríase nun proxecto de colonización e cinco expedicións, das que só se fixeron catro.

A exposición dá conta desas catro viaxes, do tipo de embarcacións empregadas e dos nomes propios dos seus promotores e executores. “As expedicións foron un auténtico fracaso en canto ao que se pretendía perseguir (abrir unha vía de comercio coas Molucas sen ter que depender de Portugal), nas que morreron moitísimos homes (moitos deles galegos), nas que non se obtivo ningún beneficio” explica Ofelia Rey. Pero, ao mesmo tempo, a comisaria recoñece que foron moi positivas vistas con ollos de hoxe. “Permitiunos ver as prospeccións xeográficas, o cartografado da costa e un relato dunha tentativa truncada dun peso relevante de Galicia no comercio coas Américas” explicou.

A primeira das expedición tivo lugar en 1524, que é cando sae do porto da Coruña a carabela “Anunciada”. Á fronte está Estevão Gomes, que busca un paso entre o Atlántico e o Pacífico e abrir deste xeito unha alternativa ás Molucas polo norte. Aínda que fracasou no seu intento, percorreu a costa americana desde Terranova, a Terra dos Bacallaus, ata Florida.

A segunda foi a de García Jofre de Loaysa, que arrincou o 24 de xullo de 1525 seguindo a ruta tradicional. Malia que saíu unha armada de sete naves, once anos despois só dúas ducias de superviventes regresaron a Europa.

En 1527 saíu desde o cabo de Fisterra a terceira das expedicións. Tres barcos capitaneados por Diego García de Moguer, un experimentado mariño. Nunca chegou ao seu destino, acabou explorando o río Paraná e o Paraguai e volveu a España por Sevilla sen cumprir o seu mandato.
A cuarta e última expedición foi a de Simón de Alcazaba, navegante portugués ao servizo da Coroa de Castela. En palabras da comisaria, “foi un fiasco mesmo antes de partir porque este navegante aproveitou todo o seu mando para defraudar a Facenda”.

Nesta historia da navegación sobresaen varias figuras galegas. Unha delas é a de Sebastián de Ocampo, que demostrou o carácter insular de Cuba. Outra é Fernando de Andrade (1477-1540), home chave e sempre presente nos proxectos que relacionaron Galicia coa empresa oceánica. Outro nome que ter en conta é o de Gómez Pérez das Mariñas, que tivo importantes iniciativas náuticas no Pacífico. E, por suposto, Sarmiento de Gamboa, que foi moi prolífico en relatos de alto interese histórico e unha figura fundamental para entender a cartografía posterior.
DESTACADOS
Explora as viaxes da emigración
Especial web// Arquivo da Emigración Galega
Fondos documentais//Novidade
Trátase dun primeiro instrumento de descrición das publicacións conservadas polo Arquivo da Emigración Galega en diferentes soportes (papel, dixitalizadas, microfilmadas, etc.), co fin de facilitar a súa localización aos investigadores e demais interesados na temática emigratoria
Documentos, fotografías, obxectos, películas....calquera formato que recolla a historia da emigración serve. O Arquivo da Emigracion Galega recupera este patrimonio no marco dun proxecto que abre novos camiños. Agora, o Concello de Ribadeo abre unha vía permanente para documentar o legado da emigración. Neste folleto tes toda a información.
A publicación que xuntou a intelectualidade galega residente en Arxentina nos anos 20
Entre Arxentina e Galicia, máis de 1600 cartas para coñecer as relacións de Seoane cos intelectuais das súas dúas patrias.
Últimas NOTICIAS
18/12/2020
O Consello da Cultura Galega sube á rede nova documentación sobre o fenómeno migratorio
09/12/2020
A colección “Clásicos da emigración” suma unha nova obra que amosa a Luís Seoane como poeta
04/12/2020
O Consello da Cultura Galega e a Secretaría Xeral da Emigración lembran o vínculo de Celanova con Cuba na inauguración da mostra “O soño cubano da emigración galega”
11/09/2020
O Consello da Cultura Galega inaugura na Coruña “Inventio mundi”, a mostra que afonda na historia da navegación galega
21/08/2020
O Consello da Cultura Galega colabora na difusión do legado da emigración na terceira edición de Ares Indiano
10/07/2020
A colección “Clásicos da emigración” incorpora unha novela de Antón Paz Míguez
28/06/2020
Poñemos na rede unha edición de "O estatuto de Galiza” no aniversario do seu plebiscito
03/04/2020
O Consello da Cultura Galega amplía a colección Clásicos da emigración con “Cousas gallegas” de Fortunato Cruces
10/01/2020
O Consello da Cultura Galega e a Secretaría Xeral da Emigración reeditan o “Estudio sobre emigración”
10/12/2019
O Consello de Comunidades Galegas insta a poñer en marcha dúas propostas do Consello da Cultura Galega

Consello da Cultura Galega en Facebook Consello da Cultura en Twitter

Identidade | Perfil do contratante | Lei de Transparencia | Aviso Legal | | Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela - A Coruña. Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205