Ben-Cho-Shey
Ourense, 1896 - Madrid, 2/5/1988Autoría: Patricia Arias Chachero
Mestre e político galeguista, Ben-Cho-Shey foi o gran valedor da cultura galega no Madrid dos anos da posguerra
Naceu en Ourense o 5 de abril de 1896. Foi o primeiro fillo dos catro -dous nenos e dúas nenas- que tería o matrimonio formado por Dolores Fernández Antelo e Pío Ramón Ogea. Cursou os primeiros estudos no Colexio San José de Calasanz, fundado e dirixido polo seu pai, un comprometido e coñecido pedagogo, director do Boletín del Magisterio e profesor auxiliar de Letras na Escola Normal, a quen Otero Pedrayo dedicará un dos capítulos de O libro dos amigos e a quen o seu fillo parece deber a súa temperá vocación docente.
Entre 1906 e 1912 estuda o bacharelato en Ourense e, máis tarde, maxisterio na mesma cidade, onde cadra con Vicente Risco. O ambiente cultural no que se move nestes primeiros anos, lévao a compartir experiencias con mozos tan brillantes como Blanco Amor, Xavier Bóveda, Eugenio Montes ou Cándido Fernández Mazas. En 1915 aproba a reválida de mestre de Ensino Primario e seis anos despois, o 29 de decembro de 1921, utiliza por vez primeira o pseudónimo que popularizará e que mesmo chegará a substituír o seu verdadeiro nome, Ben-Cho-Shey, co que asina en La Zarpa, desde o Campamento de Tistutín, as crónicas da Guerra de Melilla. En 1995 os artigos desta época recóllense no volume Crónicas de Marruecos. En realidade, non era esta a súa primeira experiencia como escritor. Hoxe sabemos que se estreara en O Tío Marcos da Portela con «Deliraba», un relato breve, aparecido o 7 de novembro de 1918 baixo o nome de Xan Fouciño.
En 1923 obtén o título de Mestre Nacional na Escola Superior de Madrid e en 1925 ingresa por oposición na profesión. Como mestre defenderá sen descanso a necesidade dunha fonda renovación pedagóxica e a galeguización das nosas escolas. Os seus primeiros destinos serán na escola de Cariño e na de Santa Marta, no concello do Pereiro de Aguiar, a poucos quilómetros da súa cidade natal. Froito da experiencia en Cariño xorde a idea de emprender viaxe a pé a Santo André de Teixido no verán de 1927, xunto a Risco e Otero Pedrayo. Este último contounos a experiencia no libro Pelerinaxes I, publicado en 1929 pola editorial Nós. Froito da docencia en Santa Marta xorde o ensaio Santa Marta de Moreira. Monografía dunha parroquia ourensá (1925-1935), preparada seguindo os modelos de estudo do Seminario de Estudos Galegos, e publicada en 1969 con prólogo de López Cuevillas e debuxos de Risco e Xoaquín Lorenzo. A obra inclúe unha separata sobre o barallete, a lingua de paraugueiros e afiadores que coñecía ben grazas á estadía na parroquia ourensá.
A finais de 1925 aparece a primeira colaboración de Ben-Cho-Shey en Nós, un breve artigo sobre o xogo infantil da raqueta publicado no «Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galicia». Nesta mesma sección incluiranse a totalidade dos seus traballos nesta senlleira revista. O 15 de xaneiro do 27, un feixe de cantigas dedicadas a Santo André de Teixido, transcritas en Cariño. Ao mes seguinte «Flok-lore de Cariño» e dúas breves oracións, unha a San Miguel e outra
pra denantes de se deitar. Ese mesmo ano, no número 41, un breve conto didáctico recollido en Caspiñón, en Santa Marta de Moreiras. Os protagonistas, tres irmáns, acordan saír polo mundo adiante sen saber falar o castelán. A súa inxenuidade causaralles non poucos problemas. Desde Santa Marta asina, o 15 de xuño de 1927, «Ditos referentes ás xentes e pobos» e o 15 de maio de 1929 unha segunda entrega baixo o mesmo epígrafe, recollidos esta vez na parroquia de Gonade, na Limia, e en Mixós, no val de Moreiras. Del son tamén os índices que se inclúen na reedición da revista Nós no ano 1979.
A estancia estival en Mixós serviulle ademais para preparar o seu discurso de ingreso no Seminario de Estudos Galegos, lido o 2 de outubro de 1928. Este estudo, sobre a igrexa de Santa María de Mixós e as aras romanas, editouse nun caderno, na editorial Nós, dentro da colección da Sección de Arqueoloxía do Seminario de Estudos Galegos, asinado con outros dous membros do Seminario, Bouza Brey e Fontes Canal.
Ademais de ingresar no Seminario, en 1928, o comprometido pedagogo galeguista percorre Francia e Bélxica visitando escolas de discapacitados intelectuais cunha bolsa que lle conceden as deputacións de Ourense e Pontevedra. En 1931 casa coa xienense María Isabel Algarra Díaz. Catro anos despois aproba as oposicións pertinentes e convértese en inspector, logrando o seu primeiro destino en Lugo, onde decontado asume a presidencia do Partido Galeguista e traballa a prol do Estatuto de Autonomía. Candidato a deputado nas eleccións do 16 de febreiro de 1936, a guerra sorpréndeo na cidade das murallas. Ramón Piñeiro e Ánxel Fole pasan algúns días agochados na súa casa. Tras ser suspendido de emprego e soldo durante tres meses, obrígano a trasladarse fóra de Galicia. Exercerá en Cáceres entre 1937 e 1951 e en Toledo desde ese ano até a súa xubilación en 1967.
En 1943 noméano correspondente da Real Academia Galega. O 25 de abril de 1947 publica o seu primeiro artigo en galego no xornal La Noche e, no mesmo ano, nace a súa única filla. En maio de 1955, con motivo da comuñón da nena, o seu pai manda imprimir Ofrenda lírica á nena María Isabel Ramón Algarra, un fermoso libriño que lles regala aos asistentes ao banquete e que contén nove sonetos en galego redactados ad hoc por escritores tan prestixiosos como Pedrayo, Bouza Brey ou Cabanillas. É, en palabras de Alonso Montero,
o primeiro sonetario colectivo da literatura galega.
No último tramo da súa vida instálase coa familia en Madrid, onde exerce como amable e entusiasta animador da cultura galega. Vinculado ao Centro Galego e á fundación do grupo Brais Pinto, á súa mesa no café Gijón acoden cantos galegos visitan a capital e o seu piso na rúa Martín de los Heros recibe, con frecuencia, a visita de mozos estudantes e amigos galeguistas. Entre 1952 e 1954 preside, con Cabanillas, o grupo Castelao de mozos universitarios en Madrid. Ademais, Ben-Cho-Shey asume voluntariamente a pesada e desagradable tarefa de tramitar no ministerio a censura previa dos volumes da editorial Galaxia.
Os traballos de tema histórico, arqueolóxico, etnográfico e pedagóxico sucédense en revistas e xornais. En febreiro de 1968, unha comisión constituída por Pedrayo, Alonso Montero, Celso Emilio Ferreiro, Gamallo Fierros e outros intelectuais convoca unha homenaxe co gallo do seu oitenta aniversario. En 1969, Isaac Díaz Pardo e un feixe de amigos anímano para que dea ao prelo Catón galego, un método de lectura preparado antes de 1936 que evidencia as súas preocupacións pedagóxicas e lingüísticas.
En recoñecemento ao seu esforzo e como mostra de admiración e gratitude, en 1977, Isaac Alonso Estraviz e Alonso Montero preparan Galicia no corazón, unha significativa colectánea dos seus artigos coa que se lle rende pública homenaxe. En abril de 1988, fina en Madrid a súa muller; apenas quince días despois, o 2 de maio, falece Ben-Cho-Shey. Incinerado na capital, o 6 de maio de 1988 o seu corpo foi soterrado no cemiterio de Ourense, baixo unha campa onde, aínda hoxe, se pode ler:
Quedan suprimidas tódalas homenaxes postmortem porque as cousas ou se fan ao seu tempo ou non se fan.
OBRA
Arturo Vázquez Núñez e o seu tempo, Madrid, Centro Galego, 1952
Geografía popular toledana, Madrid, 1965
Prosper Henri-Devos, Cartas de Galicia, Galaxia, Vigo, 1968 (Estudoo, tradución e notas de José Ramón Fernández-Ogea)
Santa Marta de Moreiras (Monografía dunha parroquia ourensán, 1925-1935), Vigo, Castrelos, 1969
Catón Galego , Sada, Ediciós do Castro, 1969
La Iglesia y el Panteón de Santa Mariña do Castro de Amarante, A Coruña, Imprenta Moret, 1973
Galicia no corazón, Sada, Ediciós do Castro, 1977
Escudos de Lugo, Lugo, Celta, 1979
Crónicas de Marruecos, Santiago de Compostela, Laiovento, 1985
NARRATIVA
Andrómenas (Contos para o povo), Vigo, Monterrey, 1954
Contos do fiadeiro, Vigo, Castrelos, 1973
POESÍA
Berzas, Madrid, 1953
A ducia do frade, Ourense, 1966
Como citar: Arias Chachero, Patricia : Ben-Cho-Shey. Publicado o 20/8/2020 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=1404. Recuperado o 29/03/2024

DOCUMENTACIÓN DE
Artigo de Ben-Cho-Shey sobre Gómez Román e a hipotética construción dunha catedral en Vigo
Ben-Cho-Shey: «A catedral de Vigo», La Noche: único diario de la tarde en Galicia, 13059 (17 de outubro de 1963), 7.
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=7180 [Descarga: 2023-02-02]
Colaboración de Ben-Cho-Shey en La Noche
Ramón e Fernández Oxea, Xosé: «O lameiro común», La Noche, n. 8690 (19 de marzo de 1949), p. 1.
Fonte: Galiciana
Fragmento de carta de Leuter González a Ben-Cho-Shey sobre os contactos con Alexandre Raimúndez e o seu encargo para o impulso das emisións en galego na BBC. 4 outubro 1947
Fonte: Imaxe facilitada por Afonso Vázquez-Monxardín.
«Encol do barallete», un dos primeiros artigos en galego, publicado en La Noche.
Ramón e Fernández Oxea, Xosé: «Encol do barallete», La Noche, n. 8131 (28 de maio de 1947), p. 1.
Fonte: Galiciana
Artigo de Ben-Cho-Shey en Eco de Galicia
Ramón e Fernández Oxea, Xosé: «Crónicas de la guerra: Los esclavos libertos», Eco de Galicia: revista ilustrada y de información de la colonia gallega en Cuba, n. 165 (2 de abril de 1922), p. 28.
Fonte: Galiciana
«Prosas de Risco: Leonardo Coímbra en Madrid» / «Ante la pizarra»
Artigo de Vicente Risco sobre a estancia madrileña de Leonardo Coimbra, nunha páxina que entre outras pezas tamén inclúe o escrito titulado «Ante la pizarra» de Ben-Cho-Sey datado en 5/2/1922.
Fonte: La Zarpa (11/2/1922) vía Galiciana
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Especial sobre Ben-Cho-Shey no xornal Sermos Galiza.
«Especial Ben-Cho-Shey: Caderno especial», Sermos Galiza, (16 de febreiro de 2013)
Fotografía de Pío Ramón Ogea, pai de Xosé Ramón e Fernández Oxea
Fonte: Eco de Galicia: revista ilustrada y de información de la colonia gallega en Cuba, n. 175 (17 de setembro de 1922), p. 9.
Ligazóns de interese
Luz na terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura, exposición conmemorativa do centenario do SEG. Cidade da Cultura, 4 de xullo de 2023 a 7 de xaneiro de 2024
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/luz-na-terra-o-seminario-de-estudos-galegos-unha-institucion-de-alta-cultura [Consulta: 2023-08-31]
Sitio web conmemorativo do centenario do Seminario de Estudos Galegos, elaborado polo Consello da Cultura Galega
Fonte: Consello da Cultura Galega
http://consellodacultura.gal/area2.php?arq=4372 [2023-03-08]
O Seminario de Estudos Galegos (1923-1936) en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta_aut/registro.do?id=35606 [Consulta: 2022-12-28]
Acceso á publicación Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. Galiciana
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=401088 [Consulta: 2022-12-30]
Artigo en La Región sobre o «Galician Programme» da BBC
Pereira, Jorge: «Ourense cumpre 75 anos na BBC», La Región, (12 de abril de 2022)
Fonte: https://www.laregion.es/articulo/ourense/ourense-cumpre-75-anos-bbc/202204132313461122450.html [Consulta: 2022-09-13]
Catálogo en liña da exposición Galicia, de Nós a nós, coordinada por Afonso Vázquez-Monxardín e Ana Acuña. Cidade da Cultura, 2 de outubro de 2020 - 17 de xaneiro de 2021
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/galicia-de-nos-nos
A revista Nós en Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: https://revistanos.galiciana.gal
Videos
Conferencia de Paco López-Barxa «D. Xesús Taboada e Ben-Cho-Shey: Amizade e compromiso galeguista», (parte 2 e seguintes)
Xesús Taboada Chivite e Ben-Cho-Shey: Unha relación de amizade e compromiso galeguista. Presentación do libro Ben-Cho-Shey inédito de Conferencia e presentación da súa nova obra de Paco López-Barxas: 30 de Novembro. A través de diversas cartas enviadas por Xesús Taboada Chivite a Ben-Cho-Shey, incluídas no libro de Paco López-Barxas Ben-Cho-Shey inédito, o autor desenvolve algúns dos aspectos profesionais e as preocupacións temáticas de Taboada Chivite, un dos investigadores máis destacados da cultura galega. Unhas preocupacións que centraron gran parte da súa actividade na historia, etnografía e arqueoloxía na comarca de Verín e do Val de Monterrei, aos que ten adicado exhaustivos e numerosos estudos ao longo da súa vida. A mediados do pasado século, Taboada Chivite, que é once anos máis novo ca Ben-Cho-Shey, amósalle o seu interés pola recuperación de datos etnográficos que irá acumulando sobre a comarca de Verín, facéndoo partícipe da súa pescuda nos arquivos madrileños. Ben-Cho-Shey, sempre disposto desde a embaixada galega do seu domicilio madrileño, coordina cos representantes da Galicia interior e exterior multitud de iniciativas: solicitudes de colaboración para revistas, programas de radio en Londres, Feiras do Libro en Madrid, seguimento dos libros na Censura, dinamización dos Centros galegos, etc. etc. amais de servir de enlace -como na relación con Taboada Chivite- cos traballos de investigación en curso sobre a comarca de Monterrey. PACO LÓPEZ-BARXAS (Ourense, 1952) é Licenciado en Literatura Hispánica pola Universidade Complutense de Madrid, cidade na que vivíu durante 21 años vinculado á ensinanza, ó xornalismo cultural e á crítica literaria, tras vivir en Verín prácticamente os primeiros 15 anos da súa vida. Foi Director de Publicacións da Universidade Antonio de Nebrija de Madrid, ao tempo que colabora nos principais periódicos e revistas do país. De regreso a Galicia, en 1991, dirixe o Xornal Diario (Pontevedra), facéndose responsable posteriormente do Gabinete de comunicación do Consorcio de Santiago. Presentou un microespacio de libros en Televisión Española en Galicia e, como Redactor Xefe da Televisión de Galicia, creou o espazo "Palabra de autor/palabra de autora", co que pechaba os informativos diarios. No goberno da Xunta de Galicia foi Director Xeral de Cultura, así como Director Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos. Confieso que he leído e A historia de Ramón (sobre a infancia de Otero Pedrayo), son os dous últimos títulos dos máis de vinte libros que leva publicados nos xéneros de ensaio, narrativa infantil e edicións críticas.
Antonio Fraguas conversa sobre o Seminario de Estudos Galegos
O 12 de outubro de 1923 un grupo de mozos universitarios trasládanse a Ortoño, parroquia natal de Rosalía, para constituír o Seminario de Estudos Galegos (SEG). Antonio Fraguas incorporaríase ao SEG uns anos máis tarde, en 1928, presentando unha investigación sobre o castro de Soutolongo. Neste vídeo vídeo divulgativo (6´ 32´´) conversa sobre o nacemento do Seminario de Estudos Galegos e os obxectivos cos que se fundou. A peza foi realizada por Acuarela Comunicación en 2019, ano no que a Real Academia Galega lle dedicou o Día das Letras Galegas a Antonio Fraguas.
Fonte: LInguaGalegaTV
https://www.youtube.com/watch?v=R6VmoRrlAys [Consulta: 2023-01-02]
As publicacións do Seminario
O Seminario de Estudos Galegos desenvolveu unha importante produción escrita, nomeadamente no que respecta a achegas científicas, aínda que no seu seo tamén se editaron contribucións literarias. Neste breve vídeo divulgativo (2´ 35´´) o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) ofrécenos unha panorámica das publicacións do Seminario, que testemuñan o firme compromiso deste grupo de intelectuais co uso do galego no ámbito académico e científico.
O reloxo do Seminario
Vídeo divulgativo (2´ 05´´) sobre o reloxo do século XVIII doado ao Seminario de Estudos Galegos (SEG) polo intelectual, político e mecenas galego Juan Arias Sanjurjo. A peza forma parte da serie de vídeos sobre a historia e o patrimonio documental e artístico do SEG, que o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento está a difundir este ano 2023.
Audios
ENTREVISTA A ISABEL ALGARRA SOBRE XOSE RAMON FERNANDEZ-OXEA "BEN-CHO-SHEY"
Referencias bibliográficas
- Alonso Estraviz, Isaac (2007): «José Ramon Fernández-Ogea. Vida e obra (Ourense, 5-04-1896; Madrid, 23-04-1988)»,
- Alonso Montero, Xesús (1996): Ben-Cho-Shey. Mestre, político galeguista, etnógrafo, bibliófilo, erudito xornalista. O valedor da lingua galega, Vigo, Ir Indo.
- López-Barxas, Paco (2019): Ben-Cho-Shey inédito, Ourense, Deputación Provincial, Auga Editora.
Publicacións periódicas
Galicia [Bs As 1930] (1930-) .
Publicación semanal editada por la Federación de Sociedades Gallegas
Portavoz de la Federación de Sociedades Gallegas
Revista Oficial del Centro Gallego de Avellaneda (1931-) .
Saudade (1942-) .
Verba Galega nas Américas
Opinión Gallega (1945-) .
Airiños do Carballiño (1954-) .
Eufonía (1958-) .
Pubricación periódica de circulación intercontinental antre os galegos
Ruada (1960-) .
Revista anual de Lar Gallego
Aquí…Galicia! (1960-) .
Órgano de la Peña Cultural Gallega "Rosalía de Castro"
Aturuxo (1960-1961) .
Airiños Aires (1964-) .
Galicia al día
Correo de Galicia (1965-) .
El periódico para los 600.000 hogares gallegos del Río de la Plata
Artigos Ben-Cho-Shey
BEN-CHO-SHEY. (4/1954) La castaña en Galicia. Opinión Gallega. 1ª (148), 7.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;