Antonio Fraguas
Cotobade, 28/ 12/1905 - Santiago de Compostela, 5/11/1999Autoría: Adrián Estévez Iglesias
Profesor, historiador, etnógrafo e antropólogo, impulsou a creación do Museo do Pobo Galego, que dirixiu ata o seu falecemento
Antonio Fraguas Fraguas naceu na Insuela, en Loureiro (Cotobade), o 28 de decembro de 1905. Comezou os estudos na escola pública da súa parroquia, e en 1918 pasou a unha escola de pago en Famelga (Aguasantas). Por entón os seus pais pensaron en emigrar co neno ao Brasil, onde xa estivera o pai, canteiro, mais o mestre de Famelga convenceunos para que o rapaz estudase Maxisterio.
En xuño de 1919 fai os exames de acceso ao Instituto de Pontevedra, lugar que marcará non só a súa formación académica, senón tamén vital. Nos seis cursos que pasou nese centro tivo entre outros profesores a Antón Losada Diéguez, Castelao, Ramón Sobrino Buhigas, Daniel Fraga Aguilar e Alfredo de la Iglesia. Foi compañeiro de aulas de Sebastián González García-Paz, con quen fundou a Sociedade da Lingua, co obxecto de facer un dicionario do noso idioma. Sendo aínda estudante no instituto, en 1923 participou nun mitin na súa parroquia natal en defensa da candidatura ás eleccións xerais de Manuel Portela Valldares e do cotobadés Joaquín Núñez de Couto, profesor en Ourense.
En setembro de 1924 comezou na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licencia en xuño de 1928. No curso seguinte xa exerce como profesor no instituto de Santiago de Compostela, o actual IES Arcebispo Xelmírez I. Despois pasou a ser profesor auxiliar na universidade por traslado de Luísa Cuesta Gutiérrez, e en 1933 comezou a dar clase no instituto da Estrada.
Foi proposto como socio do Seminario de Estudos Galegos en outubro de 1927. Fixo o seu traballo de investigación de ingreso no castro de Soutolongo, en Lalín, e ingresou no SEG o 5 de novembro de 1928. Semanas despois pasou a ocupar o cargo de bibliotecario da institución, e en novembro de 1932 pasou a facerse cargo da sección de Bibliografía, ao tempo que traballaba na catalogación e clasificación das bibliotecas Arcebispo Lago González e mais América na universidade, ás ordes de José María de Bustamante.
A súa primeira colaboración en Nós é no nº 77 (maio de 1930), co extenso artigo «O Entroido nas terras do Sul de Cotobade», preparado para o SEG. No nº 87 (marzo de 1931) reprodúcese o texto «O culto ós mortos», conferencia pronunciada no Ateneo de Vigo. «Do folk-lore de Armeses-Listanco» (nº 96, decembro de 1931), é un texto de carácter etnográfico que inclúe descrición do patrimonio, ditos populares e un cancioneiro. A nai de Antonio Fraguas era de Listanco, onde coñecera o seu home, canteiro da Insuela, cando este fora traballar alí. En maio de 1932 participou nun mitin en Maside xunto con Otero Pedrayo, Castelao, Víctor Casas e mais Eleuterio González Salgado.
No nº 108 (decembro de 1932) publica o artigo «As lêndas da Fonte Pormás», situada na Castañeda (Arzúa), lugar ben preto das Terras de Melide que investigou o Seminario de Estudos Galegos. Ademais, no nº 95 (novembro de 1931) comenta tres textos de autores portugueses: o estudo Traje á Vianesa de Cláudio Basto, o artigo O Cerôto de Fernando de Castro Pires de Lima, e sobre o relatorio «Aspecto sanitário da emigração no Minho», de José Gomes de Almeida Crespo.
En 1931 asinou o Manifesto de Ezquerda Galeguista. Dous anos despois interveu en varias ocasións nun programa cultural radiofónico na emisora Unión Radio Galicia. En 1932 dirixiu o museo etnográfico do Seminario de Estudos Galegos, con sede en Fonseca, para o cal colaborara na recollida de pezas.
Durante a súa estancia na Estrada, a partir de 1933, participou da vida política como secretario xeral do Partido Galeguista da vila. Esta militancia levouno a ser represaliado tras o alzamento nacional. Suspendido de emprego e soldo, viuse ademais obrigado a borrar con sosa cáustica unha pintada a prol do Estatuto de Autonomía de 1936.
Instálase na súa aldea natal, á que continuaba ligado malia vivir en Santiago de Compostela. De feito, o 12 de xullo de 1936 saíra o primeiro -e único- número de La Voz de Cotobad, periódico quincenal que dirixiu o propio Fraguas. Estivo medio fuxido, indo ao monte durante o día.
En 1938 monta xunto ao crego Ramón Davila García unha academia en Santiago de Compostela, e é reposto na docencia en 1942, logo de cumprir a suspensión e conseguir avais de boa conduta. Pasou a facerse cargo da biblioteca do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, constituído en 1944 logo do desmantelamento polo réxime franquista do Seminario de Estudos Galegos.
En 1948 doutórase na Universidade de Madrid, cunha tese sobre o Colexio de Fonseca. Foi nomeado membro de número da Real Academia Galega en 1951, ocupando a cadeira do finado Castelao. O seu discurso, Roseiras e paxariños nas cantigas dun serán (As coplas que se cantaban nas ruadas de Loureiro de Cotobade), foi respondido polo seu amigo Ramón Otero Pedrayo.
Tras varios anos como profesor auxiliar na universidade compostelá, en 1950 aproba a oposición e acada a cátedra de Xeografía e Historia do instituto masculino de Lugo, onde vive anos de felicidade ao sentirse de novo libre. Na cidade das murallas colaborou co Museo Provincial e mais co Museo Diocesano e Catedralicio. En 1959 regresou a Santiago de Compostela para dar clase no IES Rosalía de Castro , onde exercerá até a súa xubilación o 28 de decembro de 1975, ao tempo que continúa de profesor auxiliar na universidade.
En 1963 pasou a ser director do Museo de Santiago, que tiña a súa sede no convento de San Domingos de Bonaval, cargo do que dimitiu en 1985. Dirixiu tamén o Museo do Pobo Galego desde a creación do mesmo en 1977 até o seu falecemento. En 1994 legou a este museo a súa biblioteca persoal, de 12 937 libros e folletos, e 399 cabeceiras de publicacións periódicas. Faleceu o 5 de novembro de 1999, e foi soterrado en Boisaca.
Tivo numerosos recoñecementos, como o Pedrón de Ouro en 1984, o Premio Trasalba en 1985 e o Premio Otero Pedrayo en 1992. En 1989 foi nomeado fillo adoptivo do concello de Santiago de Compostela, e en 1992 foi nomeado o segundo Cronista Xeral de Galicia, tras o falecemento de Emilio González López.
Ao longo da súa vida publicou, ademais de varios libros, máis de 1300 artigos de temática diversa, que apareceron en xornais, revistas, publicacións especializadas, catálogos, pregóns e programas de festa. Nos seus escritos tratou a etnografía, historia, arqueoloxía, xeografía, arte e cultura popular, e foi tamén colaborador na redacción da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
OBRA
O culto ós mortos (1931)
Geografía de Galicia (1953)
Historia del Colegio de Fonseca (1956)
La Galicia insólita (1973)
Lugo (1974)
Manuel Murguía (1979)
Aportacións ó cancioneiro de Cotobade (1985)
El traje gallego (1985)
Aquilino Iglesia Alvariño: vida e obra (1986)
Romarías e santuarios (1988)
Como citar: Estévez Iglesias, Adrián : Antonio Fraguas. Publicado o 26/11/2020 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=1502. Recuperado o 20/04/2024

DOCUMENTACIÓN DE
Antón Fraguas
Antón Fraguas Fraguas sintetiza o coñecemento etnográfico de Galicia. A sabedoría popular do noso país recóllea nun traballo laborioso e obstinado a prol da nosa historia e da nosa identidade.
O profesor e etnógrafo de Cotobade convértese, dende as aldeas e dende as institucións sobranceiras nas que participa ‒por exemplo, o Museo do Pobo Galego‒, no exemplo que seguir para os seus numerosos discípulos na recuperación, análise e revitalización da nosa cultura inmaterial.
O culto ás pedras
Dentro das 5ªs Xornadas da Cultura Galega organizadas por Caixa Galicia en Ferrol, ten lugar o ciclo: Mitos e crenzas en Galicia. Antón Fraguas participa nel e o 9 de maio de 1983 pronuncia a conferencia “O culto ás pedras”. Co seu saber inmenso sobre o imaxinario popular galego, fainos un percorrido polos usos e significados míticos que as pedras acadan para o noso pobo (pedras curativas, pedras abaladoiras, pedras de rogación, pedras de adiviñación, pedras mortuorias...).
Duración: 54'09''
Sinatura: NCFE_0334 .
Fondo:Colección Afundación. Arquivo Sonoro de Galicia. CCG
Armando Cotarelo Valledor
Caixa Galicia organiza o ciclo Cinco galegos na lembranza en 1984 na súa Aula de Cultura de Ferrol. O protagonista da charla do 11 de maio é Armando Cotarelo Valledor. Antón Fraguas debuxa o retrato do filólogo e escritor, a quen se lle dedica ese ano o Día das Letras Galegas. Con sentidas palabras para quen foi o seu profesor, Fraguas fala da súa obra como creador, fixándose nas súas obras dramáticas (Hostia, Beiramar, Lubicán).
Duración: 1 h.11''
Sinatura: NCFE_0428 .
Fondo: Colección Círculo das Artes de Lugo. Arquivo Sonoro de Galicia. CCG
Festas e romarías galegas: o Corpus
“Festas e romarías galegas: o Corpus” é o título da conferencia que dita o profesor Fraguas o 9 de maio de 1986, dentro do ciclo Folclore e etnografías galegas, organizado pola Agrupación Folclórica e Cultural Terra Meiga de Ferrol. Coa minuciosidade que caracteriza as súas intervencións, detalla os elementos etnográficos do Corpus e sinala a súa orixe, cun preámbulo onde diferencia entre festa e romaría.
Duración: 56'25''
Sinatura: NCFE_0572
Fondo: Colección Afundación. Arquivo Sonoro de Galicia. CCG
Un traballador obstinado na recollida do coñecemento etnográfico de Galicia.
Biografía de Xurxo Lorenzo na Gran Enciclopedia Galega
Fraguas Fraguas, Antón: «Lorenzo Fernández, Xurxo». En Gran Enciclopedia Galega Siverio Cañada. Lugo: El Progreso, 2003; 26, 204-205.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Biografía de Luis Ksado na Gran enciclopedia galega Silverio Cañada, escrita por Antonio Fraguas
Fraguas Fraguas, Antonio: «Casado Fernández, Luis», Gran enciclopedia galega Silverio Cañada. Lugo: El Progreso, D.L. 2003; VIII, 104-105.
Fobnte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Discurso de ingreso de Francisco Javier Río Barja como membro numerario da Real Academia Galega
Río Barja, Francisco Xavier: Interpretación xeográfica da paisaxe compostelana: discurso lido o día 25 de xuño de 1983, no acto da súa recepción, polo Ilustrísimo Señor Don Francisco Xavier Río Barja e resposta do Excelentísimo Señor Don Antonio Fraguas. A Coruña: Real Academia Galega, 2005. (Discursos de ingreso).
Fonte: Real Academia Galega.
Antonio Fraguas publica unha biografía de Sebastián González García-Paz na revista Grial
Fraguas, Antonio: «Sebastián González García_Paz: notas das súa vida e do seu tempo», Grial, 21 (xullo-setembro de 1968), 334-357.
Fonte: Grial. Biblioteca do Consello da Cultura Galega. Accesible en /https://editorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2020/12/grial/Grial_021.pdf
Ligazóns de interese
Luz na terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura, exposición conmemorativa do centenario do SEG. Cidade da Cultura, 4 de xullo de 2023 a 7 de xaneiro de 2024
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/luz-na-terra-o-seminario-de-estudos-galegos-unha-institucion-de-alta-cultura [Consulta: 2023-08-31]
Sitio web conmemorativo do centenario do Seminario de Estudos Galegos, elaborado polo Consello da Cultura Galega
Fonte: Consello da Cultura Galega
http://consellodacultura.gal/area2.php?arq=4372 [2023-03-08]
O Seminario de Estudos Galegos (1923-1936) en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta_aut/registro.do?id=35606 [Consulta: 2022-12-28]
Acceso á publicación Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. Galiciana
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=401088 [Consulta: 2022-12-30]
Catálogo en liña da exposición Galicia, de Nós a nós, coordinada por Afonso Vázquez-Monxardín e Ana Acuña. Cidade da Cultura, 2 de outubro de 2020 - 17 de xaneiro de 2021
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/galicia-de-nos-nos
A revista Nós en Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: https://revistanos.galiciana.gal
Historia do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, de 1944 a 2004
Pardo de Guevara y Valdés, Eduardo (dir.): O Instituto de Estudos Galegas «Padre Sarmiento»: Sesenta anos ó servicio de Galicia (1944- 2004). Santiago de Compostela: CSIC, Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento (IEGPS), 2005. http://hdl.handle.net/10261/225007
Fonte: CSIC.
https://digital.csic.es/handle/10261/225007
Epístolas de
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Non hai certeza de que a orixe da misiva sexa Ourense senón que é unha conxetura.
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Esta carta menciona o ingreso de Otero Pedrayo na Real Academia Galega.
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Esta carta menciona a defunción do pai de Antonio Fraguas.
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Esta carta menciona a celebración dun mitin en Maside.
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Nesta carta parece que se alude a uns exercicios de oposición que está realizando Fraguas.
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Nesta carta menciónanse unha conferencia de Otero Pedrayo sobre Goethe e exames de Otero.
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Nesta carta Otero Pedrayo conta que soñou que morría.
Carta de persoa non identificada a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Nesta carta a alusión ao certame literario conxeturamos que se poida referir aos Xogos florais.
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Esta carta alude á morte da nai de Castelao.
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Esta carta alude a Antonio Fraguas ser premiado nos Xogos Florais.
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Esta carta alude á “Perla de Fonseca”.
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Esta carta inclúe unha recomendación para alumna e alumno de Trasalba.
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Esta carta fala das oposicións de Otero Pedrayo.
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Esta carta fala do nomeamento como membro da Real Academia Galega.
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Esta carta trata dun texto polémico de Ferro Couselo.
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Nesta carta agradécese un artigo sobre un libro de Otero Pedrayo.
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Nesta carta fálase do discurso de entrada de Fraguas na RAG.
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Nesta carta fálase da morte da nai de Fraguas.

Nesta carta fálase da defunción do irmán de Fraguas en Bos Aires. Tamén dunha homenaxe a Rosalía.
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Nesta carta fálase da Comisión pro-lembranza do P. Feixóo.
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Nesta carta Otero Pedrayo agradece a Fraguas que o propuxese para un cargo. Tamén se menciona unha novela sobre Pedro Madruga.
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Non hai certeza de que a data da misiva sexa o 4/10/71 senón que é unha conxetura (día de San Francisco).
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Nesta carta fálase dunha operación na Rosaleda.
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Videos
Antonio Fraguas conversa sobre o Seminario de Estudos Galegos
O 12 de outubro de 1923 un grupo de mozos universitarios trasládanse a Ortoño, parroquia natal de Rosalía, para constituír o Seminario de Estudos Galegos (SEG). Antonio Fraguas incorporaríase ao SEG uns anos máis tarde, en 1928, presentando unha investigación sobre o castro de Soutolongo. Neste vídeo vídeo divulgativo (6´ 32´´) conversa sobre o nacemento do Seminario de Estudos Galegos e os obxectivos cos que se fundou. A peza foi realizada por Acuarela Comunicación en 2019, ano no que a Real Academia Galega lle dedicou o Día das Letras Galegas a Antonio Fraguas.
Fonte: LInguaGalegaTV
https://www.youtube.com/watch?v=R6VmoRrlAys [Consulta: 2023-01-02]
As publicacións do Seminario
O Seminario de Estudos Galegos desenvolveu unha importante produción escrita, nomeadamente no que respecta a achegas científicas, aínda que no seu seo tamén se editaron contribucións literarias. Neste breve vídeo divulgativo (2´ 35´´) o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) ofrécenos unha panorámica das publicacións do Seminario, que testemuñan o firme compromiso deste grupo de intelectuais co uso do galego no ámbito académico e científico.
O reloxo do Seminario
Vídeo divulgativo (2´ 05´´) sobre o reloxo do século XVIII doado ao Seminario de Estudos Galegos (SEG) polo intelectual, político e mecenas galego Juan Arias Sanjurjo. A peza forma parte da serie de vídeos sobre a historia e o patrimonio documental e artístico do SEG, que o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento está a difundir este ano 2023.
Audios
REPORTAJE SOBRE ALFONSO DANIEL RODRIGUEZ CASTELAO
REPORTAJE SOBRE ALFONSO DANIEL RODRIGUEZ CASTELAO
ENTREVISTA A ANTON FRAGUAS
PREGON DE ANTON FRAGUAS FRAGUAS EN LA FESTA DOS MAIOS DE PONTEVEDRA
ENTREVISTA A ANTON FRAGUAS FRAGUAS SOBRE XOSE FILGUEIRA VALVERDE
Discurso de Antonio Fraguas no acto de ingreso de Camilo José Cela na Real Academia Galega das Ciencias
DISCURSO DE ANTON FRAGUAS FRAGUAS EN EL ACTO DE INGRESO DE CAMILO JOSE CELA EN LA REAL ACADEMIA GALLEGA DE CIENCIAS
Entrevista a Antonio Fraguas. Extracto 1 (Influencias)
Entrevista a Antonio Fraguas. Extracto 2 (Vicente Risco e outros etnógrafos galegos)
Entrevista a Antonio Fraguas. Extracto 3 (A súa relación co poder político)
Entrevista a Antonio Fraguas. Extracto 4 (Folclorista)
Entrevista a Antonio Fraguas. Extracto 5 (Actividade docente)
Entrevista a Antonio Fraguas. Extracto 6 (Maquinista de tren)
ENTREVISTA A ANTON FRAGUAS FRAGUAS SOBRE SANTIAGO DE COMPOSTELA (A CORUÑA)
ENTREVISTA A ANTON FRAGUAS FRAGUAS SOBRE RAMON OTERO PEDRAYO
ENTREVISTA A ANTON FRAGUAS FRAGUAS SOBRE SU VIDA
COMENTARIO DE ANTON FRAGUAS FRAGUAS SOBRE SU NOMBRAMIENTO COMO CRONISTA XERAL DE GALICIA
DISCURSO DE ANTON FRAGUAS FRAGUAS EN SU ACTO DE NOMBRAMIENTO COMO CRONISTA OFICIAL DE GALICIA
DISCURSO DE ANTON FRAGUAS FRAGUAS EN EL ACTO DE ENTREGA DE LA MEDALLA DE ORO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (A CORUÑA) A XOSE FILGUEIRA VALVERDE
ENTREVISTA A ANTON FRAGUAS FRAGUAS
ENTREVISTA A ANTON FRAGUAS FRAGUAS SOBRE LAS FIESTAS DE LA ASCENSION
Entrevista a Antonio Fraguas sobre etnografía
ENTREVISTA A ANTON FRAGUAS FRAGUAS SOBRE ETNOGRAFIA
ENTREVISTA A ANTON FRAGUAS FRAGUAS SOBRE XOSE FILGUEIRA VALVERDE
Entrevista a Antonio Fraguas sobre o liño
ENTREVISTA A ANTON FRAGUAS FRAGUAS SOBRE EL LINO
ENTREVISTA A ANTON FRAGUAS FRAGUAS SOBRE RAMON OTERO PEDRAYO
ENTREVISTA A ANTON FRAGUAS FRAGUAS SOBRE GALICIA
Entrevista a Antonio Fraguas sobre lendas de Galicia. O que é unha bruxa hoxe
ENTREVISTA A ANTON FRAGUAS FRAGUAS SOBRE LEYENDAS EN GALICIA
REPORTAJE SOBRE EL TRAJE TRADICIONAL DE GALICIA
Entrevista a Antonio Fraguas, a súa vida privada e profesional. Sobre a morte
Entrevista a Antonio Fraguas, a súa vida privada e profesional. Sobre o ingreso na RAG e Castelao
ENTREVISTA A ANTON FRAGUAS FRAGUAS SOBRE SU VIDA PRIVADA Y PROFESIONAL
REPORTAJE SOBRE ANTON FRAGUAS FRAGUAS
REPORTAJE SOBRE LA CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
ENTREVISTA A ANTON FRAGUAS FRAGUAS SOBRE LOS CARNAVALES
RUEDA DE PRENSA DE ANTON FRAGUAS FRAGUAS SOBRE LA PRESENTACION DE UN EXPOSICION DE FRANCISCO DE GOYA
Publicacións periódicas
Airiños do Carballiño (1954-) .
Galicia en Mar del Plata (1963-) .
Órgano oficial del Centro Gallego de Mar del Plata
Galicia en Madrid (1982-) .
2ª Época:
Boletín interno de la sociedad: GRUGALMA
Revista de Letras y Artes Galaico-Hispánicas
Andoriña (1984-1987) .
Revista de Cultura
Esmorga (1985-) .
Xistral, O (1987-) .
Revista do Centro Galego de Vizcaya en Baracaldo
Revista de difusión da cultura galega en Euskadi
Voceiro do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo
Artigos Antonio Fraguas
FRAGUAS, A. POUSA, X. (5/1978) Antonio Fraguas Fraguas: A mocedade hoxe sinte máis a política. Nosa Terra, A. (19), 7.
Ver entrevista Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
FRAGUAS, A. (2/1980) «O Santo Antroido»: Memoria dun pasado recén. Nosa Terra, A. (94), 20.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
Libros do ccg sobre Antonio Fraguas
Antonio Fraguas Fraguas.
2019 | Antonio Fraguas, Autoría.
Primeiros estudos etnográficos (1930-1932)
Polas catro témporas.
2006 | Rosa Aneiros, Edición. Antonio Fraguas, Autoría. Xosé López García, Edición. Daniel Salgado, Edición.
Colaboracións en La Voz de Galicia e O Correo Galego (1992-1999)
O Padre Sarmiento e o seu tempo.
2002 | Andratx Badia, Asesoramento.
Actas do Congreso Internacional do Tricentenario de Fr. Martín Sarmiento (1695-1995)
Antropoloxía Mariñeira.
1998 | Francisco Calo Lourido, Coordinación.
Actas do Simposio Internacional in Memoriam Xosé Filgueira Valverde, Pontevedra, 10-12 de xulio, 1997
As augas de Galicia.
1996 | Francisco Díaz-Fierros Viqueira, Coordinación.
Sociedade e tecnoloxía tradicionais do val de Ancares.
1996 | Antonio Fraguas, Limiar. Clodio González Pérez, Autoría. Xosé Manuel González Reboredo, Autoría. X. Pena Sanz, Ilustración.
Tecnoloxía tradicional.
1996 | Antonio Fraguas, Coordinación. Xosé Antón Fidalgo Santamariña, Coordinación.
Dimensión patrimonial. Valoración antropolóxica
Romarías e peregrinacións .
1995 | Antonio Fraguas, Coordinación. Xosé Manuel González Reboredo, Coordinación. Xosé Antón Fidalgo Santamariña, Coordinación.
Simposio de Antropoloxía, Santiago de Compostela, outubro de 1993
Actas do simposio de antropoloxía: in memoriam Fermín Bouza Brey.
1994 | Antonio Fraguas, Coordinación. Xosé Manuel González Reboredo, Coordinación. Xosé Antón Fidalgo Santamariña, Coordinación.
Santiago de Compostela, 10, 11 e 12 de setembro de 1992
Identidade e territorio: centenario de Otero Pedrayo .
1990 | José Antonio Fernández de Rota, Coordinación. Xosé Manuel González Reboredo, Coordinación.
Actas Simposio Internacional de Antropoloxía (Santiago de Compostela, 10-11-12 de novembro de 1988)