Leoncio Gandós

Baiona, 1851 - Montevideo, 1930

Biografía

----

Leoncio Gandós

Baiona, 1851 - Montevideo, 1930

DOI: 10.17075/adg.1565

Propietario do Gran Hotel Colón de Montevideo

Naceu o día 31 de outubro de 1851 no concello de Baiona (Pontevedra). No ano 1869 chega a Montevideo e empeza a traballar como empregado da ferraxaría dos "Señores Staricco y Cia.", estabelecida na Rúa Rincón nº 650, esquina Bartolomé Mitre.
No ano 1878 mércalle o negocio aos seus xefes e incorpórase ao comercio importador de ferraxaría. Este negocio foi adquirindo cada vez máis importancia, e no ano 1910, construíu o gran edificio de cinco pisos chamado "Palacio Gandós", fronte a onde antes tivera a ferraxaría. Neste edificio no soto, planta baixa e entrechán estabeleceu a Ferraxaría "Gandós", con entrada pola esquina Bartolomé Mitre e pola entrada da Rúa Rincón accedía aos tres pisos restantes, onde Leoncio Gandós instalou o "Gran Hotel Colón" que foi un dos máis luxosos de Montevideo, con todo tipo de modernas instalacións para a época. O hotel estaba rexentado polo seu fillo Rodolfo Gandós, fillo de Leoncio.
Foi elixido vocal nas eleccións da Xunta Directiva do "Centro Gallego" de Montevideo, no exercicio 1926-1927.

Como citar: Leoncio Gandós. Recuperado o 19/02/2020 do Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=1565 DOI: 10.17075/adg.1565]

Bibliografía

- VV.AA.: "Alma Gallega (Órgano de la Sociedad Casa de Galicia)", novembro de 1927, p. 131.
- VV.AA: "Revista del Centro Gallego de Montevideo", nº 130, novembro de 1927, p. 12.
- VV.AA.: "Revista del Centro Gallego de Montevideo", nº 114, 1926, p. 8.
- VV.AA.: "Almanaque Ilustrado de El Diario Español", 1922 Montevideo, p. 60.
- VALLS, Luis: "Los Españoles del Uruguay", ano 1918. Montevideo, p. 130-131.