José García-Blanco
Ronda, 1898 - Valencia, 1973Autoría: Xosé Ramón Fandiño
Un especialista de sona internacional en Fisioloxía
O catedrático de Fisioloxía e Bioquímica nas universidades de Santiago, Sevilla, Granada, Salamanca e Valencia e figura internacional de primeira orde na súa especialidade, sostivo unha moi estreita relación con Santiago, onde permaneceu 7 anos como catedrático de Fisioloxía humana, teórica e experimental e onde fomentou a investigación científica, consolidou unha escola fisiolóxica e foi membro numerario de institucións tan importantes como o Seminario de Estudos Galegos. Estivo pensionado dúas veces pola Universidade de Santiago e tres pola Junta de Ampliación de Estudios para ampliar estudos en centros estranxeiros.
Nacido ocasionalmente en Ronda (Málaga) en 1898, onde seu pai traballaba nunha compañía francesa como enxeñeiro de Camiños, a familia de José García-Blanco Oyarzábal instalouse de inmediato en Madrid, onde estudou a carreira de Medicina, que rematou en 1920 con nota de sobresaliente. Recén licenciado traballou no Laboratorio de Química da Facultade de Farmacia e, un ano despois, no Laboratorio de Bioquímica de Friburgo. No curso 1924-25 foi elixido para formar parte do Laboratorio de Fisioloxía instalado na Residencia de Estudiantes polo Dr. Juan Negrín, que estimulaba aos seus alumnos e discípulos a saír ao estranxeiro, sobre todo a Alemaña, onde García Blanco, pensionado pola JAE, completou a súa formación cos profesores Knoop, Müller, Thannhauser e Krehl. En 1926, seis anos exactos despois de rematar a carreira, gañou a cátedra de Fisioloxía da Universidade de Granada, que permutou pola de Santiago. Un ano despois de asentarse na cidade foi becado pola Universidade de Santiago de Compostela para, como 10 anos antes fixera Juan López Suárez, traballar con P.A. Levene na sección de Bioquímica do Instituto Rockefeller de Nova York sobre o metabolismo glicídico, en especial o da xilosa, galactosa, lactosa e dihidroxiacetona.
Dos sete anos de García Blanco en Compostela é salientable o seu labor investigador, a súa preocupación por incorporar a Bioquímica á formación médica e dotar a esta dun carácter experimental. Consolidou unha escola de fisiólogos que se ía ver afectada coa súa marcha, e quedan como froitos a publicación de traballos de investigación e a creación dunha Escola de Fisioloxía, na que os seus discípulos máis representativos serían os auxiliares Ulpiano Villanueva e Ramiro Sánchez Calvo, sendo este último o que o substituíu en 1934; tamén cómpre sinalar ao axudante Cándido Masa e o alumno interno Francisco Comesaña, moi coñecido tamén pola represión á que foi sometido tralo estourido bélico de 1936 e a quen Manuel Rivas lle outorga un papel protagonístico na súa novela O lapis do carpinteiro (Vigo, 1998). A última etapa de García-Blanco en Santiago coincidiu coa de Rodríguez Cadarso no reitorado, co que se identificou porque puxo en marcha unha profunda renovación da investigación científica concretada en convenios de colaboración con universidades estranxeiras, bolsas para alumnos e profesores, Instituto de Idiomas, creación de laboratorios, etc.
Mentres tanto, os membros do Seminario de Estudos Galegos tentaban ampliar as seccións máis alá das relacionadas coas letras e as ciencias históricas, que eran as que imperaban e, así, despois de que ingresaran Luís Iglesias e Parga Pondal, entraron en contacto con García-Blanco para crear a sección de Fisioloxía, que ingresou o 15 de xaneiro de 1929 pronunciando o discurso que versou sobre “De la hidroxiacetona en el organismo humano”, publicado nese mesmo ano nos Arquivos do SEG co título de “El mecanismo de acción de la dihidroxiacetona en el organismo humano”. Tamén nos Arquivos do SEG, como obra da sección de Fisioloxía, García-Blanco publicou “Sobre la regulación hormonal de la economía hídrica en el tejido celular subcutáneo” (1929), resumo do traballo lido en 1927 na Sociedad Española de Biología, no que aparece claramente expresado o papel antagonista das hormonas tiroidea e gonándica no recambio hídrico do tecido celular. En colaboración con I. Parga Pondal -a quen unía certa relación familiar, pois ambos estaban casados con sendas fillas de Henrique Peinador, filántropo e creador do Balneario de Mondariz- creou nesta estación termal un laboratorio de análises e en coautoría publicaron El mecanismo de acción de la dihidroxiacetona en el organismo humano (1929). Neste traballo relatan as experiencias feitas para comprobar a hipótese de que a rápida subida do cocente respiratorio e o efecto hipoglucemiante que produce a triosa estudada pode explicarse pola produción reflexa de insulina de forma máis rápida e intensa que a producida pola glucosa.
García-Blanco estaba de tal xeito integrado na vida cultural e política galega que foi un dos profesores universitarios que en febreiro de 1933 asinaron un manifesto de intelectuais titulado Al servicio del Estatuto, apoiando o texto saído da Asemblea de Municipios do Nadal anterior. Tamén foi dos catedráticos progresistas que participaron no ciclo de conferencias organizadas pola FUE. A principios de 1932 impartiu unha charla co título Organización de las Universidades en España, na que analizaba a pouca disposición da sociedade española para desenvolver a investigación e as dificultades do profesorado para levar a cabo este labor.
En virtude de concurso de traslado, en 1934 García-Blanco abandona Compostela e toma posesión como catedrático de Fisiología da Universidade de Sevilla e, ao mes seguinte, da de Granada, onde permanece un curso. En Salamanca exerce seis anos e en 1941 establécese de forma xa definitiva en Valencia como catedrático de Fisioloxía Xeral e Especial ata a data da súa xubilación, en 1968. Nese curso García Blanco mostrouse receptivo ás demandas das loitas estudantís e foi dos poucos profesores que aceptou examinar no cárcere aos alumnos detidos.
En 1936 redactou a súa obra máis completa, que como consecuencia da Guerra Civil non se publicou ata 1940, cando era catedrático en Salamanca: Manual de Química Fisiológica con aplicaciones a la Medicina. A súa produción científica posterior, con máis de cen obras e múltiples reedicións, converteron a García-Blanco Oyarzábal nunha figura de magnitude internacional na súa especialidade. Foi conselleiro do Padroado Ramón y Cajal do CSIC, xefe da sección da Fisioloxía Xeral do Instituto Español de Fisioloxía e Bioquímica do CSIC e membro da Asociación Internacional de Bioquímica. Morreu en Valencia en xaneiro de 1973, aos 74 anos de idade.
Como citar: Fandiño, Xosé Ramón : José García-Blanco. Publicado o 17/12/2007 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=1641. Recuperado o 23/03/2023
José García-Blanco
Ronda, 1898 - Valencia, 1973Autoría: Rafael Sisto
Fisiólogo de sona internacional, clave na incorporación da bioquímica á formación médica
Licenciouse na Facultade de Medicina de Madrid en 1920, doutorándose ao ano seguinte mentres traballaba no laboratorio químico da Facultade de Farmacia. No curso 1921-1922 trasládase a Brisgovia (Alemaña), onde no Laboratorio de bioquímica de Friburgo realiza cursos prácticos de análise e síntese orgánica que o capacitan para abordar o recambio intermedio dos aminoácidos, que comezará en 1923.
Durante o curso 1924-25 foi elixido para formar parte do Laboratorio de Fisioloxía instalado na Residencia de Estudiantes polo Dr. Juan Negrín, que estimulaba aos seus discípulos a saír ao estranxeiro, sobre todo a Alemaña, onde García-Blanco, pensionado pola Junta para Ampliación de Estudios (JAE), completou a súa formación cos profesores Knoop, Müller, Thannhauser e Krehl. Co primeiro deles estudou o posible mecanismo de acetilación dos aminoácidos que non forman parte das proteínas. En Münich e Heildelberg, en 1925-26, estudará simultaneamente o dobre problema da natureza do glícido compoñente do ácido nucleico químico e da dixestión do citado ácido polo xugo duodenal humano.
No ano 1926 conseguiu por oposición a cátedra de Fisioloxía de Granada, que permuta pola de Santiago, onde toma posesión en marzo de 1927 e permanece sete anos. Unha pensión financiada pola Universidade de Santiago permitiralle estudar no Instituto Rochefeller de New York, na sección de bioquímica, con Levene, o metabolismo glicídico, en especial o da xilosa, galactosa, lactosa e dihidroxiacetona.
Antes de chegar a Santiago xa publicara algún artigo sobre os seus traballos de especialización na revista Zeit F. Physiol. Crem.. Nos anos posteriores será o Journal Biological Chemistry o que recolla as súas investigacións, por exemplo, un artigo feito en colaboración con Levene, no ano 1928, sobre os efectos diferenciados dunha triosa e a glicosa para o restablecemento dun coello tralo síndrome hipoglucémico insulínico.
Na súa estadía en Compostela é salientable o seu labor investigador, a súa preocupación por incorporar a bioquímica á formación médica e os seus esforzos por dotar a esta dun carácter experimental. Os contactos con Luís Iglesias e Parga Pondal motivárono a ingresar no Seminario de Estudos Galegos (SEG) a principios de 1929 e a liderar a creación da sección de Fisioloxía. O seu discurso de ingreso no Seminario foi publicado ese mesmo ano nos Arquivos do SEG co título “El mecanismo de acción de la dihidroxiacetona en el organismo humano”. Na mesma publicación, dentro da sección de Fisioloxía do SEG, García-Blanco publicou, en 1929, “Sobre la regulación hormonal de la economía hídrica en el tejido celular subcutáneo”, resumo do traballo lido en 1927 na Sociedad Española de Biología, no que aparece claramente expresado o papel antagonista das hormonas tiroidea e gonándica no recambio hídrico do tecido celular. Na revista do SEG apareceu tamén outro interesante artigo afondando no estudo dos tecidos biolóxicos: “Microdeterminación directa del agua en tejidos correctivos”.
Recollendo moito do traballo experimental realizado no Institut Rockefeller e unha revisión dos seus traballos sobre a fisioloxía de recambio hidrocarbonado, publicou a obra Fisiopatología y disgnóstico de la diabetes sacarina (García-Blanco, 1929b). Nela estuda a patoloxía de recambio do azucre, expón os trastornos que ocasiona a lesión responsable da diabetes e búscalle explicacións, dedicando a última parte do libro ao estudo da diagnose.
Cómpre citar tamén o traballo feito en colaboración con Parga Pondal, “El mecanismo de la acción de la dihidroxiacetona en el organismo humano” (García-Blanco, Parga, 1929), no que relatan as experiencias feitas para comprobar a hipótese de que a rápida subida do cociente respiratorio e o efecto hipoglucemiante que produce a triosa estudada, pode explicarse pola produción reflexa de insulina de forma máis rápida e intensa que a producida pola glicosa, probablemente por vía parasimpática. Participou, así mesmo, na elaboración do relatorio “El cáncer en Galicia”, presentado nas Jornadas Médicas Gallegas do ano 1931, en Vigo, e elaborado en colaboración con Martínez de la Riva, Varela Gil e Ramón Baltar.
Dentro dos traballos realizados no Laboratorio de Fisioloxía da Facultade de Medicina de Santiago, publicou en colaboración con Cándido Masa, “Variaciones en el contenido en cloro de la sangre y el tejido nervioso bajo la influencia de la insulina”, no que, entre outras cousas, estudan a cloremia na hipoglicemia experimental, froito das súas experimentacións con coellos, obtendo un aumento de cloro no sangue a medida que diminúe a glicemia, e resultados diferenciados para a cortiza cerebral, os núcleos centrais e o cerebelo.
Moi integrado na vida cultural e política galega, foi un dos profesores universitarios que en febreiro de 1933 asinaron un manifesto de intelectuais titulado Al servicio del Estatuto, no que se apoiaba o texto saído da Asemblea de Municipios de decembro do ano anterior, e un dos catedráticos progresistas que participaron no ciclo de conferencias organizadas pola Federación Universitaria Española (FUE). A principios de 1932 impartiu unha charla co título Organización de las Universidades en España, na que analizaba a pouca disposición da sociedade española para desenvolver a investigación e as dificultades do profesorado para levar a cabo este labor. Gurriarán (2006) cita como discípulos seus na Universidade compostelá a Ulpiano Villanueva, Ramiro Sánchez Calvo, Cándido Masa Domingo e Francisco Comesaña Rendo.
Por concurso de traslado, en 1934 García-Blanco abandona Compostela e toma posesión como catedrático de Fisioloxía da Universidade de Sevilla e, ao mes seguinte, da de Granada, onde permanece un curso. En Salamanca exerce seis anos e en 1941 asenta xa de forma definitiva en Valencia como catedrático de Fisioloxía Xeral e Especial, ata a data da súa xubilación en 1968.
No ano 1936 redacta a que será a súa obra máis completa, logo reeditada numerosas veces. Retardada a súa publicación pola Guerra Civil, o seu primeiro tomo non aparece ata catro anos máis tarde, cando xa se atopa en Salamanca: Manual de Química Fisiológica con aplicaciones a la Medicina (García-Blanco, 1940). Ven ser unha segunda edición corrixida e aumentada dunha obra anterior titulada Elementos de Fisiología de la Nutrición, e nela fai un repaso de toda a físico-química biolóxica e da constitución química e propiedades das principais moléculas orgánicas que constitúen o substrato material e enerxético da célula. Cómpre salientar os capítulos dedicados ao estudo dos distintos tecidos, aos procesos químicos da dixestión e ao estudo bioquímico dos líquidos biolóxicos.
A súa produción científica posterior, con máis de cen obras e múltiples reedicións ampliadas das xa publicadas, convérteno nunha figura de primeira orde na especialidade. Entre outros cargos foi conselleiro do Padroado Ramón y Cajal do CSIC, xefe da sección da Fisioloxía Xeral do Instituto Español de Fisioloxía e Bioquímica do CSIC e membro da Asociación Internacional de Bioquímica. En 1959 ingresa na Real Academia de Medicina y Cirugía de Valencia e, en 1961, foi nomeado membro de honra do Comité Internacional de Bioquímica para as sesións do Congreso Internacional de Xenebra do ano 1961. Este protagonismo institucional non impediu que en 1968 se mostrase receptivo ás demandas das loitas estudantís, sendo dos poucos profesores que aceptou examinar no cárcere aos alumnos detidos.
Bibliografía:
Fontes impresas:
GARCÍA-BLANCO, J. (1929a): Sobre la regulación hormonal de la economía hídrica en el tejido celular subcutáneo, Arquivos do Seminario d´Estudos Galegos, V.
GARCÍA-BLANCO, J. (1929b): Fisiopatología y diagnóstico de la diabetes sacarina, Santiago: El Eco de Santiago.
GARCÍA-BLANCO, J. (1930): Microdeterminación directa del agua en tejidos conectivos, Arquivos do Seminario d´Estudos Galegos , V.
GARCÍA-BLANCO, J. (1934): Elementos de fisiología de la nutrición, Barcelona: Púbul.
GARCÍA-BLANCO, J. (1940): Manual de Química Fisiológica con aplicaciones a la Medicina, Barcelona: Púbul [2º ed., Barcelona, Pubul, 1942; 4ª ed., co título Compendio de Química Fisiológica, 1953, Barcelona, Pubul; 5ª ed., co título Química Fisiológica, 1959, Valencia, García Muñoz; 6ª ed., co título Química Fisiológica, 1962-67, Valencia, Saber].
GARCÍA-BLANCO, J.; PARGA PONDAL (1929): El mecanismo de acción de la dihidroxiacetona en el organismo humano, Arquivos do Seminario d´Estudos Galegos, II.
GARCÍA-BLANCO, J.; MARTÍNEZ DE LA RIVA. A.; VARELA GIL, J.; BALTAR DOMÍNGUEZ, R. (1934): El cáncer en galicia [Relatorio oficial presentado ás Jornadas Médicas Gallegas, Vigo ], Santiago: Tip. El Eco Franciscano.
GARCÍA-BLANCO; MASA, C. (1935): Variaciones en el contenido en cloro de la sangre y el tejido nervioso bajo la influencia de la insulina, Boletín de la Universidad de Santiago de Compostela, 23: 265-272.
GARCÍA-BLANCO, J.; FORTEZA BOVER, G. (1948): Nuevos métodos de coloración en hematología, Valencia: F. García Muñoz.
Bibliografía secundaria:
GURRIARÁN, Ricardo (2006): Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940), Santiago: Universidade.
HERNÁNDEZ, Bernardo J. (2003): José Mª García-Blanco Oyarzabal "El hombre y su obra" una etapa de la bioquímica y de la fisiologia valenciana (1941-1968) [Tese de doutoramento], Valencia: Universitat.
Como citar: Sisto, Rafael : José García-Blanco. Publicado o 17/12/2007 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=1641. Recuperado o 23/03/2023

DOCUMENTACIÓN SOBRE
Discurso homenaxe na Facultade de Mediciña
(xentileza da Biblioteca privada dO Dr. J. J. Barcia Goyanes)
Ligazón en vigor en 03-12-2019
Ligazóns de interese
José Mª García-Blanco Oyarzábal
HERNÁNDEZ, Bernardo J. (2003): José Mª García-Blanco Oyarzabal "El hombre y su obra" una etapa de la bioquímica y de la fisiologia valenciana (1941-1968) [Tese de doutoramento, 1999].
Referencias bibliográficas
- Gurriarán, R.: Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940), Universidade de Santiago. Servizo de Publicacioóns e Intercambio Científico, Santiago, 2006.
- Hernández Iranzo, Bernardo J, José María García Blanco y Oyarzábal. El hombre y su obra. Una etpa de la Bioquímica y de la Fisiología valenciana (1941-1968). Tese de doutoramento. Universidade de Valencia, 1999.
- Mato, A.: O Seminario de Estudos Galegos, Publicacións do Seminario de Estudos Galegos, Ediciós do castro, 2001.
- Sisto Edreira, R.: “José García-Blanco Oyarzába” en Fraga Vázquez, X.A.&Mato Domínguez, A. Coords., Diccionario Histórico das Ciencias e das técnicas de Galicia. Autores, 1868-1936. Publicacións do Seminario de Estudos Galegos, Ediciós do Castro, Sada, 1993.
- VV.AA.: García-Blanco Oyarzábal, José, Gran Enciclopedia Gallega, T. 15, Santiago/Xixón s/d.