Manuel Gómez Román
Vigo, Pontevedra, 1875 - Vigo, Pontevedra, 1964Autoría: Xosé Ramón Fandiño
Creador da arquitectura rexionalista e ensoñador de novas Compostelas
Formación, primeiros pasos e actividades cívicas
Manuel Gómez Román foi unha das figuras de maior sensibilidade e de personalidade máis acusada no campo da arquitectura galega contemporánea, un arquitecto que construíu máis de 2000 obras, a maior parte en Vigo e os seus arredores, moi ligado a un dos grandes sistemas da cultura galega, o barroco, porque para el a orixinalidade debía de basearse na tradición, na orde e no gusto, achegando estilisticamente o edificio urbano ao pazo rural e relacionando a forma arquitectónica coa paisaxe galega.
Compaxinou as súas tarefas arquitectónicas coas angueiras políticas e culturais como secretario xeral do Partido Galeguista na época republicana e na clandestinidade e como vicepresidente da Editorial Galaxia e da Fundación Penzol.
Gómez Román viviu mergullado desde a infancia no mundo da arte e da técnica arquitectónica porque o seu pai foi un afamado construtor e seu irmán Benito, co que compartiu tarefas, era arquitecto. Gustáballe acompañar ao pai nas visitas ás obras que realizaba e contemplar o traballo dos artesáns da pedra labrada. Estudou o ensino primario e o bacharelato en Vigo e en 1892 iniciou en Madrid a carreira na Escola de Arquitectura, onde coincidiu con Antonio Palacios.
Debido a determinadas desavinzas profesorais
regresou a Vigo sen concluír a carreira, pero exerceu como arquitecto sen título valéndose da firma do seu irmán e doutros técnicos. En 1908 gañou co seu irmán a segunda medalla correspondente á sección de Arquitectura, na Exposición de Belas Artes de Madrid e participou na preparación da Exposición Rexional de Santiago de 1909, na que interveu nos planos como axudante do arquitecto Antonio Flórez na construción do pavillón central, que tiña forma de T
, con 65 metros de fronte e 45 de fondo. O corpo central destinábase a salón de festas e contaba cunha capacidade para acoller a 1500 persoas. Era, sen dúbida, o edificio emblemático do certame, coas súas dúas cúpulas laterais que flanqueaban a una central máis elevada. Tiña así mesmo un sorprendente parecido co pavillón construído no Parque do Retiro madrileño polo arquitecto Luís Bellido con destino á Exposición de Industrias Madrileñas de 1907. En 1910 foi elixido presidente da sociedade cultural viguesa La Oliva.
Home inquedo, Gómez Román viaxou por Europa para coñecer o máis novidoso das correntes arquitectónicas internacionais e en 1913 estableceuse na Arxentina, onde se abriu camiño traballando en empresas construtoras e poñéndose ao día da arquitectura modernista de Bos Aires. De regreso en Vigo, fundou e dirixiu unha academia de debuxo na que tamén exerceu de profesor e, consolidada a súa gran valía, decidiu retomar en 1914 a inconclusa carreira que remataría en 1917, logrando con brillantez o título de arquitecto.
Dos arquitectos da chamada arquitectura rexionalista
, Gómez Román foi o único que desde 1920 asumiu o compromiso político co galeguismo. Impulsou o grupo liberal Liga de Defensores de Vigo, constiuído o 2 de xaneiro de 1922, o polo que sería elixido concelleiro en varias ocasións. En 1928 accedeu á presidencia do Ateneo de Vigo. Participou na creación do xornal do xornal El Pueblo Gallego, constituído en 1924, baixo a presidencia de Manuel Portela Valladares e vicepresidencia do arquitecto. Colaborou arreo con debuxos e caricaturas na prensa galega e escribiu numerosos traballos sobre as características da arquitectura galega.
En 1933 foi elixido membro do Seminario de Estudos Galegos e director da súa sección de Ciencias Aplicadas. Na III Asemblea do Partido Galeguista celebrada en Ourense en 1934 foi elixido secretario xeral mentres Castelao asumía a secretaría política. Participou en numerosos actos de difusión dos seus ideais, na campaña do estatuto de 1936 e mantivo a actividade do PG na clandestinidade.
Ao fundarse a Editorial Galaxia asumiu a vicepresidencia e tamén foi vogal da Fundación Penzol, cargos que ocupou ata o seu pasamento.
A proposta de Ángel del Castillo López, Francisco Vales Villamarín e Leandro Carré Alvarellos, en 1951 ingresou na Real Academia Galega co discurso titulado Arte y Arquitectura en Galicia pronunciando no Casino de Vigo diante dunha manchea de planos e maquetas, ao que lle contestou Ramón Otero Pedrayo. No seu discurso, Gómez Román asegurou que era un honor para Galicia que na obra sen par do Mestre Mateo cumiara o estilo románico, chegando á súa máis alta perfección ao propio tempo que imprimía galeguidade ás novas formas do oxival. Mais o espírito da galeguidade remaneceu forte e vibradoiro no Barroco… O poeta-arquitecto Domingo de Andrade labrou con pedras douradas o poema inxente da Torre do Reló, que ergue a súa silueta lanzal rañando o ceo compostelano. Ela deu, quizais, norma e inspiración para a obra que o seu herdeiro na nosa estima, O Mestre Casas Novoa, nos deixou como tesouro precioso no maravilloso tríptico da fachada do Obradoiro
.
Como unha das súas moitas actividades académicas, Gómez Román e Ferro Couselo apoiaron a iniciativa de Fernández del Riego de propoñerlle ao pleno da Real Academia Galega a instauración do Días das Letras Galegas, que se celebrou por primeira vez en 1963 en honor a Rosalía de Castro.
Obra arquitectónica
Manuel Gómez Román é o representante máis destacado do rexionalismo galego, un arquitecto deliberadamente ligado ao barroco ao que consideraba un dos grandes sistemas da cultura galega. E tamén moi achegado aos canteiros e mestres de obra. Na súa produción arquitectónica obsérvanse tres etapas:
A primeira, a etapa de mocidade, marcada polo movemento modernista que busca unha linguaxe decorativa nova e abarca o período comprendido entre o abandono da carreira académica e o regreso a Madrid para rematala na Escola de Arquitectura. Nesta etapa, por non ter a titulación , os expedientes municipais aparecen asinados polo seu irmán Benito, por Antonio Palacios, Manuel Felipe Quintana, Luis Vidal Tuasón e Jenaro de la Fuente. Aínda que non exista certificación documental, os detalles arquitectónicos e as comunicacións verbais confirman a autoría de Gómez Román.
Desta etapa son exemplos en Vigo a continuación da obra -iniciada polo seu irmán Benito- dos Almacéns Simeón da Porta do Sol (1907-1911), unha contrución de planta baixa e catro andares; realiza o edificio de vivendas para Enrique Mülder (1910) na avenida Montero Ríos, de planta baixa e tres andares e con decoración cambiante en cada unha das plantas; a Casa do Pobo (1911) na avenida García Barbón, derrubada despois da guerra civil para construír o edificio de Sindicatos, na que sobre unha composición simétrica de carácter ecléctico sitúa o arquitecto os seus inconfundibles elementos decorativos; o monumento a Concepción Arenal (1912) no cemiterio de Pereiró, cunha linguaxe clara e rotunda e marcadamente xeométrica; a casa de vivendas para Saturnino García na praza de Compostela (1912), edificio de planta baixa, tres pisos e ático; a casa para Manuel Fernández na rúa Joaquín Yáñez (1913); o edificio de vivendas de Saturnino García na avenida de Montero Ríos que, composto de planta baixa e tres andares, presenta todas as características da arquitectura de Gómez Román e grandes semellanzas coas obras (tamén para Saturnino García) na praza de Compostela), etc...
Na segunda etapa confúndense modelos eclécticos de reencontro co clasicismo e o inicio da arquitectura rexionalista. Algunhas das obra desta etapa son: o Hospital Municipal (1917), proxecto trazado por Gómez Román e por Jacobo Esténs; o Banco de Vigo (1921) situado nas esquinas das rúas Policarpo Sanz e Colón; edificio de Correos e Telégrafos (1922); edificio de vivendas para José Araújo Pérez, situado na rúa Urzaiz (1920); edificio de vivendas para Manuel Millán (1921); edificio social da Caixa de Aforros (1925) na esquina das rúas Ronda e Velázquez Moreno; edificio social do Círculo Mercantil, esquina rúa do Príncipe e Velázquez Moreno (1922); edificio de vivendas para González Garra, situado na rúa Uruguai; edificio de vivendas para Severino G. Besada, situado na rúa Lepanto…
Nesta etapa as incursións do arquitecto Gómez Román na arquitectura industrial ofrece, entres outras, as seguintes obras: fábrica de Cervexas de Santander (1925) situada na Barxa e que foi derrubada; a fábrica da panificadora Viguesa (1923-1924); fábrica de conservas Bernardo Alfageme (1928) situada entre as rúas Tomás Alonso (fachada principal) e Avenida de Beiramar (fachada posterior).
Tamén teñen notoriedade os monumentos de arquitectura funeraria realizados por Gómez Román no cemiterio de Pereiró: panteón para Gregorio A. Gómez (1923); panteón para Tomás Santoro Rogers (1933); panteóns de Rodrigo Alonso Jiménez Cuenca e de Cesáreo Corbal; mausoleo da familia Rodríguez Gil; o mausoleo de grandes proporcións deseñado en 1938 para Bernardo Alfageme; panteón para Manuel Álvarez (1939); para Ignacio Fernández (1939) e para a familia Mirambell. Todos, con ou sen certificado municipal que o acredite, son atribuíbles a Gómez Román.
Salientables son tamén o Monumento aos Mariños de Monteferro (1922), a antiga Caixa de Aforros e Monte de Piedade (1925), as casas de vivendas para Xosé Araújo Pérez (1920) e Manuel Millán (1921), entre outras.
A terceira etapa é a época da chamada arquitectura rexionalista
, a das vivendas unifamiliares que achegan estilisticamente o edificio urbano ao pazo rural. Trátase dunha arquitectura conectada co vernáculo e, sobre todo, co espectáculo pétreo da cidade de Santiago, cidade que, en palabras do propio Gómez Roman, é no seu conxunto un auténtico Museo de Arquitectura, unha permanente lección de adeprender. Todos cantos nos adicamos á arte arquitectónica temos alí un inmorredoiro manantío de ensinos. Tanto, que nos leva a suxerir se non sería posible fundar en Compostela unha Escola de Arquitectura, cun plan de estudos no que se esixira o pleno coñecemento das construcións santiaguesas para poder exercer a profesión de arquitecto no noso país
. Por iso Otero Pedrayo o definiu como o ensoñador de novas Compostelas
.
Esta etapa rexionalista, a máis longa e prolífica da arquitectura de Gómez Román, abrangue o período que vai de 1920 ata a morte do arquitecto en 1964. Foi a súa unha concepción moderada, afastada da monumentalidade exuberante, unha arquitectura baseada na tradición, pero promovendo asemade un diálogo entre tradición e modernidade para, entre outras cousas, adecuar as súas construcións á paisaxe galega porque tradición quere dicir traspaso e non quedarse no pasado. O románico e o barroco foron tomados polos arquitectos rexionalistas como fonte de inspiración. Do barroco de placas adopta o soportal, a solaina e a torre dos pazos, que el modernizou, así como o uso do granito, sempre ben traballado polos canteiros.
No seu discurso de ingreso na Real Academia Galega, Gómez Román aseguraba que desde o punto de vista galego estamos obrigados a facer ese aporte, para que a nosa Arquitectura se compaxine coas actividades do pensamento que no país se están a realizar, ou sexa, establecendo unha nova emulación coas que noutros pobos se veñen desenvolvendo: posibilidades para esta tarefa témolas grandes, pois contamos con tradición que nos marca o camiño a seguir
.
Outro factor que incidiu na busca dunha arquitectura rexionalista está en relación directa co emerxente movemento galeguista, tanto no aspecto cultural como no da organización política no que Gómez Román tivo tanta actividade como membro do Seminario de Estudos Galegos e secretario xeral do Partido Galeguista. E a presenza do galeguismo cultural axudou a consolidar a aparición da arquitectura rexionalista.
Á parte de Gómez Román e Antonio Palacios, o rexionalismo arquitectónico está representado en Galicia, entre outros, por Antonio de Cominges, Jenaro de la Fuente, José María Banet ou Vaquero Palacios. E a todos os une a inspiración barroca do pazo (solaina, torre e soportal) e o compromiso coa historia, coa paisaxe e co clima.
Edificios urbanos de vivendas
Os edificios urbanos de Gómez Román, de notable ou gran tamaño e a maioría construídos na cidade de Vigo, caracterízanse por definirse como de planta baixa, tres pisos e ático en forma de corpo torreado. Un exemplo destas vivendas témolo en Vigo, na rúa García Barbón, no edificio proxectado no ano 1927 para José Araújo Pérez.
Talvez debido á influencia que exerce Santiago sobre Gómez Román son de destacar os edificios proxectados na cidade compostelá. No ano 1929 proxecta o edificio de vivendas situado na rúa Concepción Arenal esquina a García Blanco: planta baixa, tres pisos e torre. Tamén en Santiago proxecta en 1942 o sanatorio do Dr. Jorge Echeverri na rúa da Senra, cun tratamento máis simple. E a sede da Caixa de Aforros de Galicia na rúa das Orfas, proxectada en 1950.
Intentando compaxinar a tradición con outras concepcións máis sobrias da arquitectura urbana, Gómez Román proxectou os edificios vigueses de Correos (1920), o do Círculo Mercantil e Industrial (1922) ou o de vivendas de Domingo Davila Román, na praza de Compostela.
E foron moi numerosas as construcións deste arquitecto nesta etapa na que desaparece gran parte da decoración: edificio de vivendas na Alameda de Bouzas (1942); edificio para Cándido e Avelino Pérez Álvarez, proxecto realizado en 1937 na rúa María Berdiales de Vigo; edificio proxectado no ano 1940 para Rosina Pardo na rúa Ecuador esquina Loriga; casa de vivendas para José Troncoso Domínguez, na rúa Cadaval; edificio de grandes proporcións do ano 1946 situado na rúa Marqués de Valladares esquina Reconquista; casa proxectada para María Bujados Fernández en 1946 situada na Gran Vía esquina Conde de Gondomar; edificio da Gran Vía esquina Brasil, etc.
A construción que mellor define o rexionalismo arquitectónico é a vivenda que para el mesmo deseñou en 1925 en Canido: un corpo alto en forma de torre e outro baixo de 2 alturas. A partir de aí moitas familias acomodadas de Vigo escolleron Canido para construír os seus chalés de veraneo, deseñados por Gómez Román e outros arquitectos que amosan un carácter rústico no deseño.
E como exemplo destas vivendas residenciais pódense citar a gran residencia deseñada nos anos vinte do pasado século para Rodrigo Alonso Giménez-Cuenca, construída na Avenida de Galicia de Teis: un compacto torreón de planta baixa e dous andares no corpo central e un nos laterais. Tamén o chalé Agarimo proxectado en 1931 para Manuel Manzanares na rúa Tomás Alonso. E fóra de Vigo, en Santiago a casa residencial do Baldomero Lois Asorey proxectada en 1946. E en Lugo abordou o proxecto do Colexio Fingoi (1947) e a reforma do convento de San Francisco para adaptalo a Museo Histórico Provincial (1950).
En canto á arquitectura relixiosa a achega máis relevante de Gómez Román é o Templo da Paz no monte da Guía en Vigo, proxectado en 1951: un santuario de planta rectangular e ábsida poligonal, visible desde moitos puntos da cidade e desde onde se domina toda a ría de Vigo.
Coda
A recia figura de Manuel Gómez Román, o seu labor fecundo e a súa actitude cívica levou a Luís Seoane a definilo coas seguintes palabras na revista Galicia Emigrante: Gómez Román aprendeu nas formas simples e lóxicas da casa rural galega, no estudo dos 'mestres de obras' en que encarna o barroco popular e nas grandes arquitecturas dos nosos mosteiros, pazos e catedrais, a atopar unha maneira propia coincidente co permanente de Galicia e o seu nome entronca con aqueles de Andrade, Ferro Caaveiro e Casas Novoa, entre outros grandes arquitectos de Galicia pola xenerosidade e limpeza dos seus proxectos, que teñen, no seu caso, unha dignidade e austeridade só comparable, aínda sendo o seu estilo distinto, ao dos construtores románicos
.
Bibliografía
Iglesias Veiga, Xosé Ramón (2019): Arquitectura rexionalista galega. Antonio Palacios, Gómez Román&outros arquitectos. Vigo: Engaiolarte.
Garrido, Xaime e Iglesias Veiga, Xosé Ramón(1995): Manuel Gómez Román: mestre da arquitectura galeguista. Vigo: Xerais.
Fernández del Riego, Francisco (DL 2003): «Gómez Román, Manuel». En Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Lugo: El Progeso; XXI, 178-182.
Como citar: Fandiño, Xosé Ramón : Manuel Gómez Román. Publicado o 21/3/2023 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=1737. Recuperado o 23/03/2023

DOCUMENTACIÓN DE
Gómez Román escribe sobre a súa obra na revista Grial
Gómez Román, Manuel: «Gómez Román e a súa obra», Grial, 56 (abril-xuño de 1977), 216-222.
Fonte: Editorial Galaxia. Hemeroteca da revista Grial.
Artigos de Manuel Gómez Román sobre unha viaxe polo Mediterráneo realizada en marzo e abril de 1933, publicados en El pueblo gallego co título de «Jornadas de la ruta»
Gómez Román, Manuel: «Gómez Román, viajero», El pueblo gallego: rotativo de la mañana, 2776 (17 de febreiro de 1933), 10; «La ruta: Argel», 2800 (17 de marzo), 1; «Jornadas de la ruta: Nápoles, Malta, hacia Oriente», 2801 (18 de marzo), 1;
Fonte: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola / Galiciana
«Port Saiz, hacia El Cairo», 2802 (19 de marzo), 12; «El Cairo», 2803 (21 de marzo), 16; « Hacia Luksor, Tebas, Carnak», 2804 (22 de marzo), 1; «Viaje por el Nilo», 2806 (24 de marzo), 8; «Las pirámides», 2807 (25 de marzo), 14; «Jerusalén», 2812 (31 de marzo), 4; «Rodas», 2820 (9 de abril), 1.
http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/consulta/registro.do?id=10000244396 [Descarga: 2023-02-02]
Carta de Manuel Gómez Román ao director de El pueblo gallego sobre a Exposición Internacional de Pesca. Vigo, 30 de agosto de 1929
Gómez Román, Manuel: «Acerca de la exposición de pesca», El pueblo gallego: rotativo de la mañana, 1698 (30 de agosto de 1929), 12.
Fonte: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola / Galiciana.
http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/consulta/registro.do?id=3952 [Descarga: 2023-02-02]
Artigo de Manuel Gómez Román sobre urbanismo e arquitectura en Vigo
Gómez Román, Manuel: «Vigo arquitectónico», El pueblo gallego: rotativo de la mañana, 1391 (5 de agosto de 1928), 3.
Fonte: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola / Galiciana.
http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/consulta/registro.do?id=3952 [Descarga: 2023-02-02]
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Entrada biográfica de Gómez Román na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Fernández del Riego, Francisco: «Gómez Román, Manuel». En Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Lugo: El Progeso, DL 2003; XXI, 178-182.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
Estudo de Paz Míguez Liz sobre o Palacete de San Domingos, obra de Gómez Román
Míguez Liz, M.ª Paz: «El palacete de Sto. Domingo: una obra de Manuel Gómez Román», Boletín do Museo Provincial de Lugo, 10 (2001-2002), 35-48
Fonte: Boletín do Museo Provincial de Lugo / Dialnet
https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=1290092 [Descarga: 2023-01-30]
Lembranza de Gómez Román, por Manuel Chamoso Lamas
Chamoso Lamas, Manuel: «Gómez Román e a súa obra», Boletín da Real Academia Galega, 356 (1974), 95-100.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
O xornal La noche informa do pasamento do arquitecto Manuel Gómez Román
«Fallecimiento del arquitecto D. Manuel Gómez Román», La noche: único diario de la tarde en Galicia, 13402 (12 de novembro de 1964), 8.
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/consulta/registro.do?id=7180 [Descarga: 2023-02-02]
Artigo de Ben-Cho-Shey sobre Gómez Román e a hipotética construción dunha catedral en Vigo
Ben-Cho-Shey: «A catedral de Vigo», La Noche: único diario de la tarde en Galicia, 13059 (17 de outubro de 1963), 7.
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=7180 [Descarga: 2023-02-02]
Noticia sobre o ingreso de Manuel Gómez Román na Real Academia Galega o 30 de decembro de 1951. Otero Pedrayo responde ao discurso do arquitecto vigués
«Intelectuales gallegos en Vigo», El pueblo gallego: rotativo de la mañana, 4382 (30 de decembro de 1951), 6.
Fonte: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=3952 [Descarga: 2023-02-02]
Noticia sobre a creación, en Vigo, da Sección de Ciencias Aplicadas do Seminario de Estudos Galegos e o nomeamento de Manuel Gómez Román como director
«Una sección del Seminario de Estudios Gallegos en Vigo», El pueblo gallego, 2806 (24 de marzo de 1933), 5.
Fonte: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=3952 [Descarga: 2023-02-02]
Ligazóns de interese
O Seminario de Estudos Galegos (1923-1936) en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta_aut/registro.do?id=35606 [Consulta: 2022-12-28]
Acceso á publicación Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. Galiciana
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=401088 [Consulta: 2022-12-30]
Artigo de Fernando Torres Carbajo sobre Gómez Román, o grande arquitecto de Vigo
Torres Carbajo, Fernando: «Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo», www.vigoe.es, (14 de novembro de 2015)
Fonte: www.vigoe.es
https://www.vigoe.es/vigo/mas-vigo/gomez-roman-el-gran-arquitecto-de-vigo/ [Consulta: 2023-01-30]
Gómez Román en noncommon_, blog de arquitectura de Iria Sobrino. 16 de novembro de 2014
Fonte: https://noncommon.wordpress.com/2014/11/16/manuel-gomez-roman/ [Consulta: 2023-01-30]
Manuel Bragado escribe sobre Gómez Román no seu blog brétemas. 14 de outubro de 2014
Fonte: https://bretemas.gal/manuel-gomez-roman/ [Consulta: 2023-01-30]
Manuel Gómez Román no DB-e da Real Academia de la Historia
Fonte: Real Academia de la Historia.
https://dbe.rah.es/biografias/38293/manuel-gomez-roman [Consulta: 2023-01-30]
Manuel Gómez Román na Galipedia
Fonte: https://gl.wikipedia.org/wiki/Manuel_G%C3%B3mez_Rom%C3%A1n [Consulta: 2023-02-02<+
Manuel Gómez Román na Real Academia Galega
Fonte: https://academia.gal/membro/-/membro/manuel-gomez-roman [Consulta: 2023-02-02]
Epístolas de
Carta de Xosé Filgueira Valverde a Manuel Gómez Román. Pontevedra, 23 de abril de 1935
Pontevedra 23,abril,1935
Sr.Don Manuel Gómez Román
Segredario Xeral do Partido Galeguista
Meu querido amigo e irmán:
A miña baixa do Partido Galeguista,en cuia creación e desenrolo tanto teño traballado non podía producirse nin dun xeito espectacular na Xuntante de nontronte,nin dun xeito sorrateiro ,encomendando ao cobrador que deixase de me pasar o recibo. Teño concencia dabondo dos meus deberes políticos e cos vencellos de irmandade que nos axuntarán sempre ,inda que a política nos arrede,pra entregar á pasión un feito doooroso mais necesario,como este(...)Carta de Filgueira sobre a súa baixa do Partido Galeguista, dirixida ao secretario xeral de dita organización