Ramón González Fernández
Ribadeo, 1856 - O Porriño, 1925Filántropo entre Ribadeo e O Porriño
Pasou a súa infancia e xuventude na súa vila natal. Sendo moi novo estableceuse en Arxentina e traballo como comerciante en Rosario de Santa Fé, onde acumulou un importante capital. Membro sobranceiro da "Asociación de Socorros Mutuos" e da directiva do "Club Español", ambas sociedades na cidade de Rosario. Nesa mesma cidade foi Conselleiro da sucursal do "Banco Español del Río de la Plata" en Rosario.
A principios do século XX voltou enriquecido ao seu pobo natal e promoveu a apertura de varias sucursais do Banco Español del Río de la Plata en Vigo y Santiago.
Tras regresar a Galicia asentouse no Porriño, de onde era natural a súa dona, Corona González Santos á que coñeceu nunha viaxe ao Porriño para visitar a un amigo da súa etapa na Arxentina. Entre as numerosas aportacións de Ramón González destacan a financiación do novo templo parroquial de Porriño que se inaugurou en 1913. Neste concello financiou o edificio municipal, obra do arquitecto porriñés Antonio Palacios Ramilo. Tamén doou o campo de fútbol da localidade.
O seu labor filantrópico estendeuse tamén á súa vila natal, Ribadeo, alí doou importantes cantidades de diñeiro, colaborando no desenvolvemento social e cultural. Foi membro da Sociedad de Socorros Mutuos e Instrucción La Concordia (creada en 1903) da que foi presidente no ano 1910. Tamén pertenceu ao Ateneo de Ribadeo, subvencionando as clases e comprando instrumentos para os alumnos. Deste labor destacou tamén a financiación do teatro, colaborou nas festas patronais de 1925 e doou unha importante cantidade de diñeiro para a construción da actual praza de abastos da vila. No ano 1922 foi nomeado “fillo predilecto” e todo o pobo rendeulle unha grande homenaxe en colaboración con el Ateneo y La Concordia.
Faleceu no Porriño o 15 de decembro de 1925.

Como citar: Ramón González Fernández. Publicado o no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=1763. Recuperado o 29/03/2024
Referencias bibliográficas
- VILANOVA RODRÍGUEZ, Alberto: Los gallegos en la Argentina, Bos Aires: Ediciones Galicia, 1966, tomo II, p. 1.047
- VV.AA.: CÉLTIGA, n.º 24, 25/12/1925, p. 1
Publicacións periódicas
Aviso Listado automático de documentación relacionada con Ramón González Fernández nos fondos documentais en liña ofrecidos polo Consello da Cultura Galega.
Ideal Gallego [1928-?] (1928-) .
Paladín de la Cultura; Defensor de la Colonia Gallega de Cuba y Órgano Oficial del Comité Representativo de Sociedades Gallegas
A partir do n.º 102: Publicación Regional Ilustrada
Secante, El (1942-) .
Órgano estudiantil del Plantel Concepción Arenal
A partir do n.º 9: Órgano de opinión estudiantil