María Francisca de Isla y Losada
Santiago de Compostela, 1734 - Santiago de Compostela, 1808Autoría: José Luís Barreiro
Muller de letras na Ilustración
O primeiro apelativo, «Perla Galega», –polo que era coñecida xa na súa xuventude, cando tiña 26 anos– consta nunha Carta do P. Isla (1760) na que, sen dar o nome, deixa entrever que o autor disto era un xesuíta amigo da familia. O segundo, «Musa Compostelá», –que semella recoller o que xa estaba no ambiente da época– figura nun poema do Cura de Fruíme (1760), no que compara a María Francisca con outra coñecida musa dun xesuíta portugués, misioneiro en terras mexicanas, o P. Antonio Vieira (1608-1697), autor do famoso Sermão aos peixes, posto en boca de Santo Antonio de Lisboa («Si la musa Mexicana/ á un Vieyra elogios dió,/ á un Bocanegra ensalzó/ la musa Compostelana»). O terceiro, «Filis», é un sobrenome utilizado en poemas do Cura de Fruime, dedicados a María Francisca. O último apelativo fai referencia ao seu irmán de pai e padriño, José Francisco de Isla, o P. Isla.
Nace en Santiago de Compostela, do matrimonio acomodado Isla-Losada. É a número seis de nove irmáns (tres varóns e seis mulleres). Pasa a súa infancia no Pazo de Altamira e recibe a súa formación nunha cidade clerical, universitaria e ilustrada. No contexto español a súa vida coincide co tempo dos reinados sucesivos de Fernando VI, Carlos III e Carlos IV (do 1746 a 1808). Consta a matrícula dun irmán seu na Universidade. Como é sabido, ás mulleres estáballes prohibido o acceso ás aulas universitarias. Entra en relación, por medio dos xesuítas e pola posición social da súa familia, con determinadas mulleres da clase culta (María Teresa Caamaño, María Antonia de Xesús (a «monxiña do Penedo»); María Tomasa de Xesús –escritora e poetisa–, María Moscoso de Prado, María Josefa de Hermida, Antonia Varela de Castro… Así vai adquirindo fama ata tal punto que é distinguida pola Academia de Belas Letras de Lisboa, que a incorpora ao seu catálogo de socios. Mesmamente, segundo Martínez Barbeito, cultiva a relación con cóengos fundadores da Real Sociedad Económica de Amigos del País (1784), como A. Páramo Somoza e A. Sánchez Vaamonde, e co ilustrado coruñés José Cornide Saavedra (feito que explica que o manuscrito do seu «Romance ao Cura de Fruíme» fora encontrado entre os fondos documentais de Cornide). Pero non pertence á Sociedad de Amigos porque tamén estaba prohibida ás mulleres a entrada nela (o debate sobre o seu ingreso vaise producir un século despois). E dentro deste mundo de relacións culturais hai tres persoeiros que destacan: o P. Isla, A. Cernadas de Castro –primeiro Cura de Fruime– e o arcebispo Bocanegra. Todos eles están moi presentes nas diversas vertentes da produtividade de María Francisca: a poético-literaria, a epistolar e a editorial.
A nivel persoal-familiar casa con Nicolás de Ayala (administrador xeral de Aduanas, semella que bastante maior ca ela). Ao non ter fillos intensifica o amor de María Francisca polo seu marido, de tal xeito que o P. Isla o considera como un perigo e lle recomenda tempero porque «a vehemencia do teu amor por Nicolás… pode deixar sen uso á túa despexadísima razón». O matrimonio dura vinte anos (1754-1774), ata a morte de Nicolás. María Francisca enviúa aos corenta anos de idade (na metade da súa vida) e nesta condición de viuvez e soidade vivirá aínda 34 anos máis, ata 1808, data do seu pasamento en Santiago, aínda que non existen datos precisos sobre o lugar do seu enterramento. Nesta dimensión a súa vida non está exenta dun certo «pathos» tráxico polo historial de enfermidades, de dor polo exilio do irmán José Francisco e de mortes de familiares e amigos: dúas irmás e un irmán morren antes de cumprir dous anos; os seus pais no 1762; Ramón xesuíta, aos 35, no 1765; o seu marido, no 1774. Á mala saúde dela mesma engádese a do seu marido e a do P. Isla; as súas irmás máis pequenas (Isabel e Antolina) sofren varios episodios graves; mesmo as súas amigas e amigos van abandonando este mundo: a Monxa do Penedo (1860); o Cura de Fruíme (1777); o P. Isla (1781), o arcebispo Bocanegra (1782)… Semella que neste memorial de amor e morte vivencia o canto romántico de G. Leopardi (1798-1837): «Fratelli a un tempo stesso amore e morte» (lectura prerromántica que se pode confirmar no «Romance ao Cura de Fruíme»).
Segundo o recente estudio biográfico-literario de C. García Cortés (2007), o máis documentado sobre a “Musa de Compostela”, na súa obra hai como tres dimensións:

OBRA DE FRANCISCA DE ISLA
Segundo o recente estudio biográfico-literario de C. García Cortés (2007), o máis documentado sobre a “Musa de Compostela”, na súa obra hai como tres dimensións:
- 1. A poético-literaria, na que que se encadran: Despedida de Lidia y Armindo (1770) (Biblioteca Nacional de Madrid, Ms 22.058). Décima al arzobispo Bocanegra (1772) (BXUSC, Ms. 631). Soneto al arzobispo Bocanegra (1772), e Romance al Cura de Fruime (1775). Edición de C. Martínez Barbeito, BRAG, XXVIII, nn. 321-25 -1957-, 17-36.
- 2. A epistolar: lamentablemente a maior parte das poesías e cartas da autora foron destruídas por ela mesma, ou perdéronse. No intento de recuperación dalgunhas cartas García Cortés considera as interrelacións escritas entre os dous irmáns e o marido de María Francisca (máis de trescentas cartas familiares); a reconstrución parcial do epistolario da mesma, a partir de referencias no epistolario do P. Isla; e dúas cartas de M.ª Francisca, publicadas polo P. Eguía Ruiz.
- 3. A dimensión como editora de escritos do P. Isla: María Francisca, como a súa herdeira literaria, por encomenda testamentaria, desprega a súa actividade en diversas vertentes:
- a) Os escritos do P. Isla editados postumamente: tradución da Arte de encomendarse a Dios, de A. F. Bellati (1783); tradución das Reflexiones cristianas sobre las grandes verdades de fe, de C. Judde (1785); Cartas familiares (1785-17890); Sermones(1792-93); Rebusco de obras literarias (1797).
- b) Os intentos fallidos de publicacións póstumas (Colecciones de dichos y hechos singulare -censurada dúas veces polo agustino Agustín Centeno-; reedición de Fray Gerundio de Campazas; tradución do Epistolario de J.A. Costantini).
- c). Biografía do P.Isla (1803), de José Ignacio de Salas (pseudónimo do xesuíta santiagués Juan José Tolrá, coñecido no ámbito cultural compostelá e amigo da familia Isla-Losada), con referencia expresa á función editorial de María Francisca.
Como citar: Barreiro, José Luís : María Francisca de Isla y Losada. Publicado o 1/1/2008 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=2017. Recuperado o 20/04/2024
DOCUMENTACIÓN DE
Fragmentos de poemas de María Francisca de Isla y Losada
Selección elaborada por José Luís Barreiro Barreiro (xullo 2008)
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Selección de textos sobre María Francisca de Isla y Losada
Documento elaborado por José Luís Barreiro Barreiro (xullo 2008)
Ligazóns de interese
María Francisca de Isla y Losada na wikipedia
[úlitma consulta: 01/12/2021]
Obras de Francisca de Isla y Losada en cervantesvirtual
[última consulta: 01/12/2021]
María Francisca de Isla y Losada na Real Academia de Historia
[última consulta: 01/12/2021]
GARCÍA LOSADA, Carlos: María Francisca de Isla y Losada (1734-1808): una conexión en la Compostela de la Ilustración, Madrid: Instituto de Estudios Gallegos "Padre Sarmiento".
Dialnet [última consulta: 01/12/2021]
Referencias bibliográficas
- EGUÍA, C., “La predilecta hermana del P. Isla y sus cartas inéditas”, Humanidades, VI (1955), p. 255-268.
- FILGUEIRA VALVERDE, X., “Dona Maruxiña Isla Losada, musa dos ‘ilustrados’ de Galicia”, en Terceiro Adral, Sada, Ediciós do Castro, 1984, p. 69-75.
- GARCÍA CORTÉS, C., “María Francisca de la Isla y Losada (1734-1808). Una conexión literaria en la Compostela de la Ilustración”, Cuadernos de Estudios Gallegos, Anexo XXXVIII, 2007.
- MARTÍNEZ BARBEITO, C., “Doña María Francisca de Isla y su romance en gallego al Cura de Fruime”, Boletín da Real Academia Galega, XXVIII (1957), p. 17-36.
- MONLAU, P.F., Obras escogidas del P. José Francisco de Isla, Madrid, M. Rivadeneyra, 1850.