Carmen Arias “Mimina”
A Coruña, 15/ 4/1921 - O Castro de Samoedo, Sada, A Coruña, 1/11/2013Autoría: Rosario Portela Yáñez
Unha traxectoria polos camiños da arte
Nacida o 15 de abril de 1921 na Coruña, no seo dunha familia acomodada, a súa infancia discorre feliz entre A Coruña e os veráns no Castro de Samoedo, no Pazo de seu pai, o avogado Alicio Arias de Castro. Será un amigo da familia, Germán Díaz Baliño, o que aprecie as habilidades artísticas dunha Carmen Arias ben nova e o que insista para que tome clases cunha das pintoras galegas máis relevantes do momento: a súa irmá Dolores Díaz Baliño.
Nas clases coa “tía Lola”, como adoitaba chamarlle, Carmen Arias tomará contacto con importantes artistas da Galicia do momento pero, ademais vai coñecer, no verán de 1934, o seu futuro marido, Isaac Díaz Pardo, fillo do pintor e escenógrafo Camilo Díaz Baliño, o irmán máis vello da súa mestra.
Ao remate da guerra, vai ser axudante durante dous anos das clases prácticas de debuxo que imparte Lola Díaz Baliño no Instituto Eusebio da Guarda e, na primavera de 1942, as dúas debuxantes deciden realizar en Madrid o exame de ingreso en Belas Artes. Porén, “Mimina” atopa o primeiro atranco na súa carreira profesional: o seu pai só lle permite realizar estes estudos por libre.
Por este tempo, a súa relación con Isaac fora afianzándose malia a oposición paterna, e así, en xuño de 1945, casan no Castro de Samoedo, e trasládanse inmediatamente a Madrid, onde Isaac residía daquela. A cabalo entre Madrid e O Castro, e con tres fillos que nacen seguidos, “Mimina” non chega a rematar os seus estudos de Belas Artes, interrompidos para ocuparse da casa, dos fillos e dun apaixonante proxecto que se inicia en 1949: as Cerámicas do Castro. Aquí retomará a nosa protagonista a súa vocación artística encargándose da decoración das pezas que empeza a producir con grande éxito a nova fábrica. Tamén, como mestra de decoración de todas as traballadoras que se ían incorporando á fábrica. Cando, anos despois, Isaac marcha a Arxentina para crear en Magdalena unha fábrica similar á do Castro, “Mimina” queda ao cargo e ocúpase de manter a produción de cerámica. En 1958 viaxa a Bos Aires para reunirse con el, e alí volve exercer a docencia para ensinarlles o proceso decorativo ás rapazas de Magdalena.
Esta experiencia arxentina foi moi enriquecedora, pois permitiulle tamén achegarse ao mundo dos exiliados galegos naquelas terras; con moitos deles estableceu un nexo fondo, que dará moi pronto inmensos froitos na súa terra. Converteuse, así, nunha magnífica anfitrioa para todos os que pasaban por Magdalena, ao igual que o faría con todos os que pasarían polo Castro e, máis tarde, por Sargadelos, facendo da hospitalidade un dos signos de identidade das empresas.
En 1970 inicia a súa produción a Fábrica de Sargadelos, en Cervo, xa cun proceso de decoración moito máis mecanizado, e “Mimina” vai crear un obradoiro de xoiería, do que sairán numerosos deseños de torques, pulseiras, pendentes e todo tipo de alfaias, unha sección que acadará cada vez máis forza e unha gran demanda.
Malia todos os atrancos vitais que tivo que afrontar, foi quen de manter unha permanente vocación artística que puido canalizar con grande éxito no proxecto cerámico do Castro e de Sargadelos. Mais, por riba de todo, “Mimina” foi unha muller excepcional que entendeu coma ninguén o valor da obra de seu home. Como tantas veces, as mulleres somos memoria, e ao longo de toda unha vida, Carmen Arias, dun xeito intuitivo pero moi consciente, converteuse na memoria de Isaac Díaz Pardo.
O 5 de xaneiro de 2012 falece Isaac, logo dalgúns anos apartado da dirección do grupo de empresas que el creara, e só un ano despois, o 1 de novembro de 2013 vai finar na Coruña a súa fiel compañeira nun longo compromiso vital e empresarial que foi fundamental na historia da Galiza do século XX.
Como citar: Portela Yáñez, Rosario : Carmen Arias “Mimina”. Publicado o 1/1/2014 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=204. Recuperado o 19/04/2024
DOCUMENTACIÓN SOBRE
«Adeus a Mimina. Compañeira do compromiso vital de Díaz Pardo», La opinión (3-11-2013). [data de descarga 16-9-2014]
Fonte: http://www.laopinioncoruna.es/
«Falece Carmen Arias ‘Mimina’, viuva de Diaz Pardo e impulsora de Sargadelos», Praza pública (2-11-2013). [data de descarga 16-9-2014]
Fonte: http://praza.com/cultura/
DÍAZ RIPOLL, Carolina: «Obituario de Mimina», Praza Pública (2-11-2013). [data de descarga 16-9-2014]
Fonte: http://praza.com/opinion/1428/obituario-de-mimina/
Ligazóns de interese
Obituario de Carmen Arias de Castro na Asociación Castaño y Nogal
[última consulta: 16-9-2014]
Adeus Mimina na blogoteca.com
[última consulta: 16-9-2014]
Dado que os traballos de xoiería de Mimina non están firmados, é imposible saber cales son da súa autoría. Tómese entón como exemplo a mostra de xoias exposta na web de Sargadelos.
[última consulta: 22/07/2021]
Caricatura de Mimina na web do artista gráfico Siro
[última consulta: 22/07/2021]
Pazo Castro de Samoedo en memoriadesada.com
[última consulta. 22/07/2021]
GRAÑA PÉREZ, Beatriz: “Carmen Arias de Castro. Mimina”, Voces da memoria: galegas exiladas, emigradas e resistentes durante o réxime franquista, Universidade de Santiago de Compostela, 2003, p. 83-109
[última consulta: 22/07/2021]
Epístolas de
Carta de Seoane a Díaz Pardo e a Carme Arias “Mimina”. 1963
Madrid, 8 de octubre de 1963
Queridos Isaac y Mimina:
Estamos en Madrid creo que desde el viernes, o el jueves, no sé ahora desde cuando, pero continuamos con vosotros en vuestra casa recordándoos a todos, a Camilo, a Rosendo, a Xosé, a Bichuca, casi muda, y hasta al perro Aduardo, héroe infantil de las corredoiras, y a la comadreja Ramona. Recordando vuestra hospitalidad y la hermandad que todos nos mostrasteis. Salimos de ahí con verdadera pena; nos sentimos, el tiempo que estuvimos en esa, como en nuestra propia casa. Creo que no debemos deciros más, pues todo lo que escribiésemos resultaría de una cursilería rosa y sentimental de la que nos sentimos ajenos, aunque en este caso, creo, no nos avergonzaría Hicimos un viaje muy bueno. Por mi parte con el paquete de víveres que Mimina nos preparó (un paquete para dos viajes), para que no adelgazásemos con el viaje, y los bombones de Mariluz, me sentí un poco, no sé Maruja, en la situación de la comadreja Ramona, en la jaula improvisada por Camilo, cuando se detenía a comer solitaria antes de adormecerse muy pudorosa entre las pajas. Aquella jaula hasta tenía un vidrio, como ventanilla el camarote del coche cama.
Ya en Madrid no hemos podido hacer hasta ahora otra cosa que tratar de adaptarnos. Estuve con Valentín una tarde a la hora del café. Vino a Madrid por algo relacionado con Pescanova. Estuve con Marcial Suárez, Maiztegui, Azcoaga y Melella, y vi a Blanco Amor. A Blanco Amor no hago más que verlo. Todo esto hasta hoy. Mañana empiezo a pintar, haciéndome como pueda espacio en esta habitación que tiene poco más de tamaño que el recinto de la escalera del estudio de O Castro. Pero creo que podré pintar.
Recordamos a Luisa y a Pepe, a Isabel y a Beatriz, el humor por veces negro de Pepe (negro cuando se refiere a Magdalena, - nunca, sin embargo, a mi juicio, bastante negro -, y a la botadura de los barcos de Pescanova). Recordamos a todos, y a todos les enviamos un gran abrazo. Los de O Castro fueron para nosotros de los más felices días de este último tiempo.
Un gran abrazo de:
Seoane
Carta de Díaz Pardo e de Carmen Arias “Mimina” a Seoane e a Maruxa Seoane. 1976
Castro, 3 de septiembre de 1976
Queridos Maruja y Luis:
Ayer nos enteramos por el diario del fallecimiento de Emilio. Estábamos en Sargadelos, era media tarde y ya no había forma de ir al entierro, que había sido por la mañana. Le pusimos un telegrama a Mª del Carmen y en algún momento la iremos a ver. A vosotros os va nuestra solidaridad.
Estaban con nosotros en Sargadelos Lorenzo y Marika. Hoy hemos estado en Lugo. Almorzamos con Fole y Celestino y llegamos al Castro al atardecer. Tenemos a Carolina con nosotros porque Xosé y María se fueron a Italia y creo que piensan llegar al este.
Te tengo informado al día de todo lo que pasa.
Un abrazo muy fuerte
Isaac
Me acuerdo mucho de vosotros y os mando un biquiño muy fuerte.
Vuestra
Mª Luz
Queridos Luis y Maruja:
Nos sorprendió la muerte de Emilio y os va mi sentimiento.
Por aquí andamos con Lorenzo y Marika, recordándoos siempre y deseando veros pronto por aquí. Tengo aquí a Carola, que es un diablillo delicioso.
Hace unos días te escribí y con calma volveré a hacerlo.
Tuvimos un mes de agosto con mucho trajín de gente y ahora ya estamos más tranquilos.
Marika va mejorando.
Un fuerte abrazo para los dos de
Mimina
Referencias bibliográficas
- FERNÁNDEZ PALOMO, A.: Isaac Díaz Pardo, unha mirada familiar: conversas con Carmen Arias, Edicións Lea, 2006.
- GRAÑA PÉREZ, Beatriz: Voces da memoria: galegas exiladas, emigradas e resistentes durante o réxime franquista, Universidade de Santiago de Compostela, 2003