Olga Gallego Domínguez
Ourense, 8/ 12/1923 - Ourense, 4/9/2010A súa bibliografía arquivística é extensísima e versa sobre documentos, arquivos, sistemas arquivísticos e patrimonio documental, organización e descrición, acceso e difusión de arquivos, e formación de especialistas. Neste último campo exerceu o seu maxisterio sobre varias xeracións. As súas publicacións sobre organización de arquivos históricos provinciais, documentos de arquivo e agrupacións de documentos e os seus manuais de arquivística e de arquivos familiares son fitos fundamentais e de referencia para profesionais da arquivística no conxunto do Estado. Desde 1974 mantivo unha estreita colaboración intelectual con Pedro López Gómez, con quen comparte a autoría de numerosas obras.
A súa producción diversifícase en estudos sobre libros e bibliotecas, clero secular e regular, ciencias médicas e farmacolóxicas, sociedade, economía e administración, arte e urbanismo, arqueoloxía e museoloxía, biografía, historia e historia local, especialmente sobre Ourense e a súa provincia. O seu estudo sobre as mulleres ourensás no Antigo Réxime demostra que era capaz de realizar investigaciones que enlazan con liñas e preocupacións actuais, como as de xénero. A súa última achega sobre a comarca da Limia constitúe o peche de ouro das súas investigacións.
Este perfil intelectual compleméntase cun modelo de comportamento caracterizado pola laboriosidade no traballo cotián; xenerosidade no recoñecemento de colaboradores e colaboradoras; honra aos seus predecesores, como Xesús Ferro Couselo; ética cidadá de colaboración desinteresada con institucións culturais, como a Fundación Penzol e a Fundación Otero Pedrayo, da que formou parte do seu Padroado; o Museo, a Biblioteca Pública e o Arquivo Diocesano de Ourense; e asociacións e grupos de traballo, como o Grupo Marcelo Macías -do que foi presidenta (desde 1972)-, o Grupo de Arquiveiros de Galicia, ANABAD e ANABAD-Galicia, da que tamén foi presidenta.
Os seus méritos foron publicamente recoñecidos pola Real Academia de la Historia, que a nomeou correspondente (1980); pola Real Academia Galega (1986), é a primeira muller que accedeu a esta institución; e pola ANABAD. Recibiu o Premio Trasalba 2008 da Fundación Otero Pedrayo, o Lazo da Orde de Afonso X O Sabio, a Medalla de Prata de Galicia, a Medalla Castelao e a Medalla de Anabad.
Como citar: Olga Gallego Domínguez. Publicado o no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=22137. Recuperado o 07/12/2023
Olga Gallego Domínguez
Ourense, 8/ 12/1923 - Ourense, 4/9/2010Autoría: Pedro López Gómez
Arquiveira, docente e historiadora, membro da Academia Galega e presidenta de ANABAD - Galicia
Estudou Olga Gallego Filosofía e Letras, Sección de Historia, na Universidade de Santiago de Compostela, e ingresou por oposición en 1955 no Corpo de Auxiliares de Arquivos, Bibliotecas e Museos con destino na Biblioteca Pública de Ourense; e, en 1958, no Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos, destinada ao Arquivo da Subdelegación de Facenda e Biblioteca Pública de Vigo, centro este de dependencia mixta, estatal e municipal. En 1969, trasladouse ao Arquivo Histórico Provincial de Ourense, que levaba anexo o Arquivo da Delegación de Facenda, que dirixiu ata a súa xubilación en 1989. Nestes centros, antes unidos ao Museo Arqueolóxico Provincial, sucedeu a Ferro Couselo, co que sempre mantivo unha estreita relación.
Ao igual que a súa irmá Pilar, farmacéutica, incorporouse a unha das escasas profesións que, como o maxisterio ou a relixión, lles permitía ás mulleres, en pleno franquismo, obter independencia económica e acceder ao coñecemento, á investigación e ao desempeño de cargos administrativos de certa responsabilidade.
Dotada dunha gran discreción, soubo abrirse a todo tipo de colaboracións con institucións relacionadas con arquivos, bibliotecas e museos. Da súa estancia en Vigo naceu a súa cooperación coa Fundación Penzol; contribuíu a catalogar a súa biblioteca e o seu arquivo, tarefa á que se incorporaría Pedro López, director daquela do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, e co que mantivo unha fecunda colaboración intelectual. Foi, ademais, nomeada vogal do seu Padroado, como o sería tamén do da Fundación Otero Pedrayo, situada en Trasalba e onde tamén traballou, con Minia Martull, directora da Biblioteca Pública de Ourense, na súa biblioteca. A súa vinculación co Museo Arqueolóxico de Ourense levouna a se integrar no Grupo de investigación Marcelo Macías, do que será secretaria desde 1971 a 1975 e presidenta desde 1990 ata o seu falecemento. Colabora neste caso con Francisco Fariña Busto e Julio Ramos, e participa moi activamente no seu medio de expresión: o Boletín Avriense, onde publicaría unha boa parte da súa produción de carácter histórico. Non menos intensa foi a súa participación en actividades arquivísticas de docencia e investigación a través da asociación ANABAD (Asociación Nacional de Archiveros, Bibliotecarios, Arqueólogos y Documentalistas) e de ANABAD-Galicia, da que foi presidenta desde 1994 a 1995, e do Grupo de Traballo de Arquiveiros de Galicia, así como acudindo a numerosos encontros científicos da materia, en España e Portugal, que poden ser rastrexados na súa abondosa bibliografía publicada, con achegas frecuentes nos Boletíns das asociacións mencionadas. Poderíanse citar, tamén, outras colaboracións, como a que estableceu co Arquivo Diocesano de Ourense, con bibliotecas de institucións docentes de Vigo, coa Escola Taller de Arquivos ou co Arquivo do Reino de Galicia, entre 1988-1990, no que foi profesora.
A súa independencia de criterio ocasionoulle algún desgusto administrativo, a simpatía e afecto dos e das súas colegas e compañeiras e tamén do seu alumnado, e explica os diversos homenaxes que recibiu, como o que lle tributou ANABAD en 2006, a atención que recibiu por parte dos medios de comunicación, así como a súa presenza na rede internet.
As súas achegas ao campo da arquivística e outras ciencias documentais son numerosas, en estreita colaboración con Pedro López desde 1974, con quen compartiría autoría de traballos de maneira continuada. Os seus estudos sobre o Catastro de Ensenada, os arquivos, os fondos documentais e os documentos convertéronse en clásicos. No campo da historia, a de Galicia, a da provincia e cidade de Ourense e diversos personaxes e colectivos do Antigo Réxime mereceron a súa atención xunto con outros temas diversos, como as barcas ou os estudos de xénero. Os seus méritos no campo da historia carreáronlle a distinción de ser nomeada correspondente da Real Academia da Historia en 1980, e académica numeraria da Real Academia Galega en 1985, cun discurso sobre os barcos e barcazas da provincia de Ourense no Antigo Réxime.
O Arquivo de Galicia custodia hoxe o seu arquivo e biblioteca profesional, doados á Xunta de Galicia pola súa irmá Pilar, que creou, na súa memoria, unha Fundación que leva o seu nome para o fomento, a investigación e a formación de profesionais en arquivos e arquivística.
Pola súa vida e obra manifestaron interese Martínez Tamuxe e Fernández del Riego. Lamentablemente, só unha pequena parte dos seus traballos están en soporte electrónico. En 2005, Pedro López elaborou unha biobibliografía que denominou “provisional” (por estar en vida a autora e coñecer a súa férrea disciplina investigadora), que sería posteriormente actualizada por Francisco Fariña Busto e M.ª José Sierra Rodríguez; e en 2011, tras o seu falecemento, cuantificou e analizou valorativamente a súa produción científica, que parecía definitivamente cerrada, tal e como fica reflectido na cartografía dedicada a ela neste mesmo Álbum e que el axudou a construír. Pero non foi así, pois o seu extenso traballo sobre A Limia, que deixara en borrador, reordenado por Yolanda Barriocanal e dividido en catro capítulos sobre os señoríos xurisdicionais, a economía e a sociedade, os señores palacianos e os mosteiros no Antigo Réxime, foi publicado na obra colectiva Patrimonio cultural da Alta Limia. Discurso histórico e ordenación do territorio, editada por Xulio Rodríguez González (A Coruña, Xunta de Galicia / Fundación Barrié, 2013), o que manifesta, unha vez máis, o seu dominio das fontes documentais para a reconstrución histórica.
Se tivésemos que resumir su traxectoria vital, diriamos que foi brillante na xestión administrativa, na docencia arquivística e na investigación documental e histórica, sen desatender, coma tantas outras mulleres, o fogar do que foi cabeza. Laboriosidade, ética profesional e cidadá foron os modos en que desenvolveu as súas actividades.
No ano 2011, diversos colectivos profesionais, encabezados por ANABAD-Galicia, fixeron unha proposta ás autoridades do Ministerio de Cultura e á Xunta de Galicia de que o Arquivo Histórico Provincial de Ourense, que tanto lle debe, levase o seu nome, como recoñecemento aos valores que encarnaba. Non callou a petición. A condición feminina parece ter as súas limitacións, incluso nos ámbitos aparentemente menos proclives á discriminación. Pero estamos seguros de que cedo ou tarde se lle renderá esta última homenaxe.
OBRA
Unha parte importante da obra desta autora, está recollida na cartografía dedicada a ela neste mesmo Álbum, podes acceder a ela desde o apartado “Ligazóns” desta entrada
AGRADECEMENTOS
Pilar Gallego Domínguez
Como citar: López Gómez, Pedro : Olga Gallego Domínguez. Publicado o 1/1/2015 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=22137. Recuperado o 07/12/2023
DOCUMENTACIÓN DE
GALLEGO, O., LÓPEZ, P.: «A Biblioteca Penzol como Biblioteca Nacional de Galicia», Fermín Penzol. Unha obra para un pais, Vigo, Galaxia, Fundación Penzol, 2010, p. 60-65
Fonte: exemplar da biblioteca do CCG
«Ourense visto por Otero Pedrayo», en Olga Gallego Domínguez. O tecido da historia, Ourense, Fundación Otero Pedrayo, 2008, p.11-19
Fonte: exemplar da biblioteca do CCG
«Introdución», en Historia da muller. Mulleres ourensás dos séculos XIV-XVII, Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 2008, p. 11–19
Fonte: exemplar da biblioteca do CCG
«O primeiro impresor ourensán: Rodrigo de Lavandeira», Boletín Auriense, T. XXXVI (2006), p. 97-124
Fonte: exemplar doado polo Museo Arqueolóxico de Ourense
GALLEGO, O., LÓPEZ, P.: «Os Nóboa. Unha liñaxe ourensá», Boletín Auriense, T. XXXV (2005), p. 155-176
Fonte: exemplar doado polo Museo Arqueolóxico de Ourense
«Mercedes de los Condes de Ribadavia a dos hidalgos de la jurisdición de Valdeorras», Boletín Auriense, T. XXXI (2001), p. 131-142
Fonte: exemplar doado polo Museo Arqueolóxico de Ourense
«Notas para a historia de Trives», Boletín Auriense, T. XXX (2000), p. 95-116
Fonte: exemplar doado polo Museo Arqueolóxico de Ourense
GALLEGO, O.; BARRIOCANAL, Y.: «La capilla funeraria de los Altamirano en Santa María La Mayor (Trujillo)», Norba-arte , n.º 20-21 (2000-2001), p. 29–39
Fonte: http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=495629
GALLEGO, O.; FARIÑA, F.: «El pazo de los Oca, D. Álvaro de Oca y D. María Sarmiento, señores de Celme, sus fundadores», en El Liceo de Ourense: 1850-2000, Caixavigo e Ourense, 2000, p. 77-85
Fonte: exemplar da biblioteca do CCG
GALLEGO, O.; FARIÑA, F.: «Unha dama e tres linaxes ourensás implicados nun homicidio no século XVI», Boletín Auriense, T. XXX (2000), p. 117-168
Fonte: exemplar doado polo Museo Arqueolóxico de Ourense
«Notas sobre una estirpe ourensá: Os Condes de Troncoso», Boletín Auriense, T. XXIX (1999), p. 117-164
Fonte: exemplar doado polo Museo Arqueolóxico de Ourense
«A alfóndiga do pósito ourensán», Boletín Auriense, T. XXVII (1997), p. 195-216
Fonte: exemplar doado polo Museo Arqueolóxico de Ourense
«Limiar», en A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, Vigo, Galaxia, Fundación Penzol, 1996, p. 5-8
Fonte: exemplar da Biblioteca do CCG
«Las tabernas orensanas como monopolios y bienes del común en el Antiguo Régimen», Boletín Auriense, T. XXVI (1996), p. 123-144
Fonte: exemplar doado polo Museo Arqueolóxico de Ourense
«Una muestra de radicalismo social y resistencia antiseñorial en la provincia de Orense», Boletín Auriense, T. XXV (1995), p. 237-245
Fonte: exemplar doado polo Museo Arqueolóxico de Ourense
«La Justicia local de la provincia de Ourense a mediados del siglo XVIII», Boletín Auriense, T. XXIV (1994), p. 153-207
Fonte: Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
«Informe sobre los archivos dependientes de la Comunidad Autónoma de Galicia», Papeis. ANABAD Galicia, n.º 5 (noviembre-diciembre 1993)
Fonte: ANABAD-Galicia
«Cara unha atomización e dispersión na custodia do Patrimonio Documental de Galicia con grave perxuicio da Administración, do ciudadán e da propia investigación científica e histórica», Papeis. ANABAD Galicia, II época, n.º 3 (xuño-agosto 1993)
Fonte: ANABAD-Galicia
«Documentos concejiles sobre el converso Tomás de Medina», Boletín Auriense, T. XXII (1992), p. 153–157
Fonte: exemplar da Biblioteca do CCG
«Los sellos del concejo de Orense», Boletín Auriense, T. X-XI (1990-1991), p. 63-74
Fonte: exemplar doado polo Museo Arqueolóxico de Ourense
«La Hacienda y la Fiscalidad en la Galicia del siglo XVIII», en Fuentes para el estudio del siglo XVIII en Galicia. Historia Económica y Social: Ciclo de conferencias organizadas por el Archivo del Reino de Galicia. 7 11 marzo de 1988, Sada, Ediciós do Castro, 1991, p. 47-144
Fonte: exemplar da biblioteca do CCG
GALLEGO, O.; FARIÑA, F.: «As Casas Reales de Cimadevila ou do Correxidor», Boletín Auriense, T. XVIII-XIX (1988-1989), p. 199-210
Fonte: exemplar da Biblioteca do CCG
GALLEGO, O.; LÓPEZ, P.: «Fuentes indirectas para la historia de la banca en Galicia», Boletín de la ANABAD, n.º 3 (julio-septiembre 1987), p. 361-374
Fonte: http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=801670
«Los Archivos de la Administración Central en Galicia», Boletín de la ANABAD, n.º 1-2 (1987), p. 163-196
Fonte: http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=801831
«Ferias y mercados en la provincia de Orense», Boletín Auriense, T. XVII (1987), p. 131-204
Fonte: exemplar da biblioteca do CCG
«Dominio y bienes de Santa Clara», en Boletín Auriense. Anexo: Santa Clara de Allariz, 7º: Centenario da fundación (1986), p. 43-61
Fonte: exemplar da Biblioteca do CCG
«El coto de Santa Clara de Allariz», Boletín Auriense. Anexo: Santa Clara de Allariz, 7º: Centenario da fundación (1986), p.139-143
Fonte: exemplar da Biblioteca do CCG
«Un documento jurídico galego de 1469», Boletín Auriense, T. XIV-XV (1986), p. 281-283
Fonte: exemplar da Biblioteca do CCG
«Tumbo de las Viñas de Ribadavia», Boletín Auriense, T. XVI (1986), p. 157-170
Fonte: exemplar da Biblioteca do CCG
GALLEGO, Olga: As barcas e as barcaxes da provincia de Ourense no Antigo Réxime
Discurso lido o 15 de novembro de 1986 no acto da súa recepción pola ilustrísima Sra. Olga Gallego Domínguez e resposta do Excelentisimo Sr. Antonio Gil Merino, A Coruña, Real Academia Galega, 1986
Fonte: realacademiagalega.gal
GALLEGO, O.; LÓPEZ, P.: «Los Archivos Históricos Provinciales en su cincuentenario», Boletín de la ANABAD, n.º 1-2 (1982), p. 3-16
Fonte: http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=964839
GALLEGO, O.; LÓPEZ, P.: «La formación profesional de los archiveros», Boletín de la ANABAD, n.º 4 (octubre-diciembre 1981), p. 515-529
Fonte: http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=964880
GALLEGO, O.; LÓPEZ, P.: «Protagonistas do galeguismo no Arquivo da Fundación Penzol», Grial, Vigo, n.º 73 (xullo-agosto-setembro 1981), p. 356-376
Fonte: exemplar da Biblioteca do CCG
«El Archivo del Concejo de la Ciudad de Orense», Boletín Auriense, T. XI (1981), p. 177–194
Fonte: exemplar da Biblioteca do CCG
«Las casas consistoriales de la ciudad de Orense», Boletín Auriense, T. X (1980), p. 107-117.
«Las casas consistoriales de la ciudad de Orense», Boletín Auriense, T. X (1980), p. 107-117.
«Documentación de las delegaciones provinciales del Ministerio de la Vivienda e instrumentos de investigación y trabajo», Boletín de la ANABAD, n.º 1, (1978), p. 101-104
Fonte: http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=967559
«Los montes de la provincia de Orense: evolución de su propiedad», Boletín Auriense, T. VIII (1978), p. 167–187
Fonte: exemplar da Biblioteca do CCG
«Hospitales de la provincia de Orense», Boletín Auriense, T. VI (1976), p. 207–263
Fonte: exemplar da Biblioteca do CCG
«La peste en Orense desde el siglo XIV al XIX», Boletín Auriense, T. III (1973), p. 15-55
Fonte: Museo Arqueolóxico de Ourense
«Unha xoia bibliográfica da Biblioteca Penzol»,
en Homenaxe a Fermín Penzol, Vigo, Galaxia, 1972, p. 108-115
Fonte: exemplar da Biblioteca do CCG
«Torres, puertas y cercas de la ciudad de Orense», Boletín Auriense, T. II (1972), p. 241-278
Fonte: Museo Arqueolóxico de Ourense
«Biblioteca del Conde de Ribadavia, Don Enrique Enriquez (¿?-1534)», en Homenaxe a Daría Vilariño, Santiago de Compostela, Servicio de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade, 1993, p. 355-386
Fonte: exemplar da Biblioteca do CCG
«As bibliotecas das Ordes Relixiosas no Ourense do Antigo Réxime», en Homenaxe a Xaime Isla Couto, Vigo, Galaxia, 1996, p. 127-133
Fonte: exemplar da Biblioteca Penzol
GALLEGO, O.; LÓPEZ, P.: Artxibistikan sarrera = Introducción a la archivística, Vitoria = Gazteiz Departamento de Cultura y Turismo del Gobierno Vasco, 1989
Fonte: http://www.snae.org/pdf/ikerlanak1.es.pdf
GALLEGO DOMÍNGUEZ, Olga; LÓPEZ GÓMEZ, Pedro: El documento de archivo. Un estudio, Universidade da Coruña, 2007
Fonte: http://dls.bookzz.org/genesis/
DOCUMENTACIÓN SOBRE
X.M.C.: «El Boletín Avriense publica el último trabajo de Olga Gallego sobre bibliotecas», Faro de Vigo (17-9-2014)
Fonte: http://www.farodevigo.es/
LÓPEZ GÓMEZ, P.: «Perfiles, modelos y género en Olga Gallego». Boletín ANABAD, n.º 2 (abril-junio 2011), p. 13-17
LÓPEZ GÓMEZ, P.: «Perfiles, modelos y género en Olga Gallego». Boletín ANABAD, n.º 2 (abril-junio 2011), p. 13-17
SÁNCHEZ FERRO, P.: «Olga Gallego Domínguez», Ourense Siglo XXI. La Atenas de Galicia. Personajes Ilustres, Deputación Provincial, n.º 22, (2011), p. 78-79
Fonte: http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/DetalleRexistro.aspx?CodigoBiblioteca=OBM045&Rexistro=6738&Formato=Etiquetas (data descarga 28-09-2011)
LÓPEZ GÓMEZ, P.: «Olga Gallego Domínguez: indicadores de calidad de su producción científica, lista de publicaciones y aportaciones a congresos», Álbum de mulleres, 2011
LÓPEZ GÓMEZ, Pedro: «Olga Gallego. Referencia ética», farodevigo.es (28-11-2010)
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2010/11/28/olga-gallego-referencia-etica/495404.html (descarga 29-7-2011)
«Da tristura polo pasamento de Olga Gallego á análise da profesora Margarita Ledo Andión», La Voz de Galicia.es, (31-10-2010)
Fonte: http://www.lavozdegalicia.es/ocioycultura/2010/10/31/0003_8819087.htm (descarga 29-09-2011)
LÓPEZ GÓMEZ, Pedro. «Olga Gallego, una inolvidable referencia ética y profesional», La Voz de Galicia (23/10/2010)
Fonte: http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2010/10/23/0003_8801682.htm (descarga 04/08/2011)
Colaboracións e agradecementos
A elaboración da Cartografía Olga Gallego no Álbum de mulleres contou coa colaboración das seguintes persoas e entidades:
PERSOAS
Isaac Díaz Pardo
Eliseo Fernández Arias
Pilar Gallego Domínguez
Teresa Navarro Quinteiro
Lola Pereira
Beatriz Pérez Mosquera
Afonso Vázquez Monxardín
INSTITUCIÓNS
Biblioteca da Fundación Penzol
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Real Academia Galega
COLECTIVOS
ANABAD
ANABAD-Galicia
Grupo Marcelo Macías
XORNAIS E REVISTAS
Boletín Avriense
El Correo Gallego
Faro de Vigo
El Progreso
La Voz de Galicia
EDITORIAIS
Ediciós do Castro
Editorial Galaxia
Grupo El Correo
Créditos da cartografía de Olga Gallego Domínguez
COORDINACIÓN
Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega
DOCUMENTACIÓN
Pedro López Gómez
Mariam Mariño Costales
Eliseo Fernández Arias
TEXTOS
Pedro López Gómez
Mariam Mariño Costales
DESEÑO
Miguel Alonso Fachado
REVISIÓN LINGÜÍSTICA
Begoña Tajes Marcote
Luís Iglesias Enriquez
REVISIÓN BIBLIOGRÁFICA
Anxos Sumai
TRATAMENTO DIXITAL DE IMAXES
Teresa Navarro Quinteiro
NOGUEIRA, M. Xesús: «O silencio da arquiveira», El Progreso (11-9-2010), p.9
Fonte: http://elprogreso.galiciae.com/nova/62175.html?lang=gl (descarga 26/03/2011)
HERNÁNDEZ, Imanol: «La cultura gallega despide en Santa Eufemia a Olga Gallego», La Región. Edición digital (6-09-2010)
Fonte: http://www.laregion.es/noticia/131419/historiadora/gallego/muere/ourense/ (descarga 15-08-2011)
«Falece Olga Gallego, exdirectora do Arquivo Histórico de Ourense e membro da Real Academia Galega», La Voz de Galicia. Ourense (05-09-2010)
Fonte: http://www.lavozdegalicia.es/ocioycultura/2010/09/05/0003_8708255.htm (descarga 05/09/2011)
NÓVOA, Rubén: «Adiós a la archivera de Ourense», La Voz de Galicia (5-9-2010)
Fonte: Arquivo de Pedro López
HERNÁNDEZ, Imanol: «La historiadora Olga Gallego muere a los 87 años en Ourense», La Región (5-9-2010)
Fonte: http://www.laregion.es/
LÓPEZ GÓMEZ, P.: «Sobre perfís e modelos profesionais: tributo a Olga Gallego Domínguez», Boletín Anabad-Galicia, n.º 5 (2010), p. 2-3
Fonte:http://anabadgalicia.files.wordpress.com/2011/06/05boletinanabad.pdf (data descarga16/08/2011)
HUETE, Cristina: «Fiesta por la galleguidad positiva. La Fundación Otero Pedrayo entrega el Trasalba a la archivera Olga Gallego», El País (30-6-2008)
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Fiesta/galleguidad/positiva/elpepiautgal/20080630elpgal_15/Tes (data descarga 29-9-2011)
«Olga Gallego recolle o domingo o premio Trasalba», Anosaterra.Diario (6-06-2008)
Fonte: http://www.anosaterra.org/index.php?p=buscar&tag=premio+trasalba (descarga 29-09-2011)
«A bibliotecaria orensá Olga Gallego, Premio Trasalba», Vieiros (29-4-2008)
Fonte: http://www.vieiros.com/nova/66212/a-bibliotecaria-ourensa-olga-gallego-premio-trasalba (descarga: 26/03/2011)
«A bibliotecaria e documentalista Olga Gallego, Premio Trasalba 2008», Xornal de Galicia.com (29-04-2008)
Fonte: http://www.xornal.com/artigo/2008/04/29/sociedad/a-bibliotecaria-e-documentalista-olga-gallego-premio-trasalba-2008/2008042914262600000.html (descarga 16-08-2011)
BARRIOCANAL LÓPEZ, Yolanda: «Estudos sobre fidalguía e padroádego artístico na obra de Olga Gallego Domínguez»
Artigo publicado en Olga Gallego Domínguez. O tecido da historia, Ourense, Fundación Otero Pedrayo, 2008, p. 65-66
Fonte: exemplar da Biblioteca do CCG
MARCO, A.: «Gallego Domínguez, Olga», en Dicionario de Mulleres Galegas. Das orixes a 1975, Vigo, Promocións Culturais Galegas, 2007, p. 180
Fonte : Dicionario de Mulleres Galegas. Das orixes a 1975, Biblioteca CCG
«O presidente da Xunta presidiu en Santiago o acto de imposición das Medallas Castelao 2006», Galicia Dixital. O Portal de Galicia (28-06-2006)
Fonte: http://www.galiciadigital.com/nota.3613.php (descarga 29-9-2011)
«Carracedo, Olga Gallego y Pousa Antelo reciben la Medalla Castelao 2006», El Correo Gallego (23-6-2006)
Fonte: http://www.elcorreogallego.es/index.php?idNoticia=57960 (descarga 29-7-2011)
LÓPEZ GÓMEZ, P.: «Olga Gallego Domínguez: una bio-bibliografía provisional», en Grupo de Traballo de Arquiveiros de Galicia (coord.), Olga Gallego, arquiveira: unha homenaxe, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2005, p. 9-47
Fonte: Olga Gallego, arquiveira: unha homenaxe, Biblioteca CCG
FERNÁNDEZ DEL RIEGO , F.: «Gallego Domínguez, Olga», en Diccionario de escritores en lingua galega, Sada, Ediciós do Castro, 1990, p. 141
Fonte: Diccionario de escritores en lingua galega, Biblioteca CCG
PEREIRO, X. Manuel: «Olga Gallego Domínguez. La primera mujer que accede a la academia gallega», El país (4-12-1986)
Fonte: http://www.elpais.com/ (descarga: 26/03/2011)
PEREIRO, Xosé Manuel: «Olga Gallego Domínguez. La primera mujer que accede a la Real Academia Gallega», El País (04/12/1986)
Fonte: http://elpais.com/
MARTÍNEZ TAMUXE, X.: «Gallego Domínguez, Olga», en Gran Enciclopledia Galega, Silverio Cañada Editor, 1974, XV, p. 100
Fonte: Gran Enciclopedia Galega, Biblioteca CCG
X.M del Caño entrevista a Olga Gallego Domínguez, farodevigo.es (18-5-2008)
Fonte: http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2008/05/18/olga-gallego-dominguez-ex-arquiveira-membro-da-real-academia-galega-ourense-tina-unha-cerca--formada-parte-polas-traseiras-das-casas/226049.html (descarga: 26/03/2011)
Fronda. Volandera del Archivo Histórico Provincial de Ourense, nº 36 (septiembre-octubre 2011), dedicado a Olga Gallego Domínguez.
Fonte: http://arquivosdegalicia.xunta.es/
Ligazóns de interese
Olga Gallego Domínguez en dialnet
[última consulta: 17/01/2023]
Olga Gallego en Galiciana
[última consulta: 17/01/2023]
Olga Gallego na RAG
[última consulta: 17/01/2023]
O fío de Penélope. O novelo de Olga Gallego
Concha Varela fai unha achega a Olga Gallego e os seus vínculos e relacións no portal do CCG
[última consulta: 13/01/2023]
Olga Gallego Domínguez na wikipedia
[última consulta: 17/01/2023]
Obra de Olga Gallego Domínguez en BookFinder.com
[última consulta: 17/01/2023]
Obra de Olga Gallego Domínguez en Regesta Imperii. Akademie der Wissenschaften und der Literatur Mainz
[última consulta: 17/01/2023]
Olga Gallego Domínguez no web da Fundación Olga Gallego
[última consulta: 17/01/2023]
A familia Gallego Domínguez en ourensenotempo.blogspot.com
[última consulta: 17/01/2023]
Fallece Olga Gallego Domínguez, en La Niña del Exorcista
[última consulta: 17/01/2023
Olga Gallego en galeg@s.info
[última consulta: 17/01/2023]
Olga Gallego Domínguez: Historias e Historia de Ourense en Diario de un médico de guardia
[última consulta: 17/01/2013]
Selina: Dona Olga Gallego Domínguez en Os Cómaros Celestes
[última consulta: 17/01/2023]
“Os Gallego Domínguez de Ourense”. Blog de Ana Bande
[última consulta: 17/01/2023]
Olga Gallego Domínguez na BNE
[última consulta: 17/01/2023]
Créditos da biobibliografia do “cartografías” do Álbum de mulleres
COORDINACIÓNComisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega
DOCUMENTACIÓN
Pedro López Gómez
Mariam Mariño Costales
Eliseo Fernández Arias
TEXTOS
Pedro López Gómez
Mariam Mariño Costales
DESEÑO
Miguel Alonso Fachado
REVISIÓN LINGÜÍSTICA
Begoña Tajes Marcote
Luís Iglesias Enriquez
REVISIÓN BIBLIOGRÁFICA
Anxos Sumai
TRATAMENTO DIXITAL DE IMAXES
Teresa Navarro Quinteiro
Agradecementos da biobibliografia do “cartografías” do Álbum de mulleres
A elaboración da Cartografía Olga Gallego no Álbum de mulleres contou coa colaboración das seguintes persoas e entidades:PERSOAS
Isaac Díaz Pardo
Eliseo Fernández Arias
Pilar Gallego Domínguez
Teresa Navarro Quinteiro
Lola Pereira
Beatriz Pérez Mosquera
Afonso Vázquez Monxardín
INSTITUCIÓNS
Biblioteca da Fundación Penzol
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Real Academia Galega
COLECTIVOS
ANABAD
ANABAD-Galicia
Grupo Marcelo Macías
XORNAIS E REVISTAS
Boletín Avriense
El Correo Gallego
Faro de Vigo
El Progreso
La Voz de Galicia
EDITORIAIS
Ediciós do Castro
Editorial Galaxia
Grupo El Correo
Videos
O fío de Penélope (3/11) [2020]: C. Varela Orol explora o universo de O. Gallego no CCG [2011]
Concepción Varela Orol, profesora na área de Biblioteconomía e Documentación do Departamento de Humanidades da Universidade da Coruña e membro do Corpo Facultativo de Arquivos e Bibliotecas, foi a coordinadora, xunto con Carmen Pérez Pais da xornada Olga Gallego Domínguez. Mulleres e historia, realizada en 2011. A súa navegación lévanos por referencias vitais que marcaron a súa traxectoria, a súa bibliografía, o fondo documental do Consello da Cultura e as presentacións e investigacións que ocuparon as diferentes xornadas de debate ao redor da arquivística e o patrimonio galego.
Audios
ENTREVISTA A OLGA GALLEGO SOBRE HISTORIA Y SOBRE EL PAPEL DE LA MUJER
Referencias bibliográficas
- GALLEGO DOMÍNGUEZ, O.: Archivo Histórico Provincial de Orense. Guía del investigador, Madrid, Ministerio de Educación y Ciencia, Dirección General del Patrimonio Artístico y Cultural, 1977
- GALLEGO DOMÍNGUEZ, O.: As barcas e os barcos de pasaxe da provincia de Ourense no antigo réxime, Ourense, Deputación, 1999
- GALLEGO DOMÍNGUEZ, O.: Historia da Muller. Mulleres ourensás dos séculos XIV-XVIII, Ourense, Grupo Marcelo Macías, 2008
- GALLEGO DOMÍNGUEZ, O.: La organización administrativa territorial de la antigua provincia de Ourense a mediados del siglo XVIII, Museo Arqueolóxico Provincial (Boletín Avriense. Anexo), 1988
- GALLEGO DOMÍNGUEZ, O.: Manual de archivos familiares, ANABAD, 1993
- GALLEGO DOMÍNGUEZ, O.: “A cidade de Ourense. Unha visión a través dos séculos”, Boletín Avriense. Anexo, 2001
- GALLEGO, O.; LÓPEZ, P.: Clasificación de fondos de los Archivos Históricos Provinciales, Ministerio de Cultura. Dirección General de Bellas Artes, Archivos y Bibliotecas. Subdirección General de Archivos, 1980
- GALLEGO, O.; LÓPEZ, P.: El Documento de archivo. Un estudio, A Coruña, Universidade, 2007
- GALLEGO, O.; LÓPEZ, P.: Introducción na arquivística, ANABAD-Galicia, 1985.
- GRUPO DE TRABALLO DE ARQUIVEIROS DE GALICIA (Coord.): Olga Gallego, arquiveira: unha homenaxe, Xunta de Galicia, 2005
- LÓPEZ GÓMEZ, P.: “Perfiles, modelos y género en Olga Gallego”, Boletín ANABAD, n.º 2 (abril-junio 2011), p. 13-17
- MARTÍNEZ TAMUXE, X.: “Gallego Domínguez, Olga”, en Gran Enciclopedia Galega, Silverio Cañada Editor, 1974, XV, p. 100
- SÁNCHEZ FERRO, P. (ed.): Olga Gallego Domínguez. O tecido da historia, Ourense, Fundación Otero Pedrayo; Santiago de Compostela, Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte, 2008