Modesto Domínguez Hervella

Verín (Ourense), 1827 - Verín (Ourense), 1913

Biografía

----

Modesto Domínguez Hervella

Verín (Ourense), 1827 - Verín (Ourense), 1913

Autoria: Ricardo Moreno

DOI: 10.17075/adg.22198

Militar e matemático

Ingresou no corpo de enxeñeiros da armada co grao de alférez de fragata en 1855. Realizou estudos no estranxeiro: primeiro en Francia, cursou tres anos en París e fixo prácticas en diversos arsenais, e despois en Inglaterra. Cando regresou a España, aos 32 anos, era xa un prestixioso enxeñeiro naval. En 1879 figura como inspector de enxeñeiros de mariña e director da Escola do Corpo. A súa primeira intervención oficial foi a inspección das obras de construcción dos buques que ían para Filipinas. Logo tivo outros destinos no Ferrol e na Habana. Cando morreu era inspector de primeira clase.

Nas súas viaxes polo estranxeiro tivo contacto coas novas correntes do pensamento europeo nos campos da investigación matemática e naval. Foi socio fundador da Sociedade Xeográfica de Madrid, e a raíz da publicación en 1879 da súa obra máis importante, Elementos de Geometría Analítica, fixérono académico correspondente da Real Academia de Ciencias en 1883.



Postumamente, a Academia publicou un artigo de Domíngez Hervella titulado “Geometría analítica incluyendo las tendencias o direcciones de las cantidades”, que podería ser unha primeira parte dunha nova versión dos Elementos de Geometría Analítica que nunca chegou a publicar.


Bibliografía:




Fontes impresas:

DOMÍNGUEZ HERVELLA, M. (1879): Elementos de Geometría Analítica, Madrid: Estab. Tip. de Eduardo Cuesta.

DOMÍNGUEZ HERVELLA, M. (1910): Apuntes para la reforma de la nomenclatura matemática, Madrid.

DOMÍNGUEZ HERVELLA, M. (1913): Geometría analítica, incluyendo las tendencias o direcciones de las cantidades, Publicaciones de la Real Academia de Ciencias, XI: 420-440, 509-529, 785-803, 888-910.


Bibliografía secundaria:

ESCRIBANO BENITO, J. J. (1998): El imaginarismo según Rey y Heredia. Llul, 21: 653-675.

ESCRIBANO BENITO, J. J. (2002): Os Elementos de Geometría Analítica de Domínguez Hervella, Gamma, 2: 66-70.

MORENO CASTILLO, R. (2004): 13 matemáticos galegos, Madrid: Editorial Anaya.

MORENO CASTILLO, R. (1992): Pensamento Matemático en Galicia, Sada-A Coruña: Ediciós do Castro.

TABOADA CHIVITE, X. (1946): Varones Ilustres de la comarca verinense, Madrid: Bolaños y Aguilar.

Como citar: Moreno, Ricardo : Modesto Domínguez Hervella. Recuperado o 01/04/2020 do Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=22198 DOI: 10.17075/adg.22198]