María de los Ángeles Tobío Fernández
Viveiro, 28/ 2/1908 - Vitoria-Gasteiz, 13/2/2004Autoría: Ana Celia Rodríguez Buján
Bibliotecaria e docente republicana, memoria da Guerra Civil e do exilio
"Gustábame e seguiume gustando sempre poder axudar aos que quixeran ler, xa fose para os seus estudios, para ilustrárense ou soamente por distraérense" (Tobío, 2003: 19).
M.ª de los Ángeles Tobío Fernández nace en 1908 en Viveiro, vila que abandona con oito anos para instalarse coa súa familia en Santiago de Compostela.
Aínda co apoio dun ambiente familiar con fonda actividade intelectual -o seu pai, Luís Tobío y Campos, poeta e etnógrafo, curmán de Rosalía de Castro, foi profesor da Escola de Maxisterio e correspondente provincial da Real Academia Galega; e o seu irmán máis vello, Luís, foi promotor da creación do Seminario de Estudos Galegos e membro do equipo redactor do anteproxecto do Estatuto de autonomía de Galicia do ano 1936-, sería a insistencia da súa nai, Mélida Fernández Veiga, a que finalmente propiciou que M.ª de los Ángeles estudase o bacharelato e que cursase a carreira de Filosofía e Letras.
Certamente, M.ª de los Ángeles sería unha das primeiras mulleres formadas na Universidade de Santiago de Compostela, e do seu paso por ela, na que chega a ser proposta para profesora auxiliar da cátedra de Latín, merécelle especial lembranza outra muller, Luísa Cuesta, bibliotecaria da universidade, quen espertou nela «a afección que me durou toda a vida e me axudou a razoar sobre cuestións daquela intocables, aínda que hoxe estean admitidas» (Tobío, 2003: 15).
No ano da instauración da Segunda República, 1931, casa con Pedro Martul Rey e trasládase a Madrid, onde, mentres traballa no Centro de Estudios Históricos, oposita con éxito ao recentemente creado Corpo de Auxiliares de Arquivos, Bibliotecas e Museos, un persoal clave para promover o novo concepto do libro e o achegamento das bibliotecas á cidadanía, obxectivos cardinais do proxecto cultural republicano de acceso igualitario ao saber.
Tras ocupar un primeiro destino en Ourense, onde nacen os seus fillos, Minia e Xoán Carlos, no verán de 1936 diversas circunstancias familiares levan ao matrimonio co seu fillo pequeno a Madrid, de onde, por mor do comezo da guerra, xa non poderán regresar. Durante ese mesmo ano, M.ª de los Ángeles é reclamada pola Comisión Xestora do Corpo Facultativo de Arquivos, Bibliotecas e Museos para colaborar nas tarefas de conservación e custodia dos fondos das bibliotecas incautadas. Nestas circunstancias, do seu paso pola Biblioteca Nacional lembra o seu traballo "con bibliotecarios moi intelixentes e ben preparados, que me impuxeron en novas técnicas e no estupendo labor que por entón se facía para achegar o libro ó pobo" (Tobío, 2003: 21).
En 1937, coa capital sometida a bombardeos incesantes que imposibilitan unha actividade laboral regular, M.ª de los Ángeles e a súa familia inician, cara a terras de Levante, unha indesexada peregrinaxe marcada polo tráxico falecemento do seu fillo Xoán Carlos e que no terreo profesional supón a súa colaboración nos labores que en distintas bibliotecas se encamiñaban á protección e conservación dos fondos. Cómpre salientar a súa acollida en Valencia por Tomás Navarro Tomás, importantísima personalidade intelectual e figura clave na protección do patrimonio bibliográfico, e o seu traballo na denominada «Biblioteca Especial» en Orihuela, a carón de Justo García Soriano, destacado bibliotecario e brillante intelectual, comisionado pola Junta Central del Tesoro Artístico para a recollida dos fondos bibliográficos nas provincias de Alacante e Murcia, co que experimenta o novo enfoque da política do libro impulsada pola República.
Ante a sospeita do inminente illamento de Valencia, en 1938, acompaña ao seu home a Caldes de Montbui, onde el é destinado na Escuela de Jefes y Oficiales de Carabineros e onde nace o seu fillo Pedro. Convencidos da perda da guerra, das represalias e de non querer vivir baixo a ditadura, preparan o traslado a Francia.
No seu libro autobiográfico, Anacos da vida dunha muller galega, importante testemuño en lingua galega dos acontecementos da Guerra Civil e do exilio, M.ª de los Ángeles relata detalladamente a crueza da azarosa fuxida durante o inverno de 1939 e a posterior chegada a Francia, onde, tras ser detidos e separados Pedro é conducido ao campo de internamento de Argelès sur Mer e ela e o seu fillo permanecen en Montélimar, reciben a axuda do seu irmán, Luís, diplomático, que propicia o reencontro da familia.
Tras diversas complicacións e sopesando os riscos dunha situación internacional cada vez máis complicada e o avance do fascismo, coa axuda do Comité Técnico de Ayuda a los Refugiados Españoles (CTARE), a parella e o seu fillo Pedro embarcan no Ipanema rumbo a México, aproveitando a política de acollida emprendida polo presidente Cárdenas.
A chegada a México, amais da estabilidade, supón un novo proxecto profesional para M.ª de los Ángeles, que se implicaría, xunto co seu home, na posta en marcha, en 1939, do segundo colexio fundado polos exiliados, o Instituto Hispano-Mexicano Ruíz de Alarcón, importante proxecto educativo, que, a pesar da súa curta vida, reuniría no seu claustro a importantes intelectuais e mesmo concitaría a protección de Lázaro Cárdenas. Ela responsabilizaríase da dirección da «Escuela de Señoritas», filial do centro.
En 1948, regresa a España, onde nacerá o seu fillo Luís, e solicita o reingreso no Corpo de Auxiliares de Bibliotecas, no que foi dada de baixa en 1939. Tras a depuración en 1950, é readmitida, pero sancionada, degradada e inhabilitada para ocupación de cargos directivos e de confianza. O Arquivo Xeral de Galicia, na Coruña, a Biblioteca da USC e o Instituto Arcebispo Xelmírez, en Compostela, este último no que combina a colaboración nos labores da biblioteca coa docencia ocasional do latín, constituirían os últimos destinos profesionais de M.ª de los Ángeles.
Consciente da importancia do que lle tocou vivir e, se cadra, facendo profesión de bibliotecaria, pouco despois de cumpridos os 70 anos, M.ª de los Ángeles deixounos en Anacos un rexistro, non só das súas vivencias máis íntimas, senón dos importantes acontecementos históricos nunha clara constatación, para o lector, de que o persoal é tamén político.
Agradecementos
Luis Martul Tobío
Persoal da biblioteca e arquivo documental do Museo do Pobo Galego
Obra
Tobío Fernández, María de los Ángeles: Anacos da Vida dunha Muller Galega. Sada: Ediciós do Castro, 2003.
Como citar: Rodríguez Buján, Ana Celia : María de los Ángeles Tobío Fernández. Publicado o 1/1/2014 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=22238. Recuperado o 24/03/2023

DOCUMENTACIÓN DE
Tarxeta postal remitida a María Tobio polo seu marido Pedro Martul. (27-3-1939)
Fonte: Arquivo do Museo do Pobo Galego
Convite do Secretario de Defensa Nacional de México, Lázaro Cárdenas, para Pedro Martul e Mª de los Ángeles Tobío (17-10-1944)
Fonte: Arquivo do Museo do Pobo Galego
Resposta do Secretario de Defensa Nacional de México, Lázaro Cárdenas, ao convite proposto por Pedro Martul e Mª de los Ángeles Tobío (18-8-1945)
Fonte: Arquivo do Museo do Pobo Galego
DOCUMENTACIÓN SOBRE
ALVITE, Jose Luís: «Compostela a su pesar (IV)», Faro de Vigo (24-04-2008)
O autor, que fora estudante no Instituto Arzobispo Gelmírez, lembra a María de los Ángeles Tobío e ao seu marido Pedro Martul
Fonte: http://www.farodevigo.es/opinion/2008/04/24/compostela-pesar-iv/219055.html. [data de descarga 24-1-2014]
Copia do primeiro diario do buque Ipanema no que marchaban ao exilio Mª de los Ángeles e o seu home
Fonte: El Colegio de México: Los Barcos de la Libertad. Diarios de Viaje. Sinaia, Ipanema y Mexique (Mayo-Junio de 1939), Cidade de México, El Colegio de México, 2006, p. 143-146.
O secretario do Instituto Nacional de 2ª enseñanza de Ourense, certifica que Mª de los Ángeles Tobío Fernández toma posesión do cargo de Axudante interina gratuita da sección de letras (1934)
Fonte: Arquivo do Museo do Pobo Galego
O secretarío do Centro de Estudios Históricos, Salvador Fernández Ramírez, certifica os traballos realizados por Mª de los Ángeles Tobío no Centro de Estudios Históricos (21-10-1935)
Fonte: Arquivo do Museo do Pobo Galego
Folla de identificación da familia Martul – Tobío como refuxiados políticos expedida pola Legación dos Estados Unidos de México en Francia (7-6-1939)
Fonte: Arquivo do Museo do Pobo Galego
Visa especial de asilado político expedida a nome de Mª de los Ángeles Tobío Fernández (7-6-1939)
Fonte: Arquivo do Museo do Pobo Galego
Tarxeta de identificación de Mª de los Ángeles Tobío expedida polo Departamento de Migración en Mexico DF (1947)
Fonte: Arquivo do Museo do Pobo Galego
Ligazóns de interese
Acceso á publicación Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. Galiciana
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=401088 [Consulta: 2022-12-30]
Mulleres no Seminario de Estudios Galegos, especial realizado polo Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF)
Fonte: CDIF http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=211
Pedro Martul Rey, marido de Mª Ángeles Tobío, na Wikipedia
[última consulta: 22/07/2021]
María de los Ángeles Tobío Fernández ten lugar no Repertorio biobibliográfico do exilio galego (Ver: ficha nº 1970)
consellodacultura.gal [última consulta: 22/07/2021]
Rexistro de María de los Ángeles Tobío Fernández no Diccionario Biográfico del Socialismo Español da Fundación Pablo Iglesias
[última consulta: 22/07/2021]
Disposición pola que Mª de los Ángeles Tobío Fernández é dada de baixa no corpo de auxiliares de bibliotecas
[última consulta: 22/07/2021]
Epístolas de
Carta do director do Instituto Nacional de 2ª enseñanza de Ourense a Mª de los Ángeles Tobío Fernández na que é nomeada Axudante interina gratuita da sección de letras (5-6-1934)
Fonte: Arquivo do Museo do Pobo Galego
Carta de Juán Larrea da Junta de Cultura Española en París a Mª de los Ángeles Tobío sobre a situación do seu marido (6-4-1939)
Fonte: Arquivo do Museo do Pobo Galego
Carta de Mª de los Ángeles Tobío Fernández ao seu irmán Lois Tobío, 1971.
MARIA DE LOS ANGELES TOBIO FERNANDEZ DE MARTUL
BIBLIOTECARIA DE LA UNIVERSIDAD
SANTIAGO DE COMPOSTELA 4 - V - 1971
CALLE DE LA ROSA, 20-4º IZQDA.
TELEFONO 58 32 92
–––––––––––––––––––––
Querido hermano: Cumpliendo lo que me dijo mi hijo Suso, hablé al Seminario de Estudios Gallegos, concretamente con Cordero Carrete, para que te enviaran contra reembolso la obra del P. Gándara que te interesaba. Dicho señor, tan atento como siempre, quedó de enviártela tan pronto pueda, que será dentro de 3 días aproximadamente y además de su valor de venta que es de 2.000 pts., te la deja en 1.530 pues te considera como si fueras socio. Creo que más no se puede hacer. Ya avisarás si la recibes.
¿Qué tal por ahí? Aquí andamos a vueltas con el servicio de Luis pues no sabemos aún cuando lo llamarán. Pensábamos ir por ahí Pedro y yo pero con esto de Luisito lo aplazamos.
Abrazos de todos para todos y uno muy especial de vuestra hermana
Maruja [sinatura autógrafa]
[nota manuscrita de otra persona, cecáis o seu marido Pedro Martul Rey]:
Luisito como no puede hacer ejercicios físicos, será sometido en el Regimiento a examen liberatorio. Los Ponton Mantes de Orense vinieron a comer y decirnos que no eramos patriotas pues solamente los azules pueden tener favores para sus hijos que los rojos no merecen. Se destapo el odio y el rencor escondido demencial –
Carta de 2 páxinas.
Carta de Lois Tobío Fernández á súa irmá, Mª de los Ángeles Tobío e o seu home, Pedro Martul Rey, 1971.
18 de Mayo de 1971
Queridos hermanos:
He recibido vuestra carta y os agradezco mucho la gestión que hicisteis con Cordero Carrete para que me enviasen el libro del Padre Gándara. Tengo ya en mi poder el libro y recibí también una carta muy afectuosa de dicho señor, que ya he contestado.
Mucho lamentamos los tropiezos que se han presentado respecto al servicio de Luis. Y lo que más nos extraña es la actitud de los de Orense. Tiene razón Pedro para decir que la cosa es demencial. No puedo comprender como al cabo de tanto años todavía suceden estas cosas. Realmente parece patológico a no ser que se trate de miedo insuperable que no les deja tranquilos a Suso lo vemos de cuando en cuando y está muy bien. A ver si os animais a venir por Madrid pronto. En Semana Santa hicimos un viaje a París y quedamos encantados. Hacía mucho que no lo visitábamos. fueron unos días inolvidables y a ello ayudó el que, con las fiestas, mucha gente se había ido de la Ciudad y esta presentaba un aire tranquilo y amable como el de hace muchos años.
Gracia por vuestras gestiones sobre el libro y recibid los afectuosos abrazos de todos nosotros.
[sen asinar]
Polo contexto da carta (unha copia da enviada) vemos que é unha contestación a unha carta anterior de Mª de los Ángeles Tobío Fernández (ID79887).
Referencias bibliográficas
- CALVO, B. E SALAVERRÍA, R. (Editores): Biblioteca en Guerra, Madrid, Biblioteca Nacional, 2005.
- GARCÍA DE FEZ, S.: La Identidad Nacional de los Colegios del Exilio Republicano Español en la Ciudad de México (1939-1950), Valencia, Universidad de Valencia, 2010. (Tese de Doutoramento)
- MARCH, K.: “Anacos d´a vida d´unha muller galega: silencio e historia (As memorias de Mª de los Ángeles Tobío”, en O Exilio Galego de 1936, Política, Sociedade, Itinerarios, Sada (A Coruña), Edicións do Castro; Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2007, p. 1789-1796.
- MARTUL TOBÍO, L.: “O Instituto Hispano-Mexicano “Ruíz de Alarcón”: Unha experiencia docente no exilio”, O Exilio Galego de 1936, Política, Sociedade, Itinerarios, Sada (A Coruña), Edicións do Castro; Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2007, p. 1552-1560.
- PÉREZ BOYERO, E.: "El Cuerpo Facultativo de Archiveros, Bibliotecarios y Arqueólogos y la protección y evacuación del patrimonio histórico en la España republicana", en Congreso Internacional Patrimonio, Guerra Civil y Posguerra, Madrid, Universidad Complutense, 2010, p. 125-158.
- SAN SEGUNDO MANUEL, R.: “Mujeres bibliotecarias durante la II República: de vanguardia intelectual a la depuración”, CEE Participación Educativa, Número Extraordinario (2010), p. 143-164.