Manuela Rey González
A Pradela, San Vicente de Trigás (Mondoñedo, Lugo), 1/ 10/1842 - Praça da Figueira 46 (Lisboa), 26/2/1866Autoría: Antonio Reigosa Carreiras
A maior das actrices do teatro portugués de mediados do século XIX
Os datos da súa infancia son confusos. O autor do libro Manuela Lopes Rey, colección Os Contemporaneos, editado en Lisboa probablemente en 1867, supón que cando andaba polos 4 ou 5 anos pasaría por Mondoñedo unha compañía dramática itinerante que se hospedaría na fonda onde traballaba a nai. A meniña conquistaría a estima dos comediantes e estes propoñeríanlle á nai que llela cedese en adopción.
O apelido “Lopes” que lle atribúen nesta publicación, ao entender da Grande Enciclopédia Portuguesa e Brasileira, era o da nai adoptiva. Dise tamén neste texto que aos 6 anos xa andaba nos escenarios recitando versos e desempeñando pequenos papeis, e aos 8 representa na cidade de León a obra O Gaiato de París. A compañía entra en Portugal e actúa en Valença, Chaves, Bragança…, mais en Porto non tiveron éxito e disólvense. Sería entón cando o pai adoptivo viaxa a Lisboa e leva a Manuela canda si.
Pero nuns artigos publicados no xornal El Progreso o 9 de outubro e o 19 de novembro de 1960 por D. Gamallo Fierros contradise esta versión e afírmase que Manuela andaría aínda por Mondoñedo aos 10 anos e que logo emigraría a Portugal. Álvaro Cunqueiro é da opinión de que puido ir para Lisboa como asistenta con alguén da familia Barro de Viloalle.
Segundo o historiador J. César Machado, quen tivo a fortuna de asistir como espectador á súa estrea como actriz, Manuela Rey chega a Lisboa en 1856. Acababa de cumprir os 14 anos. Fixo a súa primeira función no Teatro do Salitre o 8 de decembro deste ano sendo parte dunha compañía española lírico dramática e de danza, representando en castelán un papel masculino no drama El hijo del ciego. A seguir actúa en Setúbal, fai probas para o Teatro de San Carlos, declama en español e portugués ata que certos membros do consello dramático consideran que a
hespanholaten algo; se cadra, un don. Duarte Cardoso de Sá dálle leccións de gramática e de lingua portuguesa.
Pouco despois de cumprir os 15 anos, o 23 de novembro de 1857, comeza a súa excelente, aínda que breve carreira, no Teatro Nacional D. Maria II coa obra A alegría traz o susto.
Pouco a pouco vai gañando prestixio. En 1859 xa figura nunha listaxe de biografías de actores e actrices destacados de Portugal e Brasil que se ía publicar baixo o título Galería artística, da tripla autoría de Machado, Andrade e Ferreira. Neste mesmo ano, Manuela Rey lidera unha reclamación salarial ao solicitar un pago mensual de 72 mil réis, nómina moi considerable para a época e para ela mesma, tendo en conta que aínda era un proxecto de actriz.
De
ingênua, un papel no que non ten rival, pasa, a partir de 1864, a desempeñar outros máis importantes en obras como Os Fidalgos do Bois Doré, Fogo no convento, Vida de um rapaz pobre, Nobres e plebeus… xunto a actores e actrices do renome de Rossa, Theodorico, Tasso, Emilia das Neves ou Soller.
Desde 1857 ata finais de 1865 representou numerosas obras, sempre no Teatro D. Maria da praça do Rossio, a maioría cun éxito rotundo, ata converterse na
maior de todas as nosas actrices románticas, ao dicir de Camilo Castelo Branco (1825- 1890). Ao parecer era alta e elegante, de pé pequeno, ollos entre verde e azul, cabelo entre louro e castaño, fermosa –loura musa de escena–; un tipo de beleza e elegancia pouco visto. De ollar vivísimo, o leve encrespar da fronte,
a prega eloquente dos cantos da boca, o ar ora triste, ora inocentemente alegre, o aroma de juventude e de poesia, a força e a graça daquele talento peregrino.
En 1865, o escritor dramático J. A. Correia de Barros e o xornalista Francisco Serra bátense en duelo por ela. Pero antes, moito antes, en Lisboa prendera insistente o rumor de que o rei Pedro V, antes de casar coa princesa Estefanía de Hohenzollern-Sigmaringen, sentira gran debilidade por ela e que, mesmo, tivo intención de condecorala coa Medalla da Orde de Santiago.
Hai referencias de que Manuela, ademais de actriz, é autora dalgunhas obras como a comedia titulada A actriz e o proverbio Por este deixarás pae e mãe, disque nun estilo elegantísimo. Atopáronse capítulos truncados de romances; tamén cartas, escritos filosóficos e apuntamentos autobiográficos, onde reflicte a sensibilidade dunha muller aflixida que se lamenta de non ter gozado da infancia, nin do afecto maternal, nin das alegrías do corazón, e ata reflexións arredor do feito de ser muller e a incomprensión dos homes:
Cegos que a não consideram como metade da sua alma senão como precisa á sua vaidade e aos seus caprichos […] Para ao outro dia se afastarem d’ella como se desviariam dun lamaçal, não se lembrando que dias antes eran elles propios que jubilosos se engolphavam n’essa lama.
O 4 de xaneiro de 1866 representou a obra Un Cura d’Almas e recitou o poema «Primeiros Amores» de Eduardo A. Vidal. O público asistente, ao vela pálida e con febre, asustouse. O 5 de febreiro deu un paseo polo Jardim da Estrela e ao regreso sentiuse peor. O día 8 encamou e o 24 a enfermidade que padecía agravouse. O 26, sobre as seis e media da tarde, morreu na súa residencia da praça da Figueira, 46, 3º andar, acompañada de amigas e amigos, poetas e actores.
Ao seu funeral, que se celebrou na igrexa de San Domingos, asistiron numerosas figuras do teatro: escritores, actores e público. O seu corpo foi soterrado no Cemiterio dos Prazeres no espazo reservado pola Associação dos Socorros Mútuos dos Actores Portugueses. Acompañouna un cortexo fúnebre só superado en número de asistentes polo do rei don Pedro V e o do orador José Estevão. Matouna o tifo e unha curta e intensa vida chea de penalidades e mala saúde.
J. César Machado dixo dela que era
mulher lírioe o seu mal fado quixo que o seu derradeiro recitado diante do público comezase así:
O lyrio desponta e cresce / á luz da manhã que assoma / tudo é viço e tudo aroma / n’aquella graciosa flor.
Como citar: Reigosa Carreiras, Antonio : Manuela Rey González. Publicado o 15/3/2024 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=22286. Recuperado o 20/04/2024
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Programa da xornada Intérpretes galegas na emigración e no exilio, organizada polo Consello da Cultura Galega. Teatro Principal, 15 de marzo de 2024
Fonte: Consello da Cultura Galega.
«As Polafías da AELG. Lembrando a Manuela Rey, a actriz de Mondoñedo que triunfou en Portugal»
«As Polafías da AELG. Lembrando a Manuela Rey, a actriz de Mondoñedo que triunfou en Portugal», Sermos Galiza, (01/04/2016).
Fonte: Sermos Galiza
Artigo de Antonio Reigosa en La Voz de Galicia sobre os últimos días de Manuela Rey
Reigosa, Antonio: «Os últimos días de Manuela Rey», La Voz de Galicia, (30 de marzo de 2016).
Fonte: La Voz de Galicia http://www.lavozdegalicia.e
«La amante del rey de Portugal», en La Voz de Galicia
«La amante del rey de Portugal», La Voz de Galicia, (14/02/2016)
Fonte: La Voz de Galicia
Investigación de mestrado sobre Júlio César Machado e as súas crónicas teatrais, na que se trata a figura da actriz Manuela Rey
Ferreira, Licínia Rodrigues: Júlio César Machado Cronista de Teatro. Lisboa: Universidade, Facultade de Letras, Estudos de Teatro, 2011. (Mestrado em Estudos de Teatro)
Fonte: Repositorio da Universidade de Lisboa.
https://repositorio.ul.pt/
Dous artigos de Dionisio Gamallo Fierros en El Progreso, sobre a actriz Manuela Rey González
Gamallo Fierros, Dionisio: «Lugo en Lisboa hace 100 años: Manuela Rey, Pedro V y Pastor Díaz, una actriz dramática, un monarca y un embajador», El Progreso, Lugo, 16544 (9 de outubro de 1960), 16 e 15; «Más sobre Manuela Rey, la actriz mindoniense que enamoró a Pedro V de Portugal», El Progreso, Lugo, 16579 (19 de novembro de 1960), 8 e 4.
Fonte: Biblioteca Pública de Lugo / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal
Número do semanario lisboeta O Grande Elias, que contén un artigo dedicado a Manuela Rey ilustrado cun retrato da actriz
May, Alfredo Oscar: «Galeria Antiga: Manoela Rey», O Grande Elias: Semanario illustrado, litterario e theatral, Lisboa, 42 (14 de xullo de 1904), 2.
Fonte: Hemeroteca Digital de Lisboa.
https://hemerotecadigital.cm-lisboa.pt
Artigo de Alberto Pimentel sobre as actrices nenas no teatro, no que fala de Manuela Rey
Pimentel, Alberto: «As creanças no theatro», A Estação: O jornal de modas parisienses, Rio de Janeiro, 8 (30 de abril de 1901), 14.
Fonte: Biblioteca Nacional de Brasil.
http://memoria.bn.br
O periódico El Miño publica a nova do falecemento da actriz Manuela Rey
«Correspondencia. Lisboa 25 de marzo de 1866: Ha fallecido hace días...», El Miño: periódico de Galicia, comercial, industrial, literario y de noticias, 935 (1 de abril de 1866), 2.
Fonte: Real Academia Galega / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/
Intervención de Álvaro Cunqueiro sobre Manuela Rey na radio (29 de setembro de 1960)
Publicado en Cunqueiro en la radio «Cada día tiene su historia y otras series», Fundación Pedro Barrié de la Maza, Galicia Editorial, SA, 1991, p. 232.
Referencias bibliográficas sobre Manuela Rey, por Antonio Reigosa
Documento elaborado por Antonio Reigosa para o Álbum
de mulleres
Ligazóns de interese
«As Faíscas Culturais alumean a figura de Manuela Rey, a actriz galega que se converteu na estrela lisboeta do XIX», artigo na edición dixital do Xornal da USC, (19 de febreiro de 2024)
Fonte: USC. Xornal.
https://www.usc.gal/gl/xornal
«O CDG estrea o espectáculo Manuela Rey Is In Da House», nova publicada na edición dixital da revista de teatro Erregueté, (8 de novembro de 2023)
Fonte: Erregueté: Revista Galega de Teatro
https://erreguete.gal
«O CDG recupera a singular historia da actriz Manuela Rey», noticia en Cultura Galega, (7 de novembro de 2023)
Fonte: Cultura Galega. Consllo da Cultura Galega.
https://culturagalega.gal
«Manuela Rey, a muller lirio (I)», artigo de Antono Reigosa en Galicia digital, (28 de xaneiro de 2016)
Fonte: Galicia dixital
https://www.galiciadigital.com
«Manuela Rey, a muller lirio (e II)», artigo de Antono Reigosa en Galicia digital, (1 de febreiro de 2016)
Fonte: Galicia dixital
https://www.galiciadigital.com
María Manuela Rey no Caderno de Antonio Reigosa, (7 de xaneiro de 2016)
Fonte: https://cadernodeantonioreigosa.eu
El teatro español en Lisboa en la segunda mitad del siglo XIX, tese de doutoramento de M.ª del Pilar Nicolás Martín lida na UNED en 2016. Manuela Rey é unha das actrices estudadas
Fonte: UNED.
http://e-spacio.uned.es
María Manuela Rey González na Galipedia
Fonte: https://gl.wikipedia.org
Nova sobre a Polafía que a sección de literatura de tradición oral da AELG organizou en Mondoñedo en torno a figura da actriz mindoniense Manuela Rey
Fonte: Galicia Encantada
https://galiciaencantada.com/
Acceso en liña aos Índices de espectáculos recenseados por Júlio César Machado n’A Revolução de Setembro e no Diário de Notícias, no que se recollen 18 obras teatrais nas que participa Manuela Rey entre 1859 e 1965
Fonte: Centro de Estudos de Teatro.
https://ceteatro.pt/
Acceso en liña á obra Manuela Lopes Rey: esboço biographico. Lisboa: Escriptorio da Empresa, [187-]. (Os Contemporáneos; 3)
Fonte: Biblioteca Nacional de Portugal / HathiTrust’s digital library
https://catalogo.bnportugal.gov.pt/
Videos
Polafía en Mondoñedo dedicada a Manuela Rey pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, 2016
Fonte: Una taza de vida / YouTube.com
Trailer de Manuela Rey is in da house, proposta escénica de Teatro do Noroeste e o Centro Dramático de Viana baseado na vida da actriz Manuela Rey
Fonte: Teatro do Noroeste e Centro Dramático de Viana / YouTube.com
Teaser da obra Manuela Rey is in da house, de Teatro do Noroeste e o Centro Dramático de Viana
Fonte: Teatro do Noroeste e Centro Dramático de Viana / YouTube.com
Referencias bibliográficas
- REIGOSA, Antonio: Bibliografía sobre Manuela Rey. Ver documento en apartado "Extras sobre Manuela" desta entrada.