María Mariño
Noia (A Coruña), 8/ 6/1907 - Parada do Courel, 19/5/1967Autoría: Ana Romaní
Dinamiteira da Fala. Unha desas creacións insólitas da literatura galega
María Mariño Carou é unha figura singular no contexto da literatura galega pola obra, pola biografía, pola recepción. Vinte e sete anos separan a publicación do seu primeiro libro Palabra no Tempo da edición de Verba que comeza. Ao longo dese tempo creouse arredor desta escritora un veo de misterio, alimentado polo seu afastamento do mundo literario.
Naceu en Noia no ano 1907. Filla de Xosé María Mariño e Filomena Carou, era a cuarta de cinco irmáns. A súa infancia e xuventude nesta localidade están marcadas polas dificultades económicas da familia, uns anos -poucos- de escola e logo traballa como costureira polas casas. As amigas lémbrana como unha persoa estraña e solitaria. O traslado a Escarabote (Boiro), onde unha tía súa traballaba de cociñeira no Pazo de Goián, que tiña unha boa biblioteca, permítelle o acceso a algunhas lecturas. Ese descoñecemento da cultura libresca é un dos aspectos subliñados por Uxío Novoneyra, ao insistir na orixinalidade da súa escrita.
Casa en Boiro co mestre Roberto Posse Carballido e despois dun breve período de tempo no País Vasco regresan a Galicia.
Trala morte do seu único fillo ao mes e medio de nacer, instálanse, por motivos de traballo, prrimeiro en Romeor do Courel e logo en Parada, a onde se trasladan por consello médico a causa da depresión nerviosa que sofre a escritora. Neste lugar pasará María Mariño o resto da súa vida, fai algunha viaxe a Noia e Monforte e as vacacións nos últimos anos na cidade da Coruña. No Courel coñece a Uxío Novoneyra, quen promove a publicación do seu primeiro libro. Palabra no Tempo edítase no ano 1963 na colección "Tesos Cumes" da editorial Celta. No prólogo Ramón Otero Pedrayo saúda a "revelación dunha intimidade impresionante do ego da escritora cas cousas, de un desvelamento e senso tráxico do ser do tempo na serra". María Mariño comezara a escribir seis anos antes, primeiro en castelán, logo en galego.
Sen apenas relacións no mundo literario, o illamento e a marxinalidade que caracterizou en moitas ocasións o labor creativo das mulleres condicionou a recepción da súa obra, mesmo chegou a suscitar nalgún momento dúbidas sobre a súa existencia e a autoría dos poemas. Creación singular no contexto da literatura galega, a escrita de María Mariño non obedece ás normas, a súa é unha poética crebada que tensa e racha a lingua á procura da voz que exprese ese "raro e valiosísimo mundo escuro" que, en palabras de Xosé Luís Méndez Ferrín, constitúe a súa obra.
Habería que agardar 27 anos desde a publicación de Palabra no Tempo para que se dese a coñecer o seu segundo libro; unha edición promovida por Uxío Novoneyra e Antón Avilés de Taramancos e publicada polo Concello de Noia. No volume Verba que comeza recóllese unha ampla mostra dos poemas escritos por María Mariño no último ano da súa vida, enferma xa de leucemia. Antes, de acordo cos datos facilitados por Uxío Novoneyra, escribira dúas obras en castelán que non se coñecen: "Los años pobres. Memoria de guerra e postguerra" e "Más allá del tiempo". No ano 1994 Edicións Xerais publica a Obra Completa.
Unha poética radicalmente intimista e unha linguaxe rupturista caracterizan, segundo Carme Blanco, estudosa da súa obra, a escrita de María Mariño. Unha personalidade literaria que se sitúa nas marxes do canónico no seu tempo. A súa figura suscitou e segue a suscitar interpretacións diversas. Unha mirada embazada durante moito tempo polo descoñecemento da súa vida e a desconfianza do proceso de escrita da súa obra.
Os seus restos mortais repousan no cemiterio de Seoane do Courel.
Obra de María Mariño
MARIÑO, María: Palabra no Tempo , Editorial Celta, 1963.
MARIÑO, María: Verba que comeza, Concello de Noia, 1990.
MARIÑO, María: Obra Completa, Edicions Xerais, 1994.
MARIÑO, María: Más allá del tiempo, Alvarellos editora, 2007.
Como citar: Romaní, Ana : María Mariño. Publicado o 1/1/2006 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=2424. Recuperado o 28/03/2023
DOCUMENTACIÓN DE
María Mariño, poemas
Unha selección de poemas a partir de:
«María Mariño: Obra completa». Edición de Victoria Sanjurjo Fernández. Biblioteca das Letras Galegas. Ed. Xerais. 1994
Sección de Filosofía e Pensamento
Comisión Técnica de Xénero
Consello da Cultura Galega
Chan da escola
Documento atopado por A. Q. na escola de Parada do Courel
DOCUMENTACIÓN SOBRE
PENA PRESAS, Montse: «Letras galegas ‘María Mariño’. Unha análise da recepción da obra da poeta», Lectora, nº14 (2008), p. 269-284.
Fonte: http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=3102673 [data de descarga 15/12/2009]
Ana Romaní: discurso «María Mariño Soberana»
Discurso pronunciado por Ana Romaní na presentación do libro de María Mariño Más allá del tiempo o 12 de abril de 2007
«María Marriño Carou, noiesa do Courel. Dinamitera da fala»
Artigo de Uxío Novoneira publicado en A Nosa Terra (14-17 de maio de 1982).
«La poesía de María Mariño»
Artigo de Miguel González Garces publicado en Artes y letras, La Voz de Galicia o 16 de agosto de 1970.
«María Mariño ha muerto»
Artigo de Uxío Novoneyra.
Fonte: La Voz de Galicia o 11 de xuño de 1967.
«María Mariño. Invención de Novoneira»
Artigo de Raimundo G. Borobó publicado en La Noche, El Correo Gallego o 16 de marzo de 1961.
Fonte: Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela.
Artigo de Xandra Santos sobre a lingua de María Mariño
Ana Romaní: «Ter de castiñeiro». Sen patróns.
Artigo de Ana Romaní sobre a obra de María Mariño
Carmen Blanco: «Unha elexía a María Mariño»
Artigo de Carmen Blanco
María Mariño e o seu tempo: Cronoloxía bioliteraria
Cronoloxía bioliteraria de María Mariño e o seu tempo
«Grave silencio henchido»
Artigo de Anxel Fole entorno á publicación do libro de María Mariño Palabra no tempo. Publicado en Hoja del lunes de Lugo o 30 de decembro de 1963.
«A poesía de María Mariño. Un idioma novo»
Artigo de Xosé Luis Méndez Ferrín publicado en La noche o 25 de febreiro de 1965.
Méndez Ferrín
Artigo de Xosé Luis Méndez Ferrín
«A poesía de María Mariño. Un camiño novo». Artigo de Xosé Luis Méndez Ferrín publicado en La noche o 2 de marzo de 1965
«Maruja»
Artigo de Victoria Armesto publicado en La Voz de Galicia en outubro de 1970.
Publicar na Madurez
Segundo as informacións de Uxío Novoneyra, María Mariño comezou a escribir con 50 anos e publicou o seu primeiro libro aos 56. ¿Ten iso importancia?¿De que maneira esa cronoloxía creativa é relevante na lectura da súa obra poética? ¿E hoxe?¿cantas escritoras seguiron o mesmo camiño de publicar na madurez? Desde a Comisión Técnica de Xénero propuxémoslle a algunhas delas facer unha reflexión ao abeiro da figura de María Mariño. Luz Fandiño, María Xosé Queizán, Marilar Aleixandre, Marica Campo, Pilar Beiro e Eva Veiga aceptaron o convite. O resultado é este dosier.
O declive da civilización labrega por Julia Varela
Aproximación ao contexto social e cultural de María Mariño.
«O misterio María Mariño»
Artigo de Carmen Blanco.
«Novononeyra/Mariño: Poéticas da amizade»
Artigo de María do Cebreiro Rábade Villar.
Ligazóns de interese
O fío de Penélope. O novelo de María Mariño
Ligazón de interese
María Xosé Agra Romero fai unha achega a María Mariño e os seus vínculos e relacións no portal do CCG
[última consulta: 21-10-2022]
51 páxinas das nosas Letras
Catálogo da exposición organizada polo Parlamento de Galicia en 2013 para conmemorar o 50 aniversario do Día das Letras Galegas
Fonte: Parlamento de Galicia
https://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/Publicacions/51%20paxinas%20das%20nosas%20letras.pdf [Consulta: 2022-12-30]
Videos
María Mariño. A flor das raparigas en sombra
Video de Manuel Forcadela, edición non venal a cargo da Editorial Galaxia.
[última consulta: 27/12/2021]
Mulleres nas Letras: de onte a hoxe | María Mariño
Audios
Vogar. Poema de María Mariño con música e voz de Uxia Senlle
Salvador García Bodaño fala sobre María Mariño no Diario Cultural da Radio Galega
Marga do Val fala sobre María Mariño no Diario Cultural da Radio Galega
Xosé Ramón Barreiro fala sobre María Mariño no Diario Cultural da Radio Galega
Chus Pato fala sobre María Mariño no Diario Cultural da Radio Galega
Olga Novo fala sobre María Mariño no Diario Cultural da Radio Galega
Paulino Vázquez fala sobre María Mariño no Diario Cultural da Radio Galega
Paisaxe sonora do Courel emitida no Diario Cultural da Radio Galega
Referencias bibliográficas
- BLANCO, C., Literatura Galega da muller, Vigo, Edicións Xerais de Galicia, 1991, p. 233-274.
- MENDÉZ FERRÍN, X.L., De Pondal a Novoneyra, Vigo, Edicións Xerais de Galicia, 1984, p. 95-97.
- NOVONEYRA, U., “María Mariño, noiesa do Courel.Dinamiteira da Fala”, A Nosa Terra, n.º 189-190 (1982).
- SANJURJO FERNÁNDEZ, V., “Introducción”, en MARIÑO, M., Obra completa, Maria Vigo, Edicións Xerais de Galicia, 1994, p. 13-57.
- VV.AA.: “MARÍA Mariño”, Festa da Palabra Silenciada, n.º 13 (1997).
- VV.AA.: “MARÍA Mariño”, Festa da Palabra Silenciada, n.º 21 (2006).
Artigos María Mariño
MARIñO, M. (1997) Cruceiro. Festa da palabra silenciada. (13), 22.
Ver poesía
MARIñO, M. (1997) A morte. Festa da palabra silenciada. (13), 22.
Ver poesía
MARIñO, M. (1997) [A saudade de quen son é un peito sin borrar]. Festa da palabra silenciada. (13), 22.
Ver poesía
MARIñO, M. (1997) [Sinto que me acaban]. Festa da palabra silenciada. (13), 22.
Ver poesía
MARIñO, M. (1997) [Eu non sei si xa pasou]. Festa da palabra silenciada. (13), 22.
Ver poesía
MARIñO, M. (1997) [Cousas, cousas fun lendo, cando as letras aprendía]. Festa da palabra silenciada. (13), 22.
Ver poesía
MARIñO, M. (1997) [Hoxe caeume o pano que a mirada/me enturbada]. Festa da palabra silenciada. (13), 22.
Ver poesía
MARIñO, M. (1997) [Aquí che deixo, meu peito canso, aqui]. Festa da palabra silenciada. (13), 23.
Ver poesía
MARIñO, M. (1997) [Palpas os tempos]. Festa da palabra silenciada. (13), 24.
Ver poesía
MARIñO, M. (1997) [Calma, amiga, calma que temén eu]. Festa da palabra silenciada. (13), 25.
Ver poesía
MARIñO, M. (1997) [Baixa a aigua, baixa]. Festa da palabra silenciada. (13), 26-27.
Ver poesía
MARIñO, M. (1997) [Quen me dera, amigos, que miña nai me dera hoxe unha tunda]. Festa da palabra silenciada. (13), 27.
Ver poesía
MARIñO, M. (1997) [Tiven medo de bogar]. Festa da palabra silenciada. (13), 22.
Ver poesía
MARIñO, M. (1997) [Era camiño de soios en peito o que eu calaba]. Festa da palabra silenciada. (13), 23-24.
Ver poesía
MARIñO, M. (1997) [¡Como me engañan!]. Festa da palabra silenciada. (13), 24-25.
Ver poesía
MARIñO, M. (1997) [Son a suma total]. Festa da palabra silenciada. (13), 25-26.
Ver poesía
MARIñO, M. BAR CENDóN, M. (2006) Cruceiro. Festa da palabra silenciada. (21), 54.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
MARIñO, M. (2006) A morte. Festa da palabra silenciada. (21), 54.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
MARIñO, M. (2006) [A saudade de quen non son é un peito sen borrar]. Festa da palabra silenciada. (21), 54.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
MARIñO, M. (2006) [Sinto que me acaban]. Festa da palabra silenciada. (21), 54.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
MARIñO, M. (2006) [Eu non sei si xa pasou]. Festa da palabra silenciada. (21), 54.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
MARIñO, M. (2006) [Cousas, cousas fun lendo, cando as letras aprendía]. Festa da palabra silenciada. (21), 54.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
MARIñO, M. (2006) [Hoxe caeume o pano que a mirada me enturbaba]. Festa da palabra silenciada. (21), 54.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
MARIñO, M. (2006) [Tiven medo de bogar]. Festa da palabra silenciada. (21), 54-55.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
MARIñO, M. (2006) [Aquí che deixo, meu peito canso, aquí]. Festa da palabra silenciada. (21), 55.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
MARIñO, M. (2006) [Era camiño de soios en peito o que eu calaba]. Festa da palabra silenciada. (21), 55.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
MARIñO, M. (2006) [Palpas os tempos]. Festa da palabra silenciada. (21), 55-56.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
MARIñO, M. (2006) [¡Como me engañan!]. Festa da palabra silenciada. (21), 56.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
MARIñO, M. (2006) [Calma, amiga, calma que tamén eu]. Festa da palabra silenciada. (21), 56-57.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
MARIñO, M. (2006) [Son a suma total]. Festa da palabra silenciada. (21), 57.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
MARIñO, M. (2006) [Baixa a auga, baixa]. Festa da palabra silenciada. (21), 57-58.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
MARIñO, M. (2006) [Quen me dera, amigos, que miña nai me dera hoxe unha tunda]. Festa da palabra silenciada. (21), 58.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;