María Victoria Moreno
Cáceres, 1/ 5/1939 - Pontevedra, 22/11/2005Autoría: Alejandra Soto
A reivindicación da literatura infantil e xuvenil
María Victoria Moreno, mestra e escritora, naceu en Estremadura. En Madrid licenciouse en Filoloxía Románica, onde tivo como profesores a Rafael Lapesa e Dámaso Alonso. No ano 1963 chegou a Pontevedra e quedou namorada para sempre da suavidade do clima e da beleza da cidade. Despois dunha estadía en Lugo e Vilalonga (Sanxenxo) volve a Pontevedra, onde foi profesora nos institutos Valle-Inclán e Torrente Ballester, desde os anos 80 ata a súa xubilación.
Desde o comezo, identificouse con Galicia e coa súa cultura. Tamén participou activamente na vida cultural e política da cidade e do país colaborando en conferencias, cursos e encontros literarios. Ademais de novelas e contos, escribiu obras de ensaio, colaborou na redacción de libros de texto e dirixiu a colección "Árbore" da editorial Galaxia.
Como profesora, afanábase na procura dun método de ensino no que prevalecese o gozo que supón a aprendizaxe. Fronte ás prohibicións, a censura e o medo, María Victoria ofrecía liberdade e xogos. Alimentaba os seus "cachorros" de palabras fermosas. A eles deixou en herdanza a súa biblioteca persoal.
Era encantadora de palabras, amante dos libros e defensora da literatura infantil e xuvenil. Sentía, como os rapaces, a incomprensión dos adultos e o desacougo de andar perdida no mundo. De nena escapaba da triste realidade da posguerra coa fabulación de historias e na adolescencia escribiu unha novela, que se chamaría co paso do tempo Donde el aire no era brisa. Pedro Ferriol, compañeiro durante os seus últimos anos, presentou a obra ao concurso literario de Monleón, onde foi merecedora do primeiro premio. Quedou finalista do Premio Café Gijón e co relato La casa de las Marías obtivo o primeiro premio dos Jogos Florais Minho-Galaicos de Guimarães.
Despois, xa en Galicia, adquiriu o compromiso de escribir só en galego. Contaba María Victoria que soñara Mar Adiante como a singradura dunha escola ideal. O conto "Crarisca e Luceiro" levou o segundo premio do Concurso Nacional de Contos Infantís "O Facho" en 1972. Leonardo e os fontaneiros (1986) era a súa obra preferida. Esta novela, que propón diferentes formas de lectura, reflicte o mundo interior dun rapaz e a súa amizade cun can da rúa. Levou o terceiro premio do concurso "O barco de vapor" en 1985. Anagnórise (1989) é unha das obras con máis éxito da literatura xuvenil galega. A xeito de "road-movie", unha muller misteriosa recolle no seu coche a un desorientado adolescente que emprenderá unha viaxe cara ao coñecemento. Guedellas de seda e liño (1999), mención especial White Ravens 2002, retrata dous mundos, o paio e o xitano, a través da vida de dúas nenas e un primeiro amor. No 2004, afectada polo cancro de mama que lle levou a vida, escribiu Diario da luz e a sombra, reflexión sincera e valente sobre os efectos da enfermidade.
María Victoria era xenerosa e decidida, valorosa ante a vida, o amor e a morte. Malia ter pasado por momentos moi duros, apostaba pola esperanza. Gustáballe pasear amodo, cociñar, a música, os cans e as flores. Amaba "a beleza da paisaxe, da vida, das persoas e das palabras".
Como citar: Soto, Alejandra : María Victoria Moreno. Publicado o 1/1/2007 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=2675. Recuperado o 31/03/2023
DOCUMENTACIÓN DE
Entrevista a María Victoria Moreno
Entrevista de Xan Carballa a María Victoria Moreno.
Fonte: A Nosa Terra, nº 1.157, do 30 de decembro de 2004 a 5 de xaneiro de 2005
«Nocturno en tres tempos»
Relato de María Victoria Moreno.
Fonte: La Voz de Galicia na serie «contos de verán» o 25 de agosto de 2004
DOCUMENTACIÓN SOBRE
«A Mª Victoria Moreno, in memoriam»
Artigo de Fina Casalderrey en memoria de María Victoria.
Fonte: Diario de Pontevedra o 11 de febreiro de 2006.
«Hasta siempre, María Victoria»
Artigo de Isabel García Uría en memoria de María Victoria.
Fonte: Diario de Pontevedra o 3 de decembro de 2005
Un ramiño de bicos para María Victoria
Homenaxe do alumnado do CEP de Riomaior de Vilaboa a María Victoria.
Fonte: Faro de Vigo o 29 de novembro de 2005
«Un legado de María Victoria Moreno»
Artigo de Mariño Suarez sobre legado e funeral de María Victoria.
Fonte: La Voz de Galicia o 23 de novembro de 2005.
«Homenaxe a María Victoria Moreno»
Artigo e entrevista de Belén López na homenaxe a María Victoria Moreno.
Fonte: Diario de Pontevedra o 23 de xullo de 2001.
María Victoria Moreno critica os contidos moralizadores dos libros para nenos
Artigo de Ana López sobre a charla-coloquio que impartiu María Victoria Moreno nas Primeiras Xornadas dos Comités Abertos de Estudiantes.
Fonte: Diario de Pontevedra o 22 de marzo de 2000
Artigo sobre María Victoria Moreno
Artigo de María Xosé Porteiro sobre María Victoria Moreno.
Fonte: La Voz de Galicia o 26 de agosto de 1996.
María Victoria na prensa
Listado de referencias sobre e de María Victoria Moreno na prensa.
Ligazóns de interese
Homenaxe a María Victoria Moreno. Por Fina Casalderrey
[última consulta: 16/12/2021]
María Victoria Moreno na Biblioteca Virtual Galega
[última consulta: 16/12/2021]
María Victoria Moreno na wikipedia
[última consulta: 16/12/2021]
Referencias bibliográficas
- BRAGADO, M., “Elexías de luz”, Xornal.com (18-IX-2006)
- BRAGADO, M., “Mª Victoria Moreno, in memoriam”, Xornal.com (23-XI-2005)
- SOTO LÓPEZ, I., “Á beleza polo lirismo e a ternura. Achegamento á obra de María Victoria Moreno”, Fadamorgana, Santiago de Compostela, nº 3 (decembro 1999)
Artigos María Victoria Moreno
MORENO, M. (12/1988) Fragmento de: Mar adiante. Festa da palabra silenciada. (05), 69 .
Ver narrativa Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Libros do ccg sobre María Victoria Moreno
Mar adiante.
2018 | María Victoria Moreno, Autoría.
historias de nenos pra nenos
Carlos Casares.
2003 | Francisco Díaz-Fierros Viqueira, Coordinación. Henrique Monteagudo, Coordinación.
A semente aquecida da palabra