Evaristo Antonio Mosquera
Monforte de Lemos (Lugo), 1834 - ,Autoría: Ricardo Moreno
Un hábil calculista
Evaristo Mosquera Quiroga foi catedrático dos institutos de Pontevedra e Palencia. Publicou un Ábaco aritmético, unha Memoria sobre un nuevo procedimiento para la extracción de las raíces cúbicas de los números enteros e un Reductor métrico. O título completo da primeira das obras citadas é Ábaco aritmético o nuevo sistema de cálculo numérico en gran parte mecánico, menos laborioso y mucho más fácil, rápido y seguro que el usual, e está dedicada a Vázquez Queipo. Consiste nunhas táboas que permiten facer rapidamente multiplicacións, cadrados, cubos, raíces cadradas e raíces cúbicas. O Ábaco revela unha a gran habilidade do autor como calculista, pero non supón unha gran avantaxe sobre os as táboas de logaritmos.
Na segunda das obras, a Memoria sobre un nuevo procedimiento para la extracción de las raíces cúbicas de los números enteros, proponse una pequena mellora no método tradicional para facer raíces cúbicas. O Reductor métrico, que foi moi útil no seu tempo, hoxe ten escaso interese matemático pero grande valor histórico. Consta dúas partes. A primeira consiste nunhas táboas de conversión ao sistema métrico decimal das vellas medidas e pesos que aínda estaban en uso en España. A segunda é un dicionario de equivalencias entre as medidas de España e as de ultramar, así como as inglesas e norteamericanas. É un libro de tipografía curiosa, porque está impreso en dúas cores, e hai que poñelo ao dereito ou ao revés segundo sexa o sentido da conversión.
Bibliografía:
Fontes impresas:
MOSQUERA QUIROGA, E. A. (1864): Ábaco aritmético ó nuevo sistema de cálculo numérico en gran parte mecánico, menos laborioso y mucho más fácil, rápido y seguro que el usual, Pontevedra: Imprenta de Antúnez, Vilas y Cía.
MOSQUERA QUIROGA, E. A. (1872): Memoria sobre un nuevo procedimiento para la extracción de las raíces cúbicas de los números enteros, Palencia: Imprenta de Hijos de Gutiérrez.
MOSQUERA QUIROGA, E. A. (1876): Reductor métrico y diccionario metrológico español, inglés y norteamericano, Palencia: Imprenta de Hijos de Gutiérrez.
Bibliografía secundaria:
MORENO CASTILLO, R. (1992): Pensamento Matemático en Galicia, A Coruña: Ediciós do Castro.
Como citar: Moreno, Ricardo : Evaristo Antonio Mosquera. Publicado o 29/6/2012 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=2693. Recuperado o 21/03/2023
Ligazóns de interese
Ábaco aritmético
MOSQUERA QUIROGA, E. A. (1864): Ábaco aritmético ó nuevo sistema de cálculo numérico en gran parte mecánico, menos laborioso y mucho más fácil, rápido y seguro que el usual, Pontevedra: Imprenta de Antúnez, Vilas y Cía.