Avelino Díaz
Santa Comba da Órrea, Riotorto (Lugo), 14/ 11/1897 - Bos Aires, Arxentina, 29/3/1971Autoría: Benigno Fernández Salgado
Poeta e xornalista na diáspora arxentina. O cantor da saudade e a emigración rebelde
poeta emigrante,
poeta ausenteou
poeta da saudadenos textos críticos da literatura galega, Avelino Díaz foi, ademais de poeta vocacional e escritor comprometido, asalariado laboral, pai de familia, xornalista na diáspora arxentina e activista da cultura galega na colectividade galegoporteña.
Avelino Díaz veu ao mundo o 14 de novembro de 1897 na parroquia de Santa Comba da Órrea, en Riotorto. Foi
fillo de solteirae a súa nenez transcorreu na compaña da súa nai, e da súa tía e avós maternos. En 1907 as dúas irmás Antonia e Josefa Díaz múdanse para a vila de Meira. Viven no barrio da Pena, e só tres anos despois, o adolescente Avelino partirá para Bos Aires desde A Coruña. No buque Entre Ríos será listado ao lado dun adulto, o seu tío, coa idade de
12 anose idéntica profesión:
xornaleiro. Chega á capital arxentina o 2 de novembro de 1910, antes de cumprir os 13.
Avelino Díaz fora pouco á escola e os recordos que garda cando fala dela son nefastos, tanto en relación ao que se ensinaba coma ao método brutal do que o mestre botaba man. Na súa mocidade porteña, sensible a esa carencia, a súa formación é autodidacta. As clases nocturnas e os libros e lecturas que fai
afanoso nas horas de folganzason a súa fonte de educación. Vencido pola morriña, sen facer as Américas mais transformado pola vida na daquela a maior metrópole hispana, regresa a Galicia en 1916. De volta en Meira exercerá, sen título oficial, en tres escolas das aldeas veciñas. O pouco que gaña non lle dá para vivir e vese obrigado, segundo el mesmo confesou, a ir no verán ás segas de Castela.
Sen expectativas laborais en 1920 volve emigrar. Parte para Cuba, onde coñece a amarga experiencia dos traballadores cortando cana de azucre
bajo sol tropical y en suelo ardidoe non tarda en saír da illa viaxando primeiro a Venezuela e Panamá para logo atravesar todo o subcontinente ata Santiago de Chile. En 1921, pasa á Mendoza arxentina e de aquí a Bos Aires, onde fixará a súa residencia definitiva. De regreso na capital porteña, os primeiros anos son de penuria económica. Dispoñerá dunha peza nun conventillo e desempeñará desde modestos traballos a outros máis demandantes,
en varias empresas de carácter industrial. Segundo conta Neira Vilas nas súas Memorias da Emigración:
Traballaba nunha importante empresa exportadora de cereais e por esa razón viaxaba con frecuencia ao Uruguai e ao Brasil. O seu facer estivo compartido entre as dúas beiras do Plata. Co tempo foi contratado como inspector de control de calidade dunha central leiteira, La Martona, na que se xubilou en 1965 despois de máis de 35 anos de traballo.
En 1926 casou con Felisa Iduriaga, que acababa de chegar de Navarra. O matrimonio tivo catro fillos, Avelino (1927), Armando (1932), Alfredo (1936) e Alberto (1940). Morarán en humildes apartamentos da cidade e acabará construíndo a súa propia casa. Armando e Alfredo, xa adultos, marcharán da Arxentina. O máis vello finou en Bos Aires en 1975. Alberto Díaz Iduriaga, o máis novo, e a súa esposa Josefina Allegro, serán quen o coiden os últimos anos da súa vida, e continúan residindo hoxe na capital.
Os inicios do activismo social e cultural do mozo Avelino sitúanse en 1924 coa fundación da Sociedad del Ayuntamiento de Meira. Mutua, Agraria y Cultural, animada por varios meiregos emigrados, entre eles José Benito Abraira que sempre o recordará con admiración. A partir dela implicarase persoalmente na Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina (FSG). O sobrenome polo que foi coñecido, "o poeta de Meira", explícase a partir do seu activismo, a modo de voluntariado, no contexto da Federación.
As colaboracións regulares en prosa e verso nos xornais e revistas da colectividade galega na Arxentina gañáronlle
un posto de alta significación, como se di nunha nota de prensa, no campo literario e intelectual da diáspora galega. A súa delongada traxectoria como escritor durante máis de catro décadas incluíu asemade a colaboración en actividades culturais de moi diversa índole relacionadas coa colectividade: lendo ou recitando poesía, dando charlas ou impartindo conferencias, organizando eventos, traducindo aos amigos, escribindo pequenas pezas para representar teatro popular, facendo ocasionalmente de actor dramático e colaborando con coros ou programas de radio.
De entre todas as súas ocupacións, destaca a súa xenuína devoción pola poesía. El mesmo se definía así,
poeta por vocación:
Eu son da poesía/ humilde cultordiranos noutro afortunado poema o Avelino xa adulto que viviu de “contable” toda a vida. A obra poética completa, aínda sen editar, componse de 1178 poesías orixinais segundo o cómputo de Marivel Freire , que escolmou un centenar deles na súa monografía de 2002. Deixou publicados tres poemarios: dous en galego, Debezos (1947) e Pallaregas (1963); e un en español, Flor de retama, tamén en 1947. Os tres en edición do propio autor recibiron a aclamación da crítica contemporánea na colectividade que eloxiou a súa inspiración e sentimento. O Centro Lucense publicou postumamente, 11 poemas a Castelao (1975), unha homenaxe dupla ao labor dos dous galeguistas. A súa é
poesía de voo lírico e resonancia civil(na autopoética que envía a Filgueira defínese como
poeta rebelde) pero inclúe poemas costumistas e folclóricos, sentimentais e nostálxicos, moi do gusto popular da época entre a emigración e na propia Galicia territorial. Como indicou David Formoso, algúns dos poemas de Avelino Díaz son xa coñecidos en Galicia desde 1928. O rotativo galego El Compostelano publica versos seus ata 1935, o xornal republicano radical La Libertad inclúe unha poesía da súa autoría en 1929, e hai alusións ao seu facer poético en 1929 en El Pueblo Gallego.
Os seus primeiros textos publicáronse en Céltiga en 1926, en español. O último publicado en vida, en 1970, foi en galego: un limiar a Namoros e Regueifas de Gayoso Frías, «guión para teatro ou cine». Ademais dos centos de poemas espallados en infinidade de publicacións da Galicia emigrante sobre os máis diversos temas entre os que sobresaen o sentimento da terra e a natureza, o amor e a saudade, o compromiso e a loita, é autor de polo menos sete poemarios inéditos que deixou dispostos en senllos cartafoles de suxerentes nomes (Carta pr-á Terra, 1945; Adunia, 1947; Rolanza, 1948; Fidelidade, 1950; Zoar, 1953; Novas, 1959; Boas, ca. 1960) que están custodiados no Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega. Os 14 Poemas enviados a Filgueira Valverde en 1937 foron editados en 2008 e en 2017 e versionados en alemán, español, francés e inglés. En 2019 publicouse un libro de homenaxe en dous volumes.
Na súa faceta política, Avelino era un convencido patriota galego, de ideas republicanas e progresistas. Desde 1926 estará en contacto cos nacionalistas
céltigosde Suárez Picallo, que será quen o anime a escribir en galego. En 1930 está entre os organizadores da sección arxentina da ORGA. Dirixiu o Galicia, sucesor de El Despertar Gallego; o Lugo, órgano do Centro Lucense e Opinión Gallega. Neles deixou sen asinar e co seu nome innúmeras colaboracións que aínda non foron recollidas nin estudadas.
Derrotada a República, mantívose sempre fiel aos ideais que sostivera nos comités de axuda. Participou en varios dos proxectos do galeguismo de Irmandade Galega. Foi membro do Consello de Galiza, da xunta directiva de A Nosa Terra refundada no exilio en 1942, e socio do Centro Gallego, no que tivo unha función destacada na programación de actos culturais. A súa belixerancia contra o réxime franquista e máis tarde os compromisos familiares impediron o regreso que ansiaba, pero que el mesmo xa vía imposible.
En 1951 foi nomeado académico correspondente da Real Academia Galega por intermediación dos Carré. Ese mesmo ano, Bouza Brey menciónao nunha conferencia que recolle El Pueblo Gallego na que alude a poetas galegos da diáspora americana descoñecidos en Galicia. A Academia ten entre os seus fondos os seus tres libros dedicados personalmente á institución. Entre os seus amigos bonaerense máis próximos estiveron Suárez Picallo, Antón Zapata, Rodolfo Prada, Alonso Ríos, Alfredo Baltar e Campos Couceiro. Castelao, na súa estada en Bos Aires, visitou a súa casa en varias ocasións. Segundo Lois Pérez Leira, fóra da colectividade cultivou a amizade de numerosos poetas arxentinos e foi un dos fundadores do grupo literario Impulso. Participou tamén do famoso Ateneo da Boca, onde se xuntaban
poetas, artistas plásticos e librepensadores de destacado prestixio. No I Congreso da Emigración Galega (1956) foi secretario e un dos seus relatores.
Os últimos anos de vida foron difíciles. Sufriu de Alzheimer e perdeu case por completo a vista. Finou o 29 de marzo de 1971. Está enterrado no cemiterio da Chacarita, no panteón do Centro Gallego. Moi preto do nicho que contén os seus restos estaba a tumba de Castelao, a quen o unía mutuo afecto e a quen dedicou 35 composicións, e o de Suárez Picallo, que lle publicou o seu primeiro poema.
Todos os medios da prensa da colectividade da época fixéronse eco do respecto e agarimo que merecidamente gañara no seu seo. En Galicia, con Franco aínda vivo, os únicos xornais que deron cobertura informativa do pasamento foron La Voz de Galicia e El Progreso para destacaren laconicamente o
medio siglo de emigrantee o desempeño dun amplo labor xornalístico e literario.
Na outra beira do Atlántico sabémolo valorado e querido. Todos os obituarios coinciden na nobreza da súa personalidade, no seu idealismo, na súa sinxeleza, humildade e valentía, na bonhomía e
honradez sin tacha. A biografía de Marivel Freire rexistra dez páxinas de máis dunha vintena de medios e persoas concretas que glosan o seu compromiso e integridade. Lois Pérez Leira remata o seu perfil biográfico na Enciclopedia da Emigración Galega con esta frase que recolle do xornal A Nosa Terra:
Así foi en vida este bo galego, bo patriota e inspirado poeta.
Nin os libros nin o eco dos seus versos conseguiron coma el facer o camiño de volta á Galicia do outro lado do Atlántico. A guerra civil que fanou a publicación dos catorce poemas enviados a Filgueira en 1936, o réxime franquista que saíu dela e censurou a publicación de poemas seus aínda en 1967 na antoloxía proxectada por Alonso Montero, e a autocensura do galeguismo do interior organizado en torno a Galaxia (Del Riego déixao fóra nas súas escolmas) explican a mala fada de que a súa poesía siga sendo aínda hoxe descoñecida. Nunha contribución recente, Gómez Lourido revisou os intentos de rescate da súa obra e figura nos pasados 20 anos a partir do xornalismo e activismo locais. A Asociación Cultural Avelino Díaz, en activo desde 2014, presentou á Academia Galega a súa candidatura ás Letras Galegas en varias ocasións. No seu apoio, Neira Vilas, escritor da emigración e académico, ademais de felizmente retornado, deixouno escrito en 2015:
Foi un gran poeta e un excelente versificador... Ben merece que lle dediquemos un Ano das Letras.
No Galicia, o xornal da Federación, baixo as iniciais IPM apareceron estas liñas como despedida na súa honra:
Porque nació así, naturalmente dotado,
Fue todo lo que fue, sin estudiarlo.
Periodista, poeta, escritor,
Conocedor profundo del ser Humano.
Su inspiración fluía de su porte de Señor
Llano y campechano que, aunque humilde
Y modesto hasta el candor,
Tocaba sin embargo el cielo con la mano.
Había nacido así, naturalmente dotado,
Por eso fue todo lo que fue, sin estudiarlo:
Hombre de Bien, Demócrata y Republicano.
Bibliografía
Obras da súa autoría
Díaz, Avelino (1947): Debezos. Bos Aires: Imprenta José Rosenbaum.
Díaz, Avelino (1947): Flor de retama. Bos Aires: Establecimiento gráfico Tasca.
Díaz, Avelino (1963): Pallaregas. Bos Aires: Imprenta de Cabrera y Rey.
Díaz, Avelino (1975): 11 poemas a Castelao. Bos Aires: Centro Lucense.
Díaz, Avelino (2017): 14 Poemas. Edición crítica e traducións ao alemán, español, francés e inglés. Santiago de Compostela: Editora 3D1T0R4.
Obras sobre a súa produción literaria
Acuña, Ana; Alonso Montero, Xesús (Eds.) (2008): Os poetas galegos (1936). Antoloxía Consultada. Pontevedra: Museo de Pontevedra.
Alende Castro, Silvia; Feijoo Fernández, Beatriz; García González, Aurora (2019): «A cobertura informativa nos principais xornais galegos do pasamento de Avelino Díaz». En Fernández Salgado, Benigno; Poethe, Tina (eds.): «Non me deas diñeiro / polo que che dou». Tributo académico a Avelino Díaz (1897-1971). Santiago de Compostela: Editora 3D1T0R4; v. 2, 49-60.
Alonso Montero, Xesús (1967): Trinta anos de poesía crítica (1936-1966). Vigo: Inédito.
Camoira Veiga, César (2016): «Avelino Díaz y Díaz, un home ó servizo da causa galeguista. Algunhas pautas interpretativas», Lucensia: Miscelánea de cultura e investigación, 52, 91-110.
Fernández Salgado, Benigno (2014): «Rimando en galego en Bos Aires: Identidade na poesía de Avelino Díaz (1897-1971)», Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 18, 81-93.
Fernández Salgado, Benigno (2019): «Ensaio biobibliográfico sobre Avelino Díaz». En Fernández Salgado, X. A.; Alonso Núñez, A. S. (eds.): Non haberá illa, pro hai o nome. Homenaxe a Antón Palacio. Vigo: Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo; 187-222.
Formoso Vázquez, David E. (2019): «Sen noticia de Avelino Díaz: a súa vida e obra na prensa editada en Galicia (1921-2001)». En Fernández Salgado, Benigno; Poethe, Tina (eds.): «Non me deas diñeiro / polo que che dou». Tributo académico a Avelino Díaz (1897-1971). Santiago de Compostela: Editora 3D1T0R4; v. 2, 17-30.
Freire Freire, Marivel (1999): «Avelino Díaz e Castelao». En Axeitos Agrelo, Xosé Luis; Portela Yáñez, María del Rosario (coord.): Sesenta anos despois. Os escritores do exilio republicano. Santiago de Compostela: Ediciós do Castro; 339-414.
Freire Freire, Marivel (2002): Avelino Díaz: Unha voz comprometida na Galicia emigrante. Lugo: Brigadas en Defensa do Patrimonio Chairego.
López Canedo, Elisardo; Gándara Feijóo, Alfonso (1968): «Proyección literaria de la emigración gallega. Nostalgia», Grial, 19, 40-50.
López, X. (2015): «Avelino Díaz: Ecos do xornalismo comprometido». En Fernández Salgado, Benigno; Poethe, Tina (eds.): «Non me deas diñeiro / polo que che dou». Tributo académico a Avelino Díaz (1897-1971). Santiago de Compostela: Editora 3D1T0R4; v. 2, 7-16.
Neira Vilas, Xosé (1963): «Don Avelino y Cuba», España Republicana, (15 de marzo).
Veiga, Carlos (2016): «Avelino Díaz, un galego de ben». En Artesonado, 23, 37-40.
Vilanova Rodríguez, Alberto (1974): «Díaz, Avelino». En Gran Enciclopedia Gallega. Gijón: Silverio Cañada; v. 9, 71.
Como citar: Fernández Salgado, Benigno : Avelino Díaz. Publicado o 22/3/2022 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=27733. Recuperado o 29/03/2024
DOCUMENTACIÓN DE
En 1968 publica en Vieiros «¡Terra!», onde manifesta a súa amargura por non poder volver a Galicia
Díaz, Avelino: «¡Terra!», Vieiros, 4 (primavera de 1968), 34
Fonte: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega
Artigo de Avelino Díaz publicado no xornal A Nosa Terra, onde defende a súa ideoloxía nacionalista. 1955
Díaz, Avelino: «O galeguismo adiante», A Nosa Terra, 498 (outubro de 1955), 3
Fonte: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega
«Gracia Plena», poema de Avelino Díaz para a revista Alborada. 1954
Díaz, Avelino: «Gracia Plena», Alborada. Revista de la Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión, 160, (maio-xullo de 1954), 14
Fonte: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega
Folleto cos actos organizados para homenaxear a Castelo no terceiro aniversario do seu cabodano. Avelino Díaz impartiu unha conferencia
Fonte: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galegapola coleitividade galega. 1953
Homenaxe de Avelino Díaz a Castelao publicado nun especial polo seu pasamento do xornal A Nosa Terra de Bos Aires
Díaz, Avelino: «Na morte do mestre», A Nosa Terra, 474 (25 de xullo de 1950), 27
Fonte: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega
Colaboración de Avelino Díaz na revista Alborada con dous poemas titulados «Fogar» e «Meu Deseio». 1950
Díaz, Avelino: «Fogar» e «Meu Deseio», Alborada. Revista de la Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión, 147 (agosto-outubro de 1950), 16
Fonte: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. “Biblioteca Roberto Veloso-Carmen Balboa”
Texto dunha conferencia impartida por Avelino Díaz na sociedade ABC del Partido Judicial de Corcubión. 1949
Díaz, Avelino: «Conferenza do poeta Avelino Díaz no aito de "Homilde Homaxe"», Alborada. Revista de la Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión, 143, (agosto-outubro de 1949), 26-31
Fonte: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular "Biblioteca Roberto Veloso-Carmen Balboa"
Poema de Avelino Díaz titulado «Noitarega (Canzón)», feito especialmente para Alborada. 1949
Díaz, Avelino: «Noitarega. (Canzón)», Alborada. Revista de la Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión, 144 (novembro 1949-xaneiro de 1950), 10
Fonte: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. “Biblioteca Roberto Veloso-Carmen Balboa”
«Verba do Heroi», no que se fai constar que é un anaco do poema inédito «Xuntanza». 1951
Díaz, Avelino: «Verba do Heroi», Alborada. Revista de la Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión, 148 (novembro 1950-xaneiro de 1951), 34.
Fonte: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. “Biblioteca Roberto Veloso-Carmen Balboa”
Poema dedicado a súa terra natal publicado pola sociedade de emigrantes da súa parroquia en Bos Aires. 1931
Díaz, Avelino: «Meira», Meira y sus comarcas. Homenaje de sus hijos emigrados, (27 de xullo de 1931)
Fonte: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Xosé Abraira
«Triadas da outra serra», poema de Avelino Díaz publicado na revista Céltiga de Bos Aires. 1931
Díaz, Avelino: «Triadas da outra serra», Céltiga. Revista Gallega de arte, crítica, literatura y actualidades, 157-158 (25 de xullo de 1931)
Fonte: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Na sección «Artes y Letras» do xornal Galicia da FSG, dan a noticia do pasamento do poeta. 1971
Na mesma páxina IPM dedica un poema na súa memoria.
Fonte: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega
Baltar, Alfredo: «Avelino Díaz», Galicia. Portavoz de la Federación de Sociedades Gallegas, Bos Aires, 1393 (abril de 1971), 16
Noticia dunha das homenaxes que a colectividade organizou ao
poeta galego e patriotaAvelino Díaz. 1960«Homenaxe a Avelino Díaz», Opinión Gallega, Bos Aires, 196 (xullo-agosto de 1960), 8
Fonte: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega
Noticia da morte da súa nai nas páxinas da revista Alborada da que foi un asiduo colaborador. 1949
«Falleció la madre de Avelino Díaz», Alborada. Revista de la Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión, 143 (agosto-outubro de 1949), 60
Fonte: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega
Artigo de Eduardo Blanco Amor sobre Avelino Díaz e a súa obra. 1931
Blanco-Amor, Eudardo: «Avelino Díaz, poeta», Meira y sus comarcas. Homenaje de sus hijos emigrados, (27 de xullo de 1931)
Fonte: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Xosé Abraira
Ligazóns de interese
Avelino Díaz na Galipedia
Fonte: Galipedia
https://gl.wikipedia.org/wiki/Avelino_D%C3%ADaz[2022-03-17]
Páxina web da Asociación Cultural «Avelino Díaz»
Fonte: Asociación cultural «Avelino Díaz»
http://www.poetaavelinodiaz.gal/[22-03-2022]
Videos
Video dun poema de Avelino Díaz «Non me deas diñeiro» recitado por Silvia Villanueva no Día Mundial da Poesía
Videopoema da alumna de Primeiro de Comunicación Audiovisual da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo polo Día Mundial da Poesía 2022
Fonte: Silvia Villanueva
https://www.youtube.com/watch?v=uCzjTvahOl8 [2022-03-22]
Artigos Avelino Díaz
DíAZ, A. (12/1930) Un martire. Galicia [Bs As 1930]. [1ª] (187), 10.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
DíAZ, A. (11/1942) Frente á realidade. Nosa Terra, A. (432), 2.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
DíAZ, A. (12/1942) Lonxe dos ollos ... dentro do corazón. Alborada. 1ª (118), 23-24.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
DíAZ, A. (7/1944) Lembranza da mocedade. Revista Compostela. 1ª (6-9), 23-24.
Ver narrativa Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
DíAZ, A. (12/1944) Ollando o porvir. Nosa Terra, A. (433), 7.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
DíAZ, A. (6/1946) ¡Aleluya! ¡Aleluya!. Nosa Terra, A. (448), 3.
Ver narrativa Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
ALONSO RíOS, A. GONZALEZ, E. DíAZ, A. (8/1946) En lembranza dos Mártires Galegos no 10 Aniversario. Actos realizados pola nosa coleitividade en homaxe a Alexandre Bóveda. Nosa Terra, A. (450), 4-6.
Ver reportaxe Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
DíAZ, A. (12/1947) [Poema]. Betanzos. 1ª (42), 18.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
DíAZ, A. (12/1948) ¡Galicia!. Betanzos. 1ª (43), 41.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
DíAZ, A. (12/1948) En col d-unha gran idea. Betanzos. 1ª (43), 60-61.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
DíAZ, A. (4/1949) Tríptico de Galicia: Antonte. Onte. Hoxe. Alborada. 1ª (141), 14.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
DíAZ, A. (10/1949) Conferenza do poeta Avelino Díaz no aito de «Homilde Homaxe». Alborada. 1ª (143), 26-31.
Ver relatorio Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
DíAZ, A. (10/1949) Desvelos. Carral. 1ª (2), 24.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
DíAZ, A. (12/1949) Unhos probes homiños . Betanzos. 1ª (44), 35-36.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
DíAZ, A. (1/1950) Noitarega (Canzón). Alborada. 1ª (144), 10.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
DíAZ, A. (4/1950) Na morte do mestre. Alborada. 1ª (145), 6-7.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
DíAZ, A. (10/1950) Fogar. Alborada. 1ª (147), 16.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
DíAZ, A. (10/1950) Meu deseio. Alborada. 1ª (147), 16.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
DíAZ, A. (1/1951) Significazón da obra cultural e patriótica do Centro Betanzos (Verbas pronunciadas polo escritor, periodista e poeta galego siñor Avelino Díaz o 16 de agosto de 1950 - Día de San Roque - no Centro Betanzos). Betanzos. 1ª (45), 66-68.
Ver relatorio Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
DíAZ, A. (7/1954) Amoranza. Orzán. 1ª (6), 20.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
DíAZ, A. (7/1954) ¡Ouh Saudade!. Orzán. 1ª (6), 21.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
DíAZ, A. (7/1956) A festa de pan. [Dedicado] a Lois Carré Alvarellos, aló na Terra. Orzán. 1ª (8), 7.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;