Antonio Noriega Varela
Mondoñedo, Lugo, 18/ 10/1869 - Viveiro, Lugo, 27/3/1947Autoría: Xosé Ramón Freixeiro Mato
O poeta da montaña que procurou refuxio na mariña
Os inicios como poeta
Nos seus anos de seminarista xa se deu a coñecer como poeta e tornouse moi popular entre profesores e compañeiros polas semblanzas que deles facía, ben como polas sátiras e trasnadas que se lle atribuían e que lle deron sona en toda a comarca. No entanto, esa vea satírica habíalle crear problemas no propio Seminario e, máis tarde, fóra del; e acompañarao ao longo de toda a vida, a se manifestar de maneira ben explícita nas composicións da etapa final. Nos anos de seminarista leu moita poesía e adquiriu unha formación clásica que se reflectirá na súa obra, onde fica patente a influencia virxiliana e a destreza no manexo do latín.
Posuidor dun carácter optimista e dunha enerxía exuberante, percorreu desde novo as aldeas das montañas dos arredores de Mondoñedo na procura de festas e fiadas en que rexoubar coas mozas carpazonas. Tal vitalidade seducida polos praceres da vida imporase na práctica sobre os principios moralizantes e tradicionalistas que teoricamente sempre defendeu e que o levaron a depurar a súa poesía de calquera indicio de erotismo ou sensualismo.
A fama como poeta íase estendendo neses anos xuvenís por toda a bisbarra e o seu nome aparecía na prensa local, primeiro con algún poema de circunstancias en castelán, e despois xa definitivamente en galego con poemas de carácter costumista e descritivo, na liña dos doutro poeta mindoniense bastante máis vello, Manuel Leiras Pulpeiro, de quen recibiu consello e asesoramento lingüístico nas súas primeiras publicacións. Ambos os amigos repartiron os campos poéticos: Leiras cantou a mariña e Noriega a montaña.
Aínda non finalizara o século XIX cando Noriega tirou do prelo dúas composicións extensas, De ruada (1895) e Leite fresco (1899), nas cales achamos algunhas das mellores pasaxes da poesía costumista galega decimonónica e que atinxiron unha grande popularidade, a se realizaren delas diversas edicións vendidas con grande suceso nas feiras e mercados. Porén, co paso do tempo o poeta irá abandonando este tipo de composicións para optar por unha vía máis intimista e depurada, a chegar mesmo a eliminarLeite fresco da recompilación da súa obra completa en 1946 por a considerar demasiado frívola e atrevida.
Mestre e colector da fala popular
Mais o novo poeta que non puido ser cura necesitaba un medio de se gañar a vida. Para iso farase co título de mestre e exercerá esa profesión durante 40 anos, a alternar nos seus diferentes destinos o mar coa montaña; no entanto, a súa musa poética será sempre fiel a esta última, o que lle valerá o título de "poeta da montaña". O labor docente e a peregrinaxe pola xeografía galega van ter incidencia no seu traballo como escritor, pois do alumnado recollerá palabras e expresións con que enriquecer a súa lingua poética; irá acumulando así todo un conxunto de sabedoría popular que logo vai transmitir tanto en libros canto en colaboracións en xornais e revistas.
Por tanto, Noriega ten dúas facetas como escritor: a de poeta e a de colector de cantares, adiviñanzas, refráns e ditos populares. Esta última converteuse nunha verdadeira obsesión ao longo da súa vida, o que vén demostrar a veneración que sentía pola tradición. Para este labor non só se serviu do alumnado, pois tamén aprendeu das xentes de máis idade das aldeas en que exerceu a docencia. Resultado de tal empeño son os libros A Virxen y-a paisanaxe (100 cantigas populares), de 1914, e Como falan os brañegos, de 1928, para alén doutras publicacións do mesmo teor en diferentes medios.
A etapa de Foz: Montañesas
O seu primeiro destino como mestre foi a vila mariñeira de Foz, onde publicou as dúas edicións de Montañesas, libro de poemas en galego, a primeira de 1904 e a segunda, moi aumentada, de 1910. Nesta obra incluíu os dous longos poemas finiseculares publicados antes e confirmouse como poeta da montaña, na liña do costumismo decimonónico, con predominio dos poemas descritivos que contan os traballos diarios, os costumes e as festas das persoas labregas, composicións que o colocan á altura das grandes mestras e mestres do XIX neste tipo de poesía. De todos os modos, na segunda edición do libro xa aparecen poemas que apuntan nunha dirección máis intimista e menos descritiva.
Esa etapa de Foz, onde o poeta gozou dunha situación privilexiada como mestre na cobizada escola de Fondós, forneceulle a compañía e a amizade de Antón Vilar Ponte e Camilo Cela; os tres deron vida a un coñecido faladoiro, fundaron o grupo esperantista local e puxeron en andamento a publicación sarcástica e humorística ¡Guau... Guau!
A vea satírica do poeta, xa de sempre aguda, acabará por lle causar problemas e algunha inimizade. Casado e con descendencia, será obxecto dun expediente administrativo como mestre, que desembocará no seu traslado dun extremo ao outro do país, de Foz a Calvos de Randín, na raia con Portugal. O castigo que iso lle supuxo vai influír na súa vida e no seu carácter, a se virar máis desconfiado e a adoptar uns modais de ignorante labrego que ocultaban un grande orgullo e intelixencia.
A etapa ourensá: D'o Ermo
O desterrro de Noriega a terras ourensás será decisivo na súa traxectoria poersoal, ideolóxica e poética. Após case tres anos nas inhóspitas e severísimas terras de Calvos, consegue praza na escola de Trasalba, ao lado do pazo de Otero Pedrayo e na proximidade da cidade de Ourense, onde entra en contacto cos nacionalistas da Xeración Nós. Alén de Otero, que foi seu amigo e protector, tivo trato con Vicente Risco, Lousada Diéguez ou Noguerol, ben como con outras figuras destacadas como Basilio Álvarez, abade de Beiro.
Resultado destas novas amizades foron algúns poemas de carácter anticaciquil e rebelde, feitos talvez por compromiso, mais que non casan coa súa ideoloxía conservadora e tradicionalista; proba disto foi que os expurgou definitivamente da súa obra e nunca máis voltaría a tocar esa corda poética, que non era a súa. Figuraban precisamente na primeira edición de D'o Ermo, que lle editaron en 1920 Risco, Lousada e Noguerol, mais desaparecerán da de 1929. Polo medio está o enfrontamento de Noriega co movemento nacionalista e o seu aliñamento con posicións politicamente antigaleguistas.
Foi tamén a etapa ourensá a que lle forneceu o contacto e a amizade cos escritores portugueses, feito que vai ter unha influencia decisiva na súa poesía. Irá abandonando as ataduras que o ligaban ao costumismo descritivo decimonónico e, seguindo a estela dos poetas portugueses, vai emprender unha depuración estilística que o levará ao puro lirismo da natureza. Este xa se manifesta nos poemas da primeira edición de D'o Ermo mais achará plena confirmación e unánime recoñecemento nos sonetos, talvez o mellor da súa produción poética, compostos na década de 20 e incluídos na terceira edición desta obra, após fracasar o proxecto de os publicar nun novo libro que tencionaba denominar Tenuis pluvia. Finalmente, os sonetos foron publicados con este título pola Deputación de Lugo en 2006.
Da montaña á mariña: derradeira etapa
Noriega Varela vai deixar Trasalba, pondo así fin á etapa ourensá, no ano 1926, casado por segunda vez após o falecemento da primeira muller e cunha numerosa descendencia e reducido salario. No seu novo destino como mestre na Graña de Vilarente (Abadín, Lugo) vaise reencontrar coas montañas da mocidade. Alí terá a compañía de Aquilino Iglesia Alvariño e o maxisterio do pobo, de onde tirará a obra Como falan os brañegos, publicada pola editora nacionalista Nós en 1928. No entanto, o rigor dos invernos obrigou o poeta da montaña a procurar refuxio na mariña e, dese modo, foi pasar a derradeira etapa da súa vida, a partir de 1931, a Chavín e Viveiro, na costa lucense, onde viviu como mestre a convulsa década dos anos 30 e logo atinxiu a xubilación nos primordios da dura posguerra.
Do punto de vista literario, só acontecementos de carácter político o afastarán da liña poética escollida en D'o Ermo, de maneira que durante a Segunda República e a Guerra Civil, vendo en perigo os seus ideais católicos de signo tradicionalista, botará man de novo da súa musa satírica e burlona e fará unha serie de composicións de carácter político en contra da República, dos seus máis cualificados representantes e das ideas progresistas; e a favor, máis tarde, dos militares golpistas e da Falanxe. Outro obxectivo destas sátiras será o movemento galeguista e nacionalista, co cal nunca se sentiu identificado. Foron publicadas principalmente n' O Gaiteiro de Lugo, popularísimo calendario, e na revista Vallibria de Mondoñedo, mais non as incluíu na edición definitiva da súa obra, que chegou ás súas mans pouco antes do pasamento, acontecido en Viveiro o 27 de marzo de 1947.
A modo de conclusión, no plano humano Noriega Varela foi unha persoa amante da vida e dos seus praceres, mais con moita familia ao seu cargo e poucos ingresos, o que lle fixo adoptar unha postura de cautelosa e finxida humildade. Ideoloxicamente mantivo unha liña de pensamento constante ao longo da súa vida como defensor dun catolicismo de signo tradicionalista. Literariamente foi un hábil e agudo versificador, cunha produción escasa e de calidade. A súa obra poética evolúe desde o descritivismo decimonónico ao lirismo intimista da natureza, a atinxir nos sonetos o seu cumio artístico. Nomeadamente por eles, mais tamén polas composicións costumistas da primeira época, ocupa un lugar sobranceiro na poesía galega, sen esquecermos a súa vea satírico-política, máis descoñecida, e a faceta de colector do saber popular.
Obra de Antonio Noriega Varela
Montañesas. Poesías gallegas. Luarca: Imp. de Ramiro P. del Río, 1904.
Montañesas. Segunda edición correxida y-aumentada. Mondoñedo: Talleres de Imprenta de César G. Seco, 1910.
A Virxen y-a paisanaxe (100 cantigas populares). Ourense: Imprenta La Editorial, 1914.
D’o Ermo. Ourense: Losada, Risco e Noguerol editores, 1920.
Como falan os brañegos. A Coruña: Nós Pubricacións galegas e imprenta, 1928.
D’o Ermo. Novísima edición, aumentada. Mondoñedo: Tip. Centro de Acción Social Católica, 1929.
D’o Ermo. Cuarta edición (a luguesa), aumentada. Lugo: Tip. La Voz de la Verdad, 1946.
Tenuis pluvia. Sonetos. Lugo: Deputación Provincial, 2006.
Bibliografía sobre Antonio Noriega Varela
Carballo Calero, Ricardo (1982): «Antonio Noriega Varela». En Libros e autores galegos. Século XX. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza; v. 2, 7-24.
Fernández del Riego, Francisco (1991): «Introducción». En Noriega Varela, Antonio, Poesía. Vigo: Edicións Xerais; 9-59.
Freixeiro Mato, Xosé Ramón (1992): A cara oculta de Noriega Varela (biografia e textos esquecidos). Santiago de Compostela: Laiovento.
Freixeiro Mato, Xosé Ramón (1993): Da montaña o corazón (Produción literaria e lingua en Noriega Varela). Lugo: El Progreso Artes Gráficas.
Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2007): Antonio Noriega Varela. Estudo e edición da obra completa. 2ª ed. Lugo: Deputación Provincial; 2 v.
Otero Pedrayo, Ramón (1969): «Verbas limiares». En Noriega Varela, Antonio, D'o Ermo (Escolma). A Coruña: Real Academia Gallega; 7-21.
Otero Pedrayo, Ramón (2000): Homenaxe a Noriega Varela. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia.
Como citar: Freixeiro Mato, Xosé Ramón : Antonio Noriega Varela. Publicado o 9/2/2023 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=2784. Recuperado o 19/04/2024

DOCUMENTACIÓN DE
Montañesas. Escolma
Fonte: Biblioteca Virtual Galega
https://bvg.udc.es/ficha_obra.jsp?id=Mo++++++3&alias=Antonio+Noriega+Varela& [Consulta: 2023-01-20]
D’o Ermo. Escolma
Fonte: Biblioteca Virtual Galega
https://bvg.udc.es/ficha_obra.jsp?id=D%27Er++++1&alias=Antonio+Noriega+Varela& [Consulta: 2023-01-20]
De ruada
Fonte: Galiciana
http://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1159040 [Consulta: 2023-01-20]
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Caderno de Estudos Xerais. Azorín, Noriega Varela e a coral De Ruada de Ourense 18 (2020).
Fonte: Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo
https://areal.gal/wp-content/uploads/2022/01/CEX18.pdf [Consulta: 2023-01-20]
Unha achega á historia da edición en Galiza: Lugo nos anos do franquismo
Fernández Pérez-Sanjulián, Carmen: «Unha achega á historia da edición en Galiza: Lugo nos anos do franquismo», Madrygal: Revista de Estudios Gallegos, 18 nº especial (2015), 443-456.
Fonte: Madrygal. Revista de Estudios Gallegos
https://revistas.ucm.es/index.php/MADR/article/view/48568/45372 [Consulta: 2022-12-30]
Franquismo e literatura galega
Pardo de Neyra, Xulio: «Franquismo e literatura galega: Non Chores, Sabeliña, a primeira obra da literatura galega de Posguerra. Entre o populismo e o rexoubeirismo», Madrygal: Revista de Estudios Gallegos, 18 (2015), 83-95.
Fonte: Madrygal. Revista de Estudios Gallegos
https://revistas.ucm.es/index.php/MADR/article/view/51220/47543 [Consulta: 2022-12-30]
A (de)construción da saudade en Ramón Piñeiro
Forcadela, Manuel (2009): «A (de)construción da saudade en Ramón Piñeiro». En Cillero, Alexandra e Abal, Élida (eds.): Homenaxe a Ramón Piñeiro. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades; 61-76.
Fonte: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
http://www.cirp.es/pub/docs/crp/homenaxe.pdf [Consulta: 2022-12-30]
A Voz dos Carraos 2 (2007). Revista oral dedicada ao sesaxésimo aniversario do pasamento de A. Noriega Varela
Fonte: Museo Provincial de Lugo
http://www.museolugo.org/archivos/docs/366_CARRAOS%202.pdf [Consulta: 2023-01-20]
O Pazo das Musas 9 (2007). Revista oral dedicada ao sesaxésimo aniversario do pasamento de A. Noriega Varela
Fonte: Museo Provincial de Lugo
http://redemuseisticalugo.org/archivos/docs/Pazo_das_Musas_09.pdf [Consulta: 2023-01-20]
A poesía bélica de Noriega Varela e tres poemas apócrifos
Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2011 [2006]): «A poesía bélica de Noriega Varela e tres poemas apócrifos». En Alonso Montero, Xesús e Villar, Miro (coords.): Guerra civil e literatura galega (1936-1939). Vigo: Xerais; 71-105.
Fonte: Poesiagalega.org. Arquivo de poéticas contemporáneas na cultura
http://www.poesiagalega.org/uploads/media/freixeiro_mato_2006_noriega.pdf [Consulta: 2023-01-20]
Noriega Varela, poeta lusófilo
Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2011 [2000]): «Noriega Varela, poeta lusófilo». En Rodríguez, J. L. (ed.): Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero (vol II). Santiago de Compostela: Parlamento de Galicia, Universidade; 275-299.
Fonte: Poesiagalega.org. Arquivo de poéticas contemporáneas na cultura
http://www.poesiagalega.org/uploads/media/freixeiro_mato_2000_noriega.pdf [Consulta: 2023-01-20]
Amencer. Homenaxe a Noriega Varela, 139 (1997)
Fonte: Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia. Consello da Cultura Galega
Antonio Noriega Varela. Vida e obra
Tese de doutoramento de Xosé Ramón Freixeiro Mato
Fonte: Repositorio da Universidade da Coruña
https://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/1128 [Consulta: 2022-12-30]
Centenario de Noriega Varela
Carballo Calero, Ricardo: «Centenario de Noriega Varela», Grial, 25 (1969), 341-346.
Fonte: Editorial Galaxia
https://editorialgalaxia.gal/revista-grial/ [Consulta: 2022-12-30]
Homenaxes a Antonio Noriega Varela na revista Chan 6 (1969)
Fonte: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega
Iglesia Alvariño: poeta e humanista
de Lorenzana, Salvador: «Iglesia Alvariño: poeta e humanista», Grial, 1 (1963), 28-42.
Fonte: Editorial Galaxia
https://editorialgalaxia.gal/revista-grial/ [Consulta: 2022-12-30]
Ligazóns de interese
Luz na terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura, exposición conmemorativa do centenario do SEG. Cidade da Cultura, 4 de xullo de 2023 a 7 de xaneiro de 2024
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/luz-na-terra-o-seminario-de-estudos-galegos-unha-institucion-de-alta-cultura [Consulta: 2023-08-31]
Antonio Noriega Varela. Letras Galegas 1969
Fonte: Real Academia Galega
https://academia.gal/letras-galegas/1969/antonio-noriega-varela [Consulta: 2023-01-20]
Sitio web conmemorativo do centenario do Seminario de Estudos Galegos, elaborado polo Consello da Cultura Galega
Fonte: Consello da Cultura Galega
http://consellodacultura.gal/area2.php?arq=4372 [2023-03-08]
O Seminario de Estudos Galegos (1923-1936) en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta_aut/registro.do?id=35606 [Consulta: 2022-12-28]
Acceso á publicación Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. Galiciana
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=401088 [Consulta: 2022-12-30]
O lobo anxélico (No sesquicentenario de Antonio Noriega Varela)
Artigo de Armando Requeixo
Fonte: Criticalia
https://armandorequeixo.wordpress.com/2019/10/20/o-lobo-anxelico-no-sesquicentenario-de-antonio-noriega-varela/ [Consulta: 2023-01-20]
Noriega Varela, poeta de todo tempo
Artigo de Armando Requeixo
Fonte: Criticalia
https://armandorequeixo.wordpress.com/2019/10/18/noriega-varela-poeta-de-todo-tempo/ [Consulta: 2023-01-20]
Antonio Noriega Varela na web da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
Fonte: https://www.acalexandreboveda.gal/noriega-varela/
Unha lectura de Do Ermo, de Antonio Noriega Varela
Artigo de Miro Villar
Fonte: Crebas.gal
http://crebas.gal/?p=6619 [Consulta: 2023-01-20]
Proxecto Epístolas. Mencións a Antonio Noriega Varela
Fonte: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega
No bico un cantar. Nenas e nenos cantan aos poetas mindonienses
Fonte: Consello da Cultura Galega
Ars dedicandi: Antonio Noriega Varela
Artigo de Armando Requeixo
Fonte: Criticalia
https://armandorequeixo.wordpress.com/2016/03/27/ars-dedicandi-antonio-noriega-varela/ [Consulta: 2023-01-20]
51 páxinas das nosas Letras
Catálogo da exposición organizada polo Parlamento de Galicia en 2013 para conmemorar o 50 aniversario do Día das Letras Galegas
Fonte: Parlamento de Galicia
https://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/Publicacions/51%20paxinas%20das%20nosas%20letras.pdf [consulta: 2022-12-30]
Galicia letra a letra. Antonio Noriega Varela
Fonte: Televisión de Galicia
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/antonio-noriega-varela-letras-galegas-1969 [Consulta: 2023-01-20]
Antonio Noriega Varela en Radio Nacional de España
Fonte: Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega
Os sonetos de Noriega Varela
Artigo de Ricardo Carballo Calero no Boletín da Real Academia Galega 355 (1973), 21-30.
Fonte: Real Academia Galega
https://2012.academia.gal/boletins-web/paxinas.do?id=2790&d-447263-p=1 [Consulta: 2022-12-30]
Os de Noriega. Bitácora dedicada ao poeta Antonio Noriega Varela
Fonte: http://www.blogoteca.com/noriegamindoniense/index.php
Noriega Varela na Galipedia
Fonte: https://gl.wikipedia.org/wiki/Antonio_Noriega_Varela
Videos
Poesía galega do primeiro terzo do século XX
Vídeo didáctico (12´ 16´´) elaborado por Nee Barros Fernández. Trátase da primeira entrega dunha serie de vídeos cos resumos do temario de literatura galega de 2º de bacharelato, elaborados durante o confinamento domiciliario de 2020 co obxectivo de que fosen de utilidade para o alumnado que estaba a preparar a proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU). Neste vídeo ofrécenos, a xeito de resumo, os contidos incluídos no tema da poesía galega do primeiro terzo do século XX, centrándose concretamente nas Irmandades da Fala, unha organización nacionalista que tiña como obxectivos fundacionais a defensa, exaltación e fomento da lingua galega. A esta organización pertenceron poetas como Antonio Noriega Varela e Ramón Cabanillas, dos que se ofrece un perfil biográfico e bibliográfico.
Antonio Fraguas conversa sobre o Seminario de Estudos Galegos
O 12 de outubro de 1923 un grupo de mozos universitarios trasládanse a Ortoño, parroquia natal de Rosalía, para constituír o Seminario de Estudos Galegos (SEG). Antonio Fraguas incorporaríase ao SEG uns anos máis tarde, en 1928, presentando unha investigación sobre o castro de Soutolongo. Neste vídeo vídeo divulgativo (6´ 32´´) conversa sobre o nacemento do Seminario de Estudos Galegos e os obxectivos cos que se fundou. A peza foi realizada por Acuarela Comunicación en 2019, ano no que a Real Academia Galega lle dedicou o Día das Letras Galegas a Antonio Fraguas.
Fonte: LInguaGalegaTV
https://www.youtube.com/watch?v=R6VmoRrlAys [Consulta: 2023-01-02]
Homenaxe a Noriega Varela. Conferencia de Ramón Otero Pedrayo
Fonte: Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega. Colección As nosas voces
https://www.youtube.com/watch?v=ssuTlgVkxmc&t=1137s [Consulta: 2023-01-20]
«As froliñas dos toxos». Poema de Noriega Varela incluído no disco Dende a beira do Masma, publicado pola Deputación Provincial de Lugo.
Fonte: Fran Bouso
https://youtu.be/boBvUDH0a_E [Consulta: 2023-01-20]
As publicacións do Seminario
O Seminario de Estudos Galegos desenvolveu unha importante produción escrita, nomeadamente no que respecta a achegas científicas, aínda que no seu seo tamén se editaron contribucións literarias. Neste breve vídeo divulgativo (2´ 35´´) o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) ofrécenos unha panorámica das publicacións do Seminario, que testemuñan o firme compromiso deste grupo de intelectuais co uso do galego no ámbito académico e científico.
O reloxo do Seminario
Vídeo divulgativo (2´ 05´´) sobre o reloxo do século XVIII doado ao Seminario de Estudos Galegos (SEG) polo intelectual, político e mecenas galego Juan Arias Sanjurjo. A peza forma parte da serie de vídeos sobre a historia e o patrimonio documental e artístico do SEG, que o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento está a difundir este ano 2023.
Audios
REPORTAJE SOBRE ANTONIO NORIEGA VARELA
COMENTARIO DE DANIEL CORTEZON SOBRE POESIA
DISCURSO DE INGRESO DE JOSE TRAPERO PARDO EN LA REAL ACADEMIA GALEGA
DISCURSO DE RAMON OTERO PEDRAYO SOBRE ANTONIO NORIEGA VARELA
DISCURSO DE RAMON OTERO PEDRAYO EN LA INAUGURACION DE LOS JUEGOS FLORALES DE MONDOÑEDO (LUGO)
RECITACION DE VARIOS POEMAS
As froliñas dos todos: música, Eduardo Toldrá; letra, Antón Noriega Varela. Soprano, Teresa Tourné. Piano, Carmen Díez. 1962
R. Otero Pedrayo: A paisaxe galega, as súas leis e tipos
Publicacións periódicas
Heraldo Gallego, El (1908-) .
Órgano de las colectividades Gallegas en el Plata
1921: Semanario independiente y de información regional
Acción Gallega (1920-1925) .
Publicación Oficial de Casa de Galicia
A partir do n.º 14: Revista Mensual de Casa de Galicia
Terra Galega (1921-) .
Boletín mensual: Órgao da Xuntanza Nazonalista Galega d'Habana e paladín do honor da Raza Céltiga
Céltiga (1924-1932) .
Revista Gallega de arte, crítica, literatura y actualidades: Publicación quincenal editada por la "Editorial Céltiga"
Revista Gallega de arte, crítica, literatura y actualidades: Publicación quincenal editada por los talleres gráficos Virs
Boletín Oficial de la Sociedad Nueva Casa de Galicia (1929-) .
Revista Oficial del Centro Gallego de Avellaneda (1931-) .
Galicia en Madrid (1932-1936) .
Órgano de Lar Gallego: Revista mensual
Anduriña (1962-) .
Portavoz del Lar Gallego de Sevilla
Esmorga (1985-) .
Artigos Antonio Noriega Varela
NORIEGA VARELA, A. (9/1925) Lembranzas. Céltiga. 1ª (17), 5.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela;
NORIEGA VARELA, A. (9/1925) Estrelas. Céltiga. 1ª (18), 7.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela;
NORIEGA VARELA, A. (10/1925) Ternura. Céltiga. 1ª (19), 5.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela;
NORIEGA VARELA, A. (10/1925) Festiña dos breñales. Céltiga. 1ª (20), 5.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela;
NORIEGA VARELA, A. (11/1925) Diante d'os que atruxan forte. Céltiga. 1ª (22), 3.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela;
NORIEGA VARELA, A. (12/1925) Toda humilde belleza. Céltiga. 1ª (23), 5.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela;
NORIEGA VARELA, A. (1/1926) A saudade. Céltiga. 1ª (26), 5.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela;
NORIEGA VARELA, A. (1/1926) El poeta de la raza brinda a la colectividad gallega de Buenos Aires por intermedio de Céltiga, la realización de una gran iniciativa. Céltiga. 1ª (26), 11-12.
Ver carta Fonte da dixitalización: Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela;
NORIEGA VARELA, A. (3/1926) Cousa bonita.... Céltiga. 1ª (29-30), 7.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela;
NORIEGA VARELA, A. (4/1926) Uno de tantos. Céltiga. 1ª (31), 5.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela;
NORIEGA VARELA, A. (1/1929) Fale meu Bisabe. Boletín de la Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía. 2ª (06), 15-16.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Libros do ccg sobre Antonio Noriega Varela
Homenaxe a Noriega Varela.
2000 | Ramón Otero Pedrayo, Autoría. Cristina Pujales, Coordinación. Xosé Soto Andión, Transcrición. Manuel Rico Verea, Transcrición.
Mondoñedo, 19 de outubro de 1967