Virxinia Pereira Renda
A Estrada, 19/ 10/1884 - Madrid, 1969Autoría: Ana Acuña
Protagonista dos comezos do nacionalismo
Talvez por casar cunha das personalidades galegas máis simbólicas, para reconstruír a vida de Virxinia Pereira é necesario seguir o percorrido vital do seu home e consultar os epistolarios propios e alleos. A presente biografía seguirá unha orde baseada nas palabras de Virxinia Pereira dedicadas a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e nas que, nunha carta de 1950 a Ramón Otero Pedrayo, alude á súa
vida, pasión e morte (...) a quen a mala fada non lle regateou ren en cuestión de padecimento.
Virginia Nicolasa María de Gracia Tomasa naceu na Estrada o 19 de outubro de 1884 no seo dunha familia numerosa: foi a sétima de sete mulleres e aínda nacerían tres homes. O seu pai, Camilo Pereira Freigenedo, procedía do Carballiño e acadou sona na Estrada como avogado defensor de causas complexas ademais dunha activa vida social e política. A súa nai, Peregrina Renda López, era natural de San Bartolomé (Pontevedra), se ben as súas orixes paternas estaban na Estrada. A educación de Virxinia Pereira e dos seus irmáns e irmás estivo dirixida polo pai a través dun mestre particular como corresponde a unha familia ben situada.
Unha das súas irmás maiores, ao casar, establecería a súa residencia en Compostela, onde a visitarían a miúdo as máis pequenas e onde coñecerían a Castelao. Segundo Teresa Castelao (Dourado Deira 1999), Daniel, antes de mocear con Virxinia, fora mozo da súa irmá Eva. A pesar desta circunstancia e de que a familia puido non ver con bos ollos o noivado, en 1912 Daniel e Virxinia contraeron matrimonio na Estrada.
A parella asenta en Rianxo. Alí Castelao exerce como médico xeral e nace o seu fillo Afonso Xesús de Praga en 1914. Dous anos despois, tras Castelao abandonar a medicina a consecuencia dun desprendemento de retina, a familia trasladarase a Pontevedra. Aquí, el traballa como funcionario no Instituto Xeográfico de Estatística e imparte clases de debuxo no Instituto. Para el estes son anos de intensa actividade creativa, social e política por toda Galicia: realiza exposicións, imparte mitins e conferencias, participa en faladoiros…. Con todo, para Virxinia comezan tempos de intensa preocupación pola delicada saúde do seu único fillo. Os desprazamentos na procura de aires favorables para o pequeno (Praceres, Cotobade...) e para os dolorosos tratamentos oftalmolóxicos de Castelao (Vigo) son constantes.
Virxinia Pereira perde o seu fillo o 3 de xaneiro de 1928, cando o neno tiña catorce anos. A viaxe pola Bretaña de marzo a agosto de 1928, acompañando a Castelao na procura de cruceiros, cabe entendela como unha fuxida na procura dunha certa paz interior. Esta primeira perda familiar e os sucesivos afastamentos de Galicia motivados polo desterro en Badaxoz e o levantamento militar, unirían a parella, consciente de que unha era a única familia do outro.
O levantamento contra a República e o inicio da guerra obrigan a Virxinia e a Castelao a compartir unha peregrinaxe por distintos lugares (Valencia, Barcelona, Unión Soviética, Estados Unidos, Cuba, París...) e cunhas condicións económicas que ás veces chegaron á penuria. Como indica X. Alonso Montero (2012: 127)
para unha señorita de vila, de familia moi conservadora e de escasa instrucción, tivo que ser unha proba difícil acompañar a un home obrigado polas circunstancias a asumir tarefas e responsabilidades problemáticas en escenarios e tempos tan arriscados como a Guerra Civil e o exilio.
Precisamente neses periplos polo mundo, Virxinia colle o testemuño de Castelao e intervén en actos públicos dos que existe constancia de varias ocasións: en Nova York en 1938, ouen Uruguai en 1940. Mesmo substitúe ao seu home na homenaxe a Manuel Irujo celebrada en Arxentina (1948). Segundo Alfonso Fidalgo Pereira (1986), Virxinia era a primeira sorprendida ante a boa acollida das súas intervencións durante a vida e tras a morte de Castelao.
Exiliados en Bos Aires, Castelao é superado pola doenza e Virxinia exerce de abnegada enfermeira e confidente ata a morte del o día 7 de xaneiro de 1950. Fronte a algunhas opinións negativas sobre a influencia de Virxinia Pereira en Castelao e que, en todo caso mostran a súa forte personalidade, Ramón Otero Pedrayo considera que Virxinia é
digna de todo respecto (...) que foi a súa esposa leal, que foi ademais súa conselleira, e que foi o seu lazarillo que o acompañou sempre, que sempre compartiu con il as grandezas ias miserias ias fatigas da emigración io apartamento da terra, io apartamento da familia(1986: 46).
Os testemuños sobre as indicacións de Virxinia para que Castelao puidese debuxar cando as condicións da súa vista xa non llo permitían, redundan nesta idea de que a colaboración de Virxinia foi fundamental para a obra de Castelao durante a súa vida e despois da súa morte.
A viuvez provoca en Virxinia Pereira unha
especie de pequena rebeldía nacida dun gran doorque só se atreve a confesarlle ao
irmánOtero Pedrayo nunha carta datada en 1950. Rebeldía contra o esquecemento que supón a morte e contra o que tamén loitara Castelao. As palabras pronunciadas ao periodista L. R. de El Progreso (1968) insistindo na soidade e en ocuparse das cousas da casa e en non querer falar de política, talvez hai que entendelas nun sentido figurado, pois Virxinia non era unha muller apoucada. Mostra disto é que, na citada entrevista, anime ás mulleres a falar galego. Neste sentido manifestouse tamén Méndez Ferrín (2020) ao indicar que era militante e radical,
católica coma o seu home, e
capaz de asimilar o programa laicista.
Tras a enfermidade e morte de Castelao, pesa sobre Virxinia Pereira unha especie de morte social caracterizada por se sentir fóra do mundo dos vivos, en silencio e orfandade, como unha gaivota apresada e sen rumbo, a non ser as visitas aos
pagosda Chacarita onde xace Castelao, tal e como se recolle nas cartas a R. Otero Pedrayo de 1950 e 1958. Con todo, dona Virxinia é consciente da necesidade de conservar a memoria física e espiritual da persoa perdida e a casa compartida, o
faroliño, será o seu santuario, o refuxio onde perviven os recordos de Castelao.
Unha mostra máis desa rebeldía contra o esquecemento é a relacionada coas catro formas de atadura social que dona Virxinia expresa nas súas cartas con intelixencia e humor: 1. obriga ou deber da cidadá cara ao país de acollida (Arxentina), 2. compromiso ou obriga consciente coa obra e a figura de Castelao e con Galicia, 3. lealdade á comunidade galega na Arxentina e 4. a fidelidade a outros individuos (a Castelao e ás amizades).
Virxinia Pereira regresa á Terra en varias ocasións, pero nunca abandona Bos Aires porque alí repousaban os restos de Castelao. A súas viaxes, coa necesaria independencia económica, translocen unha emancipación política e persoal, unha maneira de
camiñar firme para seguir tirando da vida(carta a R. Otero Pedrayo de 1969), un modo de compartir a súa
dignidade e xenerosidade infinita(conversa con Noni Araújo, 2021) cos familiares e amizades que a acolleron cada verán.
Virxinia Pereira morre en Madrid o 23 de decembro de 1969. O seu corpo foi cuberto coa bandeira galega proporcionada polos madrigalegos que o acompañaron. Dende 1986 os seus restos e os do seu fillo, grazas á acción dos e das estradenses, descansan xuntos no cemiterio de Figueroa.
Agradecementos
Moitas foron as persoas con cuxos contactos, conversas e testemuños se foi conformando esta biografía. Por orde alfabética, queremos deixar constancia do noso agradecemento a Carmen Blanco Ramos, Gregorio Ferreiro Fente, Luís Ferro Pego, Manuel Pereira Valcárcel, Moncho Barreiro (e restante persoal da biblioteca do Campus de Pontevedra), Noni Araújo, Paco Pena Corbacho, Valentín García Gómez e Xesús Alonso Montero.
Como citar: Acuña, Ana : Virxinia Pereira Renda. Publicado o 30/6/2021 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=2992. Recuperado o 20/04/2024
DOCUMENTACIÓN DE
Necrolóxica de Virxinia Pereira publicada en La Voz de Galicia
Fonte: La Voz de Galicia, (24 de decembro de 1969), 23
Certificado de matrimonio de Virxinia Pereira e Castelao, celebrado na Estrada o 18 de outubro de 1912
Fonte: Rexistro Civil da Estrada. Cortesía de Luís Ferro Pego
Partida de nacemento de Virxinia Pereira Renda
Fonte: Rexistro Civil da Estrada. Cortesía de Luis Ferro Pego
Entrevista a Virxinia Pereira en El progreso
Fonte:El progreso
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Localizacións xeográficas de Virxinia Pereira
Bibliografía e webgrafía selecta realizada por Ana Acuña
«Virxinia e Daniel, a complicidade»
-por Miguel Anxo Seixas Seoane
Segundo a memoria, o sororato dunha irmá de Virxinia Pereira Renda deixou a Daniel sen esa noiva que tiña e a nova elección foi Virxina, nada na Estrada o 19 de outubro 1884. Mocearon, pois, por Compostela e polas terras da Estrada, o estudante de Medicina e artista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e ela, Virxinia. Desa relación amorosa non conservamos cartas pero si debuxos do propio artista.
Segundo a lei, daquela a muller tiña obrigas, pero non tiña ningún dereito. Nese tempo e nese espazo católico desenvolveuse unha relación que foi sacramentada o 19 de outubro de 1912 na Estrada, cando ela cumpría 28 anos e el 26. Un matrimonio pola Igrexa con bens gananciais.
Castelao, médico e pintor, estaba felizmente atado a esa convivencia conxugal en Rianxo, onde a cada un lle correspondía o seu labor e xuntos coeducaron o seu fillo Alfonso Xesús Rodríguez Pereira, nado alí en febreiro de 1914; e logo, dende xaneiro de 1916, sendo xa funcionario, en Pontevedra, onde el se incorporará con outros da xeración de 1916 ao movemento das Irmandades da Fala. No Diario 1921, escrito durante a viaxe de estudos, cunha bolsa para ver arte europea, percíbese o estreito vínculo coa muller e o fillo.
O falecemento deste, fillo único, o 3 de xaneiro de 1928 deixounos sen esa fonda raíz primaria e coa fenda da dor de por vida. Por iso mudaron de casa para a rúa da Oliva e se apoiaron máis un no outro, e estarán xuntos case sempre en todo ata o falecemento de Castelao en xaneiro de 1950. Feridos e de loito percorrerán Bretaña en 1928, cando lle concederon a el a bolsa de viaxe para investigar as cruces de pedra.
O artista, escritor e político nacionalista entregarase de vez ao labor cultural e político, sobre todo ao ser nomeado deputado do galeguismo, en xuño de 1931, nas Cortes Constituíntes da Segunda República. A presenza de Virxinia non se facía notar pero á beira de Castelao e dos seus amigos e compañeiros foi acrecentando a súa complicidade co galeguismo e asumindo o emprego do galego, tamén na escrita, como se aprecia nas cartas que lle enviaba ao seu home as poucas veces que non estaban xuntos. En ocasións adoitaba acompañalo en tren nas súas viaxes a Madrid, nas que coincidían co deputado e escritor Ramón Otero Pedrayo e a súa dona, Josefina Bustamante; eles asistían ás sesións parlamentarias e elas permanecían na capital ata volveren de novo xuntos. Cando o Castelao funcionario foi trasladado (desterrado) a Badaxoz en novembro de 1934, ela foi algunhas veces a facerlle compaña a Estremadura; nas vacacións, volvía el a Pontevedra.
Unha das teimas do Partido Galeguista era conseguir o Estatuto de autonomía para Galicia. Empresa custosa que lograron finalmente, coa axuda doutros partidos, o 28 de xuño de 1936. Castelao non se descoidou en estar presente na entrega dos resultados dese referendo do pobo galego nas Cortes en xullo. Nesa importante viaxe foron a Madrid Virxinia Pereira e María Miramontes Matos, a dona de Ánxel Casal, exalcalde de Compostela, entre outros. O programado golpe militar imposto contra o Goberno da República por unha parte do exército o 17 de xullo xa non lles deixou volver en tren a Galicia. En Madrid, Virxinia e Daniel verán e sentirán esa inxustiza e ese horror contra a democracia e contra a República; no outro bando están os intolerantes e, tamén, os familiares e os parentes políticos de Virxinia.
Con todo, ela sempre estivo cabo do seu home. Neste ano 1936, dalgún xeito, Clemencia, a irmá viúva de Virxinia que vivía, porta con porta, no mesmo andar da rúa da Oliva, e outros cómplices, ás agachadas, van rescatar e logo destruír ou agochar parte da documentación que Castelao conservaba no piso e no faiado da casa. Parte seralle enviada ao exiliado e parte debeu de quedar en mans dos descendentes dos Pereira Renda en Vigo, Salamanca, Venezuela…
Virxinia, cos seus aforros e esforzos, acompáñao neste tempo de guerra en Madrid, Valencia e Barcelona, compartindo privacións e a visión da morte, a dor e a destrución que Castelao reflectía nos seus álbums de guerra. Mentres, o 1 de febreiro de 1937 en Pontevedra, na casa deles, comezaba o inventario de todos os bens para pagar a multa coa que Castelao, amais de ser destituído, fora sancionado o 8 de xaneiro de 1937.
Viaxan xuntos a Moscova, en abril de 1938, onde el expón os debuxos de guerra, e logo son invitados a Nova York, onde tamén fai campaña a favor da desafiuzada República. Desprázanse á illa de Cuba co mesmo fin e volven a EE. UU., xa como indocumentados ao perder a guerra a República. Con todo, el fai alí unha nova campaña a prol da República e dos refuxiados.
Xuntos parten ao exilio a Bos Aires en xullo de 1940. Nesa capital fixeron o seu niño provisorio durante dez anos, pensando sempre na volta. As novas obrigas de Castelao levárono a Montevideo e á sesión das Cortes en México en novembro de 1945. Non puido ir con el a todas as viaxes pero, cando foi nomeado ministro sen carteira no Goberno da República Giral, Virxinia viaxou canda el ata París, onde permaneceron con dificultades entre 1946 e xullo de 1947, data en que volveron a Bos Aires. Un Castelao case cego e agora enfermo, coidado constantemente pola man de Virxinia. A imprevista morte chegou o 7 de xaneiro de 1950, sen deixar testamento.
Virxinia, viúva, quedou en Bos Aires como valedora da ética actitude de Castelao, que na altura só era celebrado e homenaxeado na emigración e no exilio. O seu pasamento non obrou un novo entendemento no galeguismo, nin no exilio nin entre os galeguistas de ambas as beiras do océano. As poucas cartas escritas por Virxinia amosan esa defensa das ideas e do labor que defendeu o seu home.
En 1950 reclama á xustiza da ditadura española o que lle corresponde de cando lle foron embargados os bens a Castelao, pois unha parte era dela ao seren gananciais. Por iso acudirá por carta aos seus avogados en Vigo. O 30 de novembro de 1950 o Estado déixalle ao Museo de Pontevedra a obra de Castelao alí depositada. Virxinia seguirá coa memoria de Castelao sempre e a reclamar o que a ela lle correspondía.
Volverá por primeira vez a España e Galicia, da ditadura e da censura, en 1962 e reclama de novo. Un entendemento co Museo de Pontevedra o 1 de outubro de 1964 permitirá que a obra de Castelao alí depositada permaneza nesa institución. Regresa no verán de 1969, outorga testamento en Salamanca e falece o 23 de decembro de 1969 en Madrid, onde foi enterrada.
Dende xaneiro de 1979 unha placa lembra o matrimonio na casa familiar da Estrada. En outubro de 1986 o Concello da Estrada trasladou os restos do fillo e os seus para soterralos xuntos no cemiterio da localidade.
Bibliografía
Seixas Seoane, Miguel Anxo: Castelao, construtor da nación, tomo I, 1886-1930, Vigo, Galaxia, 2019.
Seixas Seoane, Miguel Anxo: Castelao, construtor da nación, tomo II, 1931-1939, Vigo, Galaxia, 2020.
Seixas Seoane, Miguel Anxo: "Castelao á luz de Paz-Andrade (1950-1982)", Boletín da Real Academia Galega, vol. 373 (2012), 71-96, A Coruña, Real Academia Galega.
Seixas Seoane, Miguel Anxo: "Un tiempo ciego: incautación y prohibición de la obra de Rodríguez Castelao", Revista de Museología, Madrid, 2016, 94-101.
Miguel Anxo Seixas explica as claves da relación entre Virxinia Pereira e Castelao.
Lembranza de Virxinia Pereira no cincuenta cadobado
Fonte: Faro de Vigo, (10 de novembro de 2019). Tabeirós-Mntes, 13
Na última páxina do seu artigo «A Agrupación cultural O Galo» Xesús Sanxuás lembra a recepción de benvida a Virxinia Pereira, na estación de Santiago de Compostela
Fonte: SANXUÁS FORMOSO, Xesús: «A Agrupación Cultural O Galo», Terra e Tempo, 180 (2019), 90-97
Artigo de Ana Acuña sobre a correspondencia mantida entre Virxinia Pereira Renda e a familia de Ramón Otero Pedrayo
Fonte: FFERNÁNDEZ SALGADO, Xosé A. e Aquilino Alonso Núñez (eds.): Non haberá illa, pro hai nome. Homenaxe a Antón Palacio. Vigo: Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo, 2019; 149-160.
Virxinia Pereira e a súa dimensión literaria, analizadas nas xornadas sobre Castelao
Fonte: Faro de Vigo, (6 de novembro de 2014)
Artigos de Ana Cela en Faro de Vigo sobre Virxinia Pereira
Fonte: Faro de Vigo, (4 de novembro de 2014)
Mulleres e memoria histórica, por Aurora Marco
Elaborado con motivo da aprobación da Lei 52/2007, de 26 de decembro, pola que se recoñecen e amplían dereitos e se establecen medidas en favor de quen padeceu persecución ou violencia durante a guerra civil e a ditadura.
Noticia sobre o traslado dos restos de Virxinia á Estrada, para repousar co fillo
Fonte: La Voz de Galicia, (30 de marzo de 1986), 19
Xosé Porto Matalobos escribe en El Correo Gallego sobre Virxinia Pereira
Fonte: PORTO MATALOBOS, X.: «Virxinia de Castelao», El Correo Gallego , (25 de decembro de 1976)cite>El Correo Gallego
Noticia da morte de Virxinia publicada no n.º 513, de 1970, A Nosa Terra
Fonte: A Nosa Terra, 513 (1970)
Información sobre o pasamento de Virxinia Pereira en La Voz de Galicia
Fonte: La Voz de Galicia, (24 de decembro de 1969), 11
Noticia en El progreso sobre a visita de Virxinia Pereira ao Museo de Lugo
Fonte: El progreso, (21 de agosto de 1966)
Información de A Nosa Terra sobre a asistencia de Virxinia Pereira á homenaxe ao doutor Irujo
Fonte: A Nota Terra, 465 (novembro de 1941), 1
Homenaxe a Virxinia Pereira en Unión Estradense
Fonte: Unión Estradense, (8 de maio de 1841)
Ligazóns de interese
X.L. Méndez Ferrín escribe sobre Virxinia Pereira en Faro de Vigo
Fonte: https://www.farodevigo.es/opinion/2020/03/16/virxinia-pereira-15285317.html
Méndez Ferrín, X.L:: «Virxinia Pereira», Faro de Vigo, (16 de marzo de 2020)
Entrada de Virxinia Pereira, de Olimpio Arca, no xornal de Tabeirós-Terra de Montes
Fonte: https://www.tabeirosmontes.com/virxinia-pereira.html
A memoria das Mulleres. Polidíptico sobre Virxinia Pereira Renda
Fonte: https://www.dogrisaovioleta.gal/publicacion/polidipticos/
Epístolas de
Carta de Valentín Paz-Andrade a Virxinia Pereira (1950)
28 enero 1950
Sra. Dª VIRGINIA PEREIRA RENDA
Viuda de Castelao
Buenos Aires
He querido, estimadísima Virginia, dejar pasar los primeros días que siguieron a la desgracia que nos conturba a todos, para escribirle. Aunque nada eficaz, para consolarla, pueda decirle, y aunque haya procurado expresar en la esfera del público, el dolor de lo que Galicia ha perdido, los deberes de la fraternidad no se agotan ahí. He de seguir cumpliéndolos que estaban más próximos a su corazón.
Creo que este es el mandato que nos legó, aunque no lo haya escrito. Y como toda otra reacción es inútil, hemos de resignarnos a que viva en nosotros lo que con tanta maravillosa fecundidad ha vivido en él, incluso los vínculos más arraigados del afecto personal.
Supongo que es prematuro hablar de los propósitos a realizar, en días más o menos próximos. Cualquiera que sea el momento y la prestación que yo pueda rendir, escuso decirle que la tiene en sus manos, con la más sincera y cálida devoción.
Todos desde aquí hemos seguido su drama, pendientes día a día de cada evolución hacia lo irremediable. Mi mujer, aunque no llegó a conocerla personalmente, ni conociera a Daniel más que a través del fervor que en mí veía encendido, está tan identificada como yo en su dolor, y tiene el más vivo deseo de ayudarla a conllevarlo.
Aún no hemos recibido carta de Clemencia y Sara, con posterioridad al telegrama y carta que a raíz del fallecimiento de Daniel les dirigimos. Le he enviado el ejemplar de “La Noche” que publica el artículo mío, que supongo habrá recibido ahí por correo aéreo. También envié otro ejemplar a Camilo, al que procuraré ver en Madrid dentro de pocos días. Espero que publiquen en la revista “Destino” de Barcelona otro artículo, más amplio, que les envié, con una fotografía del sepelio y otras. Recibirá ejemplares de cuanto se vaya publicando.
Dentro de unos días, acaso el domingo 5 de febrero, se celebrará en la iglesia de Santo Domingo de Santiago, donde algún día reposará Daniel, una misa ofrecida por los amigos de toda Galicia. Aunque no de una manera ostensible, se ha procurado limitar la organización de estos actos, y de otras demostraciones de sentimiento popular. Desde Santiago pienso volver, con María del Pilar, por Rianxo, para saludar a las hermanas, ya me han impedido ir el día de los funerales celebrados allí motivos ajenos a la voluntad de todos, que se adivinan. De Vigo irán a Santiago ese día muchos amigos.
Reciba la más viva demostración de afecto de su amigo incondicional
Valentín Paz-Andrade
Carta de Virxinia Pereira a Valentín Paz-Andrade (1951)
Bos Aires, II-04-1951
Moi queridos e lembrados amigos: Xa vai sendo tempo de que lles acuse recbio do seu garimoso envío, e nin que decir do moitísimo que llo agradecin. Igoal que a Pedriño o manxador, persoaxe cen por cen da novela “Os dous de sempre”chegou a min tamén o paquete das lambetadas. ¡E que lambetadas! Por que si ben é certo que as conservas regalan os ollos e o paladar,nada menos se pode decire de istos ben amañados e sabrosísimos turróns que na volta do tempo e en virtude da grande atención de vostedes, traéme de novo a frescura e ledicia do seu sabor. Denantes eiqui pol-as navidades chegaba de toda isa clase de larpeiradas e con elas se axeitaban a gusto as típicas festas “hogareñas”, mais agora todo cambiou, e nin chisco se atopa de nada de iso. Todo e xa, feito con maní e mel (Industria Argentina) o que abofé non concorda cos calores abafantes que nesa data se deixan sentir. Estos terán de ser cousa estrana para nós, estando tan afeitos como estamos a pasalas con xiadas e crucas invernías, que son a razón creo eu, da quentura espritual que se sinte nos nosos fogares, na fermosa noite de noite boa, que fica xa pra min na eternidade.
Tamén lles agradezo moi intimamente, como poden supoñer, a súa lembranza na data tristeira do aniversario. A fironte visión do noso calvario estivo acesa, removendo eisi na miña inmensa door os intres sin remedio en que pouco a pouco fun vendo esnaquizarse as nosas millores ilusións as nosas últimas espranzas vividas ainda xuntos, e sobor de todo aquel seu sospiro derradeiro que non esquecerei endexamais pol-o ben espetado que quedou no meu peito. Xa despois...voltei a entregarme docemente a esta arrepiante realidade que non ten trasacordo, i eisi dia tras dia, en espera constante do miragre que me deixe entregarllo a Terra.
Lein todol-os artigos a que me fai referencia na sua carta, e dende logo penso como vostede de que “La Noche” e o “Ideal Gallego” son os que fan a millor e mais ampria información. O “Faro” pouco ou nada. Tamén Xerardo mandou un bo artigo, que por ter chegado un pouco tarde paréceme que non se publicou e non sei se agora lle darán cabida en algún outro xornal. Non se pode dudar de que o sentimento de esa perda foi unánime e bastante sinceira en todos lados, i eu síntome por todo elo satisfecta e moi agradecida mais de ningún modo feliz, como pensa e di al´gun non con mala intención. Iso...soio con el era logrado.
Estou ao tanto da doenza da miña irmán Sara, cuia recaida preocúpame bastante. Esas dúas irmáns que foron sempre como duas nais para min, téñenme en constante sobresalto pol-os seus moitos anos. Clemencia está con vivos desexos de que se arranxe axiña o asunto do Banco, creendo sin dúvida que teño ali un grande capital cuios intereses contan elas disfrutar, na seguridade que eu non lles negarei esa pequena axuda considerando o moito que subeu a vida, i elas non contan con demasiados recursos para enfrentala. Pero vostede sabe de abondo amigo Valentín, que aquel meu inmenso Danieliño non foi endexamais “axeitado”para ser dono de moitos cartos por que non lle interesaban, de modo que o único que alí temos, é un pequeno fondo, froito do traballo honrado que nos deixara o noso benquerido pai, e que o tíñamos como unha reserva pra un posible apuro na nosa vellez. Meu pai tiña sona, e dereitos de abondo para sere un home platudo como dicen acá, mais ocurreu que eisi como na súa profesión de abogado era un licne e moi intelixentísimo, non daba unha en canto de negocios se tratara os que apesares do moito que lle atraían foron de contínuo catastróficos para il. Neste xogo perdía os cartos con impresionante serenidade, sin que lle servira de escarmento ver como a tallada (por feito natural) ía caer dereitiña nas mans dos “profesionaes” cuia “boa fe” non quixo nunca luxar nin tan siquera cunha cativa duda. “Zapatero a tus zapatos” e como meu bo pai non entendía ren de nada de eso, foi eisi como as súas finanzas turraron pra abaixo en vez de turrar pra arriba. Mais o fixo el, ben feito está, e si lle conto toda a hestoria, e pra que vostede se decate de que alí non hai ningún capital sinón un pequeno aforro que sinto por Clemencia. Prégolle que cando chegue a saber algo de ise asunto, no comunique por favor, pra tranquilidade das miñas vellas.
¿Que me din do simpático Alfonsiño? ¿Atópase xa ben restablecido da súa doenza?Hai que coidar moito a ese Valentín do futuro a fin de que non se perda esa semente. Pilariña, fixen o reparto dos teus saúdos entre estes tan bos amigos, quedando moi agradecidos por elo. Coidei non esquencer de darlles en galego a Alonso Rivas, e dígoche que se lle iluminaron os ollos cando lle dixen que ao facelo eisi, era por especial encargo teu.
Os libros dos “Cruceiros” van de a pouquiño debido as dificultades que hai pra mandalos, pero aínda eisi, aproveitan ben as posibilidas que se presentan. Sin que lle cause demasiada molestia, ei de estimarlle amigo Valentín que me faga chegar algún exemplar do albúm “Nós” para cubrir certos compromisos que se me presentaron. Moitas gracias.
Moitos e garimosos bicos a Alfonsiño, e pra vostedes unha estreita aperta e saudos de esta agradecida amiga.
Virxinia.
Carta de Valentín Paz-Andrade a Virxinia Pereira (1951)
VIGO, 19 San Johan 1951.
Inesquecente Virxinia:
Recibimos as súas derradeiras cartas. Quero contestar axiña no referente ao asunto dos bens de Daniel (q.e.p.d.), pois maxino a ansiedade de Vde.
Como xa sabe había orde de os subastar, por consecuencia do expediente de responsabilidades políticas. Consigueuse que o Xuzgado informara a Madrid no senso de que non tiña valor apreciabre, dado o tempo transcurrido e o armacenamento en ruins condicións. Entón desistiron, mais adxudicándose ao Museo de Pontevedra os cadros alí depositados, cuios resguardos obran en poder de Clemencia. Así resulta d-un edicto pubricado no Boletín Oficial da provincia.
Non puiden falar con Filgueira d-este aspecto do asunto, a pesar de tental-o varias veces, mais teño entendido que fixo manifestacións de que se trataba d-unha adxudicación simbólica, e que sempre estarían as obras en dispor de quen tuvera dereito a elas. Agardando topal-o un día en Pontevedra e comunicar denantes a Vde. o resultado da conserva, de acordo con Clemencia, abstúveme pol-o d-agora de facer uso do poder, pra recramar en terceria a metade da obra que fixo durante o matrimonio, pois pertenece legalmente a Vde. Así están as cousas, e coido poderlle decir máis dentro de pouco tempo.
Josefina estuvo en Pontevedra, falou con Ramón Otero e con Baltar. Non sei, pro sospeito, que recolleu algunha cousa das que toparon na casa. Tamén estuvo en Vigo e veu a verme, mais en concreto nada me dixo das cousas que pudera ter recollido, limitándose a falar dos bens de Rianxo, que tamén foran embargados.
Teño estado no Banco de España, en Pontevedra, c-os resguardos que Clemencia me falcilitóu. Por efeito da mesma responsabilidade venderon a metade dos valores, que estaban ao parecer en depósito indistinto a nome de Vde. e d-el. O saldo que deixaron pouco máis debe ser de 12.000 ptas., que a Clemencia parece moi pequeno. Teño combinado con ela que me acompañe un día a Pontevedra, pra acrarar no Banco as cifras e exprorar por si hubera algunhos outros valores.
De momento e canto lle podo informar.
Como hoxe teño que saír para Madrid, onde estaréi o resto da semán, a volta irei a Pontevedra e procuraréi ampliar a información d-esta carta.
Sara está xa totalmente reposta e Clemencia tamén atópase ben.
Alfonsiño e Pilar envianlle as máis acesas saudades, co mais fondo afecto do seu sempre incodicioal,
Lembranzas aos Prada, Puente, Silva e demais amigos.
Carta de Virxinia Pereira a Valentín Paz-Andrade(1951)
2-07-1951
Sr. Don Valentín Paz-Andrade
Moi lembrado i estimadísimo amigo: Recibín carta de Ramón Otero, dándome conta de que o xuez de Pontevedra decretóu xa a liberdade das nosas cousas. Ista noticia que de por si debera alegrarme dado o que ises obxetos representan pra min no terreo sentimental, cáeume pol-o contrario demasiado pesada, ante o temer da aititude que as miñas cuñadas poden tomar en vista de que eu non dispoño de ningún documento escrito. Díceme algún con moito respeto, que foi unha grande falla de previsión, i eu contéstolle que tal vez, pero que endexamais censurarei nin recriminarei, a quén con falla ou sin ela, está pra min por enrriba de todo. Este aparente discuido, obedece somentes a súa excesiva boa fé, que lle fixo confiar demasiado en quén, imos ver agora, si merecían ou non a súa confianza. Miñas cuñadas e mais eu, levamos no íntimo das nosas concencias, o TESTAMENTO MORAL que nos deixou o noso incomparable Castelao. Declara él, que de conformidade conmigo, facía renuncia a herdanza que lle correspondera dos seus finados pais (E.P.D) cedéndolla voluntariamente as súas irmáns, pra que estas en adiante souperan respetar a recoñecer os meus dereitos únicos sober de canto poseiamos en común íl e mais eu. Violalos, nin tan siquera discutilos, sería tanto como traizoar os seus propios sentimentos e a súa vountade, i este francamente non podo esperalo de elas, que ademais en certo modo son moralmente responsables de que seu irmán (facendo confianza en elas), non sentira agoiros apremiantes por formalizar unha cousa que contaba xa segura.
Vostede amigo Valentín, ten un poder meu, y eu conto coa grande confianza que vostede me inspira, pregándolle moi encarecidamente que me tome este asunto nas súas mans. Ogallá que co pensamento posto no benquerido Castelao, se dispoñan como espero, a cumplir diña e moralmente co seu deber.
A súa obra artística, ten que ser salvada e respetada. A derradeira disposición do seu autor, reclama que pase a ser PATRIMONIO DA SÚA ADOURADA GALIZA e ista disposición hai que acatala e cumplila hasta por enrriba da misma lei. Vexan pois por favor, o modo de acadar as cousas que anden espalladas e depositalas no Museo onde xa está unha boa parte dos seus traballiños. Probe o meu Daniel. Vostede pode estar ben seguro de que íl a de agradecerlle con fervor tantas molestias e atencións e pol-a miña parte non podo máis que decirlle, gracias meu bo amigo moitas gracias.
¿Parécelle ben de poñerse a falar con Ramón? Hoxe tamén lle escribo a íl. Non puiden facelo máis antes porque andiven medio doente.
Dígalle a Pilariña que esta carta non vai para ela, porque o tema non é certamente moi seductor. Mais seipa que a lembro de cote e o mesmo a ese grande Alfonsiño que vexo medrar día a día. Pra eles dous unha estreita aperta e vostede cun especial e agarimoso saúdo reciba a fonda gratitude desta amiga.
Virxinia.
Prégolle de moi corazón non deixe de dicir canto haxa sobor de este asunto. Olvidábame decirlle que o pequeno fondo que hai no Banco, aínda que figura a nome dos dous, foi o que me deixóu o meu pai (e.p.d).
[Manuscrito] Estou esperando carta das miñas irmáns. Non sei que lles pasará pra tardar tanto en escribir.
Carta de Virxinia Pereira a Valentín Paz-Andrade (1952)
Bos Aires, 19-II-1952
Sr. Don Valentín Paz-Andrade
Estimado amigo:
Teño no meu poder a súa carta data 10 de outono, e un soio exemprar do album “Nós” en vez de dous que vostede me confirma. Véxome pois, na forzada obriga de manifestarlle, que seu amigo portador do encargo, non seupo cumplilo axeitadamente, nin tuvo tampouco intrés en falar conmigo. Claro…
Eu conto con eses exemprares que vostede garda, -facéndome o favor grande de os ir mandando aproveitando oportunidás-, para cubrir varias das moitisimas atencións que eiquí levo recibidas, e somentes de ise modo podrei agradecer en parte. Sei ademais, (de elo estou ben segura) de que esta xente sempre tan boa é tan xenerosa, a saber valorar i estimar ese traballo do irmán inesquecido, sendo para min de inmensa satisfación o poder darlles siquera unha proba da miña sinceira gratitude.
As contas do Banco parece andan un pouco trabucadas, por que non van de acordo a que vostede me deixou, con outras que miñas irmáns me mandaron fai pouco tempo. Nin vagar tiven a repasalas, e poder decirlle en que consiste a diferencia. Será n-outra volta.
Estou bastante doida do proceder do aboagado José Lino Sánchez, pero confío en que algún día podrei falar a gosto…Asombra, o cativo conceuto que teñen algúns homes de diñidade e da amistade.
Supoño que do viaxe a Italia, votlarían encantados e con desexos de recuncar, xa que según din, Roma ben merece unha misa.
Agarimos a Pilar e Alfonsiño, e pra vostede moitisimas gracias e un saudo moi afeutoso da súa amiga,
Virxinia.
Carta de Virxinia Pereira a Valentín Paz-Andrade (1953)
Bos Aires, 26-08-1953
Sr. Don Valentín Paz-Andrade
Moi estimado amigo:
Na duda de que vostede estivera fora de Vigo cando recibin carta de Pepe Núñez perguntándome si preciso de algo que íl poida xestionarme denantes do seu regreso a Bos Aires, aproveitei de escribirlle sobor dun asunto, pregándolle que se entrevistara con vostede para expricarlle canto eu lle decia na miña non sei si se atoparon ou non, e por iso decido enviarlle ta´men as presentes liñas, por sere urxente a razón que me obliga a elo. Fai días recibin un aviso, no que me comuñican que a sepultura nosa de Pontevedra onde está enterrado o meu pequeño fillo, venceu xa os 25 anos que tiñamos pagados, o día 17 de agosto pasado, sendo necesario, -o mais axiña posibre-, renovar outro pago a fin de non me expoñera a piores males, ademais de parecerme xusto o que se me exixe. Necesito pois de vostede amigo Valentín pra que me faga o grandismo favor de interesarse n-este asunto, que confio nas súas máns segura de que o arranxará e por que ademais non vexo modo de poder sustraelo a esta nova molestia toda vez que miñas irmáns nada poderán facer non dispoñendo dun poder meu que non teñen. Por razós de sentimento que non son do caso espoñer agora, eu desexo, e debo mercar dita sepultura a perpetuidade, quitándome eisi unha preocupación que non me deixa acougada. A cantidade que se precisa pra facer efectivo ise pago (a perpetuidade) e, p-olo visto de 2.500 pesetas, que vostede fará o favor de sacalas da miña conta corrente igoal que fixo n-outra ocasión, xa que a min convenme mellor pagar con pesetas que deprenderme de pesos…vostede me comprende. Sara e Clemencia atópanse en Vigo na cansadora faena de levantar súa casa, de modo que se precisa d-elas pra algún dato sobor do panteón, penso que ainda seguirán por Vigo durante un tempo mais. Gracias por todo amigo Valentín, esperando de vostede algunh-a noticia. Esta deslabazada carta, débese a unha rapaciña que teño aquí e non me deixa en paz.
Coida que aínda estarán disfrutando dun lindo tempo, que pronto se revirará pra vir cara a nós que ben o merecemos despois da invernia cura que soportamos este ano.
Xa saberá da laboura formidabre que desenrolou García Sabell durante as xornadas galegas, e o recordo gratísimo que deixou no corazón de xente de eiqui. Intelixente, bo, e galego cen por cen.
¿Que dice e que fai Pilariña? Reciba ela, Alfonsiño e vostede, unha aperta fonda d-esta amiga que os lembra con agarimo.
Sempre Virxinia P. de Castelao.
Carta de Virxinia Pereira a Valentín Paz-Andrade (1954)
Bos Aires, 4-02-1954
Sr. Don Valentín Paz-Andrade.
Amigo Valentín:
Sin saber quen foi o portador do seu encargo, por que como eu non estaba na casa deixoulle a encomenda a unha veciña amiga, recibin onte, as sabrosisimas e “tradicionales” tortas que vostedes tan xentilmente me fan chegar en cada ani-novo. Non sei como lles agradecer esta lembranza garimosa que teñen sempre para min, concretándome a darlle gracias, moitas gracias. Baixo a calor abafante, casi insoportable, de este día, escribo as presentes liñas, que ademais de gratitude levan meus sinceiros desexos de felicidade pra vostedes. Ogallá que os seus tamén se cumplan con respecto a nos, deparándonos axiña as dozuras e descanso da Terra. No meu afán ou “tolería”, penso que tal vez ese miragre pode chegar a producirse...
Non sei si terá recibido unha carta que fai xa moito tempo lle escribin.
Despídome, con un abrazo para os tres, que lles envía con agarimo
Virxinia P. de Castelao
Carta de Virxinia Pereira a Valentín Paz-Andrade (1955)
Bos Aires, 25-0I-1955
Sr. Don Valentín Paz-Andrade
Moi estimado amigo:
Non se decata do moito que lle agradecín a súa garimosa lembranza estando a voar sobor do Atlántico-o mar ancho, xa vedad pra min- alegrándome que despois do seu mañifico viaxe tivera un retorno feliz á Terra.
Non sin certo sentimento, debo decirlle que ainda non tiven a tan esperada oportunidade de poderme deleitar co seu poema adicado ao noso querido ausente no seu 50 aniversario, porque según noticias que teño, queren vir a entregarme persoalmente un exemplar encuadernado, etc..., razón pol-a cual ando un pouco atrasada... De calisquera modo, e non descoñecendo xa os xuicios autorizados e comentarios de loubanza sobor do meu admirable traballo, eu adiántolle a miña emocionada e sinceira felicitación, segura de que me sentirei gratamente conmovida ante a súa sempre fermosa e suxestiva forma de expresión. Alá se foron xa cinco anos de silenzo, que representan pra min cinco anos de loita interior, calada e sombría, esperando...esperando...
Y agora, que se me presenta ista oportunidad de lle escribir, vou a pedirlle un favor importante pra min, segura de que vostede vai a resolvelo prontiño e favorablemente. Está por sair eiquí, unha pequena “pichincha” na que estou interesada sempre que para elo conte coa cantidade precisa e que tal vez quedaría redonda si vostede poidera conseguir, e mandarme, íses cartos que vostede sabe onde están. Sentiríame, íntima, e moralmente satisfeita, si n-esta “grande aventura” poidera valerme con forzas proprias sin pesar de novo na “economía” dos sempre tan xenerosos amigos. Confio pois, en que de ista vez, vai a contestarme o mais axiña posible, enviándolle anticipadas gracias, por iso, e por todo o demais.
Para Pilara e Alfonsiño, vai meu agarimo e unha paerta, extensiva a vostede coa miña fonda estimación.
Sempre Virxinia P. de Castelao
Carta de Virxinia Pereira a Valentín Paz-Andrade (1955)
Bos Aires, 7-02-1955
Sr. Don Valentín Paz-Andrade
Moi estimado amigo:
Supoño no seu poder a miña derradeira carta. Escríbolle novamente, pra lle confirmar a corrente de entusiasmo coleitivo, e as “marmuracios” afervoadas que se están a facer con motivo dos formidabres poemas que como homenaxe a data –sempre doorosa—do 7 de xaneiro, escribeu vostede co mellor do seu sentimento, e foron belidamente editados pol-o Centro Galego n-este 50 aniversario. As ilustracións, parécenme ben logradas.
Dados os cativos coñecementos que eu teño sobor do subrime arte da poesía, direille somentes, que me sentín francamente maravillada ante o “golpe” de insuperabel inspiración con que vostede nos dá a coñecer a nova modalidade da súa indiscutida persoalidá tan maxistralmente exposta, n-este emocional e solene “PRANTO MATRICIAL”/Que fermosa lembranza/Que belido o final/Cando ti chegues pol-o mare/... /Canto ti chegues pol-o mare/...Meu carisimo Daniel/.
Con bágoas de serea door e infinita gratitude, envíolle meu querido amigo unha emocionada felicitación, e do meu corazón galego vai unha aperta fonda extensiva a Pilar e Alfonsiño.
Virxinia P. de Castelao
Carta de Valentín Paz-Andrade a Virxinia Pereira (1955)
Bogotá, 26 febreiro de 1955.
Sra. Dª VIRGINIA PEREIRA, Viuda de Castelao.
Buenos Aires.
Ben lembrada Virginia:
Recibín en Vigo a súa derradeira carta, dous días denantes d-emprender o viaxe a esta terra, empalmando c-unha seman preparatoria en Roma. Debo seguir eiquí até fins de maio, desempeñando unha misión de asesoramento cerca do Goberno, que me foi confiada pol-as N.U.
Non houbo tempo, pol-o tanto, pra tomar providencia algunha, sobre do diñeiro depositado no Banco de España de Pontevedra. Como xa lle espriquéi algún día, aos fondos retidos pol-o Instituto Español de Moneda Extranjera, e non se poden mover sen autorización previa. Eu non pedín senon a referente as cantidades retiradas pra Clemencia e Sara e pro pago da sepultura do neno.
Imaxino que, aínda non sendo cantidade grande, non concederán autorización pra retiral-a toda. Salvo que se xustificara a súa inversión en España, na compra d-algun ben o una construcción d-unha obra. De todol-os xeitos, como dende eiquí non é doado que eu faga ren no asunto, para cando volva a Terra pode dispoñer o que coide mellor, y-eu tentaréi facel-o.
Aínda non recibín o “Pranto Matricial” imprentado. Formalmente nin siquera séi se foi editado. Teño vivo anceio de ollar o libreto, se ao fin o fixeron.
Como de outubro a decembro estuven no México, e despois apenas sete semans en Vigo, nada sei de Clemencia e Sara. Coido que estarán ben.
Pilar é facil que veña a Bogotá pra retornar conmigo.
Se van por xunto de Vde. Sabela e Xosé, moitas apertas. O mesmo a familia Prada, e dígalle a Rodolfo que se ven pol-o Norte non se esqueza de que estóu eiquí, un pouco asombrado pol-as neboas que envolven os cerros de Montserrate e Guadalupe. E tamén pol-a choiva, que non se parece a nosa...
Co máis cordial agarimo para Vde. de
Valentín Paz-Andrade
Residencias Deauville.
Calle 18, 14-36.
Ou apartado aereo 38-68
United Nations.
Carta de Virxinia Pereira a Valentín Paz-Andrade(1957)
Bos Aires, 30-08-1957.
Sr. Don Valentín Paz-Andrade
Meu querido amigo:
Como na derradeira visita de despedida, apenas si tivemos tempo de falar de nada, e por isa razón que lle escribo esta carta, primeiro, pra lle agradecer de novo e con xustificada amoción, a fermosa adicatoria que subscribiu n-este exemprar do maxistral “PRANTO MATRICIAL” que tanto valor representa para min, logo, para confirmarlle a grande simpatía que me inspirou o seu Alfonsiño (máis ainda despois de saber o bon galego que resulta) e por último pra lle pedir un favor de que me esquencín na nosa “fugaz” entrevista. Desexo, que das 12.846,66 ptas que según nota de vostede, -data 26 de marzo derradeiro-figuran na miña conta do Banco, queira tomarse a molestia de lle enviar 1.000 a Clemencia, calle Valencia 23 Salamanca, outras 1.000 a unha sobriña que teño, afillada benquerida do meu Daniel, que se chama Paz González de Cot que vive en Barcelona Av. José Antonio 753-bis-4º-Ia, e as restantes (deixando dende logo un mínimo pra non pechar a conta) sne, pra que mas remita a min según temos falado, en canto poida facelo. Coido, que despois de estas molestias que agora lle “impoño”pasará tempo sin necesidad de cansalo novamente. Gracias por todo, pregándolle noticias sobor do particular.
¿Que tal anda Pilar co seu “cego”?
Para os tres, unha fonda aperta da súa amiga
Virxinia
[Manuscrito] ¿Fixeron un bon viaxe de regreso? Alegrareime moito.
Carta de Virxinia Pereira a Valentín Paz-Andrade (1958)
Bos Aires, 17-01-1958.
Moi estimado amigo:
Gracias, pol-a sua garimosa lembranza nas datas sempre doentes para min, retribuíndolles eu cos millores desexos, os seus de que iste aninovo recén comenzado, nos colme de boa ventura e boa sadiña en particular.
Aproveitando ista circunstancia de lle escribire, e como nada me di en col a unha carta que a poucos días de se ausentaren vostedes de este país lle mandei a Vigo, volvo a insistir hoxe sobor de aquel asunto, por coidar, que unha vez solucionado, evitará que o moleste novamente en moito tempo. Meu pedido era, i e, de que cando vostede pase por Pontevedra, faga por “roubarlle” un instantiño as suas ocupacións, pra lles mandar da miña conta do Banco (18.846.66 ptas anotadas en carta sua data 26 de marzal 1957) 1.000 a Clemencia, calle de Valencia 23 Salamanca, e outras 1.000 a unha sobriña, afillada benquerida de Castelao, que se chama Paz González de Cot, que vive en Barcelona Av. José Antonio 753-bis-4º-Ia. Como as “favorecidas” co premio de 1.000 pesetas, saben que as tiñan que recibire por meio de vostede, están un pouco alarmadas, a medida que o tempo pasa sin que “aquelas” cheguen a seu poder. Apúrese pois, canto poida, amigo Valentín, e reciba mooitas gracias por elas e por min. As pesetas restantes da conta corriente, son pra que, mas remita a min, según conviñemos cando falamos, e como dentro de poucos meses chegará de visita a isa incomparable TERRA un amigo común noso, penso que por íl será o mellor modo de remitirme isa cantidade. E novamente gracias.
Por eiquí o vrán anda un pouco tolo, e as cousas máis ou menos. Conforme as datas das elecuciós vai chegando, máis empioran os ánimos porque a “breva” que por podre que estea todos lle queren incar o dente, cega aos “famentos” de mando, e zorréganse a máis e mellor na propaganda que ese está levando a cabo. Que ruín e que porca é a política. Iamos ben con este goberno de xente seria e decente, i agora preséntase un intre crucial pra a Arxentina. Esperemos.
¿Que tal os trata por ahí a invernía? Supoño que Pilar andará xa ben da súa doenza, e Alfonsiño conquerindo cada intre máis simpatía. Pra eles e vostede unha fonda aperta.
Virxinia
Espero que sea “bo”Valentín, facendo o favor que lle pido.
Carta de Valentín Paz-Andrade a Virxinia Pereira (1958)
Sra. Doña Virginia Pereira Renda
Viuda de Castelao
Belgrano, 2605
Buenos Aires
20 marzal 1958
Sempre lembrada Virginia:
Cando recibín a súa primeira carta, despois do noso retorno, aproveitando o primeiro viaxe a Pontevedra, tentéi dar cumprimento as súas mandas. Outra volta surxiron os trámites, que eu xa tiña percorridos denantes, e supoñía valedeiros pra sempre. Tuven que solicitar de novo autorización de Madrid, que non sempre, nin pra todo, anda de presa. Despois tuven meses atafegados de traballo, con saídas a Barcelona, Madrid e Portugal, que tamén demoraron aquel-as cousas que non se poden encarregar a outro.
Supoño que as destinatarias terán xa hai días recibido o que me ten indicado. Eu aínda non retiréi do Banco as equivalencias, mais procedín así pra non demorar máis. Sei que chegóu a Pontevedra autorización pra retirar até 10.000. Pol-o tanto, si co-a diferenza quere se faga algo pode indicarm-o. Eu non retirarei en tanto agardo suas novas, se coida que ten algunhas a dar sobre d-este choio.
De Clemencia e Sara tuven novas pol-a Navidade. Despois non. Supoñemos que estarán ben.
Pilar pasóu algún meses mal. Agora atópanse mellor. Parece que se vai confirmando a revolta do fígado, e está tratando de sofocal-a, principalmente c-un específico inglés, que vai ben.
Dende hai cinco meses toda a familia ven afectada pol-a enfermedade do meu primo Javier Andrade, fillo maior de Juan Bautista, médico i-escritor de outa calidade. As súas dotes personales e cinco fillos pequeniños, son d-abondo para encher de preocupación a todos. Ten unha doenza renal, pol-o visto indomabre.
Transmita nosas lembranzas aos amigos Pradas, Puente, Picallo, Alonso...e cos mellores de Pilar e Alfonso, reciba o máis cordial afecto de
Valentín Paz-Andrade
Carta de Virxinia Pereira a Valentín Paz-Andrade (1958)
Bos Aires, 8-05-1958.
Moi estimado amigo Valentín:
A miña demora en contestar a sua atenta carta do 20 de marzal, non foi certamente por preguiza, sinón por unha orden termiñante do médico que en vista da outísima presión que me atopou, (máis de 30) obrigoume a un necesario e riguroso descanso, mesmo físico que mental, e non tiven outro remedio que “obedecer”. Agora estou atendida por dúas autoridades médicas, val decir, pol-o mellor que hai no Centro Galego, cada un na sua especialidade. Ambos tomaron este asunto con agarimo e moito intrés, pero...como pol-o visto a miña presión e máis ben de tipo emotivo, velahí que pouca ou ningu-ha espranza poida abrigare…Aló o veremos, despois de que a radiografía, electrocardiograma e análisis en xeral a que fun sometida, dictaminen o que teño.
Vexo, con sinceiro pesar, que tamén vostedes están con natural preocupación seguindo a pasao a doenza longa do seu curmán Xavier, i ogallá que a sua próxima noticia confirme a que todos desexamos.
No decorrer do derradeiro tempo, tiven carta de Clemencia e da miña sobriña Paz, confirmando ambas ter recibido, por mediación de vostede as cantidas de 1.000 pesetas asignadas a cada unha. Quedaron moi contentas, e máis ainda por creeren que esta “americana platuda” pode facer eses miragres sin sagrificio ningún...Mellor deixalas soñar...Pro a vostede amigo Valentín, direille, que como eiquí a vida está que arde cada día máis a pior, agradecereille moito que do resto da miña conta, e decir, que todo o que lle permitan retirar de ela, faga o favor de telo en condicións pra mo mandar, aproveitando o viaxe que Antón Rodríguez, actual Presidente do Centro Ourensán, pensa facer a TERRA en compaña da sua dona. Supoño, que estos, bos amigos de todos, se verán con vostedes e nunc a mellor ocasión podrá presentarse. Eu xa lle falei, e díxome que con moitisimo gusto sería portador de ises cartos.
Arxentina ten xa seu novo Presidente, e ogallá poida arranxar esta difícil situación en que se atopa o país. É unha breva demasiado podre. O día da transmisión do mando, o país viviu unha xornada “escalofriante” de emoción, uns acramando aos novos mandatarios, outros, -unha inmensa multitude- pra ver, acramar e despedirse, aos que se iban, deixando tristura e desalentó nos curazóns, porque, si e verdade qu eno decorrer do seu mandato cometeron algún erro (quén non-os ten) ninguén lles pode negar que cumpriron a sua palabra empeñada, que actuaron con honestidade política e foron SEÑORES con dignidade dende o comezo ao final. O discurso do Presidente electo, pronunciado na asambreia de Lexisladores, foi, o que se dí, unha peza formidabre, e si cumpre, mellor dito, si lle deixan cumprir as moitas promesas expostas, o país está “salvado”. Esperemos.
Alégrome moito, que Pilar siga mellorando da sua doenza, e o simpático Alfonso esté descansando contento tomándose boas vacacións. Pra eles e vostede, unha aperta garimosa da sua amiga.
Virxinia
Transmitín seus saúdos aos amigos, e llos retribuien con agarimo.
Carta de Virxinia Pereira a Valentín Paz-Andrade (1961)
Bos Aires, 29-06-1961
Señor Don
Valentín Paz-Andrade.
Policarpo Sanz, 22
Vigo. GALICIA
Estimado amigo Valentín:
Fai moitisimo tempo que non sei nada de vostedes extranándome ainda máis non ter recibido a sua acostumbrada lembranza na data-endexamáis inesquecida-do triste 7 de xaneiro...Penso que seu silencio deberase as múltiples ocupaciós que pesan sobor de vostede, e sendo esta a razón, é o mellor que lles podo desexar.
Pronto, xa, recibiremos eiquí a grata visita do noso común amigo Sebastián Risco, quén, como saberá terá o seu cargo a grande tarefa das xornadas galegas de iste ano 1.961. Fai pouco tempo, tiven carta de íl. Desexando aproveitar tan boa oportunidade (que non sempre se presenta) prégolle por favor amigo Valentín, que con tempo precure arranxar o resto dos cartos que teño na miña conta corrente no Banco, mandándome por Sebastián isa cantidade que preciso moito para equilibrar o presuposto dos gastos, cada vez máis escandalosamente altos. N-estes días, retomou outra volta, encarecendo todo “perixel” que sempre se regaloou por feixes e agora se vende por peso...Sinto en verdade ocasionarlle a vostede unha molestia máis, pero...teña paciencia amigo Valentín. Como dentantes de informar a Risco sobor do particular, preciso saber de vostede si o choio estará resolto na data en que íl dispoña seu viaxe, prégolle encarecidamente que me escriba unhas breves liñas, que confirmen meus desexos. Gracias.
Como por eiquí non hai nada novo ni diño de sere comentado, despídese hasta outra volta, con unha cordial e garimosa aperta para os tres, esta lonxana amiga que os lembra moito.
Virxinia
Carta de Virxinia Pereira a Valentín Paz-Andrade (1961)
Bs. As. 15-09-1961.
Meu querido amigo Valentín:
Moitas gracias ante todo, por sere vostede o primeiro que me pasou a noticia de haberse representado na nosa querida Galiza a obra de “Os vellos non deben namorarse” aínda que, despois, chegáronme varais cartas confirmando, e coincidindo n-un todo, co seu modo de ver e interpretar a obra. A min, nada se me consultou, porque de habelo feito farialles saber, que, si o propio Castelao contando con persoal axeitado e dirixido por el mesmo, non quedara de todo satisfeito por falla de outros elementos tal como esceario xiratorio etc., paréceme que o aviso sería de abondo, para que o pesnaran mellor denantes de presentala ao noso púbrico, sin contar con todo o necesario que a obra en si requería. As caretas, que era o primordial da obra. Pero como non se consola o que non quer, diremos que a cousa quedou un pouco compensada si se ten en conta que se dou a coñecer na propia TERRA, onde, pese a todo e a todos, o nome do noso Castelao como vostede dice moi ben, sigue movendo moitedumes, e a súa groria mantense firme e lumiosa. Gracias pois amigo Valentín, pol-o seu intres en darme de inmediato tan grata noticia.
Felicito a Pilar e a vostede, por o maravilloso viaxe que estiveron a facer porque certamente non foi eisí como ir ao FERROL poño por caso. Moitas serían as cousas que trouxeron pra contar, e será interesante que o próximo viaxe poidan facelo a lua...
Sobor das pesetas de que lle falei, espero que aproveitará a mellor oportunidade pra facermas chegar. Anticipadas gracias. A carta de que lle falei notando a sua ausencia na data do 7 de xaneiro, non dubido de que non se esquenceron, e debeuse a que por aquel entonces, tivemos unha folga de carteiros extraviándose moita correspondencia.
Suspendo, porque veñen a buscarme pra un cumpleanos ao que non pode deixar de asistir.
Reciban os tres a miña lembranza garimosa con unha aperta de esta lonxana amiga.
Virxinia
Carta de Virxinia Pereira a Valentín Paz-Andrade (1962)
Bs. As. 8-01-1962.
Moi estimado amigo Valentín:
Acabo de me enterar do serio accidente que vostede sofriu, e apresúrome a ponerlle estas breves liñas para que canto máis antes poidan, me digan como se atopa. Sabe de abondo que o estimo de verdade, e por elo a miña impaciencia de saber asiña de como vai isa saude. Catro letras serán de abondo, e como vostede non podrá, impóñolle ese sagrificio a Pilar, Alfonso o calisquera, desexando que elas me traian boas noticias.
Con unha forte aperta pra todos, despídome hoxe co sentimento do que lle ocurriu. Que me escriban asiña.
Sua sempre boa amiga,
Virxinia
Carta de Virxinia Pereira a Pilar Rodríguez de Prada (1962)
Bs. As. 18-01-1962.
Mi querida Pilar:
Agradecí sinceramente las líneas que me has enviado respecto al estado del pobre Valentín, porque como aquí corrieron versiones distintas, ahora por lo menos (y aunque con gran pena de mi parte) se cómo se encuentra y cómo ocurrieron las cosas. Las angustias horribles de los primeros momentos, me las imagino, pero tenéis que tratar de olvidarlas en la seguridad de que después de una temporada bastante trabajosa que tendrá que pasar, todo vendrá a bien si Dios quiere, y que es lo que yo de todo corazón le deseo. Esos accidentes asustan mucho, pero hoy felizmente contamos con excelentes especialistas que cortan, remiendan y cosen maravillosamente, dejando las “prendas” como nuevas. Esto será lo que le ocurra a Valentín, porque cuenta con un organismo fuerte, y eso es muy importante en estos casos. También siento muchísimo, que por coincidencia tu te encuentres enferma al mismo tiempo, aconsejándote, que una vez internada, te decidas a la operación para quedar bien de una vez por todas. Ojalá que las próximas noticias, sean todo lo buenas que yo espero y deseo sinceramente, respecto a los dos. Mientras tanto, recibir con mi cariño, un estrecho abrazo que va para Alfonso también.
Virginia
En este momento acaba de hablarme por teléfono María Elena Gulías, encargándome os haga saber con cuanto sentimiento se enteró de la noticia. Sabiendo por mí, de que tu estás internada también, quiere hacerte saber que si no te escribe, es para no molestarte, pero que os envía muy cariñosos saludos.
Carta de Virxinia Pereira a Valentín Paz-Andrade (1962)
Vigo 22-08-1962
Amigo Valentín:
Adxunto envíolle esas cuartelas que me entregou meu sobriño Alfonso pra vostede. Prégolle encarecidamente que tome con intrés este asunto, a fin de que todo quede arranxado o máis antes posible. Gracias, con unha fonda aperta a Pilar e Alfonso sauda a vostede moi garimosamente.
Virxinia
Carta de Valentín Paz-Andrade a Virxinia Pereira
19 de setiembre de 1962.
Sra. Dña. Virginia Pereira Renda
Viuda de Castelao
c/Colón, 35
Ciudad
Querida Virginia:
Incluyo con la presente el escrito que he redactado para enviar a Madrid, y una copia del mismo, que debe recogerse con nota de presentación en la oficina correspondiente.
Ahora, una buena noticia. Acaba de llamarme Álvaro Gil desde Madrid, con viva alegría por las impresiones recogidas respecto a la pensión de viudedad que te interese obtener. En compañía de Alfonsin han visitado al Director de la Deuda y Clases Pasivas, que se mostró inclinado a la concesión. La cuantía de la pensión no se regula por los años de servicio, sino por la categoría administrativa del funcionario en 1936. También puede influir el hecho de que estuviera acogido a Derechos Pasivos máximos o Derechos Pasivos mínimos en aquella época. Parece que la pensión, con los incrementos posteriormente acordados, podría cifrarse en 1.500 ptas. al mes aproximadamente.
Para preparar el expediente es necesario obtener a la mayor brevedad:
a) Certificado del Matrimonio
b) Certificado de Defunción de Daniel
c) Estadística de Pontevedra en la que conste la categoría administrativa que tenía en 1936.
Si tuvieses alguna dificultad para obtener esta documentación, no dejes de comunicármela. De Madrid enviarán la minuta para la instancia que debe ser formulada a fin de iniciar el expediente.
Excuso de decirte cuanto celebro poder comunicarte estas noticias.
Valentín.
Carta de Virxinia Pereira a Valentín Paz-Andrade (1964)
Bos Aires, 1-01-1964.
Señor Don Valentín Paz-Andrade
Policarpo Sanz, 22-2º
Vigo GALICIA
Meu lembrado amigo:
Coas angurias das presentes datas, cuias lembranzas endexamáis podrei esquencer, escríboche estas liñas contestando a tu agarimosa carta que moito agradecín. Retribuio os desexos de felicidade pra o recén nado 1964, desexando eu tamén, que todo na vosa vida siga en marcha ascendente como deica agora.
Non pode negarche amigo Valentín, que foi un intre extremadamente crú, o ter que deixar de novo a TERRA, o fillo inesquecente, familiares e vellos amigos. Despois de unha ausencia de tantos anos como caeron enriba d-un, a laboura de refacer o ánimo pra superar o alcance de isa despedida que pode ser a derradeira, non é demasiado fácil, como tampouco a door d-un día, cando se volva a soedade despois de gostar de novo a quentura familiar… A xenerosidade de istes impagables amigos que ti coñeces ben, poñen a meu alcance toda a súa bondade para que eu me sinta feliz, pero aínda eisí, e queréndolle tanto a este Bos Aires que me dou tantas satisfaccións e doores arreo, meu corazón e meu espritu están na GALIZA que el tanto amou, vivindo de cote co corazón apretado…
Respecto ao que me dis de Álvaro, en torno á recuperación iniciada por íl en Pontevedra, direiche que nada sei, e que dadas as probas de fidel amistada que de el teño recibidas e das súas grandes bondades para conmigo, estou bastante intrigada co seu silencio, cando sabe que se trata d-un asunto de vital importancia pra min. El saberá o porqué de tanta reserva, i eu nas suas sempre eficaces e boas intencións, non me queda máis que saber esperar…o pior son os anos que non se paran. ¿Comprendes?
O vrán eiquí fíxose desear, pero agora chegou en firme e temos días que casi non se pode respirar. Eu pasado este mes de xaneiro que me ten atormentada, penso desprazarme a Mar del Plata onde sempre paso unha temporada que me “despexa o sentido”. Alí n-un chalet que está pretiño da mías linda e tranquila praia o meu ver, descanso soñando que estou ALA. ¿ Que tal a vosa invernía? Ogallá que sea un pouco mais benigno que a do ano pasado.
¿Cómo anda Pilariña? Dille da miña parte, que non perda a costume de escribir tanto e tan longo…Pra ela, Alfonsiño e máis ti, vai unha estreita aperta de esta amiga que sempre os lembra con agarimo.
Virxinia
[Manuscrito] …que eres un pouco “preguiceiro” para escribir prégoche que fagas un esforzo cando sepas algo das xestións de Álvaro. Gracias
Carta de Virxinia Pereira a Valentín Paz-Andrade (1964)
Madrid, 17-11-1964
Querido amigo: Confirmo no teu poder unha carta miña de fai poucos días. Pregábache-encaracedimante-que me fixeras o favor de aitivar o certificado de Estadística, no que consta a categoría administrativa que Castelao disfurtaba alá pol-o ano 1.936. Eu conto con tomar o avión cara a Bos Aires, a partir do día 22 ao 25 (depende do billete) e preciso ese documento denantes de ausentarme de Madrid. Gracias Valentín pero non te me esquezas por favor.
Sei con certa pena, que as miñas cuñadas andan outra vez á facer barullo sin ter razón nin dereito a se meter nas miñas cousas. Eu estou tranquila respetando o que teño que respetar, i e por iso que non me meto na súa vida. É unha lástima que se dexian levar de malos consellos, esquecendo o que non deben esquecer.
Bueno amigo Valentín co meu mais fondo desexo de que todos por aí sigades ben, recibide os tres unha aperta grande de
Virxinia
A ver si te portas ¿eh? Mándoche ese recorte que me mandan de Bos Aires con moita ledicia.
Carta de Virxinia Pereira a Valentín Paz-Andrade (1966)
A Estrada, 25-08-1966
Querido amigo Valentín: un pedido de nai que confía en min como eu confío en ti, é o que me move a escribirche estas liñeas, quedando ela e mais eu, moi espranzadas de que as xestións que ti fagas no noso favor van dar os froitos desexados. Trátase de sacar “adiante” ao rapaz, José Costa Villamarín, sobriño do crego Luís Villamarín Saavedra, a quén eu quero como a un fillo, e que ti terás coñecido durante o derradeiro viaxe que acabas de facer a meu lembrado Bos Aires. Este rapaz que por ser bastante delicado non conqueriu aprobar a materia de Física do curso selectivo, precisa de ti pra que no ´roximo mes de septiembre salga airoso no seu examen. A profesora a quén ten que rendir contas, chámase Doña Inmaculada Paz-Andrade, pensando eu que debe de ser algunha das túas irmáns. Prégoche pois, encarecidamente, que apoies con forza este pedido noso, quedando de antemán, moi esperanzadas e sumamente agradecidas a ti e a túa irmán ¡ É suprica de nai…! ¿Sabes Valentín? Dios que ha de premiarte tan grande favor, pol-a miña parte moitas moitísimas gracias.
Aínda que non teño noticias da nosa xente de Bos Aires, non dudo do teu éxito nas “tradicioales” xornadas galegas. Sentín moito non compartilas como de costume per ocome pensamento seguín todo paso a paso. Teño pensado ir un día a Vigo, e si pega de vernos xa me contarás. Despois de ter pasado en Lugo tres días maravillosos na grata compañía da boa familia Villamarín, pasei outros tres con Álvaro e familia na súa casa de Viveiro, atopándome encantada con eles, e en aquel lugar, que é unha regalía dos ollos. Álvaro con unha bronquitis de órdago, non tivo reparos en levarme rio abaixo na súa ben “acomodada” barca. Onte saímos dirección Cruña onde xantamos, e de ahí a Santiago seguindo en camiño á Estrada. En Lugo visitei o Museo con Álvaro e podo dicirche que quedei encantada. En fin, unha excursión cativa pero con gran emoción, recibindo probas de sinceiro agarimo por parte de vellos e novos amigos.
Como non teño costume de escribir sin máquina non sei si entenderás este borrador. Suspendo pois, con apertas grandes pra Pilar, Alfonso e ti da tua sempre amiga.
Virxinia
Eu estarei por eiquí (Estrada) hasta sobor do 12 de setembro. Despois de esta data, Ibiza 39, 1º Izda. Madrid (9)
Eiquí: Ciudad Jardín 21. La Estrada. Pontevedra
Chao
Carta de Valentín Paz-Andrade a Virxinia Pereira (1966)
Vigo, 7 de setiembre de 1966.
Sr. Dña.
VIRXINIA PEREIRA RENDA
Viuda de CASTELAO
Ciudad Jardín, 21
La Estrada-Pontevedra
Querida Virxinia:
Contesto a túa carta do 25 de agosto.
Recibina unhos días despois do meu retorno de Bos aires. Denantes de partir intentei en Madrid comunicar contigo, mais non te atopei na casa.
Supoño que dos amigos de alén mar terías noticias. Todos foron bos a fartar conmigo. Truxen unha fonda impresión do esprito da colectividade galega.
Sinto ter que decirche que Inmaculada Paz-Andrade, filla da miña prima Adalina, é unha profesora tan ríxida, que nin eu, a quen chaman cabezaleiro da familia, teño influencia sobre ela. De todos os xeitos fixen a recomendación por conducto de meu primo Isidoro, que cecais sexa quen a manexa mellor. Supoño que o exame será despois do 15, aínda que nada me dis en canto á data.
Celebraríamos moito ue antes de retornar a Madrid puderamos verte en Vigo. Si arribas a este porto non deixes de me chamar por teléfono ao despacho, pois aínda estaremos en Samil unha tempada. Alí non hai teléfono.
Pilar envíache moitas lembranzas. Alfonso atópase estudando inglés en Oxford.
Recibe unha cordial aperta do teu incondicional amigo.
Carta de Virxinia Pereira a Valentín Paz-Andrade (1966)
Bos Aires 24-Nadal 1966.
Meu querido amigo Valentín:
Envíoche ese contrato que acabo de recibir con un duplicado que queda no meu poder, pregándoche encarecidamente me fagas o favor de tomarte a molestia de votarlle unha “olleada” e saber eisí si está ou non axeitada a tua conformidade. Como a cuartela onde figuran as enmendas rubricadas por ti non ma mandaron, eu entonces non podo expoñerme a recoñecer un contrato que non veña controlado e avalado por ti. Paréceme que esto é xusto. Si ese que incluio e vai xa firmado por mín como veras, merece a túa aprobación, pídoche o grande favor de que o remitas a seguinte direución: Sr. Don José Ortega, Alianza Editorial S.A. Padilla 22 derecha Madrid (9) Moitisimas gracias Valentín. Confidencialmente debo decirche, que dende os comezos de estas xestións e sempre firme nos mesmos conceutos, o amigo Míguez faloume de unha entrega de 30.000 peseetas cuia suma se me faría efeutiva no intre mesmo de dar eu a miña conformidad sobor do contrato, e percibir un dez por cento das ventas, cousas ambas que están trabucadas (no seu beneficio por supuesto), pero que como eu preciso vivir... pois terei que pechar os ollos e...dar marcha adiante. ¿Comprendes? Estas cousas debéronse resolver en Madrid porque tempo tivemos de abondo, pero velahí como o Bolo amasouse alá, i eiquí cangamos coas consecuencias...
O matrimonio Prada, meu bó amigo e conselleiro eiquí, está ausente. Como por cousas do negocio tivo que viaxar a Chile, aproveitaron as datas Navideñas, decidindo pasalas alá cos fillos e netos. Estrano moitísimo tan bos irmáns. De Álvaro, e Antonia, gardo emocioadas lembranzas porque foron reiteradas as atencións e agarimos que recibín dos dous. Iso non se esquence endexamáis. E ti, que por sere tamén da guardia vella, val decir un fidel irmán, precura conservarte como deica agora xa que por desgracia imos quedando poucos. Sin mais por hoxe querido Valentín, e desexando que tanto Pilar como Alfonso e ti vexades un renacer venturoso no próximo 1.967, recibido unha forte aperta da vosa
Virxinia
Como escribín de tanta presa para ir xantar con un matrimonio amigo non me paro a escribir outra carta un pouco máis limpa e axeitada por que ti eres de confianza e sabes disculpar os meus atropellos. Gracias.
[Manuscrito] Alégrome moito de que o asunto de Míguez vaia “amainando” porque é un bo rapaz e sería inxusto tal castigo. Estando nas túas mans, coidamos que está gañado o “pleito” ¡Que eisí sexa!
En Madrid, póñenme moita presa, pra que lles devolva asiña ese exemprar do contrato. Procura que sexa eisí o antes posibre. Chao
Carta de Virxinia Pereira a Valentín Paz-Andrade (1967)
Buenos Aires, 17-01-1967.
Sr. Don Valentín Paz-Andrade
Policarpo Sanz, 22.
Vigo .
Benquerido amigo:
No meu poder a tua carta, dou comezo a miña agradecéndoche de todo corazón as verbas lembrando coma sempre ao noso inesquecente. Gracias Valentín. Chegarás a saber, que este aniversario resultou máis “completo”, val decir, que a nosa xente como de costume, programou os actos da data 7, namentras o Centro Galego rindeulle seu homaxe no domingo día 8. Según opinión xeral, verificouse con altura, e o discurso do Presidente dicen que foi moi bo, plasmando a figura de Castelao, sin faltarlle “ren” menos a parte política que non contou, porque como tí sabes e ahí precisamente, onde a porca toree o rabo... (Confidencialmente, TIVERON QUE AFOCIÑAR...)
Pasando a outro tema, direiche que, pol-o que vexo fixen ben en mandarche a copia do contrato, porque con esa xente, por formal que pareza, sempre hai que se “coidar”. Como Prada estaba ausente de Bos Aires cando o Sr. Ortega se puxo a fala conmigo, non pudo enteirarse dos termos do contrato deica agora, que ao seu regreso, pudo íl tamén botarlle unha olleada a copia que quedou no meu poder. Opina, atopando dendo logo moi certeira, a túa indicación, de que en dito contrato tense que fixar plazo pra autorización. Ti indicas 10 anos é ben está, pero coida que abondarían cinco. Relendo o orixinal firmado por Alianza Editorial, S.A. dámonos conta de dúas cousas a ouservar: o prazo do que dispondría a Editorial, de 2 anos, pra facer o adianto das 10 mil pesetas (Claúsulas 2 e 3). Pensamos que, o tal adianto, debíano facer ao firmarse o contrato según me tiña dito Alberto Míguez, que xa non era de 10.000 pesetas, sinón que me tiña falado de 30.000 pagadeiras nese mesmo intre...A outra observación, é referinte a clausula 5, entendendo que se debería acrararen que condicións a Editorial exercería o dereito de prioridad. ¿Pagando o que outro poidera ofrecer...? Con estos datos que deixo apuntados, espero de ti me “defendas” dentro do xusto e razonable.
Temos unha tormenta tan brava enrriba, que somentes nos tranquiliza o pensar que servirá pra refrescar un pouco este calor de inferno que estamos soportando. En cambio por carta que recibín de Ramón, e da miña familia, vexo que por ahí a invernía é brava, aliviando un pouco a diferencia entre o que eiquí estamos soportando.
Observando o destartalada que vai esta carta, pídoche que teñas un pouco de pacencia pra ir interpretándoa. E que, a cada tanto estala un trono tan “estrepitoso” que francamente mete medo.
Sin máis nada, e aledándome de que os tres tiredes fortes, recibide unha aperta agarimosa de esta vella amiga.
Virxinia
Carta de Valentín Paz-Andrade a Virxinia Pereira (1967)
Vigo 18 de febrero de 1967
Sra. Doña.
VIRXINIA PEREIRA RENDA
Viuda de Castelao
Belgrano, 2605
BUENOS AIRES
Querida Virxinia:
A túa carta, co contrato de ALIANZA EDITORIAL, S.A., foi remitida a Madrid, cando eu me atopaba na cama víctima d-unha frebe tifoidea. Aínda que agora a cura se fai axiña, o resto dura d-abondo, si ben escomenzo a estar reposto.
O caso foi que a carta non chegou ao seu destiño, e pol-o tanto tes que firmar de novo o exemplar do contrato que che envío, pra deixar éste asunto arrombado.
Agradecereiche que me mandes a folla firmada o mais axiña que poidas, pois quero devolvela a Editora.
Recibe unha forte aperta do teu incondicional
Carta de Virxinia Pereira a Valentín Paz-Andrade (1967)
Buenos Aires, 25-02-1967.
Sr. Don Valentín Paz-Andrade.
Abogado. Policarpo Sanz 22
Vigo.
Benquerido Valentín:
Os Pradas i eu en particular, despois de lamentar sinceiramente a noticia da tua doencia, aledámonos moi de corazón ao saberte “noviño” i en camiño de emprender normalmente as tuas aitividás. Felicitaciós, porque unha tifoidea noné “moco de pavo”, e ti salvácheste dando unha vegada máis evidentes probas da tua inmortalidade...
O máis axiña posible, vai a folla firmada que pasou pol-o control de Prada quén che manda seus cordiás saudos.
E como eu non podo “redimirte” das moitas molestias é persuicios económicos que con este asunto veño “indilgándoche” pois conformate querido Valentín con unha fonda e agradecida aperta da tua vella amiga
Virxinia
Unha grande aperta a Pilar e Alfonso.
Carta de Valentín Paz-Andrade a Virxinia Pereira (1967)
Vigo, 5 de diciembre de 1967
Sra. Dña.
VIRXINIA PEREIRA RENDA
Viuda de Castelao
Belgrano, 2685-7º
Buenos Aires
Querida Virxinia:
Recibo a túa carta do 24 de Nadal. Da lectura do contrato que me remites, despréndese que ALIANZA EDITORIAL, S.A., non respeta algunhas rectificacións e aclaracións que eu fixera.
Unha d-elas limitaba a 10 anos o termino das túas obrigas, ficando despois en liberdade pra facer as edicións que quixeras, no formato do tipo bulso.
Penso que é unha estipulación por tempo ilimiado non se deberá poñer no contrato. É certo que a Editorial obrigase a non ter desgotado o libro por mais d-un ano, condición moi difícil de probar si os titulares do dereito do autor pretenden conquerir a reversión. Escribirei a Ortega n-este senso, mais se non aceptara penso que se debería transixir nos termos en que está redactado o contrato. Xa te informarei do que conteste.
Quero aproveitar a oportunidade pra facer a manifestación que ti xa presintes. Aquela que ao chegar a data do 7 de xaneiro, desperte sempre en nós si e que n-aquel intre adormece.
Pol-o demais, con Pilar e Alfonso –que se atopa agora entre nós –facemos os máis sentidos votos pol-a túa prosperidade e pol-o ben de Galiza no ano que vai entrando.
Recibe unha cordial aperta do teu sempre amigo incondicional.
Audios
ENTREVISTA A ALFONSO FIDALGO PEREIRA SOBRE VIRXINIA PEREIRA
ENTREVISTA A ISAAC DIAZ PARDO SOBRE VIRXINIA PEREIRA Y SOBRE MARIA DOCAMPO
Artigos Virxinia Pereira Renda
PEREIRA RENDA, V. (7/1955) Moi estimados amigos. Orzán. 1ª (7), 16.
Ver carta Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;