CFIG Colectivo Feminista Independente Galego
Santiago de Compostela, 1981 - Santiago de Compostela, 1984Autoría: Sabela Mouriz
Por un feminismo máis alá da igualdade de dereitos
En 1980 o ambiente estudantil de Compostela estaba intensamente politizado debido á eclosión política xestada inmediatamente antes e durante a transición, que puxo fin sen ruptura á ditadura franquista e instaurou esta democracia patriarcal e supostamente igualitaria. Son anos de eclosión e apertura, non só política, senón social, cultural, persoal... Son tamén os anos da alegre movida que truncarán, entre outras formas de reacción patriarcal, as drogas e a SIDA, que se fará sentir especialmente a mediados da década. Acabouse a festa...
Este vertixinoso desenvolvemento político dáse tamén no feminismo, que, despois da reivindicación do divorcio na década dos 70, centrará as súas enerxías durante estes primeiros anos dos 80 na reivindicación do aborto, con numerosas mobilizacións e xornadas promovidas polo feminismo de dobre militancia e apoiado, pero cunha crítica da sexualidade centrada no coito, polo Feminismo Independente.
Un grande acontecemento para o feminismo prodúcese en 1979 durante a realización das II Xornadas Estatais da Muller en Granada o 7, 8 e 9 de decembro, nas que se reúnen máis de 3000 mulleres convocadas pola Coordinadora de Organizacións Feministas do Estado Español. Hai que destacar que unha das características destas Xornadas é a notable asistencia de mulleres feministas non organizadas.
A mañá do sábado 8 de decembro prodúcese un tenso enfrontamento entre dúas tendencias presentes na asemblea: unha, a das organizadoras, para as que o prioritario é loitar por unha sociedade de modelo socialista, única opción posible para a liberación das mulleres, e que identificamos como feminismo de dobre militancia (no partido e nas organizacións feministas e por esta orde); e outra tendencia, que pasará a recoñecerse como Feminismo Independente, que agrupa mulleres que consideran prioritaria a loita contra o patriarcado por ser o sistema que está na base de todas as explotacións e desigualdades e que recean do grupo de dobre militancia por considerar que a súa vinculación cos partidos políticos condiciona a súa actuación no movemento feminista. No descanso para o xantar, un grupo formado por unhas 200 mulleres celebrou unha asemblea improvisada na que redactaron un comunicado que veu a dicir: Nós, que nos consideramos mulleres independentes, queremos facer pública a nosa decepción sobre o desenvolvemento das xornadas, porque cremos que durante estes tres días deberiamos ter discutido os problemas cotiás que se nos presentan ó noso redor polo feito de ser mulleres. Negámonos a asinar un cheque en branco ós partidos obreiros e non nos sentimos representadas nestas xornadas. Unha portavoz deste grupo propón ante a asemblea da tarde a necesidade de que os debates se produzan tamén nos plenos, xa que a organización das xornadas só os permitía nas comisións de traballo; a proposta é rexeitada pola mesa e, no medio dun acusado malestar, 2000 mulleres abandonan en bloque a sala despois de corear durante varios minutos NON É ISTO, NON É ISTO!.
A partir de Granada o movemento camiñará por dúas sendas separadas durante toda a década dos 80. O Feminismo Independente realizará as súas primeiras xornadas en Barcelona en 1980, a estas seguirán as de Vigo en 1981, Donostia en 1982, Valencia en 1983 e Ciudad Real en 1984. Pódense descargar os relatorios de todas elas, incluídas as de Granada, desde a ligazón ao Centro de Documentación de Mujeres Maite Albiz, incluída nesta entrada biobibliográfica. Se comparades a listaxe de relatorios presentados nas xornadas de Granada cos temas tratados nas posteriores xornadas de independentes, comprenderedes a enorme distancia que separaba o feminismo de dobre militancia de nós, as independentes. Non queriamos a ruptura pero non había outro camiño xa que non era fácil chegar a consensos coas feministas de partidos e necesitabamos, como Virginia Wolf, un espazo propio para..., mellor que o diga un dos relatorios presentados nas xornadas de Barcelona: O primeiro paso dunha muller para entrar nese terreo que dáse en chamar o feminismo (e que eu chamaría “as feministas”) é a vontade de “liberarse”, un xesto espontáneo cara ó que non ten, cara ó que non existe, unha insatisfacción, un descontento vital que a empuxa a “facer algo”, só se sabe en negativo, sabe o que non lle gusta, sabe quen non é ela, sabe o que lle gustaría destruír... Posteriormente aparece nela a necesidade de creación teórica, de desenvolver ese “descoñecido”, ese “inexistente”, ese “intuitivo”. As demais loitas de liberación (non todas pero a maioría) posúen un ou máis corpos teóricos ós que recorrer para aprender, contrarrestar, polemizar ou incluso confirmarse. As feministas atópanse cun inicio dalgúns elementos teóricos que aparecen aquí ou alá, disgregados, vacilantes, tanteantes... e inmediatamente revélaselles que non hai seguridade, nin certeza, nin leis feitas, nin mestres, e que van ser elas mesmas quen deberán esforzarse en crealo todo.
Para máis información sobre o significado do Feminismo Independente poden lerse as páxinas 4 e 5 do número 1 de A Saia publicado en xaneiro de 1983 e de libre acceso desde 2014 na Hemeroteca feminista galega, á que podedes acceder desde unha das ligazóns incluídas nesta entrada.
Neste contexto e neste espírito de busca, de incertezas e da certeza en que somos nós mesmas as que debemos crealo todo, nace o Colectivo Feminista Independente Galego (CFIG) en Santiago de Compostela aló polo principio de 1981.
O Colectivo, como a partir de agora nos referiremos á nosa organización, nace cando nos reunimos un grupo de mulleres que vimos de diferentes ámbitos, case todas estudantes universitarias ou recentemente licenciadas, moitas tamén recentemente liberadas do “pai partido”, algunhas escindidas da Coordinadora de Colectivos Gais de Galicia e outras, as menos, xa participaran noutro grupo feminista de Lugo.
Reuníndonos case cada semana, organizámonos de modo asembleario, sen estrutura xerárquica, sen cargos e sen líderes. Todas sumamos, todas achegamos, todas compartimos. Todo o cuestionamos e todo o queremos reinventar fuxindo de vellos modelos políticos imperantes e hexemónicos que, a priori, non nos gustan, non nos serven e non nos representan. Xuntámonos para facer autoconciencia e política feminista. Aspiramos, na teoría e na práctica, á unidade de todas as feministas, á loita conxunta como un obxectivo irrenunciable, algo moi difícil de conseguir porque as compañeiras de dobre militancia só nos ven como “competencia” no mellor estilo partidista. Declaramos o Colectivo como Galego pois, como dicimos no número 0 de A Saia: [...] é obvio que o noso entorno e a nosa realidade é Galicia. No mesmo número declaramos a nosa plataforma aberta a todas as mulleres con desexos de dar unha alternativa global e radical, por considerar o Feminismo como unha opción política pois somos MULLERES Feministas que simplemente imos tomar o noso espazo, o cal vai máis aló da igualdade de dereitos, e dende logo queremos facelo con LEDICIA (Editorial do número 0 de A Saia, marzo de 1982).
Actuamos con innovación e entusiasmo nos debates internos e nas accións públicas sen perder de vista o feminismo político que estabamos a construír: Certo é que existe un lugar para as reivindicacións dos dereitos que aínda se nos negan, pero pensamos que as enerxías feministas teñen que dirixirse sempre contra o sistema patriarcal e, ó tempo, cara á liberación persoal. Como? O reto é elaborar unha teoría propia e crear unha política peculiar que esboce camiños inéditos [...]. Ó longo destes case tres anos ensaiamos camiños lonxe da organización férrea, das xerarquías, do mando, do proselitismo.... Como dirían as queridas compañeiras italianas de Rivolta Femminile: nós buscamos a autenticidade do xesto de rebelión, e non a sacrificamos nin á organización nin ó proselitismo (“Apuntes sobre feminismo independente”, páxina 5 do número 1 de A Saia, xaneiro de 1983).
Existimos, intensamente, ata 1984, cando, á vez que o movemento de independentes no seu conxunto vai esmorecendo, decidimos autodisolvernos porque xa non viamos sentido a continuar. A nosa debilidade foi a falla de estrutura, de organización. É posible que neste aspecto —non ser capaces de inventar unha forma de organización que garantise a nosa continuidade colectiva— estea o maior fracaso do Feminismo Independente ou, quizais, non fose un fracaso dado o impacto que en todas e cada unha de nós tiveron os debates e accións nos que participamos, e que simplemente o noso tempo pasara como pasou a movida e toda a efervescencia dos primeiros anos desta pseudodemocracia. Pero nunca o feminismo tivo máis forza en España nin en Galicia, despois cada unha segue o seu camiño actuando noutros ámbitos, que non desaparecemos de todo, non... nin abandonamos a loita.
Existimos intensamente: teorizando, actuando e... divertíndonos. Hai que destacar que, ademais de co “pai partido”, rachamos coa militancia gris e férrea que estes nos ensinaran e aprendemos que se pode gozar, e moito, outra militancia, outra loita.
Despregamos unha intensa actividade durante eses pouco máis de tres anos que durou o Colectivo (ver “extras de”). Poden atoparse ecos das nosas accións nos xornais da época e non son recensións pequenas xa que tivemos espazo en varias portadas. Fomos moi contundentes e innovadoras nas accións de rúa e demos á luz a primeira revista feminista de Galicia, A Saia, que sería o detonante inmediato doutras dúas publicacións: Andaina, publicada pola Asociación Galega da Muller (AGM), e Festa da Palabra Silenciada, que sairá en Vigo das mans da Feministas Independentes Galegas (FIGA). Nesta última participaron activamente durante anos un grupo de mulleres vinculadas ao Colectivo.

Como citar: Mouriz, Sabela : CFIG Colectivo Feminista Independente Galego. Publicado o 12/12/2016 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=29951. Recuperado o 20/04/2024
DOCUMENTACIÓN SOBRE
As nosas accións (as que lembramos)
Actividades do CFIG
Fonte: Documento elaborado por integrantes do CFIG para o Álbum de mulleres (2016)
«Un grupo de feministas cobríu cunha tea a estatua de Rosalía en Santiago», La voz de Galicia (18/05/1983)
Fonte: CDIF-CCG. Fondo hemerográfico. Doazón da AGM.
Carta-manifesto que o Colectivo Feminista Independente Galego dirixiu a todas as mulleres con motivo da celebración do 8 de marzo de 1983
Fonte: CDIF-CCG. Fondo MFOG. Doazón de integrantes do CFIG
Calendario 1983 editado polo Colectivo Feminista Independente Galego
Fonte: CDIF-CCG. Fondo MFOG. Doazón de integrantes do CFIG
Ligazóns de interese
LUNA, Lola: El movimiento del feminismo independiente. 1980-1986. Lo político y la vida feminista
Editado pola Editorial Digital Feminista Victoria Sau, 2021
[última consulta: 07/07/2023]
O CFIG, foi a organización que sacou a rúa a primeira publicación periódica feminista Galega A Saia. Coñece a colección completa aquí [dous números publicados en 1982 e 1983]
[última consulta: 04/01/2022]