Movemento Democrático de Mulleres en Galicia
, 1970 - , 1979Autoría: María Concepción Álvarez Gómez
Unha andaina cara ao feminismo desde a loita antifranquista e a acción veciñal
As orixes do Movemento Democrático de Mulleres (MDM) aparecen vinculadas ás redes informais xurdidas entre as coñecidas como «mulleres de preso» que se foron conformando a partir dos anos cincuenta do pasado século XX. As súas impulsoras, a maioría vinculadas ao Partido Comunista de España (PCE), crían que todo o traballo despregado por estas mulleres mentres os homes permanecían na cadea perdíase cando, ao seren postos en liberdade, volvían recluírse na esfera doméstica, polo que pretenderon crear unha estrutura organizativa de mulleres. Nun principio a idea non espertou excesivos entusiasmos na cúpula do partido, que seguía considerando o feminismo un movemento tipicamente «burgués». Con todo, o incremento das detencións de militantes, o crecente protagonismo feminino nalgunhas folgas e a tenacidade dalgunhas mulleres resultaron decisivos para un cambio de estratexia, que se concretaría a finais de 1964 coa aparición en Madrid do aínda clandestino MDM.
A partir de entón a súa expansión por toda a xeografía española foi lenta, e Galicia non podía ser a excepción. En Vigo o seu nacemento aparece ligado á figura da valenciana Carmen Segurana, que chega á cidade olívica en 1969, aínda que a captación de afiliadas se desenvolveu de xeito lento ata principios dos anos setenta. Unha das súas militantes máis destacadas será Margarita Rodríguez Montes, representante sindical na empresa Manuel Álvarez, detida con ocasión dos paros nesta emblemática empresa, da que acabaría sendo despedida. No entanto, do mesmo xeito que sucedía noutras cidades, a pesar do peso das mulleres traballadores, tamén había un bo número de amas de casa, como Margot Chamorro do Río. Outras militantes destacadas serán a aragonesa Macamen Branco e María Concepción Lago Piñeiro.
Non moi diferente é o que ocorre en Ferrol, onde destacan figuras como a valenciana María Rosario Alabau Albors, que xa militaba no PCE cando chegou á cidade en 1970 e entrou en contacto cun grupo de mulleres, a maioría tamén vinculadas a Comisións Obreiras (CCOO) e ao PCE e que traballaban en sectores moi diversos. Como as súas compañeiras viguesas, tería un papel destacado no movemento obreiro, incluídos os tráxicos sucesos do 10 de marzo de 1972, que darían lugar ao coñecido como Proceso dos 23, no que figuraban inculpados algúns dos principais líderes sindicais, incluída a propia Sari Alabau, finalmente absolta do delito de asociación ilícita que se lle imputaba.
En Ourense, malia algunhas iniciativas anteriores, o MDM non comeza a funcionar ata xaneiro de 1975 da man de Rosario Gutiérrez Rodríguez, unha arquitecta chegada de Madrid, e da andaluza Marta Marroquín Travieso, compañeira do histórico dirixente de CCOO natural de Rianxo Jesús Redondo Abuín. Formaron o grupo inicial arredor de vinte mozas, entre as que estaban María de los Ángeles Fernández Tovar, María del Carmen Méndez Nóvoa, Teresa Heredero del Campo, María Dolores Alonso Reverter, Mayuca Tesouro, Rebeca López de Turiso, María Concepción Álvarez Álvarez, etc. Dous meses despois, realizaron a súa primeira asemblea, á que acudiron máis dun centenar de mulleres procedentes dos principais enclaves de Galicia onde o movemento contaba con maior implantación.
Aínda máis tardía que en Ourense foi a súa constitución en Lugo, onde non se organizou ata 1976 da man de mulleres como Blanca Rodríguez Pazos, Teresa Maseda ou Carmen Fernández, todas moi vinculadas ao PCE. Na Coruña, podemos recordar a María Luz Somoza Pardo, Teresa Varela e Josefa Méndez; en Pontevedra a Emma González e en Santiago a Luz Verde, principal impulsora, como recorda Mónica Bar, do intento de facerse co control da Asociación de Amas de Casa da cidade do Apóstolo.
As mulleres do MDM reuníanse en casas particulares de simpatizantes e afiliadas, en igrexas rexentadas por curas obreiros ou progresistas, en centros escolares, bares e ata aproveitando os locais da Sección Feminina, o que non debe sorprender tendo en conta a realidade do momento. Desde 1968 o MDM publicou un boletín co título de La Mujer y la Lucha (en Galicia editouse en Vigo co nome en galego A muller e a loita desde 1971, e tamén cómpre destacar Alborada editada en A Coruña), que repartían polas casas, en mercados e colexios para captar simpatizantes. A maioría das súas accións, nun contexto en que a represión era aínda moi forte, entraban dentro das clásicas estratexias de resistencia e oposición de baixo risco: breves cortes de circulación, cubrir un espazo público con carteis coas súas consignas, pequenos mitins ou arengas, repartimento de panfletos en mercados, e colexios e incontables charlas sobre cuestións que interesaban directamente ás mulleres, como os anticonceptivos, a coeducación, a súa situación xurídica, a discriminación no traballo, o matrimonio, os fillos, o divorcio, o traballo doméstico, etc. Aínda maior visibilidade lle proporcionaron os intentos de infiltrarse nas Asociacións de Amas de Casa, controladas nas principais cidades por militantes da Sección Feminina.
O MDM non sería inmune ás diferenzas que durante estes anos se manifestaron no seo do incipiente movemento feminista. Para as súas impulsoras, a liberación da muller era inseparable da conquista das liberdades democráticas, pois só no seo dun réxime de tal natureza era posible pensar na eliminación de todas aquelas trabas que perpetuaban a súa situación de discriminación. Diso deducíase que o obxectivo inmediato das organizacións de mulleres era incorporarse á loita xeral polo restablecemento da democracia e non tanto situar en primeiro plano outras reivindicacións específicas —e, moito menos, pensar na creación dun partido especificamente feminista— que, na súa opinión, só servirían para debilitar as forzas de oposición.
As críticas das feministas máis conscientes dirixíanse a considerar que as reivindicacións esenciais do MDM (carestía de prezos, equipamentos urbanos, escolas e garderías, cesta da compra...) perpetuaban os roles tradicionais femininos. Como expresión destas tensións, produciuse o cambio de nome do MDM a Movemento Democrático de Mulleres-Movemento de Liberación da Muller (MDM-MLM), expresión dun xiro táctico para adaptarse ás novas circunstancias derivadas do cambio producido tras a realización das Primeiras Xornadas de Liberación da Muller en decembro 1975.
A mellor expresión deste cambio é a adopción dun novo programa en outubro de 1976, algúns meses despois do nacemento da Asociación Galega da Muller. A partir de entón comezan a cobrar maior protagonismo toda unha serie de reivindicacións que o situarían dentro da denominada «loita contra o sistema de familia patriarcal»: despenalización do adulterio e do aborto, aprobación da lei do divorcio, medidas relacionadas coa planificación familiar e os métodos anticonceptivos, recoñecemento da igualdade de dereitos entre homes e mulleres, un enfoque distinto da violencia machista, etc.
Con todo, nin este xiro nin o seu «recoñecemento institucional» a partir das eleccións de 1977 serviron para que a organización puidese incrementar a captación de novas afiliadas. Máis ben ocorreu o contrario: as sucesivas crises do PCE e a ruptura organizativa do movemento feminista fixeron que as militantes máis radicalmente feministas atopasen cada vez máis dificultades para manter con coherencia a dobre militancia. Ademais, cara a 1979, para moitos dirixentes do partido, o MDM perdera xa a súa razón de ser, e aínda que moitas mulleres non compartían esta visión e intentaron manter un tempo en funcionamento algunhas organizacións, o certo é que o seu declive se agudizou ata desaparecer en pouco tempo.
Habería que concluír sinalando que a asunción das formulacións feministas no MDM foi, sen dúbida, moito máis tardía e dependente de estratexias políticas que no caso doutros grupos feministas: nado como unha organización antifascista, máis tarde as mulleres que o integraron foron adquirindo unha conciencia feminista e cambiando o seu pensamento e formas de actuación para desembocar nunha organización que pretendeu ser de masas a forza de abrirse a todas as mulleres, pero que estivo moi lonxe de facer realidade esta pretensión. No seu haber cómpre anotar que non só permitiu conectar a loita das mulleres coa loita contra a ditadura, senón que foi a constancia e firmeza desa minoría de mulleres comunistas máis identificadas con posicións feministas dentro do MDM a que conseguiu forzar un debate interno acerca da posición que o partido mantiña respecto de certas cuestións de xénero e, ao tempo, crear novos espazos de actuación pública para moitas militantes que ata entón podían sentirse constrinxidas pola visión máis ou menos androcéntrica e dogmática das direccións provinciais do PCE.

Como citar: Álvarez Gómez, María Concepción : Movemento Democrático de Mulleres en Galicia. Publicado o 31/3/2016 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=29952. Recuperado o 27/09/2023
DOCUMENTACIÓN SOBRE
MORENO SECO, Mónica: «Compromiso político y feminismo en el universo de la transición»,
Fonte: Cuestiones de género: de la igualdad y la diferencia, nº 8 (2013), p. 43-60. dialnet.unirioja.es. [data de descarga: 25/11/2015]
ARRIERO RANZ, Francisco: «El Movimiento Democrático de Mujeres: del antifranquismo a la movilización vecinal y feminista», Historia, trabajo y sociedad, nº 2 (2011), p. 33-62)
Fonte: http://www.1mayo.ccoo.es/nova/files/1018/0202Arriero.pdf [data de descarga: 12/01/2016]
ÁLVAREZ GÓMEZ, María Concepción: «As mulleres no tardofranquismo e a transición á democracia». En JUANA LÓPEZ, Jesús de; PRADA RODRÍGUEZ, Julio (dir.): As mulleres en Galicia no século XX, Cap. VIII, Ir indo, 2011, p. 231-261
Fonte: exemplar da Biblioteca do CCG
«Movemento Democrático de Mulleres». En ROCHA COLADAS, Benxamín (coord.):Homenaxe no 25 aniversario dos Premios Primeiro de Maio ao compromiso social e á solidariedade, Fundación 10 de Marzo, 2010, p. 347-349
Fonte: exemplar da Biblioteca do CCG
CABRERO BLANCO, Claudia: «O Movemento Democrático de Mulleres: da protesta cotiá a loita política», dez eme (setembro 2006), p. 15-23
Fonte: exemplar da Biblioteca do CCG
ABAD BUIL, Irene: «Las mujeres de presos republicanos: movilización política nacida de la represión franquista», Fundación 1º de maio. Documentos de trabajo 2/2004
Fonte: http://www.ciudaddemujeres.com/articulos/IMG/pdf/Republicanas.pdf [data de descarga: 27/11/2013]
«Presentación del Movimiento Democrático de Mujeres-Movimiento de Liberación de la Mujer», El País (14/05/1976)
Fonte: http://elpais.com/diario/1976/05/14/madrid/200921063_850215.html [data de descarga: 27/11/2013]
Políptico publicitario do Gabinete da Muller: Xurídico, Médico e Pedagóxico organizado polas mulleres do MDMG en Vigo [década de setenta]
Fonte: Colección do CCG. Comisión de Igualdade
Pola liberación da muller. Políptico editado polas MDMG con motivo da celebración do 8 de marzo de 1977
Fonte: Colección do CCG. Comisión de Igualdade
A muller galega diante a autonomía, folleto publicado polas MDMG en Ourense (1978)
Fonte: Colección do CCG. Comisión de Igualdade
Pola liberación da muller, folleto publicado polas MDMG en Vigo (1977)
Fonte: Colección do CCG. Comisión de Igualdade
Programa del Movimiento Democrático de Mujeres de Galicia, Folleto publicado en Ferrol (1976)
Fonte: Colección do CCG. Comisión de Igualdade
Llamamiento a todas las mujeres y al pueblo de Vigo [para unha xornada de folga]. Folla voandeira do MDMG de Vigo (decembro, 1975)
Fonte: Colección do CCG. Comisión de Igualdade
BARRIO ALONSO, Ángeles; HOYOS PUENTE, Jorge de; SAAVEDRA ARIAS, Rebeca (coord.): Nuevos horizontes del pasado. Culturas políticas, identidades y formas de representación. Actas del X Congreso de la Asociación de Historia Contemporánea, Universidad de Cantabria, 2011
Fonte: http://www.unican.es/ [data de descarga: 12/11/2015]
MORENO SARDÁ, Amparo: «El Movimiento Democrático de Mujeres»
Fonte: http://www.amparomorenosarda.es/ca/node/101
A muller diante as eleccións. Folleto publicado polas MDMG (1977)