Aurora Vidal Martínez
Pontevedra, 28/ 8/1910 - Pontevedra, 10/5/2005Autoría: Adrián Estévez Iglesias
Mestra e escritora, activa participante na vida cultural pontevedresa
Aurora Vidal Martínez naceu en Pontevedra, na rúa Riestra, o 28 de agosto de 1910. Filla de María Carmen Martínez, comerciante, e de Juan Vidal Lino, cornetín na banda musical da vila, foi irmá do tamén mestre e poeta Xoán Vidal Martínez. Estudou Maxisterio na Escola Normal da súa cidade natal. En novembro dese ano formou parte, xunto co seu irmán, da comisión encargada de redactar o regulamento para a asociación de mestres aspirantes aos cursos de selección para o Maxisterio Nacional e, un mes despois, acadou o número 4 no acceso á Escola Normal. En 1934 formou parte de grupo de alumnas e alumnos que foron de excursión ao Porto e Coímbra. En xuño dese mesmo ano rematou o Grao Profesional de Maxisterio, e en setembro xa figuraba como nova socia da Casa del Maestro, e en novembro foille designado como centro de prácticas a escola unitaria da Eiriña. Rexentou durante un tempo un comercio téxtil na praza de Curros Enríquez.
Tras facer o grao profesional comezou a exercer como mestra, primeiro na escola de Cabral (Vigo) e na da Banda do Río (Marín). En setembro de 1937 solicita destino na provincia de Sevilla, mais é destinada ao Paraixal (Teis) e despois a Marín e ao Areal (Vigo). En 1941 presentouse ás oposicións, e en setembro foi destinada a La Monzona (La Pobla d’Arenós, Castelló). En 1948 era mestra en Rouxique (Vilalonga) e en 1949 en Lois (Ribadumia), e despois foi destinada ás Illas Canarias. Alí bota varios anos, e nesas terras coñece o que será o seu marido, o pintor de Xuvia Marcial Pantín Folgar, con quen casa en 1953. Finalmente regresa a Galicia, e xubilouse como mestra no CEIP de Campolongo, en Pontevedra.
A súa primeira colaboración literaria é na revista Vida Gallega, en agosto de 1935, cun poema en homenaxe a Eugenia Mondino, falecida en Montevideo. En 1946 colabora en Ciudad, semanario de Pontevedra, co poema «Navegante solitario», adicado a Colón e escrito o 12 de outubro dese mesmo ano. O 23 de xuño de 1947 publicou en La Noche o poema «Noche de San Juan», e indícase que pertence ao libro Lírica gallega (en preparación). Tamén escribiu en Sonata Gallega, en en 1952 un poema seu apareceu no caderno Rianxo, editado polas festas patronais da vila.
A finais dese mesmo ano aparece o seu primeiro libro, Camino de Belén, un romance pastoril en nove cadros e tres actos. Editouse na imprenta de Celestino Peón, con ilustracións do pintor de Marín Manuel Torres. A obra estreouse no Teatro Malvar en 1949, coa súa sobriña Aurora Vidal Caramés como protagonista. Representouse de novo en diversas ocasións, a última delas en 1987 no Teatro Principal. Unha recensión de Camino de Belén apareceu na revista católica Spes en decembro de 1946, cunha crítica moi positiva.
En 1948 aparece o volume Sonetos líricos, tamén impreso en Pontevedra. Da súa etapa nas Illas Canarias, en Buenavista del Norte, son tres libros: as pezas de prosa Cartas de amor (1950) e Mensaje de otoño (1951), ambas cargadas de lirismo e editadas na imprenta Católica de Santa Cruz de Tenerife, e mais o poemario inédito Destinos, escrito en 1952.
En 1951 a súa obra Lírica gallega recibiu o segundo premio do Concurso Literario do Centro Galego de Bos Aires, mais a obra non se chegou a editar.
En 1958 publicouse Poemas de nenos e paxariños (imprenta L. Torre, Pontedeume). Esta obra, prologada por Faustino Rey Romero, está composta por unha lírica intimista inspirada en boa medida pola infancia. Mestura a tristeza e a melancolía coa tenrura da canción de berce, cun paisaxismo contaxiado do animismo hilozoísta. O volume inclúe ilustracións de Paula Paradela e de Marcial Pantín Folgar.
Foi membro activo da vida cultural pontevedresa. En 1949 promoveu o Teatro Experimental del Arte, xunto a Sabino Torres, Emilio Álvarez Negreira e Manuel Cuña Novás. Colaborou nas Festas da poesía que organizaba o Ateneo da cidade. Na de 1952 xunto a Carlos Caba Landa, Aquilino Iglesia Alvariño e Herminia Fariña Cobián, e na de 1954 leu os poemas «Primavera a Rosalía de Castro» e «Cantiga en gallego». En 1957 participou nun recital de homenaxe a Juan Bautista Andrade.
En maio de 1952 foi nomeada membro correspondente da Real Academia Galega, a proposta de Antonio Couceiro Freijomil, Leandro Carré Alvarellos e Francisco Vales Villamarín. O primeiro deles incluíra a autora pontevedresa no seu Diccionario bio-bibliográfico de escritores (1954).
Seguiu escribindo e publicando, e foron estreadas varias obras de teatro infantil.
Faleceu na súa vila natal o 10 de maio de 2005. O 25 de maio de 2010 descubriuse unha placa na casa familiar da rúa dos Soportais.
Obra
Vivencias de infancia (Pontevedra, 1945)
Camino de Belén (teatro; Pontevedra, 1946)
Sonetos líricos (Pontevedra, 1948)
Cartas de amor (Santa Cruz de Tenerife, 1950)
Mensaje de otoño (Santa Cruz de Tenerife, 1951)
Destinos (Santa Cruz de Tenerife, 1952)
Poemas de nenos e paxariños (Pontedeume, 1958)
Poesías infantiles (Pontevedra, 1965)
El niño y el filósofo (novela; Pontevedra, 1981)
El divino caminante (teatro; Pontevedra, 1987)
Contos de rapaces (contos ilustrados en verso; Pontevedra, 1991)
O espantallo namorado (teatro; Pontevedra, 1992)
Os contos do avó (conto ilustrado con adaptación teatral; Pontevedra, 1993)
O zapateiro coroado rei (conto ilustrado con adaptación teatral)
Xa naceu Xesús (teatro en verso; Pontevedra 1993)
Poemas del tiempo limitado (200 poemas en prosa lírica e verso)
Bibliografía
Marco, Aurora (2007): Dicionario de mulleres galegas [Das orixes a 1975]. Vigo: A Nosa Terra.
Pantín Folgar, Marcial: Aurora Vidal Martínez. Accesible en: https://auroravidal.es/
Vidal, Carme (2020): Aurora Vidal Martínez. Accesible en: https://www.dogrisaovioleta.gal/wp-content/uploads/2020/04/Aurora-Vidal-Martinez.pdf
Como citar: Estévez Iglesias, Adrián : Aurora Vidal Martínez. Publicado o 7/6/2022 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=33399. Recuperado o 28/03/2023
DOCUMENTACIÓN DE
Poema de Aurora Vidal Martínez publicado en La Noche
Vidal Martinez, Aurora: «Noche de San Juan», La noche, 8153 (23 de xuño de1947), 4.
Fonte: Galiciana. Biblioteca de Galicia
Poema «Navegante solitario» de Aurora Vidal Martínez na revista pontevedresa Ciudad
Vidal Martinez, Aurora: «Navegante solitario», Ciudad, 39 (14 de outubro de 1946), 1.
Fonte: Galiciana. Biblioteca de Galicia
Primeira colaboración de Aurora Vidal Martínez en Vida gallega
Vidal Martinez, Aurora: «La señora de Arcos Ferrand: homenaje póstumo», Vida gallega, 637 (10 de agosto de 1935), 27
Fonte: Galiciana. Biblioteca de Galicia
DOCUMENTACIÓN SOBRE
No roteiro Os ollos abertos das mulleres, Míriam Ferradáns guíanos pola cidade de Pontevedra da man de Aurora Vidal Martínez
Ferradáns, Míriam: Paseos pola Pontevedra Literaria 2020: Os ollos abertos das mulleres/cite>. A Coruña: AELG, 2020.
Fonte: AELG e Concello de Pontevedra.
https://www.aelg.gal/resources/upload/2020/Miriam%20Ferrad%C3%A1ns%20Roteiro%20Os%20ollos%20abertos%20das%20mulleres.pdf [Descarga: 2022-06-07]
A escritora e mestra pontevedresa Aurora Vidal en Dicionario de mulleres galegas de Aurora Marco
Marco, Aurora: «Vidal Martínez, Aurora». En Dicionario de mulleres galegas. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 2007; 457.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Couceiro Freijomil inclúe á escritora Aurora Vidal no seu Diccionario bio-bibliográfico de escritores
Couceiro Freijomil, Antonio: «Vidal Martínez, Aurora». En Diccionario bio-bibliográfico de escritores. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos, 1954; III, 502
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Artigo de Modesto Bará sobre Aurora Vidal Martínez en La Noche
Bará, Modesto: «Un nuevo valor lírico: Aurora Vidal Martínez», La noche, 11125 (10 de novembro de 1956), 3.
Fonte: Galiciana. Biblioteca de Galicia
Noticia en El Correo Gallego do nomemento, entre outras persoas, de Aurora Vidal Martínez omo correspondente da RAG
«Asorey ha sido nombrado académico de la Real Gallega», El Correo gallego: diario político de la mañana, 24978 (6 de maio de 1952), 2.
Fonte: Galiciana. Biblioteca de Galicia
Nova sobre a representación no Teatro Principal de Santiago de Compostela do poema Camino de Belén de Aurora Vidal
«Representación teatral», La noche, 8932 (12 de xaneiro de1950), 2.
Fonte: Galiciana. Biblioteca de Galicia
Camino de Belén, de Aurora Vidal, en La noche
A.C.F.: «Publicaciones», La noche, 8040 (10 de febreiro de 1947), 4.
Fonte: Galiciana. Biblioteca de Galicia
Crítica do libro Camino de Belén, de Aurora Vidal, na revista pontevedresa Camino
Pedrel, Rogel: «Camino de Belén: un bello libro de Aurora Vidal Martínez», Ciudad, Pontevedra, 48 (16 de decembro de 1946), 6.
Fonte: Galiciana. Biblioteca de Galicia
Crítica de Camino de Belén, de Aurora Vidal, na revista Spes
«El primer libro de Aurora Vidal Martínez», Spes: revista mensual: órgano de la Juventud Católica de Pontevedra, 144 (decembro de 1946).
Fonte: Galiciana. Biblioteca de Galicia
Biobibliografía de Aurora Vidal Martínez na Galipedia
Fonte: https://gl.wikipedia.org/wiki/Aurora_Vidal_Mart%C3%ADnez [Consulta: 2022-06-07]
Entrada biobibliográfica de Aurora Vidal Martínez na Enciclopedia Galega
«Vidal Martínez, Aurora». En Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Lugo: El Progreso, 2003; 43, 122.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Ligazóns de interese
Entrada na Galipedia do mestre e poeta Xoán Vidal Martínez, irmán de Aurora Vidal
Fonte: https://gl.wikipedia.org/wiki/Xo%C3%A1n_Vidal_Mart%C3%ADnez [Consulta: 2022-06-07]
Despedida da escritora Aurora Vidal en La Voz de Galicia. 12 de maio de 2005
Fonte: La Voz de Galicia
Accesible en: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2005/05/12/despedida-escritora-pontevedresa-aurora-vidal/0003_3721097.htm [Consulta: 2022-06-07]
Nova sobre o falecemento da mestra e escritora Aurora Vidal
Fonte: La Voz de Galicia
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/television/2005/05/11/fallece-escritora-academica-pontevedresa-aurora-vidal-martinez/0003_3718200.htm [Consulta: 2022-06-07]
III Congreso Internacional de Poesía. 1954
Fonte: Consello da Cultura Galega
http://www.poesiagalega.org/arquivo/ficha/f/1092/ [Consulta: 2022-06-07]
Páxina web dedicada a Aurora Vidal
Fonte: https://auroravidal.es/ [Consulta: 2022-06-07]
Unidade didáctica sobre Aurora Vidal, elaborada por Míriam Ferradáns
Fonte: AELG e Concello de Pontevedra.
Accesible en https://www.aelg.gal/resources/upload/2021/Unidade_Didactica_Miriam_Ferradans_Pontevedra.pdf [Consulta: 2022-06-07]