Ramón Rodríguez Somoza
Vilanova de Lourenzá, 1899 - Santiago de Compostela, 1994Autoría: Ricardo Gurriarán
Médico psiquiatra. Vai estudiar a carreira de medicina a Madrid. Desde 1924 xa estaba realizando traballos no Instituto de Investigacións Biolóxicas, logo Instituto Cajal, con Rodríguez Lafora, Castro, Achúcarro, del Río-Hortega e o propio Ramón y Cajal, quen vai ser o seu director de tese de doutoramento: La histopatología de la parálisis agitante cerebral. Nese tempo, contactou con outros galegos que estudaban na capital, próximos ao entorno dos círculos republicanos e galeguistas de Madrid. Formaban parte dun grupo chamado Celta (“Mocedade Céltiga”) de inquedanzas progresistas. Xunta Ramón Rodríguez Somoza estaban Fermín Fernández Penzol, os irmáns López Cortón, Salvador Mosteiro, Álvaro Gil, Emilio González López...
No terreo científico, deseguida optou pola psiquiatría, unha vez que collera unha boa base histopatolóxica co seu mestre Cajal, quen, naquel momento era Presidente da Junta para la Ampliación de Estudios. Este organismo concederíalle unha bolsa, en 1926, de case catro anos continuados para ir a Alemaña a ampliar coñecementos en Neuroanatomía patolóxica e Histopatoloxía psiquiátrica. Durante a súa estancia en centroeuropa acudiu ao manicomio de Friedrishsberg (Hamburgo, co profesor Jakob), á Clínica do profesor Foerster (en Breslau, Poloña), e ás dos profesores Bumke (discípulo de Kraepelin), Spatz e Spielmeyer (Múnic). Publicou varios traballos científicos na Revista do Laboratorio de Investigaciones Biológicas (Instituto Cajal) e en revistas científicas alemanas e francesas.
A súa volta traballa con Rodríguez Lafora, en Madrid, para logo vir a Santiago, onde dirixiría o Sanatorio de Conxo, desde 1932. Probablemente o acceso a este cargo foi debido ao influxo de Lafora, quen era un dos principais responsables da psiquiatría do goberno republicano, e do seu amigo Emilio González López, quen daquela estaba na política activa. Somoza dirixiu este centro ata a súa xubilación en 1969, sen interrupción. Nos primeiros anos publicou algúns traballos sobre neuroloxía e asistiu a congresos de Hixiene Mental. Durante o tempo republicano militou no galeguismo activo, participando en varios actos públicos. Mantiña amizade cos principais líderes do Partido Galeguista como Castelao, Paz Andrade, Otero Pedrayo e Bóveda, e co seu coterráneo Fernández del Riego, quen o coñecía desde neno como Ramón de Pedreira. Foi un dos profesionais e intelectuais asinantes do manifesto a prol do Estatuto, en febreiro de 1933 (Al servicio del Estatuto de Galicia, apoiando o texto saído da Asemblea de Concellos do nadal anterior), promovido, entre outros polo Seminario de Estudos Galegos, entidade da que Somoza era socio. Este pronunciamento político, o primeiro con implicación de intelectuais e docentes da institución universitaria, tería unha grande repercusión e significado, a maiores do compromiso público que xeraba a súa sinatura. Pois, logo da sublevación do 36, este documento sería un dos principais elementos para “determinar” responsabilidades políticas e o grao de implicación, empregado polos organismos depuradores.
Rodríguez Somoza tamén participou en actividades universitarias como a Semana Cultural Galega no Porto, onde pronunciaría unha conferencia, en marzo-abril de 1935, con nutrida participación de membros do SEG, en colaboración coas Universidades de Santiago e Porto, seguindo as pautas de colaboración transfronteirizas que no seu día encetara Rodríguez Cadarso. Nese mesmo ano, colaborou económicamente para erixir un monumento ao poeta Manuel Antonio. É significativo o anuncio de Somoza como especialista psiquiátrico, en galego, na revista Alento (1934): “en Doenzas Mentás”. Logo da Guerra Civil, compaxinou a dirección de Conxo co exercicio privado da profesión nun sanatorio, ata a súa xubilación. Durante a Ditadura, practicamente, deixou de publicar traballos. En 1952, coa colaboración de Baldomero Lois Asorey e de Pérez-Villamil, organizou en Santiago o III Congreso Nacional de Neuropsiquiatría, conmemorando o centenario de Ramón y Cajal. Foi este un dos actos político-científicos máis importantes da posguerra, celebrados en Galicia. Estivo inaugurado por Vallejo Nájera, tamén contou coa presenza de Rodríguez Lafora, recen chegado do exilio, e de Castilla del Pino.
Unha das últimas accións corporativas que levou a cabo Rodríguez Somoza foi a participación na creación da Academia Médico-Cirúrxica de Santiago, en 1959, exercendo a primeira presidencia desta entidade. Morreu en Santiago en 1994.

Como citar: Gurriarán, Ricardo : Ramón Rodríguez Somoza. Publicado o 23/4/2007 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=3435. Recuperado o 20/04/2024
DOCUMENTACIÓN SOBRE
A semana cultural de Porto, celebrada en abril de 1935, contou cunha ampla representación de membros do Seminario de Estudos Galegos
«Seminario de Estudos Galegos: La semana cultural de Oporto», El pueblo gallego: rotativo de la mañana, 3441 (17 de abril de 1935), 9.
Fonte: Biblioteca Pública Antonio Odriozola / Galiciana. Bibliotea Dixital de Galicia
http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/consulta/registro.do?id=3952
Referencias bibliográficas
- GURRIARÁN RODRIGUEZ, R.: Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940). Do influxo institucionista e a JAE á depuración do profesorado, Santiago, Servizo de Publicacións da USC. 2006
- MEDIAVILLA, J.L. : Conxo, siempre el primer día. Aproximación al ideario del profesor Villamil, Gijón, Ed. Fundación Dolores Medio. 1990
- SIMÓN LORDA, D. : Locura, medicina y sociedad: Ourense (1875-1975), Ourense, Ed. Fundación Cabaleiro Goás/Xunta de Galicia. 2005