Francisco Javier Sánchez Cantón
Pontevedra, 14/ 7/1891 - Pontevedra, 27/11/1971Autoría: Xosé Ramón Fandiño
Brillante intelectual galego, director do Museo do Prado
Foi membro numerario da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, da Real Academia da Historia e da Real Academia Española. Na de Belas Artes ingresou en 1926 pronunciando o discurso San Francisco de Asís en la escultura española, na da Historia en 1934 co discurso Don Diego Sarmiento de Acuña, I Conde de Gondomar, dándose o caso excepcional de que presidiu as dúas simultaneamente. O 4 de decembro de 1949 tomaba posesión da súa praza de numerario da Real Academia Española cun discurso dedicado a un poeta galego: Don Antonio Francisco de Castro, poeta pre-románico (1746-1825).
Sánchez Cantón naceu en Pontevedra, onde estudou o bacharelato con profesores tan distinguidos como Álvarez Giménez, Said Armesto e Vicente García de Diego. Era fillo de Francisco Javier Sánchez Cervela e de Hortensia Cantón Alvarado. O pai, de xinea fidalga, naceu no pazo de Marza (Oleiros, Silleda), licenciouse en Ciencias Físicas e Químicas na Universidade de Salamanca e foi profesor de Matemáticas nos institutos de Pontevedra e Ourense.
Museo do Prado e currículo académico
En 1907 trasladouse a Madrid, onde se licenciou en Filosofía e Letras en 1911 e se doutorou en 1913 coa tese Los pintores de Cámara de los Reyes de España. Tras o seu paso pola sección de Historia da Arte do Centro de Estudios Históricos, en 1917 foi nomeado profesor auxiliar de Historia da Arte na Facultade de Filosofía e Letras e encargado da cátedra de Literatura Galaico-Portuguesa, vacante polo pasamento Said Armesto, aínda que sufriu o desencanto de non poder dar unha soa clase porque ningún alumno se matriculou na materia.
Sánchez Cantón levaba no Museo do Prado desde o ano 1913, en que recibiu o encargo de transcribir os cadros citados nos inventarios reais e, en 1919, formou parte da Comisión Catalogadora que se constituíu no Museo. En 1922 foi nomeado subdirector e en 1960 sucedeu ao pintor Álvarez de Soutomayor na dirección, cargo que ostentou ata 1968, ano en que pasou a ser director honorario.
Durante a Guerra Civil, ante o asedio que sufría Madrid, desde xullo de 1936 a xaneiro de 1938, en que foi cesado, tivo que responsabilizarse da protección das obras de arte do Museo e de organizar o traslado a Valencia de 2000 cadros, case toda a colección de tapices e gran cantidade de obxectos artísticos. Terminada a guerra foi reposto no seu cargo e interveu na remodelación e reinstalación das coleccións.
Ademais de encargarse da nova redacción e publicación das sete edicións do Catálogo, impresas entre 1933 e 1972, son moitas as publicacións que lle dedicou ao Museo do Prado «Les premières mesures de défense du Prado au cours de la guerre civile en Espagne» (Mouseion, París, 1937), Velázquez. La Meninas y sus personajes (1943), Desarrollo del Museo del Prado (Barcelona, 1950), Itinerario del Museo del Prado (Madrid, 1952), Guía completa del Museo del Prado (Madrid, 1963)...
Compaxinou este inxente labor coa docencia: o 24 de xuño de 1922 gañou por oposición a cátedra de Teoría da Literatura e das Artes na Universidade de Granada, pero solicitou a excedencia por ser nomeado seis días máis tarde subdirector-conservador de pintura do Museo do Prado. En 1943, por concurso, accedeu á cátedra de Historia Xeral da Arte, na Universidade de Madrid, sendo decano da Facultade de Filosofía e Letras desde 1950 ata 1958, e logo vicerreitor.
Museo de Pontevedra e Castelao
En 1927, xunto a Daniel de la Sota, Casto Sampedro, Castelao, Losada Diéguez, José Millán, López de la Ballina, Raimundo Riestra e Filgueira Valverde significouse como patrón fundador do Museo de Pontevedra, do que sentou as bases das coleccións e, xunto con Castelao, da restauración dos elementos arquitectónicos do edificio Castro Monteagudo.
Sánchez Cantón e Castelao eran amigos desde os tempos do Club Karepas, no que, con Losada Diéguez, fraguaron moitas actividades culturais en Pontevedra. Eran tan amigos que Castelao chamáballe sempre Cervela ou Cerveliña, un apelativo familiar reservado aos máis íntimos. Interveu ante a Junta de Ampliación de Estudios en 1920 e ante a Comisión de Estudios en Galicia en 1929 para que lle concedesen a Castelao unhas bolsas para estudar augaforte, litografía e gravado en Francia, Bélxica e Alemaña. E Sánchez Cantón dirixiu o traballo editorial do álbum Nós, impreso en Madrid en 1931 na imprenta de artes gráficas Hauser y Menet, traballo do que Castelao quedou sumamente compracido e agradecido: a edición, como ti a levas, paréceme a cousa máis limpa, máis honrada, máis fidalga que levo visto. Eu encontro todo admirable e as reproducións, para min, non teñen tacha ningunha. Mil apertas do teu moi agradecido amigo e algo máis. Castelao
, dille Daniel en carta datada o 5 de marzo 03 de 1931. No colofón do libro di Castelao que esta obra foi feita a costa de media ducia de amigos de Pontevedra
, co que se tapa os nomes de Iglesias Vilarelle, Claudio Losada, Octavio Pintos, Filgueira Valverde e Sánchez Cantón, quen non quixo que o seu nome figurase como director de edición.
Castelao e Sánchez Cantón pasaron a Guerra Civil en zona republicana. Cantón como funcionario do Goberno lexítimo. E cando rematou a guerra pregouse á ideoloxía dos vencedores e seguiu nos seus postos. Nesta nova etapa Cantón chegou a cualificar a Castelao como un artista desgraciadamente perdido para Galicia
ao que o rianxeiro lle replicou chamándolle o novo timonel da erudición galega proscribindo así o meu honrado nome
.
Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento
Ao falar de suplantar o Seminario de Estudos Galegos, Castelao refírese ao Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento. Desde o exilio en Bos Aires, entendía que o primeiro que había que facer ao recobrar a liberdade era reconstruír o SEG e incluso con Sebastián González García-Paz tenteou a posibilidade de artellalo en América. Mentres tanto, en Galicia, nos inicios dos anos corenta do pasado século, personalidades do ámbito do réxime con algúns membros do extinto Seminario consideraban a oportunidade de instituír unha entidade sucedánea. E neste contexto hai que encadrar as conversas mantidas en Madrid entre o presidente do Consejo Superior de Investigacións Científicas e ministro de Educación, Ibáñez Martín, Sánchez Cantón, o reitor da USC, Legaz Lacambra, e o secretario xeral do CSIC, José María Alvareda Herrero. No desenvolvemento tiveron un papel primordial Sánchez Cantón, relacionado e respectado polo réxime, e Filgueira Valverde, en contacto con todos os membros superviventes do antigo SEG . E así, o 30 de novembro de 1943 o CSIC acordaba crear o Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento, encomendándolle a Sánchez Cantón a organización e dirección. O 15 de febreiro de 1944 celebrouse o acto de constitución do IEGPS ao que acudiron o reitor Legaz Lacambra, o secretario xeral do CSIC, Alvareda Herrera, Francisco Javier Sánchez Cantón, e ao que, como membros do antigo Seminario, asistiron Bouza-Brey, Carro García, Cordero Carrete, Filgueira Valverde, Moralejo Laso, Pedret Casado e Alonso Zamora Vicente. Sánchez Cantón dirixiu ata 1971 o novo Instituto e a sección de Bibliografía e Publicacións, que se ocupou da edición en fascículos da Bibliografía de Galicia e da elaboración de ficheiros sobre a imprenta nos séculos XIX e XX, impresores e libreiros, xornalismo e publicacións periódicas. Colaborou asiduamente nos Cuadernos de Estudios Gallegos e tamén se encargou da realización da exposición que o Instituto lle dedicou en 1954 a Compostela. Dibujos de Vaquero Palacios y Vaquero Turcios.
A constitución da nova institución tamén suscitou reticencias, principalmente por parte do grupo ourensán e os tres xefes das seccións do antigo Seminario, Ramón Otero Pedrayo (Xeografía ), Florentino López Cuevillas (Prehistoria) e Vivente Risco (Etnografía) non asistiron á reunión de Santiago, aínda que os tres ingresarían pouco despois.
Castelao refusou a operación e cando estaba para morrer, escribiu no envío do libro As Cruces de Pedra na Galiza: Este libro, pois, non foi escrito para quenes maldefenderon o Seminario de Estudos Galegos; nin para os que o suplantaron, pondo a nosa cultura nas fauces dun Estado devorador. Non; este libro, escrito no desterro, vai dirixido aos meus vellos compañeiros, que cicais o reciban con alegría. Xa sei que non é unha grande cousa; pero é unha proba da miña lealdade ao Seminario e do meu amor a Galiza
.
Repertorio bibliográfico
O abundantísimo elenco de publicacións de Sánchez Cantón segue sendo considerado como de referencia para o estudo da arte. Levou a cabo un inxente labor investigador en diversos campos, plasmado en monografías e colaboracións en revistas especializadas (Archivo Español de Arqueología e Archivo de Arte). Abordou temas de investigacións literarias e bibliográficas, estudos histórico-artísticos e biográficos, sobre todo referentes ao Museo do Prado, a Velázquez e a Goya. En materia literaria encargouse da edición de El Conde Lucanor (1921) e El arte de trovar, de Enrique de Villena (1923). Un completo repertorio bibliográfico figura na homenaxe que se lle tributou en 1963 coa publicación do libro Sánchez Cantón. Al cumplir cincuenta años de servicio en el Museo del Prado, edición de 300 exemplares numerados no que figura o seu repertorio bibliográfico de 765 títulos. E o Instituto Padre Sarmiento recolleu no catálogo dunha exposición na súa honra celebrada en 1971 a bibliografía dos seus temas galegos, que comprende máis de cento cincuenta títulos.
Sánchez Cantón, pontevedrés preclaro
Nunca soubo negarse ao que fose útil a Galicia e, sobre todo, a Pontevedra á que lle dedicou numerosos títulos da súa bibliografía, defendeu o seu patrimonio, iniciando e informando declaracións de monumentos nacionais e urxindo restauracións, organizou exposicións, formou parte do Padroado da Misión Biolóxica de Galicia, colaborou en actividades da polifónica de Pontevedra e Música en Compostela e foi presidente da Editorial Bibliófilos Gallegos.
En 1940 foi nomeado director honorario do Museo de Pontevedra ao que lle legou o seu riquísimo arquivo, e a súa biblioteca, composta por 15 000 monografías e unha importante colección de boletíns de información inestimable para o estudo da arte, especialmente de Goya.
O Museo, como homenaxe póstuma, publicoulle en 1973 o libro de traballos dispersos Pontevedra y los pontevedreses, que preparou con mimo Filgueira Valverde, en 2000 reuniulle os seus Escritos sobre Velázquez e en 2018 publicou Cartolatría. Epistolario Sánchez Cantón-Filgueira Valverde. A responsable do arquivo documental do Museo de Pontevedra, María Xesús Fortes foi a encargada de organizar toda a correspondencia que entre 1926 e 1970 se cruzaron Sánchez Cantón e Filgueira Valverde.
Por estas e moitas outras razóns, en 1949 Sánchez Cantón foi declarado fillo predilecto pola Deputación de Pontevedra, a mesma institución que en 1950 lle concedeu a primeira medalla de ouro provincial.
Bibliografía
Lafuente Ferrari, E. (1971): «Don Francisco Sánchez Cantón. In memoriam», Boletín de la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, 33 (segundo semestre), 5-22.
Romero de Lecea, C. (1991): «Sesión pública y solemne de la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando en conmemoración del centenario del nacimiento de Francisco Javier Sánchez Cantón», Boletín de la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, 72 (primeiro semestre).
García Martínez, C. (2015): «Filgueira no Padre Sarmiento». En Cochón, L. e Mariño Taibo, I. (ed.): Filgueira Valverde. Homenaxe. Quíxose con primor e feitura. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia; (Cadernos Ramón Piñeiro; XXXI).
Pita Andrade, J.M.: «Sánchez Cantón, Francisco Javier», en https://www.museodelprado.es/aprende/enciclopedia/voz/sanchez-canton-francisco-javier/9377da20-ae4b-4fa6-8255-befc4fa7ec40 [Consulta: 2022-09-17]
Como citar: Fandiño, Xosé Ramón : Francisco Javier Sánchez Cantón. Publicado o 17/8/2022 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=3603. Recuperado o 24/03/2023
DOCUMENTACIÓN DE
Informe da Real Academia de Bellas Artes, asinado por Sánchez Cantón, sobre a solicitude de que sexa declarado Monumento Nacional o Camiño de Santiago
Sánchez Cantón, F.J.: «Petición de que sea declarado Monumento Nacional el Camino de Santiago», Boletín de la Real Academia de la Historia, 14 (1962), 77-78.
Fonte: Biblioteca Virtual Cervantes.
https://www.cervantesvirtual.com/obra/peticin-de-que-sea-declarado-monumento-nacional-el-camino-de-santiago-0/ [Descarga: 2022-08-17]
Introdución de Sánchez Cantón a Versos de alleas terras e de tempos idos de Cabanillas
Sánchez Cantón, F.J.: «Portal». En Cabanillas, Ramón: Versos de alleas terras e de tempos ido. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos, 1955; 7-14.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
Discurso de Sánchez Cantón sobre a Real Academia de Bellas Artes
Sánchez Cantón, Francisco Javier: «Los antecedentes, la fundación y la historia de la Real Academia de Bellas Artes», Academia: Boletín de la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, Madrid, 3 (1952), 289-320.
Fonte: Dielnet. Universidad de La Rioja.
Accesible en: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=3058334 [Descarga: 2022-08-09]
Informe da Real Academia de Bellas Artes, asinado por Sánchez Cantón, sobre o proxecto de derruba do coro da catedral de Santiago
Sánchez Cantón, F.J.: «Informe sobre el proyecto de derribo del coro de la Catedral de Santiago de Compostela», Boletín de la Real Academia de la Historia, 111 (1942), 99-103.
Fonte: Biblioteca Virtual Cervantes.
https://www.cervantesvirtual.com/obra/informe-sobre-el-proyecto-de-derribo-del-coro-de-la-catedral-de-santiago-de-compostela/ [Descarga: 2022-08-10]
Artigo de Sánchez Cantón na revista Arquitectura
Sánchez Cantón, Francisco Javier: «Diego de Sagredo y sus "Medidas del Romano"», Arquitectura: organo oficial de la Sociedad Central de Arquitectos, Madrid, 23 (marzo de 1920), 65-68.
Fonte. Hemeroteca Digital. Biblioteca Nacional
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Estudo sobre a correspondencia entre Sánchez Cantón e María Luisa Caturla
García-Montón González, Patricia: «Qué hace una chica como tú en un sitio como éste: María Luisa Caturla entre zurbaranes», Arenal, Madrid, 26, 1 (xaneiro-xuño 2019), 185-220.
Fonte: Dielnet. Universidade de La Rioja.
https://dx.doi.org/10.30827/arenal.v26i1.5302
Accesible en: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=6954068 [Descarga: 2022-08-09]
Entrada de Sánchez Cantón no Dicionario de escritores en lingua galega de Fernández del Riego
«Sánchez Cantón, Francisco Xavier». En Fernández del Riego, Francisco: Diccionario de escritores en lingua galega. Sada (A Coruña): Ediciós do Castro, 1990; 341.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
Xavier de Salas lembra a Sánchez Cantón nunha necrolóxica publicada no Boletín de la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando,
Salas, Xavier de: «En memoria de Sánchez Cantón», Academia: Boletín de la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, 34 (primeiro semestre 1972), 13-17.
Fonte: Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.
https://www.realacademiabellasartessanfernando.com/assets/docs/boletines/NUM-034%20%281972%29.pdf [Descarga: 2022-08-10]
Necrolóxica de Lafuente Ferrari en lembranza de Sánchez Cantón
Lafuente Ferrari, E. (1971): «Don Francisco Sánchez Cantón. In memoriam», Boletín de la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, 33 (segundo semestre 1971), 5-22.
Fonte: Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.
www.realacademiabellasartessanfernando.com/assets/docs/boletines/NUM-033%20%281971%29.pdf [Descarga: 2022-08-10]
Biobibliografía de Sánchez Cantón na Gran Enciclopedia Galega
Filgeira Valverde, Xosé: «Sánchez Cantón, Francisco Javier». En Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Lugo: El Progreso, 2003; 40, 5-7.
Fobte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
Ligazóns de interese
Páxina da Real Academia de Bellas Artes dedicada á presentación de Cartolatría, epistolario de Sánchez Cantón e Filgueira Valverde. 19 de maio de 2018
Fonte: Real Academia de Bellas Artes San Fernando
https://www.realacademiabellasartessanfernando.com/es/actividades/cursos-y-conferencias/cartolatriaepistolario-sanchez-canton-filgueira-valverde [Consulta: 2022-08-17]
Historia do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, de 1944 a 2004
Pardo de Guevara y Valdés, Eduardo (dir.): O Instituto de Estudos Galegas «Padre Sarmiento»: Sesenta anos ó servicio de Galicia (1944- 2004). Santiago de Compostela: CSIC, Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento (IEGPS), 2005. http://hdl.handle.net/10261/225007
Fonte: CSIC.
https://digital.csic.es/handle/10261/225007
III Congreso Internacional de Poesía. 1954
Fonte: Consello da Cultura Galega
http://www.poesiagalega.org/arquivo/ficha/f/1092/ [Consulta: 2022-06-07]
Discurso de ingreso de Sánchez Cantón na Real Academia Española. 1949
Sánchez Cantón, Francisco Javier: Don Antonio Francisco de Castro, poeta pre-romántico (1746-1825): discurso leido ante la Real Academia Española el día 4 de diciembre de 1949 en su recepción pública por el Excmo. Sr. D. Frco. Javier Sánchez Cantón y contestación del Excmo. Sr. D. Gregorio Marañón y Posadillo. Madrid: [Real Academia Española], 1949; (Discursos de la RAE).
Fonte: Real Academia Española-
Accesible en: https://www.rae.es/sites/default/files/Discurso_de_ingreso_Javier_Sanchez_Canton.pdf [Consulta: 2022-08-12]
Entrada biobibliográfica de Sánchez Cantón na DB-e da Real Academia de la Historia
Pita Andrade, José Manuel: «Francisco Javier Sánchez Cantón», https://dbe.rah.es/.
Fonte: Real Academia de la Historia.
https://dbe.rah.es/biografias/6332/francisco-javier-sanchez-canton [Consulta: 2022-08-10]
Sánchez Cantón no portal web da Real Academia Española. Ocupou a letra N desde o 4 de decembro de 1949 ata o seu falecemento
Fonte: Real Academia Española
https://www.rae.es/academico/francisco-javier-sanchez-canton [Consulta: 2022-08-10]
Documentación dixitalizada de Sánchez Cantón na arquivo da RAE
Fonte: Real Academia Española
http://archivo.rae.es/index.php/sanchez-canton-francisco-javier-1891-1971 [Consulta: 2022-08-10]
Sánchez Cartón na Biblioteca Virtual Cervantes
Fonte: Instituto Cervantes. Biblioteca Virtual.
https://www.cervantesvirtual.com/obras/autor/sanchez-canton-francisco-javier-1891-1971-7469 [Consulta: 2022-08-10]
Obras de Sánchez Cantón na Biblioteca Nacional
Fonte: Biblioteca Nacional
https://datos.bne.es/persona/XX1000829.html [Consulta: 2022-08-10]
Fancisco Javier Sáncez Cantón no buscador atopo da Deputación de Pontevedra
Fonte: Deputación de Pontevedra.
https://atopo.depo.gal/Search/Results?lookfor=Francisco+Javier+S%C3%A1nchez+Cant%C3%B3n&type=AllFields&limit=20&sort=relevance [Consulta: 2022-08-09]
A orixe do Museo de Pontevedra, segundo Sánchez Cantón
Fonte: Amigos e Amigas do Museo de Pontevedra.
https://amupontevedra.gal/2019/11/16/a-orixe-do-museo-de-pontevedra/ [Consulta: 2022-08-12]
Epístolas de
Carta de Xosé Filgueira Valverde e Xesús Carro a Francisco Sánchez Cantón
Carta de Manuel Chamoso Lamas a Francisco Sánchez Cantón
Carta de Xosé Filgueira Valverde a Francisco Sánchez Cantón
Carta de Francisco Sánchez Cantón a Xosé Filgueira Valverde
Videos
Sánchez Cantón na visita do secretario de estado de EEUU, Dean Rusk, ao Museo del Prado. 1961. RTVE, Informativos
Fonte: RTVE.
https://www.youtube.com/watch?v=Z42zCT5X0X4 [Descarga: 2022-08-10]
Entrevista a Fernando Checa, director del Museo del Prado (1996-2001):
Francisco Javier Sánchez Cantón. Quizá el director más importante del siglo XX
Fonte: Voces del Prado. Una historia oral.
https://www.youtube.com/watch?v=OpDZA7zkwsw&t=131s