Elvira Santiso

Betanzos, 1872 - Santiago de Compostela, 1961

Biografía

----

Elvira Santiso

Betanzos, 1872 - Santiago de Compostela, 1961

Autoria: Maika Gómez Novoa

DOI: 10.17075/adg.3634

Artista e docente de vocación e extraordinarias dotes creativas

Nacida en Betanzos, trasládase coa súa familia a Santiago de Compostela sendo moi nova e pronto se identifica con esta cidade na que residirá ata a súa morte.

A súa formación académico-artística transcorreu na Escola da Real Sociedad de Amigos del País de Santiago de Compostela tendo como profesores a José María Fenollera primeiro e, máis adiante, a Tito Vazquez. Ambos artistas influirán na evolución da súa obra.

A súa actividade creadora é incesante, a simultanea con clases particulares no seu propio domicilio en Santiago de Compostela e, desde comezos do século XX até a súa xubilación, coa actividade docente no mesmo centro no que se formou. Trátase dunha muller independente que vivíu como a maioría dos artistas (homes) da época dos encargos, polo xeral retratos, e da docencia. Tamén formou parte, como tesoreira, da Xunta Directiva da Sociedade de Amigos del Arte de Santiago creada en novembro de 1928 e disolta tres anos despois.

Dotada de boas aptitudes para o debuxo, obtivo varios premios. Na súa etapa formativa é galardoada cando menos en dúas ocasións. No fin de curso 1888-89 consigue unha medalla de Prata por Adorno en Debuxo Natural e, mais tarde, no curso 1889-90, obtén outra medalla de prata por Cabeza, trátase da copia dun xeso, un traballo elaborado coa técnica de carboncillo e un exercicio daquela obligatorio na formación académico-artística. Na Exposición Regional de Lugo de 1896, donde mostra por primeira vez a súa obra ao público, obtén un diploma de colaboración. Máis adiante, en 1906, obtén co seu lenzo La clase de pintura, unha mención Honorífica na Exposición Nacional de Belas Artes de Madrid e en 1909 a Medalla de ouro na Exposición Rexional de Santiago de Compostela. Recibe tamén a Medalla de Alfonso X el Sabio en recoñecemento pola súa labor docente.

Alentada por José María Fenollera, o seu primeiro mestre, comeza a mostrar a súa obra ao público chegando a ser unha asidua en exposicións de ámbito galego, estatal e mundial ao longo dos tres primeiros deceniosdo século XX. Expón en diferentes certames celebrados en Santiago, A Coruña, Vigo, Madrid, Bos Aires, Montevideo, Ferrol e Vilagarcía de Arousa.

Na súa obra amosa un sentido da percepción e do espacio moy avanzado. Nela, ata 1890, a influencia de José Mª de Fenollera é clara. Comparte con el o gosto pola fotografía e criterios como o empregue do debuxo como base da obra e o escaso uso de cores, ciñénse estes a os grises, sepias e grisallas. Con Tito Vazquez, o seu segundo mestre, atopase cunha pintura mais colorista e de composicións alegres. Isto plásmase na obra de Elvira Santiso que se fai máis luminosa a través da introdución de focos de luz que proceden de lareiras ou de brillos en adornos metálicos. Pódese afirmar que La cena del campanero é unha obra cumio desta etapa. Co paso do tempo, a pintura de Santiso, continua aclarándose ata conquerir un colorido comparable ao dos cadros de Sotomayor.

No que toca aos temas, Elvira Santiso alónxase das típicas esceas de flores e paisaxes propias da pintura feminina imposta ás mulleres pola cultura oficial daquel tempo. A súa pintura é figurativa e a máis dos retratos, cultiva o xénero costumbrista.

Como mestra era moi boa comunicadora. Transmitía emoción, motivaba ao alumnado e empregaba métodos con importantes doses de motivación artística. Estaba atenta aos traballos do alumnado que correxía coas suas mans e daba grande importancia ao silencio por ser esta unha actitude relevante para a concentración e a observación tan necesarias no proceso creativo. Nas súas aulas aprendíase o estilo académico clásico. Non se chegaba ó mundo da cor sen antes ter claro o mundo do debuxo e o tratamento dos volumes a través da técnica do carboncillo. Comezábase debuxando estatuas de xeso e modelos do natural con diferentes dificultades de execución: rapazas e rapaces, un xitano descalzo de cor chocolate, unha vella con moitas enrugas e unha preciosa cesta de mimbre, outras con bastón ou tazas de caldo nas mans, fermosas mulleres de ollos grandes e melenas recollidas que suxetaban cantaros de barro...

A pesar do seu currículum e da súa alta calidade artística, Elvira Santiso como moitas outras magníficas pintoras, non acada na historia da arte o recoñecimento do que é merecedora. A crítica e a intelectualidade artística da súa época, fondamente sexista, reservaba os atributos de fama e a gloria aos varóns deixando invisibilizada a obra das mulleres.

Afortunadamente a colección do doutor Daporta exposta no Hostal dos Reis Católicos a finais da década de oitenta de século XX permiu revisitar obra de Elvira Santiso. Esta colección, de liña e autoría moi variada, non conseguiu perdurar no tempo. A morte do doutor conlevou a súa fragmentación e o reparto da colección entre as e os herdeiros. Isto influe nas actuais dificuldades para localizar a obra de Elvira. Máis tarde, entre setembro e novembro de 1995, será a exposición A arte inexistente : as artistas galegas do século XX a que ofreza esta oportunidade (ver catálogo en extras sobre).




Obra pictórica


Adorno en Debuxo Natural (1888-1889)
Cabeza (1889-1890)
Clase de pintura (1906)
La bordadora (1907)
La clase de bordado (1907)
Calustro del Sar (1922-1923)
Ao carón do lar (1922-1923)
Oración (1922-1923)
La Cena del campanero (1922-1923)
O tío Xan (1922-1923)
Ao carón do lar (1922-1923)
Mondando patatas (1922-1923)
Carmeliña (1922-1923)
Botando un cigarro (1923-1924)
A tía Malvina (1923-1924)
No muiño (1923-1924)
¿Que ten o mozo? (1923-1924)
Deportista (1923-1924)
Paisaxe do Ulla I (1923-1924)
Paisaxe do Ulla II (1923-1924)
Paisaxe de Vedra I (1923-1924)
Paisaxe de Vedra II (1923-1924)
Paisaxe de Conxo I (1923-1924)
Paisaxe de Conxo II (1923-1924)
El cronista de Mondoñedo (1925-1926)
Un descansiño (1925-1926)
Domingo de Ramos (1925-1926)
O pé do cruceiro (1925-1926)
Nena (1925-1926)
Miña Noia (1928)
La pequeña guardesa (1928)
Autorretrato
A ceboleira
Niños en la escuela
Muradana
Vendedora de pescado
Retrato de Andrés Díaz de Rábago y Aguiar
Retrato do Arzobispo de Santiago
Nena
Xa merquei

Como citar: Gómez Novoa, Maika : Elvira Santiso. Recuperado o 19/02/2020 do Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=3634 DOI: 10.17075/adg.3634]

Bibliografía

- MARCO, A., Dicionario de mulleres galegas: das orixes a 1975, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia; Vigo: A Nosa Terra, 2007
- PEREIRA BUENO, F., A presenza das mulleres pintoras na arte galega: 1858-1936, Sada: Ediciós do Castro, 2004
- VALLE PÉREZ, J.C., Fernando Álvarez de Sotomayor, A Coruña: Fundación Barrie de la Maza, 2004
- VV.AA.: A ARTE inexistente : as artistas galegas do século XX: [catálogo de exposición] Auditorio de Galicia, setembro-novembro 1995, Santiago de Compostela: Auditorio de Galicia, 1995
- GÓMEZ NOVOA, M., “Elvira Santiso na exposición A arte inexistente: artistas do século XX”, Andaina: revista galega de pensamento feminista, n.º 13 (decembro 1995), p. 50-52
- GOULDS, Sh., “La discriminación de la mujer”, Barcelona: Molino, 1986
- VV.AA.: MUJERES en el arte español (1900-1984): [catálogo de exposición], Madrid: Centro Cultural del Conde Duque, 1984
- VV.AA.: PLÁSTICA Gallega, Vigo: Caja de Ahorros Municipal, 1980

Publicacións periódicas

Aviso Listado automático de documentación relacionada con Elvira Santiso nos fondos documentais en liña ofrecidos polo Consello da Cultura Galega.
Galicia (1905-) .
Revista Regional de Ciencia, Información, Literatura, Arte y Protección
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;

Artigos Elvira Santiso

Aviso Listado automático de documentación relacionada con Elvira Santiso nos fondos documentais en liña ofrecidos polo Consello da Cultura Galega.
SANTISO, E. (10/1995) La clase de bordado, 1907. Andaina. 2ª época 1ª xeira (13), 50.
Ver ilustración Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;
Mencións: