Ramón Sobrino Buhígas
Pontevedra, 1888 - Valladolid, 6/6/1946Autoría: Xosé Ramón Fandiño
DOI: 10.17075/adg.0.22183
Naturalista e arqueólogo especializado en petróglifos
Prestixioso naturalista especializado en bioloxía mariña, mineraloxista, odontólogo, debuxante e arqueólogo, a faceta primordial de Ramón Sobrino, á parte da investigación, foi o ensino, que exerceu nas Facultades de Ciencias das Universidades de Santiago e Madrid, na Escola de Artes e Oficios de Santiago, e nos institutos de Lleida, Palma de Mallorca, Pontevedra e Santiago. Tamén foi promotor da Estación de Bioloxía Mariña de Marín, colaborador da Junta de Ampliación de Estudios e membro numerario do Seminario de Estudos Galegos e do Instituto P. Sarmiento.
Fillo de Luís Sobrino Rivas (1848-1907), médico e membro da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, Sobrino Buhigas naceu nesa cidade en 1888, onde tamén estudou o bacharelato. Logo de cursar o primeiro ano da carreira de Ciencias na Universidade de Santiago trasladou o expediente á de Madrid, na que se licenciou e doutorou en 1911 cun traballo titulado Estudio sobre los cistolitos. Antes fora alumno pensionado na estación de Bioloxía Mariña de Santander a proposta do Museo de Ciencias Naturais de Madrid e alumno dos cursos de Zooloxía Mariña para a preparación de diatomeas. Tralo doutoramento foi nomeado profesor da Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago, cargo que compatibilizou co de auxiliar da sección técnica da Escola de Artes e Oficios da mesma cidade. En 1914 obtivo a cátedra de Historia Natural do Instituto de Lleida, do que pasou a Palma de Mallorca, onde permaneceu ata 1921, ano no que regresou a Pontevedra como catedrático e director do Instituto, ao que, por designación do claustro, representou nos albores da República nun importante congreso para a reforma do ensino, organizado pola Unión Federal de Estudantes Hispanos. No Instituto de Pontevedra tamén organizou o Museo Prehistórico e era o autor de todas as reproducións, debuxos e fotografías que nel figuraban. E non só iso, senón que puxo a disposición do centro a súa habelencia para o debuxo como autor de numerosas láminas descritivas de bioloxía mariña, que actualmente se conservan no Seminario de Ciencias Naturais do Instituto de Ensino Secundario “Sánchez Cantón”. No curso 1930-31 instálase en Santiago para seguir exercendo como catedrático de Instituto e matricúlase na Facultade de Medicina, pero ao curso seguinte trasládase de novo a Madrid para exercer como profesor na Facultade de Ciencias e completar os estudos médicos na especialidade de Odontoloxía.
Como eminente biólogo que era, Sobrino Buhigas foi xefe da Estación Meteorolóxica de Pontevedra, membro da Real Sociedade Española de Historia Natural e promoveu a Estación de Bioloxía Mariña de Marín. Neste campo foron moi importantes as súas publicacións, en especial Balaenoptera borealis Lesson (Nueva especie para la fauna ibérica), 1917, no que dá conta da presenza dun enorme cetáceo varado nunha praia de Vilagarcía, ou La purga de mar o hematotalasia, 1918, que acompaña con debuxos e fotografías. Tamén participou co profesor Martín Cardoso en xeiras de recollida de minerais por toda Galicia en colaboración coa Junta de Ampliación de Estudios e a Comisión de Estudios de Galicia, nas que, ademais de Sobrino, participaban Isidro Parga Pondal e Osorio Tafall. Neste campo son de salientar os seus traballos Contribución a la Gea de Galicia (Nuevo yacimiento de Berilo), 1916, localizado en Cerponzóns (Pontevedra) e Sobre la Nontronita y el Glucinio de Pontevdra (Nueva especie mineral para la gea española (1928), no que dá conta dun xacemento deste silicato de ferro no Porriño.
Se profesionalmente Ramón Sobrino dedicou toda a súa vida ao estudo e docencia das Ciencias Naturais, non menos importante é a súa outra grande dedicación ao debuxo arqueolóxico e ao mundo dos petróglifos, nacida por influencia de seu pai, do seu curmán, o excelente debuxante Henrique Campo, e, sobre todo, de Casto Sampedro, que os orientaba desde a Sociedade Arqueolóxica que o sabio erudito dirixía en Pontevedra. Sobrino Buhigas ingresou na Real academia Galega en 1925 e no Seminario de Estudos Galegos o 23 de outubro de 1927 coa lectura do traballo Contribución al estudio de las insculturas rupestres gallegas, nun acto celebrado na aula de Bioloxía da Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago e, ao día seguinte, dentro das actividades da III Xuntanza Xeral, foi elixido para formar parte da comisión directiva do SEG como representante dos socios protectores da provincia de Pontevedra. En 1930 foi bolseiro da JAE para estudar as insculturas rupestres durante tres meses en París, onde tratou ao abate Henri Breuil, profesor en Friburgo e París e máximo especialista na arte cuaternaria, e en Londres, onde realizou importantes estudos no British Museum, e en 1935 publicou co carimbo do SEG o Corpus Petroglyphorum Gallaecia. A aparición desta obra supera as conclusións das investigacións anteriores levadas a cabo por Murguía, Barros Sivelo, García de la Riega, Hugo Obermaier, Cuevillas e Bouza Brey e convértese nun fito de referencia no que se analizan de xeito global os focos da arte rupestre galega ao aire libre, como froito do traballo de campo do autor para estudar e catalogar os petróglifos, tarefa continuada tamén brillantemente polo seu fillo Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza.
Despois de dilatados trámites e xestións o Corpus, publicado en versión latina do mercedario de Poio, P. Crespo Pozo, rematouse de imprimir en Madrid, segundo consta no colofón do libro, o 26 de xuño de 1935 nunha edición de 500 exemplares numerados coa participación do tipógrafo C. Bermejo e as pranchas da casa Hauser e Menet. O libro, dedicado a Henrique Campo Sobrino, contén 188 láminas de fotografías e debuxos e un mapa de petróglifos da provincia de Pontevedra, dous prefacios, un de Florentino Cuevillas e outro de Casto Sampedro, así coma unha extensa e documentada bibliografía de 482 títulos. Os exemplares non distribuídos e non vendidos, despois da guerra civil quedaron depositados nas casas de varios socios do SEG, Luís Iglesias, Xesús Carro, Cordero Carrete e o propio Sobrino, pero en 1943 ao crearse o Instituto de Estudios Gallegos P. Sarmiento foron parar á nova institución. Como complemento a esta nova visión dos petróglifos, en sesión de marzo de 1936 a comisión directiva do SEG acordou publicar no mesmo formato có Corpus o traballo Instrucciones para la reproducción clásica y gráfica de los petróglifos y relación de las localidades de la provincia de Pontevedra en que se hallan, que sería algo así coma o segundo tomo do Corpus, que non se chegou a publicar, pero que Sobrino xa esbozara na conferencia que co título O que é o Corpus Petroglyphorum Gallaeciae pronunciou na Semana Cultural Galega do Porto organizada polo SEG en abril de 1935.
Corenta e dous anos despois da súa morte, acontecida en 1946 no tren que o traía de volta de Valladolid a onde acudira a consultarse das súas doenzas hepáticas, celebrouse no Museo de Pontevedra unha exposición-homenaxe titulada Ramón Sobrino Buhigas, arqueólogo e naturalista. 1888-1946, que se complementou con dúas conferencias, unha de Xosé Filgueira Valverde e outra de Antonio de la Peña Santos.
Bibliografía
Mato, Alfonso (2000): «Presentación». En Corpus Petroglyphorun Gallaeciae, edición facsimilar. Sada (A Coruña): Seminario de Estudos Galegos, Ediciós do Castro.
Núñez Sobrino, Ángel: «Estudios preliminar». En Corpus Petroglyphorun Gallaeciae, edición facsimilar. Sada (A Coruña): Seminario de Estudos Galegos, Ediciós do Castro, Ediciós do Castro.
Peña Santos, Antonio de la : «Petróglifos». En Gran Enciclopedia Galega Silveiro Cañada. Lugo: El progreso, [s-d-] TOMO
Bugallo Rodríguez, Ánxela (1993): «Sobrino Buhigas, Ramón». En Fraga Vázquez, X.A. e Domínguez, A. (coord.): Diccionario Histórico das Ciencias e das técnicas de Galicia. Autores, 1868-1936
García Martínez, Carlos: «Datos para una cronología del arte rupestre gallego», Boletín del Seminario de Arte y Arqueología de Valladolid, 40-41 (1975).
Como citar: Fandiño, Xosé Ramón : Ramón Sobrino Buhígas. Publicado o 0/0/0 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=3766. Recuperado o 26/03/2023

Pontevedra, 1888 - Valladolid, 6/6/1946Autoría: Ánxela Bugallo
Da Bioloxía mariña a arte rupestre
Estudou o bacharelato no Instituto de Pontevedra e obtivo o título en 1904. Despois de cursar na Universidade de Santiago o primeiro ano de Ciencias, trasladouse á Universidade de Madrid, onde se licenciou nesta mesma especialidade. No curso 1908 acadou unha pensión do Museo de Ciencias Naturales de Madrid para unha estadía na Estación de Bioloxía Mariña de Santander. Os bolseiros do Museo, licenciados en Ciencias Naturais ou alumnos dos últimos cursos, realizaban durante os primeiros meses un estudo xeral dos principais grupos zoolóxicos representados no medio mariño; con este obxectivo recollían exemplares, analizaban as condicións de vida e comportamento no acuario e procedían á súa conservación e estudo taxonómico e descritivo, para o que realizaban preparacións microscópicas e debuxos (Dosil, 2007). Nos meses seguintes os bolseiros especializábanse nun grupo determinado. Sobrino vai traballar con José Rioja Martín, director da Estación, sobre animais inferiores.
Doutorouse en 1911 cun traballo titulado Estudio sobre los cistolitos. O mesmo ano do seu doutoramento acadou o posto de profesor auxiliar da Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago, ocupación que compatibilizou coa docencia na Escola de Artes e Oficios da mesma cidade. En 1913 conseguiu a cátedra de Historia Natural do Instituto de Lleida. Logo trasladouse ao Instituto de Palma de Mallorca, para rematar no de Pontevedra, no que ocupou o cargo de director desde 1921. Dez anos máis tarde, no curso 1930-31, desprazouse a Santiago e matriculouse na Universidade en varias materias de Medicina, trasladando o expediente a Madrid ao ano seguinte. Nese ano 1932 foi nomeado Auxiliar temporal da Facultade de Ciencias de Madrid. Na Universidade madrileña completará a especialidade de Odontoloxía.
Ramón Sobrino pertenceu á Real Sociedad Española de Historia Natural dende 1909, e actuou como o seu representante no VIII Congreso Internacional de Pesca. Tamén foi socio activo e protector do Seminario de Estudos Galegos (SEG), no que ingresou en abril de 1927 co traballo “Contribución al estudio de las insculturas rupestres gallegas”, primeira incursión nun tema que logo desenvolvería no seu libro Corpus Petroglyphorum Gallaeciae, publicado en 1935 polo SEG.
Tras o levantamento militar de 1936 contra a República accedeu, obrigado, ao cargo de director do Instituto de Santiago, no que era catedrático, cargo que compatibilizaba co seu posto de profesor auxiliar na Facultade de Ciencias (Gurriarán, 2006). Encargado, por orde reitoral, dunha inspección ao Instituto de Pontevedra, a Comandancia militar recusouna e suspendeuna, e foi acusado de asinar, en febreiro de 1932, o manifesto Al servicio del Estatuto, en prol do Estatuto de Autonomía de Galicia, comunicándose ao Reitorado tales antecedentes, que non foron atendidos polo organismo universitario (Gurriarán, 2006). Parece que buscou protección, coma fixeron outros, uníndose a un dos partidos que apoiaron o golpe, concretamente aos requetés de Comunión Tradicionalista (Gurriarán, 2006: 586-587). Depurado en 1937 do seu posto no Instituto, foi posteriormente confirmado e apareceu novamente na relación de catedráticos editada en febreiro de 1940, polo Ministerio de Educación Nacional, como catedrático de cuarta categoría, cun soldo de 14.400 pesetas (Negrín, 2006).
A súa relación coa Estación de Biología Marina de Marín
Cando en 1932 se creou a Estación de Biología Marina de Marín, baixo a supervisión de Bolívar, Sobrino era un dos seus promotores e quen se encargaba de buscarlle un local axeitado. Instalarase en Punta Pesqueira (Marín), na vella torreira restaurada para ese obxectivo, e situada á beira do mar, pero coa intención de trasladala cara a entrada da ría (Dosil, 2007). A creación deste centro respondía ao interese do sector institucionalista, con Bolívar á fronte, de dispoñer dun centro mariño para completar a formación do alumnado de Ciencias de Madrid, pois a creación do Instituto Español de Oceanografía, en 1914, supuxera o control de todas as estacións, incluída á de Santander, á que antes tiñan acceso. A proposta contara co apoio do persoal científico de Santander, pois precisamente fora o fillo de José Rioja, Enrique Rioja Lobianco, quen propuxera, xa en 1920, a Marín como sede. Pero a iniciativa non prosperou debido á oposición de Odón de Buen, director do Instituto Español de Oceanografía (Puig Samper, 2007).
Cando por fin se creou, en 1932, foi un centro dependente do Museo de Ciencias Naturales financiado pola Junta de Ampliación de Estudios (JAE), institución na que Sobrino participou activamente. A JAE xogou un papel moi relevante na institucionalización científica en Galicia e a ela debémoslle a creación de organismos como a Misión Biológica de Galicia (1921), a Comisión de Estudios en Galicia (1927) e a Estación de Biología Marina de Marín.
O director da Estación foi José Rioja Martín, con quen Sobrino traballara na Estación de Santander. O resto do persoal científico e docente estivo formado por investigadores relacionados co Museo e que participaran na Estación de Santander: Federico Bonet, Francisco Ferrer, Antonio García Varela, Luis Lozano, Gabriel Martín Cardoso, Enrique Rioja, Victoriano Rivera, Bibiano Fernández e Ramón Sobrino Buhigas, encargado das tarefas de xestión. As súas colaboracións foron temporais pero interesantes, en cuestións relacionadas coa xestión, co ditado de conferencias previas no Museo madrileño e coa recollida de exemplares para o curso (Dosil, 2007).
Os obxectivos que se propoñía o laboratorio da Estación de Marín eran tres: permitir aos licenciados e alumnos de Ciencias Naturais completar os coñecementos de Bioloxía Mariña, nos seus aspectos teóricos e, sobre todo, prácticos; ofrecer aos investigadores do Museo unha infraestrutura básica onde puideran desenvolver as súas investigacións; e potenciar por medio das súas investigacións o sector pesqueiro da zona. O centro atendeu principalmente os aspectos didácticos e de investigación pero, seguramente debido ao cese prematura das súas actividades ao comezo da Guerra Civil, os aspectos relacionados coa industria non chegaron a desenvolverse (Dosil, 2007).
Sobrino e os dinoflaxelados
Un dos traballos máis importantes de Ramón Sobrino foi “La purga de mar o hematotalasia” (Sobrino, 1918a), sobre o fenómeno das mareas vermellas que eran moi comúns no verán nas Rías Baixas. Non existían estudos científicos anteriores sobre o axente que as causaba, e Sobrino refírese ás explicacións populares dadas ao fenómeno, como a necesidade do mar de limparse, por iso o nome de purga, ou incluso que o mar menstrúa. En 1916, como ocorría case cada verán, as augas das Rías Baixas tinxíronse de vermello, e o noso catedrático do Instituto de Pontevedra, por un lado e, por outro o Director do Instituto Español de Oceanografía, Odón del Buen a bordo do “Hernán Cortés”, dotado dun excelente microscopio Zeiss, trataron de analizar o axente causante. Ningún dos dous o conseguiu (Gómez, 2006).
Ao ano seguinte, Sobrino xa dispoñía dun moderno microscopio Leitz e a marea vermella volveu. Coa axuda de Ernesto Caballero realizou fotomicrografías que mostraban unha densa proliferación de Lingulodinium (=Gonyaulax) polyedra. Despois deste profundo estudo experimental, Sobrino rebateu as teses mantidas por outros investigadores, identificou esta como a especie causante da purga e publicou os resultados no artigo citado. No traballo da unha profunda descrición da especie Gonyaulax polyedra Stein, que acompaña coas microfotografías e con debuxos que ilustraban detalles como o poro ventral na primeira placa apical. Aborda tamén o estudo dos factores que inflúe na presenza da especie nas costas galegas, e fai unha análise comparativa con fenómenos parecidos noutras costas. Para rematar enuncia a idea da posíbel relación entre os organismos que producen a purga de mar e a abundancia da sardiña na costa (Sobrino, 1918a, p.440), utilizando datos obtidos das observacións do medio mariño, da experiencia dos propios pescadores e das análises realizadas en sardiñas desecadas. Esta tese será confirmada posteriormente no artigo “Acerca del Gonyaulax polyedra como alimento de la sardina” (Sobrino, 1918b), tanto como resultado das observacións no medio mariño como das análises realizadas en sardiñas desecadas.
Sobre este mesmo tema aínda escribirá outro artigo, “Réplica a la nota y observaciones de D. F. de Buen a la Memoria “La purga de mar o hematotalasia”” (Sobrino, 1918c), no que contesta a Fernando de Buen (1918), fillo do director do Instituto Español de Oceanografía quen, para defender unhas investigacións superficiais do pai, criticaba as de Sobrino. Acúsao de falla de medios e de bibliografía pero Fernando de Buen non proporciona ningún dato ou nome sobre o suposto radiolario causante da marea vermella, segundo o seu pai, e non da resultados das mostras recollidas en 1917(Gómez, 2006). A resposta de Sobrino é contundente, rebatendo punto por punto as descualificacións e, no remate, fai unha durísima crítica contra o Instituto Oceanográfico por non empregar todos os medios ao seu alcance para o estudo de problemas tan importantes.
Os seus estudos sobre dinoflaxelados tamén mostran como Sobrino poñía a súa habilidade para o debuxo ao servizo da súa grande vocación, a Bioloxía mariña, e no Instituto “Sánchez Cantón” de Pontevedra aínda se conservan na actualidade láminas do seu perfeccionista traballo descritivo, case todas ilustrando especies mariñas.
Os seus contactos coa Xeoloxía
Outra parcela importante no traballo de Sobrino Buhigas son os estudos sobre a riqueza mineralóxica de Galicia, a miúdo como resultado das excursións científicas que realizaba cos seus alumnos do Instituto. Tal é o caso de “Contribución a la Gea de Galicia (Nuevo yacimiento de Berilo)”, no que da conta da existencia de varios depósitos deste mineral localizados en: quilómetro 2 da estrada de Pontevedra a Vigo, na Ramallosa, Carballeira, San Juan de Pesqueiras, Poio e outros de menor importancia. Considera todos de menor entidade que o que descubre en Cerponzóns (Pontevedra), un depósito do que extrae cristais de berilo “de un tamaño relativamente colosal y que juzgo, por los datos que poseo, el mayor o uno de los mayores recogidos en Galicia” (Sobrino,1916, p. 542).
Na sesión do 11 de abril de 1928 da Real Sociedad Española de Historia Natural, Sobrino da conta do descubrimento nun depósito en Chenlo (Porriño-Pontevedra), dun silicato de ferro, a nontronita, segundo o autor ata daquela non citado na Península. No artigo que da conta do descubrimento, “Sobre la Nontronita y el Glucinio de Pontevedra (Nueva especie mineral para la gea española”, Sobrino tamén trata as propiedades dun “raro metal”, o Glucinio, que obtivo dos berilos procedentes da mina “Clarita”, localizada en Viascón (Pontevedra), e que considera “está llamado a desempeñar un importantísimo papel en la construcción de aeronaves” (Sobrino, 1928, p.210).
Tal como el mesmo expresa nos seus artigos, mostras destas investigacións xeolóxicas foron aportadas polo autor ao Museo de Ciencias Naturales de Madrid, ao Museo da Universidade de Santiago e ao gabinete do Instituto de Pontevedra. Posteriormente, en 1932, participou como experto nas excursións que guiou o profesor Martín Cardoso, realizadas en colaboración coa Junta de Ampliación de Estudios e a Comisión de Estudios de Galicia, para a recollida de minerais en Galicia.
Sobrino e os petroglifos
Cómpre salientar tamén a importancia das investigacións de Sobrino no descubrimento e catalogación dos petroglifos galegos, constituíndo o seu libro Corpus Petroglyphorum Gallaeciae, editado polo Seminario de Estudos Galegos, unha pedra base para este estudo. Todo partiu da creación da Sociedad Arqueológica de Pontevedra (1894), experiencia interdisciplinar dirixida por Casto Sampedro e polos profesores do Instituto da cidade do Lérez, que vai pular polo inventario dos complexos rupestres pontevedreses. Fíxose cargo do labor de debuxante Enrique Campo Sobrino, quen tras o seu falecemento foi substituído por Ramón Sobrino Buhigas, dada a súa habilidade para o debuxo.
Tal foi o interese de Sobrino polo tema que en 1930 obtivo unha pensión da Junta de Ampliación de Estudios para facer, durante tres meses en Francia e Inglaterra, un estudo comparativo dos gravados rupestres destes países cos da provincia de Pontevedra, traballando entre outros co abate Breuil (Gurriarán, 2006). Esa estadía e, sobre todo, os longos anos dedicados á busca e catalogación de complexos rupestres pola Sociedad Arqueológica de Pontevedra deron como resultado un profundo nivel de coñecementos sobre o terreo. Con eses datos Sobrino realizou a súa obra, na que ademais de ilustrar máis de douscentos complexos, escribe unha interesante introdución onde mostra o seu amplo coñecemento sobre o tema. Informa da técnica de gravado, do espallamento xeográfico dos complexos, da súa localización sobre o terreo, das causas da preferencia dos granitos de grao fino, ademais de sistematizar a temática dos gravados.
A obra está escrita en latín para favorecer a comprensión mundial do tema, pero o seu libro foi fundamentalmente coñecido polas súas ilustracións. Segundo Antonio de la Peña (1992), a aparición en 1935 desta obra, significou dar a coñecer internacionalmente a existencia dun foco de arte rupestre ao ar libre, que se ben non era totalmente descoñecido, pouco se sabía da súa riqueza temática e das súas características. Desgraciadamente, a aparición da obra. moi próxima ao comezo da Guerra Civil, fixo que a liña de investigación aberta desaparecera, concluíndo así abruptamente unha das mellores fases para estes estudos en Galicia. Xa no franquismo xurdiu con forza a figura do seu fillo, Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza, quen publicou un número importante de artigos onde desenvolveu as hipóteses formuladas na obra do seu pai. De feito, Ramón Sobrino Buhigas, xunto co seu fillo, son considerados dous dos máis grandes investigadores de arte rupestre en Galicia.
Bibliografía
Fontes documentais
Sobrino Buhigas, Ramón. Arquivo Histórico da Universidade de Santiago. Serie Expedientes Persoais, cartafol 1403, doc. nº 7.
Fontes impresas
Sobrino Buhigas, Ramón (1911): Estudio sobre los Cistolitos. Madrid: Impr. Artística Sobrino Buhigas, Ramón (1916): «Contribución a la Gea de Galicia (Nuevo yacimiento de Berilo)», Boletín de la Real Sociedad Española de Historia Natural, XVI: 541-543.
Sobrino Buhigas, Ramón (1917): «Balaenoptera borealis Lesson (Nueva especie para la fauna ibérica)», Boletín de la Sociedad Española de Historia Natural, XVII: 231-234.
Sobrino Buhigas, Ramón (1918a): «La purga de mar o hematotalasia», Memorias de la Real Sociedad Española de Historia Natural, Tomo X, Memoria 9; p. 407-461.
Sobrino Buhigas, Ramón (1918b): «Acerca del Gonyaulax polyedra como alimento de la sardina», Boletín de la Real Sociedad Española de Historia Natural, XVIII: 294.
Sobrino Buhigas, Ramón (1918c): «Réplica a la nota y observaciones de D. F. de Buen a la Memoria La purga de mar o Hematotalasia
», Boletín de la Real Sociedad Española de Historia Natural, XVIII: 348-356.
Sobrino Buhigas, Ramón (1928): «Sobre la Nontronita y el Glucinio de Pontevedra (Nueva especie mineral para la gea española)», Boletín de la Real Sociedad Española de Historia Natural, XXVIII: 209-210.
Sobrino Buhigas, Ramón (1933): «Notables anomalías neuroesqueléticas del hombre», Boletín de la Universidad de Santiago de Compostela, 18: 83-86.
Sobrino Buhigas, Ramón (1935): Corpus Petroglyphorum Gallaecia. Compostela: Seminario de Estudos Galegos.
Bibliografía secundaria
Buen, Fernando de (1918): «Sobre la coloración roja del agua en la Rías Bajas y la biología de la sardina. (Notas a una Memoria del Sr. Sobrino)», Boletín de la Real Sociedad de Historia Natural, XVIII: 327-331.
Dosil Mancilla, J. (2007): «Los albores de la botánica marina española (1814-1939)». En El estudio de la flora y vegetacion marinas en España. Madrid: CSIC.
Gómez, Fernando (2006): «Historia de las investigaciones sobre dinoflagelados marinos en España», Llul, 29: 307-329.
Gurriarán, R. (2006): Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago. Santiago de Compostela: Universidade.
Mato, Alfonso (2001): O Seminario de Estudos Galegos. Sada (A Coruña): Seminario de Estudos Galegos, Ediciós do Castro.
Negrín Fajardo, O. (2006): «La depuración franquista del profesorado en los institutos de segunda enseñanza de España (1937-1943). Estudio cuantitativo para Galicia», Sarmiento, 10: 59-99.
Peña Santos, Antonio de la (1992): «El Grupo Galaico de Arte Rupestre
». Ponencia presentada al Iº Congrés Internacional de Gravats Rupestres i Murals organizado por el Institut d´Estudis Illerdencs (Lleida 1992).
Puig Samper, M.A. (coord.) (2007): Tiempos de investigación: JAE-CSIC, cien años de ciencia en España. Madrid: Ministerio de Educación y Ciencia, Consejo Superior de Investigaciones Científicas.
Sobrino Buhigas, Ramón (2000): Corpus Petroglyphorum Gallaecia, Ed. Facsimilar, Estudo preliminar de Ángel Núñez Sobrino, tradución do latín a galego de Xosé Souto Blanco, prólogo de Antonio Fraguas, presentación de Alfonso Mato. Sada-A Coruña: Ediciós do Castro, Seminario de Estudos Galegos.
Como citar: Bugallo, Ánxela : Ramón Sobrino Buhígas. Publicado o 21/3/2023 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=3766. Recuperado o 26/03/2023

DOCUMENTACIÓN SOBRE
Ángel Núñez Sobrino escribe sobre os membros dunha estirpe -a dos Sobrino- que foron relevantes tanto no mundo da cultura e da ciencia de Galicia como fóra dela
Núñez Sobrino, Ángel: «Los Sobrino: datos, noticias, producciones y aportaciones (siglos XIX y XX)», Anuario Brigantino, 43 ( 2022 ), 455-480.
Fonte: Anuario Brigantino / www.dialnet.es
Investigación sobre Ramón Sobrino Buhígas para o Mestrado en Arqueoloxía Prehistórica e Arte Rupestre, de Kenia de Aguiar Ribeiro
Ribeiro, Kenia de Aguiar: Arqueologia da imagem e arte rupestre: estudo dos originais fotográficos históricos de Ramón Sobrino Buhígas (1888-1946): Dissertação de Mestrado. Tomar (Portugal): Instituto Politécnico de Tomar, Escola Superior de Tecnologia, 2020
Fonte: Kenia de Aguiar Ribeiro / wwww.academia.edu
Estudo de Ángel Núñez Sobrino sobre Ramón Sobrino Buhígas
Núñez Sobrino, Ángel: «Ramón Sobrino Buhígas (1888-1946): actualidade dun arqueólogo», Adra: revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego, 14 ( 2019 ), 120-136.
Fonte: dialnet.es
Novas achegas de Ángel Núñez Sobrino sobre Enrique Campo, Sobrino Buhigas e Sobrino Lorenzo-Ruza
Núñez Sobrino, Ángel: «Los arqueólogos de los petroglifos Anuario Brigantino, 42 (2019), 21-36.
Fonte: Anuario Brigantino/ dialnet.unirioja.es/
Monografía sobre Ramón Sobrino Buhígas na que autor, Ángel Sobrino Núñez, desenvolve aspectos importante da personalidade científica do naturista
Núñez Sobrino, Ángel: «Ramón Sobrino Buhígas (1888-1946): materia y forma pétrea señalada y nombrada», Anuario Brigantino, 40 (2017), 509-550.
Fonte: Anuario Brigantino / dialnet.es
Neste obituario dedicado a Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza, Borobó fai un percorrido pola relación da familia Sobrino coa arqueoloxía e os petróglifos
Borobó: «Anacos: Luto en las piedras», La Noche: único diario de la tarde en Galicia, 11669 (4 de febreiro de 1959), 8.
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=7180 [Descarga: 2023-03-17]
A semana cultural de Porto, celebrada en abril de 1935, contou cunha ampla representación de membros do Seminario de Estudos Galegos
«Seminario de Estudos Galegos: La semana cultural de Oporto», El pueblo gallego: rotativo de la mañana, 3441 (17 de abril de 1935), 9.
Fonte: Biblioteca Pública Antonio Odriozola / Galiciana. Bibliotea Dixital de Galicia
http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/consulta/registro.do?id=3952
Información sobre a publicación do Corpus Petroglyphorum Gallaeciae
Rlezodríguez Gonzá, Olivia: «El Corpus Petroglyphorum Gallaeciae», El pueblo gallego: rotativo de la mañana, 3184 (15 de xuño de 1934), 7.
Fonte: Biblioteca Pública Antonio Odriozola / Galiciana. BIblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=3952 [Descarga: 2023-03-17]
Prólogo de Casto Sampedro para o Corpus Petroglyphorum Gallaecia: opera et studio, de Sobrino Buhígas. O texto, con anotacións manuscritas posiblemente do presidente da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, está asinado o 26 de abril de 1933
Fonte: Fundación Filgueira Valverde
Relación de catadráticos galegos pensionados pola Junta de Ampliación de Estudios, entre os que figura Sobrino Buhígas. Marzo de 1930
«Catedráticos gallegos pensionados», El Progreso: semanario independiente, 10247 (28 de marzo de 1930), 2.
Fonte: Biblioteca Pública Antonio Odriozola / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/consulta/registro.do?id=3958
Páxina dedicada a Ramón Sobrino Buhígas en Vida Gallega
«Pontevedra», Vida gallega: ilustración regional, 221 (5 de abril de 1923), 34.
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=3983 [Descarga: 2023-03-17]
Ligazóns de interese
Ángel Núñez escribe sobre a exposición permanente dedicada a Ramón Sobrino Buhígas en Campo Lameiro
Núñez Sobrino, Ángel: «Petróglifos», El correo gallego, (30 de outurbo de 2022)
Fonte: https://www.elcorreogallego.es/el-correo-2/petroglifos-PD12449798 [Consulta: 2022-03-23]
O Seminario de Estudos Galegos (1923-1936) en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta_aut/registro.do?id=35606 [Consulta: 2022-12-28]
Acceso á publicación Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. Galiciana
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=401088 [Consulta: 2022-12-30]
Contribución a la Gea de Galicia
Sobrino Buhígas, Ramón (1916): «Contribución a la Gea de Galicia (Nuevo yacimiento de Berilo)», Boletín de la Real Sociedad Española de Historia Natural, XVI: 541-543.
Balaenoptera borealis Lesson
Sobrino Buhígas, Ramón (1917): «Balaenoptera borealis Lesson (Nueva especie para la fauna ibérica)», Boletín de la Sociedad Española de Historia Natural, XVII: 231-234.
La purga de mar
Sobrino Buhígas, Ramón (1918a): «La purga de mar o hematotalasia», Memorias de la Real Sociedad Española de Historia Natural, Tomo X. Memoria 9, p. 407-461.
Acerca del Gonyaulax polyedra
Sobrino Buhígas, Ramón: (1918b): «Acerca del Gonyaulax polyedra como alimento de la sardina», Boletín de la Real Sociedad Española de Historia Natural, XVIII: 294.
Sobre la Nontronita y el Glucinio de Pontevedra
Sobrino Buhígas, Ramón (1928): «Sobre la Nontronita y el Glucinio de Pontevedra (Nueva especie mineral para la gea española)», Boletín de la Real Sociedad Española de Historia Natural, XXVIII: 209-210.
Investigaciones sobre dinoflagelados marinos
Gómez, F. (2006): «Historia de las investigaciones sobre dinoflagelados marinos en España», Llull, 29, 64: 307-329.
La depuración franquista del profesorado
Negrín Fajardo, O. (2006): «La depuración franquista del profesorado en los institutos de segunda enseñanza de España (1937-1943). Estudio cuantitativo para Galicia« Sarmiento, 10: 59-99.
Ramón Sobrino Buhías no DB-e da Real Academia de la Historia
Fraga Vázquez, Xosé A. : «Ramón Sobrino Buhígas», DB-e da Real Academia de la Historia.
Fonte: Real Academia de la Historia.
https://dbe.rah.es/biografias/8298/ramon-sobrino-buhigas [Consulta: 2023-03-17]

Poema «Diálogo co arqueólogo Ramón Sobrino Buhígas», de Miro Villar para o libro Corpus Petroglyphorum Gallaeciae de Sobrino Buhígas
Fonte: http://crebas.gal/?p=7607 [Consulta: 2023-03-27]
Espazo web de Ramón Sobrino Buhígas en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Videos
Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro, onde a figura de Ramón Sobrino Buhígas e o seu Corpus Petroglyphorum Gallaeciae preside un ámbito destinado a presentar as primeiras etapas da investigación dos petróglifos de Galicia
Fonte: https://www.youtube.com/watch?v=HdNXTrS86SM
Petróglifos de Mogor (Marín, Pontevedra). Arredor de 1922, Ramón Sobrino Buhigas debuxou o Labirinto, a peza máis importante do conxunto, utilizando procedementos novos para a súa época.
Fonte: Deputación de Pontevedra / youtube,es