Luísa Villalta
A Coruña, 15/ 7/1957 - A Coruña, 6/3/2004Autoría: Silverio Cerradelo
Escritora e violinista, destacou pola forza da súa voz e polo seu compromiso social
Foi unha escritora prolífica e versátil, autora de poesía, narrativa, ensaios, pezas dramáticas e textos xornalísticos en lingua galega. A súa escrita foi premiada varias veces: no certame de relatos curtos Modesto R. Figueirido (1990), por A taberna do holandés; no XIII Premio Espiral Maior (2004), polo seu poemario En concreto; postumamente, recibiu o Premio da Crítica Galega á Creación Literaria (2005) tamén por En concreto, etc.
A súa experiencia musical, sen dúbida, influíu na súa creación literaria. Diso deixou constancia no ensaio O outro lado da música, a poesía (1999) e en artigos como A Música e Nós (2002), Poética:
Sobre un certo estado de conciencia(2002) ou A língua dos sons (2003), onde fala da relación entre a palabra e a música e da súa experiencia persoal nos momentos de creación.
Paralelamente á súa traxectoria como autora, desenvolveu unha intensa actividade cultural. Participou en seminarios, en recitais de poesía, deu conferencias e colaborou nunha chea de publicacións periódicas, como Man Común, A Nosa Terra, Festa da Palabra Silenciada, Tempos Novos, Grial, Luzes de Galiza, Agália, Boletín Galego de Literatura, A Trabe de Ouro, Enclave, Página abierta, etc. En moitas destas colaboracións podemos percibir a personalidade de Luísa Villalta e a súa consciencia social, de modo particular nos artigos publicados entre os anos 2002 e 2004 en A Nosa Terra, compilados no Libro das colunas (2005). Sensíbel e contundente, puña en evidencia a hipocrisía política, denunciaba os valores e a apatía dunha sociedade ferozmente capitalista ou criticaba os responsábeis dos desarranxos sociais, sempre do lado das persoas máis desfavorecidas e nun ton construtivo.
Seguramente foi a súa sede de xustiza, a súa sede de sermos un país avanzado, un país culto, o que a levou a implicarse socialmente: formou parte da directiva da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, coordinou a área de revisión histórica e análise crítica da cultura no Foro da Cultura Galega, participou no Foro Negro, foi membro activo da Mesa pola Normalización Lingüística e comprometeuse en favor dos dereitos lingüísticos do pobo galego.
Na súa obra tamén estivo presente a consciencia de ser muller, de vivir nunha sociedade onde os homes e as mulleres están marcados de maneira moi diferente polo feito de selo. Así, equiparou Isto é poesía, un ruído provocado. […] Isto é tamén unha muller que resiste, e así, no seu poemario Papagaio –entre imaxes tomadas no transcurso da demolición deste barrio da Coruña coñecido pola prostitución–, os seus textos fálannos da vida das putas, empregando esta palabra sen rubores e con toda a dignidade.
A morte chegou para Luísa Villalta dun modo inesperado, por causa dunha parada cardíaca, o 6 de marzo de 2004. Tiña 46 anos e unha vida chea de ocupacións, proxectos e esperanzas.
No mesmo ano da súa morte xorden dúas iniciativas que lembran o seu nome e o seu labor en convocatorias anuais. No I.E.S. Isaac Díaz Pardo de Sada –onde ela foi profesora– convócase o Certame Literario Luísa Villalta; e, no contexto da comunidade universitaria, convócase o Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras, para a promoción do uso do galego nas tres universidades galegas. A Deputación da Coruña convoca, tamén anualmente, o Premio Luísa Villalta a Proxectos pola Igualdade a partir de 2018
Obra
Poesía
(Máis obra poética súa está incluída en antoloxías colectivas)
Narrativa
(Máis obra narrativa súa está incluída en antoloxías colectivas)
Teatro
Ensaio
Xornalismo
Tradución
Bibliografía
Luna, X.: No Pazo de Laiovento. Conversas con Francisco Pillado Maior. Culleredo (A Coruña): Espiral Maior, 2007.
Como citar: Cerradelo, Silverio : Luísa Villalta. Publicado o 10/1/2024 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=4163. Recuperado o 20/04/2024
DOCUMENTACIÓN DE
«Desperta do teu soño…»
Artigo de Luísa Villalta publicado en A Nosa Terra: Cadernos de pensamento e cultura, 29 (2003), 19-20.
Fonte: Exemplar da Biblioteca do CCG
«Retrato de nós adolescentes. Sobre estética e identidade nacional», A trabe de ouro, n.26 (abril-xuño 1996).
Fonte: Exemplar da Biblioteca do CCG
«Mulleres si pero», Festa da palabra silenciada, 10 (1994), 48-49
Fonte: A Saia. Publicacións Periódicas Feministas e LGBTIQ+
Consello da Cultura Galega.
«Anónimos»
Textos de Luisa Villalta publicados en Ólisbos. Os amantes da palabra, 10 (1990), 34-37.
Fonte: exemplar da Biblioteca do CCG
«Rota ao interior do ollo».
Participación de Luísa Villalta no proxecto artístico Flying Carpet.
Fonte: http://www.flyingcarpet.ch
Non abonda a palabra recitada
Non abonda a palabra recitada
para fechar o libro da memoria,
no fundo sempre hai algo que se ignora
como lido só na páxina selada.
A palabra non é escrita, é soñada
entre o soño do sonido, incolora
entre as cores do sentido, acesória
como a ausencia imprescindíbel e a nada.
Procurando ese rosto que se corta
no vacío producido entre os versos,
ascendín pola escada até unha porta
dunha estáncia onde resoan, imensos,
os ecos da palabra, que está morta,
na orfa luz en que van boiar dispersos.
***
Ser só ser, ser corpo
unidade simple e infinita
que limita a densidade do vacío.
Sentir só a vida
que fusiona o siléncio co siléncio
dando así o seu pulso al infinito.
***
E o meio do camiño será un verso
como todos os camiños que comezan
e proseguen. Porque un verso
non é mais que o que se quebra
e continua,
que se escapa
e fica e segue
e articula o ritmo escuro do sentido
e anda só, e pára, e anoitece
despeñando-se na luz para a seguinte
páxina e infinitas a seguir, río en herdanza,
libro a libro, como un século a outro século.
***
A páxina que nunca será escrita
está ante min, detrás e se dilata
como a aurora ilimitada da lembranza:
no oco da palabra un eco aniña.
***
Pensar é escuro
como un muro de sombra imerecida:
do outro lado o sol, sempre ao outro lado,
lonxe, infinitamente lonxe
desta xanela á que rebota estremecida
a confusión que por min padece o ar,
e as auséncias que proxecto como sombras
dalgun min que eu non decido.
Pensar, pensar como en lexión
de criaturas espantosas que arrebatan
as explicacións mais simples da loucura.
E é así, porque a razón é tráxica,
como tráxico é calquer fin último,
calquer destino ao que se aboca a vida.
***
E ficaremos sós
mar e siléncio.
Cando a noite me veña desvendar
con amor prometido e demorado
estes ollos que ollaron tanto nada,
as follas que caíron ao meu pé
serán pisadas.
E a auséncia cumprirá o seu oráculo
cando a noite sexa o fundo,
cando o mesmo mar a noite,
e o siléncio
diga a última palabra.
--------------------------------------------
Ilustración:
Figuras de cordel (1998)
Mar Caldas
[Ficha en Atalaia]
The spoken word isn't enough
The spoken word isn't enough
to close the book of memory,
in the end something always goes unnoticed
as if read on a page that is sealed.
A word isn't a written thing, it's dreamed
inside the dream of sound, colorless
among the colors of meaning, an accessory
like indispensable absence and nothingness.
Looking for that face that is cut out
of the space created between verse and verse
I ascended the stairs to a door
to a room where immense echoes of the word,
which is dead, are vibrating,
in the orphan light where they will float and flitter.
***
Be only being, be body
simple and infinite unit
that outlines the density of emptiness.
Feel only the life
that fuses silence with silence
offering its heartbeat to infinity.
***
And the path to travel will be a verse
like all the paths that begin
and keep going. Because a verse
is nothing more than what breaks
and continues on
that runs and hides
and is there and continues
and articulates the dark rhythm of meaning
and moves about alone, and stops, and ends the day
falling headlong into the light for the next
page and endless ones that follow, an inherited river,
book by book, like century after century.
***
The page that will never be written
is before me, behind me, spreading out
like the endless dawn of memory:
in the empty word an echo is tucked in.
***
Thinking is a dark thing
like a a wall with shade it doesn't deserve:
on the other side the sun, always on the other side,
distant, infinitely distant
from this window where shivering uncertainty
of the air that I've caused is beating,
and the absences I project like shadows
of some self I haven't identified.
Thinking, thinking like a legion
of frightful creatures that wrench
the simplest explanations from madness.
And it's like that because reason is tragic,
like every final ending is tragic,
no matter which direction life takes.
***
And we will be alone
sea and silence.
When night comes to remove my blindfold
with a promised and slow-moving love,
from these eyes that saw so much nothing,
the leaves that fell at my feet
will be crushed.
And absence will complete its oracle
when night is background,
when the sea itself is night,
and silence
pronounces the final word.
Artigo de Luísa Villalta e Francisco Pillado sobre a A mandrágora de Machiavelli, de 1518
Pillado Mayor, Francisco; Villalta, Luísa: «Arredor da Mandrágora de Machiavelli», Viceversa: revista galega de traducción, 5 (1999), 139-142.
Fonte: Viceversa / Dialnet
https://dialnet.unirioja.es/
DOCUMENTACIÓN SOBRE
«Luísa Villalta»
Contracapa da revista Andaina. Revista Galega de pensamento feminista, 51 (1/2009).
Fonte: A Saia. Publicacións Períodicas Feministas e LGBTIQ+.
Consello da Cultura Galega.
«Galiza: o legado de Luísa Villalta»
Comentario publicado en Vieiros.com a respecto do Libro das colunas de Luísa Villalta, (21-7-2005)
Fonte: http://www.vieiros.com/
«O falecemento de Luísa Villalta deixa a poesía galega sen unha das voces máis veteranas e actuais»,
artigo publicado en culturagalega.org con motivo do pasamento de Luísa Villalta
Fonte: http://www.culturagalega.org/
«Luísa Villalta, a relación entre a música e a poesía»
Artigo publicado en Vieiros.com con motivo do pasamento de Luísa Villalta (7-3-2004)
Fonte: http://www.vieiros.com/
«En concreto, de Luísa Villalta»
Recensión de Xosé M.ª Álvarez Cáccamo.
Fonte: Festa da Palabra Silenciada, 19 (2004), 68-69
«Música reservada, de Luísa Villalta»
Recensión de Miro Villar.
Fonte: Festa da palabra silenciada, 19 (2004), 70-72
GUIMARÃES, F. M.: «Luísa Villalta e os descaminhos da poesia»
Actas das I Xornadas das Letras Galegas en Lisboa, Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 1998, p. 387-395.
Ligazóns de interese
«Antiquísima»
Luís García Sotole recita «Antiquísima», do poemario En concreto de Luísa Villalta.
Fonte: Centro de Documentación da AELG
[Última consulta: 2024-01-09]
«Delicioso é perder tempo»
Eva Veiga le “«Delicioso é perder tempo», do poemario Música reservada de Luísa Villalta.
Fonte: Centro de Documentación da AELG.
[Última consulta: 2024-01-09]
«Sator Arepo tenet opera rotas»
Xosé Carlos López Bernárdez le «Sator Arepo tenet opera rotas», do poemario Rota ao interior do ollo de Luísa Villalta.
Fonte: Centro de Documentación da AELG.
[Última consulta: 2024-01-09]
Luisa Villalta na Wikipedia
Fonte: https://gl.wikipedia.org/
[Última consulta: 2024-01-09]
Luísa Villalta en A Coruña das Mulleres
Fonte: https://acorunhadasmulleres.gal/luisa-villalta/
[Última consulta: 2024-01-09]
Luísa Villalta no Centro de Documentación da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
Fonte: https://www.aelg.gal/
[Última consulta: 2024-01-09]
Xornada Xela Arias e Luísa Villalta. Letras, interartes, proxectos na fin de século (26/03/2014)
Fonte: https://consellodacultura.gal/
[Última consulta: 2024-01-09]
Luísa Villalta en Andaina de mulleres
Fonte: https://www.andainamulleres.gal/
[Última consulta: 2024-01-09]
Luísa Villalta na Biblioteca Virtual Galega
Fonte; https://bvg.udc.es/
[Última consulta: 2024-01-09]
Vídeo da homenaxe a Luísa Villalta, O outro lado da música: a palabra, organizada pola AELG o 3 de outubro de 2004 no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, que incluíu o espectáculo Música desvelada, sobre textos teatrais e poéticos de Luísa Villalta, con adaptación e dirección de Lino Braxe, quen tamén formaba parte do elenco
Fonte: Videoteca da AELG.
[Última consulta: 2024-01-09]
Luísa Villalta na páxina web da Academia Galega
Fonte: https://academia.gal/
[Última consulta: 2024-01-09]
«E formo parte», biografía de Luísa Villalta escrita por Ana Romaní e publicada no especial Letras Galegas 2024 da Academia Galega
Fonte: Real Academia Galega.
[Última consulta: 2024-01-09]
Videos
Vídeo de presentación da Obra dramática completa de Luísa Villalta, na Asociación Cultural Alexandre Bóveda, no ano 2018, na canle en YouTube da asociación
Fonte: Asociación Cultural Alexandre Bóveda / youtube.com
Música e poesía en Luísa Villalta, audiovisual realizado por Illa Bufarda
Fonte: Consello da Cultura Galega / YouTube.com
Xornada Xela Arias e Luisa Villalta: Andar a cidade, andar o corpo. Achegas críticas sobre poética
Fonte: Consello da Cultura Galega / YouTube.com
Xornada Xela Arias e Luisa Villalta: Perfís estéticos, intelectuais e políticos
Fonte: Consello da Cultura Galega / YouTube.com
Luísa Villalta: Paixón e compromiso. 1
Fonte: suarezpicalloaudiovisuais / YouTube.com
«Antes da palabra, o son», primeiro capítulo da serie documental web da Real Academia Galega Luísa Villalta: a rebelión da palabra, (10 de abril de 2024)
Fonte: Real Academia Galega / YouTube.com
Audios
Non abonda a palabra recitada
Entrevista a Lino Braxe sobre a súa dirección d’O paseo das esfinxes de Luísa Villalta: «Lino Braxe dirixe O paseo das esfinxes de Luísa Villalta». Entrevista no Diario Cultural da Radio Galega emitida o 23 de maio de 2018
Artigos Luísa Villalta
VILLALTA, L. (12/1992) Mulier mensura. Festa da palabra silenciada. (09), 166.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
VILLALTA, L. (1994) Mulleres si, pero. Festa da palabra silenciada. (10), 48-49.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
VILLALTA, L. (1996) As damas que antano cantaron. Festa da palabra silenciada. (12), 123.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
VILLALTA, L. (2001) Mulier mensura. Festa da palabra silenciada. (16), 83.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
VILLALTA, L. (2001) As damas que antano cantaron. Festa da palabra silenciada. (16), 84.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;