Rosa Bassave Roibal
A Coruña, 30/ 3/1953 - Santiago de Compostela, 10/9/2012Autoría: Dionisio Pereira
Anarquista galega: A nosa vida é a nosa loita
Se albiscamos a paisaxe da contestación social na Galiza durante os últimos 35 anos, de seguro que poucas figuras houbo máis omnipresentes, dinámicas e apreciadas acá e acolá que unha muller loura e pequeneira, de ollada franca, riso potente e rouco son de voz, como se do mar do Orzán se tratase, que atendía polo nome de Rosa Bassave ás veces transmutado polo de María Balteira, pseudónimo por certo moi propio da súa festeira ironía. Nada lle foi alleo: loita de clases; feminismo independente; “cozinha natural” vexetariana; a nosa lingua reintegrada; solidariedade internacionalista, con Alxeria e Colombia no corazón; recuperación da “memoria d@s vencid@s” e reivindicación da militancia anarquista represaliada; teima a prol do territorio; os “atrezzos” teatrais das primeiras representacións de Vidal Bolaño… Sen esquecer, ademais, o traballo cotián e a vida libre a carón dos achegados: Alberte de Esteban “O Roxo”, o seu namorado por máis de corenta anos; Gael, Brais e Iris, os seus fillos.
Rosa naceu no coruñés barrio da Gaiteira, ata onde ía Alberte a pedaladas na súa inconfundible (para os coruñeses e coruñesas daquel entón, acabada de estrear a década dos 70 do século pasado) bicicleta cor rosa, dende a barriada de Monte Alto, situada noutro extremo da cidade. Tras deixar ela aos 18 anos o traballo nunha empresa de montaxes eléctricas e xa casados polo civil, ambos compartirán en diante angueiras e inquedanzas sociais e políticas. Primeiro, emigración a Barcelona, París e Inglaterra, cos primeiros contactos co nacionalismo; despois, regreso a Compostela, respectivas carreiras de Historia e integración na UPG e no BNPG (1976-1977). Ao cabo, fondas discrepancias políticas alentaron unha decisión que marcará o devir da parella: o nada cómodo compromiso co universo libertario, marxinado e perseguido polo sistema político xurdido a partir da morte de Franco.
En paralelo e concordando co espírito das Jornadas Feministas Estatales realizadas en Granada (1979), Rosa comezará un delongado activismo no movemento feminista crítico coa tutela dos partidos políticos e será moi coñecida pola súa presenza nas imaxinativas accións de rúa do feminismo compostelán naquel tempo da Transición. Logo, a súa firme defensa do protagonismo da muller na sociedade ficou explícita en múltiples colaboracións nas revistas Andaina, Festa da Palabra Silenciada e, sobre todo, no seu papel como redactora da publicación compostelá @narquista (1998-2004), na que desenvolveu unha ampla temática: dende os alicerces da independencia feminina, ata a prostitución; da negación por parte das relixións, á inxusta condición da muller do mar.
Rosa e Alberte participaron de maneira sinalada na recuperación do movemento libertario santiagués a cabalo dos anos 80 e 90: Federación Anarco-Comunista Galega (1979), revista Arco da Vella (1981-82), refundación da CNT compostelá (1983), Mulheres Livres (1987), Ateneo Libertario de Compostela (1997), Radio Kalimera… Ademais, Rosa Bassave foi a primeira muller en asumir (2005) a secretaría da CNT galaica, á que representou en numerosas ocasións dende a tribuna e como conferenciante.
Por outra parte e dende 1986, Rosa tamén exerceu como directora da Biblioteca da Facultade de Matemáticas da USC, colaborando nalgunhas exposicións bibliográficas do libro galego (1988) e asistindo a eventos de índole profesional, caso da BiblioArchi organizada (2005) na Habana.
Muller pola que nunca houbo que agardar cando se precisou do seu concurso sen importar de quen xurdise a iniciativa, Rosa formou parte así mesmo do Consello da Memoria (2006-2009), organismo consultivo da Consellería de Cultura en materia de políticas públicas a prol da “memoria d@s vencid@s”.
Tras o seu pasamento, unha “comisión de feministas das rúas” rendeu homenaxe ao seu xeneroso e vitalista compromiso ético coa Humanidade adoecida, nun multitudinario e sentido acto celebrado na compostelá Biblioteca Concepción Arenal, no que se presentou unha antoloxía dos seus escritos, incluídas poesías inéditas e receitas de cociña. Porque, se ben nunca poderá ser substituída, Rosa Bassave deixou un inesquecible ronsel de fraternidade.

Como citar: Pereira, Dionisio : Rosa Bassave Roibal. Publicado o 1/1/2013 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=4522. Recuperado o 04/12/2023
Ligazóns de interese
Cumplicidade no olhar: Rosa Bassave
[última consulta: 27/07/2021]
“Complicidade no olhar”. Sentida necrolóxica de Andrea Nunes Brións editada na web de crítica literaria A Sega
[última consulta: 27/07/2021]
El feminismo de Compostela recuerda a Rosa Bassave. Editado na web da CNT
[última consulta: 27/07/2021]
Rosa Bassave no Ateneu Libertari Estel Negre
[última consulta: 27/07/2021]
Referencias bibliográficas
- FENTE, Elvira: Parir a liberdade. O movemento feminista en Galicia, Alvarellos, 2010.
Artigos Rosa Bassave Roibal
Aviso Listado automático de documentación relacionada con Rosa Bassave Roibal nos fondos documentais en liña ofrecidos polo Consello da Cultura Galega.
BASSAVE ROIBAL, R. (2/1987) A man sabia. Festa da palabra silenciada. (04), 75.
Ver narrativa Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
BASSAVE ROIBAL, R. (4/1994) Federica Montseny: loitadora pola liberdade. Andaina. 2ª época 1ª xeira (08), 55.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;
BASSAVE ROIBAL, R. (12/1996) Emma Goldman Viviendo mi vida. Andaina. 2ª época 1ª xeira (16), 43-45.
Ver recensión Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;