Frei Rosendo Salvado
Tui, Pontevedra, 1/ 3/1814 - Roma, Italia, 29/12/1900Autoría: Sergio Sieiro
O benedictino compositor
Rosendo Salvado naceu o día 1 de Marzo de 1814 na localidade galega de Tui. Aos quince anos múdase ao mosteiro compostelá de San Martiño Pinario; será alí onde tomará contacto máis directo coa tradición organística, logo das experiencias previas na súa localidade. Nos seis anos que pasará no mosteiro, frei Rosendo perfeccionará a súa técnica organística, proceso que continuará no mosteiro de San Xoán de Corias en Asturias.
Con vintecatro anos marcha a Nápoles e máis adiante, a finais de 1835, inicia unha misión católica en Australia.
Case con seguridade, os sete anos na cidade italiana puxérono en contacto coas novidades musicais da súa época que logo mostrou en parte da súa obra.
Tras toda unha vida en Australia, onde fundará o mosteiro de Nova Nursia, en novembro de 1899 realiza o seu último viaxe a Europa; será en Roma onde falezca. Os seus restos foron trasladados a Nova Nursia.
Gran waltz fantástico é unha das tres obras para piano que o Consello da Cultura Galega editou con motivo do bicentenario do nacemento de Rosendo Salvado e baixo o nome de “Obras para piano”. Completan a edición Pequeño entretenimiento con aire de marcha e Fantasía, variaciones y final. Coma apunta de maneira moi acertada na presentación, o noso querido D. Enrique Jiménez Gómez, membro da Sección de Música e Artes Escénicas e Correspondente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, “para interpretar as obras pianísticas de Salvado, fai falla un coñecemento excelente dos estilos da época e unha técnica instrumental depurada e sobresaínte, como tamén o bo gusto e dominio das sutilezas decimonónicas.
Salvado é un músico moderno para a súa época; especialmente en obras da súa madurez, coma a que se pode escoitar aquí, albíscanse tres influencias moi notables: “o romanticismo, o influxo operístico e o virtuosismo liszteano”.
A gravación da interpretación a cargo do pianista galego Brais González fíxose durante o simposio que tivo lugar na sede do Consello da Cultura Galega en abril de 2014.
Máis información en:
Web de Brais González
Rosendo Salvado, valedor do Pobo Aborixe
Rosendo Salvado e o mundo aborixe de Australia

Como citar: Sieiro, Sergio : Frei Rosendo Salvado. Publicado o 1/2/2016 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=5567. Recuperado o 20/04/2024
Libros do ccg sobre Frei Rosendo Salvado
Aviso Listado automático de documentación relacionada con Frei Rosendo Salvado nos fondos documentais en liña ofrecidos polo Consello da Cultura Galega.
Rosendo Salvado and the Australian Aboriginal World.
2016 | Ramón Máiz Suárez, Edición. Tiffany Shellam, Edición.
Rosendo Salvado e o mundo aborixe de Australia.

2015 | Ramón Máiz Suárez, Edición. Tiffany Shellam, Edición.
=Rosendo Salvado and the Australian Aboriginal World
Memorias históricas sobre a Australia .
2014 | Frei Rosendo Salvado, Autoría.
E particularmente sobre a Misión Beneditina de Nova Nursia e os usos e costumes dos australianos
Obras para piano.
2014 | Frei Rosendo Salvado, Música. Composición.
Rosendo Salvado
Rosendo Salvado, valedor do pobo aborixe.
2014 | Francisco Díaz-Fierros Viqueira, Comisariado.
Galicia - Australia, 1814-2014
O bispo dos sen alma. Frei Rosendo Salvado (1814-1900), unha misión en Australia.
2001 |
Exposición no centenario da súa morte
O señor Abade do Ermo.
2001 | George Russo, Autoría. María Concepción Díaz-Fierros, Tradución.
A vida e a época do Bispo Salvado