Juan Bautista Camiña
Santiago de Compostela, 1774 - Porto (Portugal), 1827Autoría: Rafael Sisto
Compatibilizou o ensino da Física con numerosas iniciativas e colaboracións na prensa liberal
Fillo do catedrático de Anatomía da Universidade de Santiago Domingo Camiña, obtivo o grao de Bacharel en 1791. Foi alumno da Facultad Reunida e do Real Colegio de Cirugía de San Carlos, no que seguiu os aforismos de Hipócrates da man de Francisco Pedralbes, incorporou estes cursos á universidade e obtivo o grao de licenciado en Medicina en Santiago no ano 1805. Posteriormente completou a súa formación nos Reales Estudios de San Isidro, de Madrid, onde asistiu a clases de botánica, física experimental e química.
Semella que exerceu como médico no Hospital Real de Santiago, compaxinando algúns anos esta actividade coa de profesor substituto da cátedra de Física Experimental da Universidade de Santiago. Nomeado por primeira vez para ocupar a cátedra durante o curso 1799-1800, en 1808 volveu a ser nomeado e permaneceu no posto ata 1814, aínda que coas interrupcións que na vida universitaria provocou a chegada do exercito francés a Compostela en 1809.
Preocupado pola falta de instrumental científico na cátedra, o que impedía desenvolver o carácter experimental da materia, temos constancia dun Memorial dirixido ao Claustro no que, en outubro de 1810, manifesta a necesidade dalgúns instrumentos para o seu ensino da Física Experimental, cun custe que estima entre 300 e 400 reais.
A preocupación pola dotación material necesaria para un ensino moderno e as súas ideas progresistas, contrastan coa retrógrada posición que mantivo nos intentos de creación da cátedra de Química na universidade. Nos seus escritos ao claustro descualifica con dureza o importante labor de Fernández Taboada, "cuya cátedra no es en realidad sino un Laboratorio de Farmacia que no tiene relación ni afinidad con un plan sistemático y metódico de estudios".
De marcada ideoloxía liberal, resulta difícil separar a política da súa actividade profesional e científica, entre outras cousas porque en 1814, trala restauración absolutista, tivo que refuxiarse no mosteiro franciscano de San Lourenzo e foi apartado da cátedra e privado, por Real Orde, de voz e voto no Claustro universitario. A pesar de que publicou unha retractación da súa conduta na Estafeta de Santiago, o temor a un procesamento obrigouno a fuxir a Porto (Portugal), onde exerceu a medicina durante algúns anos.
En xaneiro de 1814 iniciou, baixo a súa dirección, a publicación do xornal El Diario General de Santiago, un dos órganos de prensa máis representativos e duradeiros do liberalismo compostelá. Con anterioridade, xa colaborara activamente noutros como El Cartel, en 1811, La Gaceta Instructiva, El Eco Marcial da Coruña ou a Gazeta Marcial y Política de Santiago, dende os que combateu moi satiricamente o absolutismo, a súa prensa, El Sensato e La Estafeta, e a Igrexa oficial que o abandeiraba.
Fontes documentais:
Arquivo Histórico da Universidade de Santiago, Serie Libros de Arquivo, A-233, A-452; Serie Expedentes persoais, cartafol 184, doc. 12.
Fontes impresas:
CAMIÑA, Juan B. (1806): Omnium potentiarum noxiarum morbos in corpore humano excitantium Delineatio seu primae lineae, [Tese de doutoramento], Santiago, Typograph. D.Emmanuelis Mariae Vila.
Bibliografía secundaria:
LÓPEZ GARCÍA, X; ANEIROS DÍAZ, R. (Coord.) (2008): Primeiros diarios galegos (1808-1809). Estudos críticos, Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
PÉREZ BALLESTEROS, P. (1889): “Archivo de la Universidad de Santiago, año 1814: testimonio de la causa formada por esta Real Universidad contra los doctores D. Joaquín Patiño catedrático y bibliotecario, D. Juan Camiña y don Domingo Fontán...”, Galicia diplomática, 26: 204-206; 33: 249-251; 34: 257-259; 35: 261-263; 36: 269-271; 37: 277-278; 38: 285-286; 40: 293-295.
RODRÍGUEZ FRÁIZ, A. (1975) “Caamiña, Juan Bautista”, Gran Enciclopedia Gallega, IV: 98.

Bibliografía:

Como citar: Sisto, Rafael : Juan Bautista Camiña. Publicado o 6/7/2012 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=627. Recuperado o 20/04/2024
Ligazóns de interese
Omnium potentiarum
CAMIÑA, Juan B. (1806): Omnium potentiarum noxiarum morbos in corpore humano excitantium Delineatio seu primae lineae, [Tese de doutoramento], Santiago, Typograph. D.Emmanuelis Mariae Vila.
Ligazón NON en vigor en 20-11-2019
Historia de la Universidad de Santiago de Compostela
Barreiro Fernández, X. R. (2003): Historia de la Universidad de Santiago de Compostela, Santiago, Universidade, Parlamento de Galicia.
Ligazón en vigor en 20-11-2019