Pascuala Campos de Michelena
Saviote, 7/ 4/1938 - ,Construír un refuxio con fío e papel. Fíxoo Pascuala Campos de Michelena como traballo de aula en segundo de carreira e trazou aí, sen sabelo, algunhas das marcas que logo conformarían a súa personalidade como arquitecta. A súa é unha obra ganduxada cos materiais da vida, moi afastada nalgunhas das súas formulacións das medidas e dos volumes canónicos da súa profesión. Esa heterodoxia dótaa dunha perspectiva singular. A preocupación pola vida cotiá das persoas comúns e a necesidade crear outros espazos para acoller outros corpos e vidas máis felices nutren a súa maneira de pensar a arquitectura: “A organización xerárquica do espazo ten que ver con corpos invadidos. A recreación do espazo ten que ver con corpos habitados”. A República e a Institución Libre de Ensinanza marcaron os primeiros anos de vida de Pascuala Campos de Michelena malia que naceu en 1938, na posguerra dunha contenda que marcaría a fondo a súa vida de nena en Xaén. O seu pai, Francisco Campos Carrasco, veterinario e capitán do exército republicano, vai ser encarcerado tres veces, sálvase da pena de morte pola mediación dun familiar. A nai, María del Carmen de Michelena Morales, foi unha mestra educada segundo os principios da Institución Libre de Ensinanza, que ela mesma aplicará na educación das súas fillas. Pascuala Campos de Michelena medra aí, nese mundo, unha illa luminosa na escuridade da España da ditadura. En 1960 aproba o exame de ingreso na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid e comeza os seus estudos nunha profesión de forte pegada masculina, só catro mulleres se matriculan en primeiro naquel ano. Co tempo Pascuala Campos de Michelena formará parte do conxunto de mulleres que, desde os anos 70, traballan e reflexionan sobre a arquitectura construída, introducen a perspectiva feminista, analizan en clave de xénero os lugares que habitamos. A súa preocupación pola análise do espazo construído e a reflexión sobre feminismo e arquitectura van parellas á súa propia experiencia vital. A finais dos anos 70 forma parte do grupo inicial de Feministas Independentes Galegas (FIGA), participa na organización das Xornadas de Feministas de Vigo e asiste ás de Donostia e Granada. Asiste tamén aos Congresos Internacionais de Mulleres Arquitectas de París e Berlín e participa no Seminario Permanente Mujer y Ciudad, no que codirixe, entre outros, o curso sobre "Urbanismo y Mujer. Nuevas visiones del espacio público y privado". Foi pioneira na incorporación da perspectiva de xénero á docencia neste campo. Cunha investigación titulada Espazo e Xénero, consegue a cátedra de Proxectos Arquitectónicos da Universidade da Coruña. É a primeira muller que obtén este título no conxunto das universidades do Estado. Considera que as decisións sobre o espazo foron tomadas polo colectivo masculino con base en intereses propios, interésanlle as arquitecturas que acompañan, os espazos que favorezan as relacións humanas, as arquitecturas para a vida e apunta: “Habitar unha casa significa ser libre para poder permanecer nela”.
Como citar: Pascuala Campos de Michelena. Publicado o no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=640. Recuperado o 26/03/2023
DOCUMENTACIÓN DE
CAMPOS DE MICHELENA, Pascuala: «Otras arquitecturas, otros cuerpos», en MIQUEO, Consuelo; BARRAL, Mª José; MAGALLÓN, Carmen (eds.): VI Congreso Iberoamericano de Ciencia, Tecnología y Género, Zaragoza, Prensas Universitarias, 2006.
Fonte: wzar.unizar.es/
CAMPOS DE MICHELENA, Pascuala: «Recordando a Carlos», Boletín Académico. Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, n. 25, (2001), p. 2-11.
Fonte: Dialnet.
CAMPOS DE MICHELENA, Pascuala: «Nuevas formas de vida, nuevas viviendas», en DURÁN, Ángeles (coord.), Nuevos objetivos de igualdad en el siglo XXI. Las relaciones entre mujeres y hombres, Madrid, Dirección General de la Mujer, 2000, p. 355-368.
Fonte: Exemplar da Biblioteca de Galicia
REY WONENBURGER, Berta: «Entrevista: Pascuala Campos de Michelena», Andaina. Revista galega de pensamento feminista, n. 27 (inverno 2000), p. 19-24.
Fonte: A Saia. Publicacións periódicas feministas, CCG.
CAMPOS DE MICHELENA, Pascuala: «Identidad y proyecto», en BUSTOS, Pilar de; CAPILLA, Sofía; GIL Alicia (ed.): Mujeres Espacio y Arquitectura, Proyecto NOW, Fondo Social Europeo-Universidad Jaume I, 1999, p. 11-32.
Fonte: Arquivo de Pascuala Campos de Michelena
CAMPOS DE MICHELENA, Pascuala: «Prólogo», en Las mujeres recuerdan. Memoria de ocho municipios de Castellón, Proyecto NOW, Fondo Social Europeo-Universidad Jaume I, 1998, p. 19.
Fonte: Arquivo de Pascuala Campos de Michelena
CAMPOS DE MICHELENA, Pascuala: «Influencia de las ciudades en la vida de las mujeres», en Mujer y urbanismo: una recreación del espacio. Claves para pensar en la ciudad y el urbanismo desde una perspectiva de género, Madrid, Federación Española de Municipios y Provincias e Instituto de
Fonte: Exemplar da Biblioteca de Galicia.
CAMPOS DE MICHELENA, Pascuala: «Escola de Formación Pesqueira Niño do Corvo»., en Lugar, Memoria e Proxecto. Galicia 1974-1994, Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega; Madrid, Electa, 1995, p. 136-137.
Fonte: exemplar da Biblioteca do CCG
CAMPOS DE MICHELENA, Pascuala; SUANCES PEREIRO, José Javier; PORTELA FERNÁNDEZ-JARDÓN, César: «Colexio no Cumial, 1969», en Lugar, Memoria e Proxecto. Galicia 1974-1994, Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega; Madrid, Electa, 1995, p. 96-97.
Fonte: exemplar da Biblioteca do CCG.
CAMPOS DE MICHELENA, Pascuala: «Identidad y proyecto. Hacer arquitectura es una manera de estar en el mundo», en Ciudad y mujer. Actas del curso: Urbanismo y mujer. Nuevas visiones del espacio público y privado. Málaga 1993-Toledo 1994, Málaga, Seminario Permanente: «Ciudad y Mujer», 19
Fonte: exemplar do CCG.
CAMPOS DE MICHELENA, Pascuala: «Introducción», en Ciudad y mujer. Actas del curso: Urbanismo y mujer. Nuevas visiones del espacio público y privado. Málaga 1993-Toledo 1994, Toledo, Seminario Permanente: «Ciudad y Mujer», 1995, p. 227-230.
Fonte: exemplar do CCG.
CAMPOS, Pascuala: «Escuela de formación Pesquera, Arosa (Fishery Training School, Arosa)», en Anuario de Arquitectura española 1993, Madrid, Arquitectura Viva, 1993, p. 130-133.
Fonte: Arquivo de Pascuala Campos de Michelena
CAMPOS DE MICHELENA, Pascuala: «Escola de formación pesqueira Niño do Corvo, Illa de Arousa, », Obradoiro. Revista de arquitectura y urbanismo, n. 20 (1992), p. 46-49.
Fonte: Arquivo de Pascuala Campos de Michelena
CAMPOS DE MICHELENA, Pascuala; MEIJIDE CALVO, Carlos: «Reflexiones en torno a la enseñanza de proyectos. Una experiencia didáctica», Boletín Académico Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, n. 1 (1985), p. 39-57.
Fonte: http://hdl.handle.net/2183/5097
CAMPOS DE MICHELENA, Pascuala: «Prediseño y propuestas formales en el núcleo de Combarro», en LADEVESA, Carlos (coord.): Bordes urbanos, cuadernos de la Dirección General de Arquitectura y Vivienda, Madrid, Ministerio de Obras Públicas y Urbanismo (MOPU), 1985, p. 67-92.
Fonte: Arquivo de Pascuala Campos de Michelena
CAMPOS DE MICHELENA, Pascuala; PORTELA, Cesar: «Mercado y Lonja municipales en Bueu (Pontevedra) 1971-1973», 2C. Construcción de la ciudad, n. 8 (1977), p. 32-35.
Fonte: http://upcommons.upc.edu/handle/2099/4803
CAMPOS DE MICHELENA, Pascuala; PORTELA, Cesar: «Viviendas para una comunidad de gitanos en Campañó-Poio (Pontevedra) 1971-1974», 2C. Construcción de la ciudad, n. 8 (1977), p. 36-39
Fonte: http://upcommons.upc.edu/handle/2099/4803
«César Portela Fernández-Jardón, Pascuala Campos de Michelena», Boden Cuadernos Ceplástica: Ocho arquitectos , (abril 1976), p. 35-39.
Fonte: Arquivo de Pascuala Campos de Michelena
CAMPOS DE MICHELENA, Pascuala; PORTELA, Cesar: «Edificio escolar», Cuadernos de Arquitectura, n. 78 (1970), p. 49.
Fonte: http://www.raco.cat/index.php/CuadernosArquitectura
CAMPOS DE MICHELENA, Pascuala; GALLEGO PALACIOS, Ana; BUGALLO CHOUCIÑO, Soledad: A árbore na cidade. Catálogo proposta para protección e reposición do arboredo no caso histórico e proximidades. A Coruña, A Coruña, Concello, 2011.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
DOCUMENTACIÓN SOBRE
SANTOS de, A.: «La conversación invita en el MARCO a reflexionar sobre exilio y fronteras», Faro de Vigo (09/07/2016).
Fonte: http://www.farodevigo.es [data de descarga: 01/02/2017]
Dosier de materiais sobre: «Pascuala Campos de Michelena e Ana Gallego Palacios, La conversación», Problemáticas – Artistas no relato incompleto, 08/07/2016 -11/09/2016 [Contén: Convite, Folleto informativo, Galería fotográfica da montaxe, e Informe de impacto nos medios de comunicació
Fontes: http://www.marcovigo.com/ e http://anagallego.com/
FERNÁNDEZ GARCÍA, Ana María; RODRÍGUEZ ORTIZ, Esther: «The Access of Women to Architecture. The Situation of Spain’s Female Pioneers», en MoMoWo : 100 Works in 100 Years : European Women in Architecture & Design :1918-2018z, Ljubljana, Založba ZRC, 2016, p. 261-265.
Fonte: uifs.zrc-sazu.si/sites/default/files/10934_15b_cat_momowo_web_corr.pdf
«Pascuala Campos», en CHAO FERNÁNDEZ, Rocío; MATO VÁZQUEZ , María Dorinda; SUÁREZ BRANDARIZ, Roberto (coord.): As mulleres nas artes e nas ciencias II. O Xerme da liberdade, A Coruña, Universidade, 2014, p. 30.
Fonte: exemplar da biblioteca do CCG
CASARES GALLEGO, Amparo; ÁLVAREZ GARCÍA, Julia: «Pascuala Campos de Michelena: o camiño á nosa identidade». en CHAO FERNÁNDEZ, Rocío; MATO VÁZQUEZ , María Dorinda (coord.): As mulleres nas artes e nas ciencias I. Reflexións e testemuñas, A Coruña, Universidade, 2013, p. 33-41.
Fonte: exemplar da Biblioteca do CCG.
MESÍA LÓPEZ, Ana: «Conjuntos históricos: patrimonio cultural o producto turístico. El ejemplo de Combarro», Revista da Faculdade de Letras. Ciências e Técnicas do Património, Porto, Universidade, v. IX-XI (2010-2012), p. 25-43.
Fonte: http://ler.letras.up.pt/uploads/ficheiros/11389.pdf
SOTELINO, B.R.: «Los grandes proyectos, no digo los buenos, los hacen los hombres». Entrevista a Pascuala Campos de Michelena, La Voz de Galicia (01/11/2008)
Fonte: www.lavozdegalicia.es/vigo [data de descarga: 01/02/2017]
CASARES GALLEGO, Amparo: «Pascuala Campos de Michelena», en Artistas gallegos. Arquitectos. Cara ao novo milenio, A Coruña, Nova Galicia Edicións. 2004, p. 3-31.
Fonte: Exemplar de Pascuala Campos de Michelena.
POSTIGO SASTRE, Luísa; CAMPOS DE MICHELENA, Pascuala, en nome do Foro de Brión: «Carta de un suicida al señor Juez», Faro de Vigo. Cartas al director (08/06/2000)
Fonte: Arquivo de Pascuala Campos de Michelena
«35 arquitectas viajan con sus proyectos a "los espacios construidos" Nuevo ciclo de muestras sobre la casa», El País (13/04/2000)
Fonte: http://elpais.com/ [Data de descarga: 18/07/2017]
SEYÉN, Elena (coord.): «Pascuala Campos, lo vital y lo íntimo». Monográfico de Arquitectura Gallega Contemporánea, El Correo Gallego (05/03/2000).
Fonte: Arquivo de Pascuala Campos de Michelena
LASAOSA, María José: «La ciudad: un espacio para los afectos y la memoria», ZeharBoletín de Arteleku, n. 43 (verán de 2000), p. 8- 11.
Fonte: https://dialnet.unirioja.es
«Igrexa de Sabucedo e contorno», en Intervencións no patrimonio arquitectónico 1996, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1997, p. 116-117.
Fonte: exemplar da Biblioteca do CCG.
«Pascuala Campos Michelena», en RODRÍGUEZ IGLESIAS, Francisco (ed.): Galicia-Arte, A Coruña, Hércules Ediciones, 1993, p. 408-411, 401- 402, 412.
Fonte: exemplar da Biblioteca do CCG.
«Un hórreo costero. Escuela de Formación Pesquera, Arosa», Arquitectura y Vivienda. Monografías, n. 41 (1993), p. 66-69 [Inclúe texto en inglés].
Fonte: Exemplar da Biblioteca Ánxel Casal.
«Actuación revalorizadora», On Diseño, n. 80 (1987), p. 34-35 [o artigo trata da proposta da arquitecta Pascuala Campos de Michelena en Combarro].
Fonte: Hemeroteca da Biblioteca xeral da USC
TZONIS Alex; LEFAIVRE, Liane: «Moderne Spaanse architectuur. De kritisch-regionalistische benadering», Bouw, n. 5 (01/03/1986), p. 9-15 [Pascuala Campos de Michelena é unha das protagonistas deste artigo].
Fonte: Arquivo de Pascuala Campos de Michelena.
TZONIS, Alex; LEFAIVRE, Liane: «El regionalismo crítico y la arquitectura española actual», Arquitectura y Vivienda. Monografías, n. 3 (1985), p. 4-19 [Pascuala Campos de Michelena é unha das protagonistas deste artigo].
Fonte: Arquivo de Pascuala Campos de Michelena
«Viviendas para gitanos en Campañó-Poio, Pontevedra», en BRU, Eduard; MATEO, José Luís: Arquitectura española contemporanea, Barcelona, Gustavo Gili, 1984, p. 92-93.
Fonte: Arquivo de Pascuala Campos de Michelena.
«Arquitectura y racionalismo», 2C. Construcción de la ciudad, n. 8, (1977), p. 21-23 [Artigo sobre a exposición Aldo Rossi + 21 Arquitectos Españoles na que se recolle obra de Pascuala Campos de Michelena].
Fonte: http://upcommons.upc.edu/handle/2099/4803
BALDELLOU, Miguel Ángel: «Panorama de la arquitectura actual en Galicia», Hogar y arquitectura, n. 96 (setembro-outubro 1971), p. 17-54 [Pascuala Campos de Michelena é unha das protagonistas deste artigo].
Fonte: Arquivo de Pascuala Campos de Michelena
Young Spanish architecture, Madrid, ARK Architectural Publications, 1985, p. 150-153 [páxinas dedicadas a obras realizadas por Pascuala Campos de Michelena].
Fonte: Arquivo de Pascuala Campos de Michelena
Exposición Arquitectura Institucional en Galicia, Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, Ponencia de Arquitectura, 1991 [A actuación urbana de Pascuala Campos de Michelena en Combarro está recollida na p.42.].
Fonte: Exemplar da Biblioteca do CCG.
Las mujeres arquitectas de Galicia: su papel en la profesión y en la enseñanza de la profesión (el ejercicio de la arquitectura en Galicia desde una perspectiva de género), Madrid, Instituto de la Mujer: A Coruña, Universidade, 2011 [Contén algunhas referencias sobre Pascuala Campos de
Fonte: igualdade.xunta.gal
Ligazóns de interese
O fío de Penélope. O novelo de Pascuala Campos de Michelena
Rebeca Blanco Rotea fai unha achega a Pascuala Campos de Michelena e os seus vínculos e relacións no portal do CCG
[última consulta: 13/01/2023]
Videos
Gitanos sin romancero (1976)
Documental sobre a comunidade xitana residente nas vivendas proxectadas por Pascuala Campos de Michelena e Cesar Portela en Campañó entre 1971 e 1975 Dirección: Llorenç Soler Fotografía: Llorenç Soler e Anna Turbau