Álvaro de las Casas
Ourense, Galicia, 2/ 7/1901 - Barcelona, España, 8/3/1950Autoría: Patricia Arias Chachero
Polémico intelectual e escritor, Álvaro de las Casas foi o fundador da organización xuvenil Galeguista Ultreya
A finais de 1922 instálase en Madrid coa vontade de doutorarse. Comeza entón un período de grande actividade pública que o levará a relacionarse co máis selecto da aristocracia española e mesmo con parte da familia real. Católico convencido, monárquico e ben relacionado asume, en 1928, a dirección da Biblioteca de Estudios Gallegos que acaba de poñer a andar a Compañía Ibero-Americana de Publicaciones. Inspirándose na Biblioteca Gallega de Martínez Salazar, imprentarán traballos ben documentados, en español, sobre Galicia e a súa realidade. As Irmandades da Fala apoian a colección acabada de crear e De las Casas reforza ou retoma o contacto cos intelectuais galeguistas; Cuevillas, Risco e Otero, entre eles. A primeira obra que publica a citada biblioteca será Antología de la lírica gallega do propio De las Casas; a seguir, aparecerán Paisajes y problemas geográficos de Galicia, de Otero Pedrayo, La literatura medioeval en Galicia de José Mouriño, Aportaciones a la historia de Galicia de Marcelo Macías e Índice de utopías gallegas, de Correa Calderón.
Os anos na capital cadran tamén cun intenso traballo a prol da lingua e da cultura portuguesas e coas primeiras colaboracións na prensa galeguista. En agosto de 1925 aparece «Penedos» o seu primeiro poema en A Nosa Terra e, en decembro dese mesmo ano, «Chorai, chorai o pe d´a Dolorosa» na revista Nós; na que colaborará até 1933 con achegas de diferente temática, tanto en prosa como en verso. Na altura aparecen tamén as súas primeiras novelas curtas en galego; O xardín do castelo de Vidre (1926) e Ladaíña (1927), ambas na colección Lar, con portada de Camilo Díaz Baliño.
Pouco despois, en 1928, aproba as oposicións que o converten en catedrático de Xeografía e Historia. O seu primeiro destino, no instituto de Fregenal de la Sierra (Badaxoz), onde exercerá durante dous cursos (1928-1930), daralle a oportunidade de poñer a andar o xerme do que máis adiante será un proxecto educativo baseado na experimentación e na interacción coa contorna.
O 5 de maio de 1929 ingresa no Seminario de Estudos Galegos e, nesa mesma época, abandeira en Ourense a campaña que procura a creación dun museo etnográfico, dun museo de arte moderna e dunha gran biblioteca. A súa integración no galeguismo político será paulatina pero tallante. A esta circunstancia contribuirá, non pouco, o seu traslado, en outono de 1930, ao instituto de Noia. O ano da súa incorporación laboral en Galicia, nace Alaúda, iniciativa editorial que parece continuar o labor de Galaxia, creada en Ourense en 1926 polo seu irmán Augusto M.ª e por Fernández Mazas. O novo selo editorial publica un total de seis volumes, dous de Otero Pedrayo –Morte e resurrección e O mesón dos ermos- e catro do propio Álvaro de las Casas. Entre eles, Sulco e vento (1931) o seu primeiro poemario en galego que reúne unha trintena de composicións, e Xornadas de Bastián Albor, especie de diario dun fidalgo, ambientado nos meses que preceden á II República.
O seu labor literario na nosa lingua complétase cunha colección de pezas teatrais, redactadas con vontade propagandística para dar a coñecer a ideoloxía galeguista. A este grupo debemos adscribir A morte de lord Stuler (1929), un drama poético ambientado na Galicia do século XIV, Pancho de Rábade (1930) que aborda o tema da saudade e a desgaleguización, Matria (1935) poema patriótico en dous actos, Rechouchío (1936) e a comedia didáctica, Mitin (1936).
A actividade nos anos que seguen será intensa. Participa no xantar da Barxa, forma parte da primeira directiva da Asociación de Escritores Galegos (1930), asina, en Compostela, o manifesto nacionalista e republicano «Ezquerda galeguista fálalle ó país» (14-VI-1931) e ingresa no Partido Galeguista no mesmo ano da súa fundación (decembro de 1931). A militancia non dura. Apenas un par de anos despois, dáse de baixa pois considera que a organización é
pouco arredistae crea Vanguarda Nazonalista Galega (1933). O 3 de marzo do 33, convidado pola FUE, pronuncia no paraninfo da Universidade de Santiago o polémico discurso «Verbas aos mozos galegos. O momento universitario» que lle valerá un expediente administrativo que será, finalmente, sobresido.
Pouco antes, en febreiro de 1932, fundara en Noia a organización xuvenil galeguista Ultreya. Un proxecto para formar mozos galeguistas que non tardaría en espallarse por toda Galicia. Apenas unhas semanas despois da súa fundación, formaban parte da organización uns 800 rapaces de entre 12 e 18 anos. Comezan entón as excursións por toda Galicia coa vontade de dar a coñecer e estudar a realidade da terra. De entre estas “xeiras”, probablemente a mais sonada fose o cruceiro polas Rías Baixas que os ultreyas realizaron entre o 1 e o 14 de xullo de 1932, do que se dá oportuna conta na revista Nós.
En 1934, Álvaro de las Casas funda e dirixe Alento. Boletín de Estudos Políticos que desaparecería apenas un ano despois, en xuño de 1935, tras publicar un total de doce números, e colabora en El Pueblo Gallego e en Ser. Semanario gallego de izquierdas que dirixía Suárez Picallo.
O alzamento de 1936 sorpréndeo en Noia e deseguido marcha a Portugal onde ten amigos que o protexen. Destituído como docente o 11 de agosto dese mesmo ano, a mediados de outubro participa en Porto nun acto anticomunista. Poucos días despois entrevístano na prensa e lembra, entre eloxios, a figura de José Antonio Primo de Rivera, mudando radicalmente o ideario defendido entre 1931 e 1935. En outubro de 1936 reedita, sensiblemente modificado e ampliado, Sulco e vento. Antes de rematar a Guerra trasládase a Bos Aires onde fundará con Mariano Medina del Río a editorial EMECÉ -eme de Medina e ce de Casas-. Dedica a súa vida a cursos, conferencias e viaxes. En xaneiro de 1950 pronuncia a súa derradeira conferencia, titulada «Esencia, presencia e potencia de España» e ditada en Brasil, país desde o que regresará a España. Faleceu en Barcelona, onde o recibira o seu irmán Augusto María, ao pouco de chegar, o 8 de marzo de 1950.
Obra en galego
Ensaio
Verbas aos Mozos Galegos (1933)
A Illa de Ons (1935)
Poesía
Sulco e vento (1931)
Escolma de cantigas (1934)
Prosa
Ladaíña (1927)
Xornadas de Sebastián Albor (1931)
Na labareda dos trópicos (1939)
Teatro
O Xardín do Castelo de Vidre (1926)
A Morte de Lord Sataüler (1929)
Pancho de Rábade. Vía Crucis en Seis Estaciós (1930)
Tres conversas: O Tolo da Lastra, A Gavilla, Dente de Ouro (1930)
O Outro (1930)
Mátria (1935)
Teatro dos Nenos (1936)
Rechouchío (1936)
Mitin (1936)
Bibliografía
Alonso Montero, Xesús (2003): «Sobre o escritor Álvaro de las Casas: o seu estraño exilio no 36 e a silenciada segunda edición do libro de poemas Sulco e vento (1931; 1936)», Madrid, Madrygal, n.º 6, pp. 7-20.
Cuquejo Enríquez, María (2004): «Limiar», en Sulco e Vento. A Coruña: Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Diéguez Cequiel, Uxío B. (2003): Álvaro de las Casas. Biografía e documentos. Vigo: Galaxia.
Otero Pedrayo, Ramón (1997): O libro dos amigos. Vigo: Galaxia; pp.203-206.
Como citar: Arias Chachero, Patricia : Álvaro de las Casas. Publicado o 30/4/2020 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=738. Recuperado o 20/04/2024

DOCUMENTACIÓN DE
Mitin, por Álvaro das Casas, última obra impresa pola editorial Nós
Casas, Álvaro de las: Mitin. Santiago de Compostela: Nós, xuño de 1936.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega. Colección Salvador Rey.
Artigo «Por los prestigios gallegos. Voto por Eugenio Montes»
Artigo de Álvaro de las Casas sobre Eugenio Montes. A Academia de Bellas Artes de España en Roma
Fonte: El Pueblo Gallego vía Galiciana
Artigo «En la aurora clara: un libro de Fernández Mazas»
Artigo de Álvaro de las Casas
Fonte: La Zarpa en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia http://biblioteca.galiciana.gal
DOCUMENTACIÓN SOBRE
«Sobre o escritor Álvaro de las Casas: o seu estraño exilio no 36 e a silenciada segunda edición do libro de poemas Sulco e vento (1931; 1936)»
Artigo de Xesús Alonso Montero (USC) sobre Álvaro de las Casas publicado nas páxinas 7 a 20 do número 6 de Madrygal.
Fonte: Madrygal n.º 6, na Universidade Complutense de Madrid
Artigo «Adiós a Álvaro de las Casas»
Guillermo Díaz-Plaja, da Real Academia Española, homenaxea De las Casas neste artigo previamente publicado na cabeceira de Tánxer España.
Fonte: La Noche en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia http://biblioteca.galiciana.gal
Artigo de Borobó sobre Á. de las Casas «El artista gentilhombre»
Fonte: La Noche en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia http://biblioteca.galiciana.gal
Artigo «El alma y las letras regionales»
Artigo asinado por Ángel Dotor aparecido na primeira páxina de El Eco de Santiago, diario de la tarde da data indicada, baixo o antetítulo «La vida literaria y artística». O artigo trata a
Fonte: El Eco de Santiago en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia http://biblioteca.galiciana.galexcelenteBiblioteca de Estudios Gallegos dirixida por Álvaro de las Casas.
Ligazóns de interese
Catálogo en liña da exposición Galicia, de Nós a nós, coordinada por Afonso Vázquez-Monxardín e Ana Acuña. Cidade da Cultura, 2 de outubro de 2020 - 17 de xaneiro de 2021
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/galicia-de-nos-nos
A revista Nós en Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: https://revistanos.galiciana.gal
Audios
OBRA TEATRAL DE ALVARO DAS CASAS BLANCO TITULADA "PANCHO DE RABADE"
Publicacións periódicas
Centro Gallego (1917-1925) .
Órgano de la Colectividad Gallega en Uruguay
Terra, A (1920-) .
Revista mensual: Órgano del Centro Gallego
N.º 20: Órgano del Centro Gallego
N.º 36: Revista mensual del Centro Gallego
Galicia [Bs As 1930] (1930-) .
Publicación semanal editada por la Federación de Sociedades Gallegas
Portavoz de la Federación de Sociedades Gallegas
Galicia [Madrid 1932-33] (1932-1933) .
Revista Mensual Ilustrada
Artigos Álvaro de las Casas
CASAS, Á. (10/1920) A Mercedita Valencia. Terra, A. 1ª (6), 18.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
CASAS, Á. (10/1920) Para Esther Torre. Terra, A. 1ª (6), 18.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
CASAS, Á. (12/1930) El teatro puede ser un poderoso medio de difusión de nuestra espiritualidad. Galicia [Bs As 1930]. [1ª] (185), 9.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
CASAS, Á. (12/1930) De Álvaro de las Casas. Teoría de comentarios. Galicia [Bs As 1930]. [1ª] (187), 3, 10.
Ver relatorio Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
CASAS, Á. (1/1931) Hacia otra Galicia: La verdadera organización del país. Galicia [Bs As 1930]. [1ª] (188), 2.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
CASAS, Á. (1/1931) Propósitos para el año nuevo. Galicia [Bs As 1930]. [1ª] (191), 3.