Armando Cotarelo Valledor
A Veiga, Oviedo, 28/ 12/1879 - Madrid, 8/12/1950Autoría: Adrián Estévez Iglesias
Escritor e estudoso da lírica galega medieval, foi fundador do Seminario de Estudos Galegos e membro activo das Irmandades da Fala
En Compostela participou da vida social e cultural. Foi un dos promotores da Exposición Rexional de 1909, organizada pola Sociedade de Amigos do País. Nese mesmo ano dirixiu a publicación El Centenario, conmemorativa da Guerra da Independencia. En 1919 creou a revista Ultreya, que dirixiría até a súa desaparición en 1920. Membro activo das Irmandades da Fala, participiou na fundación do Seminario de Estudos Galegos en Ortoño en 1923, institución á que lle deu o nome e da que sería o primeiro presidente. Deixou o cargo en 1925 ao marchar a Madrid como catedrático da Universidade Central, se ben seguiu en contacto cos mozos do Seminario.
Bo número dos seus textos publicados en Nós foron comunicacións feitas ao Seminario de Estudos Galegos. A súa primeira colaboración na revista é no número 21, de setembro de 1925, cun romance sobre un episodio do Antigo Testamento. No número 25 fala de Pedro Luis de Borja Llançol, arcebispo de Santiago de Compostela durante un breve período en 1507 pero que non chegou a tomar posesión. No número 31 (25 de xullo de 1926) presenta un vilancico inédito de 1818, e no número 59 (novembro de 1928) unha panxolina recollida nas Terras de Melide. Tamén no número 59 publica o artigo «Un galego na Frorida» sobre un soldado galego, apelidado Sanjurjo, que estaba ás ordes de Hernando de Soto en Florida en 1542.
No número 48 (15 de decembro de 1927), na sección Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza, relaciona as pseudoetimoloxías populares para Boimil, O Boído e Boimorto. Na mesma sección, no número 67 (xullo de 1929) publica tres contos tradicionais. No número 81 (setembro de 1930) aparece o artigo «A mocedade do P. Feixóo (1676-1709)», sobre a primeira etapa da vida do ilustrado galego.
A continuación publica unha reportaxe en tres partes (números 82, 84 e 85) sobre o que chama Cancioneiro de Agulla: un conxunto de 101 cantigas de xastres e costureiras, comentadas, e seguidas duns cantos refráns e adiviñas relacionadas coa temática. O texto foi reeditado en 1984 pola editorial Galaxia co título Cancioneiro da agulla.
Xa no número 94 (outubro de 1931) presenta Mourenza, un lance teatral de ambientación mariñeira que sería estreado en Madrid en 1932. A súa última colaboración, no número 109 do 15 de xaneiro de 1933, é o traballo «Encol do nome de Martín Codax», no que defende que o apelido do xograr se correspondería co termo
codas.
En 1920 Cotarelo fora elixido membro numerario da Real Academia Galega, tras a morte de Salvador Golpe, mais non chegou a ocupar o cargo. Cando en 1926 se crearon na Real Academia Española as seccións
catalana, gallega y vascuence, Cotarelo Valledor e mais Ramón Cabanillas foron escollidos en representación da Real Academia Galega. Tomou posesión o 7 de abril de 1929 co discurso Payo Gómez Chariño, almirante y poeta, respondido por Gabriel Maura. O decreto de creación das seccións foi derogado en 1930, pero conservou a condición de académico.
Durante a súa etapa como docente en Madrid, en 1935 Cotarelo Valledor dirixiu a tese de doutoramento de Filgueira Valverde sobre a Cantiga CIII das Cantigas de Santa María. Tivo unha fonda amizade co polígrafo pontevedrés, xurdida no propio SEG. Cando en 1984 se lle adicou o Días das Letras Galegas a Armando Cotarelo Valledor, Filgueira Valverde coordinou varias publicacións na súa memoria e escribiu a súa biografía.
Como Secretario da Real Academia Española, foi nomeado procurador na terceira lexislatura das Cortes Españolas durante o franquismo, en 1949. En 1942 fora designado membro da Real Academia Española da Historia, e o seu discurso de ingreso tratou sobre «Las Jornadas del Cardenal don Rodrigo de Castro».
Como historiador da literatura, amais da obra de autores medievais como Chariño, Martín Codax, Eans Mariño e Joan de Cangas, estudou tamén os ilustrados Feijóo e Sarmiento, e editou a obra Ruínas de Rosalía de Castro. Dentro da literatura castelá, estudou a obra de Cervantes, Quevedo e Góngora. Publicou artigos sobre campos moi diversos, desde a lírica medieval á astronomía pasando pola heráldica ou a numismática. Na Exposición Rexional de 1909 realizou varios traballos de epigrafía.
Ademais da súa faceta investigadora, tamén tivo numerosa produción literaria. Escribiu obras de carácter ruralista, de ambiente mariñeiro, comedia de fondo sentimental e mesmo a traxedia histórica Hostia, sobre a morte de Prisciliano en Tréveris. Boa parte das súas pezas teatrais foron estreadas polo cadro dramático da Universidade de Santiago de Compostela, e dirixidas polo propio autor. Na estrea de Lubicán os papeis protagonistas foron representados por Fermín Bouza-Brey e Olimpia Valencia, e a obra foi ilustrada por Camilo Díaz Baliño.
Casou coa compostelá María Botana Sieiro, e foron pais de Pilar (nai do politólogo Ramón Cotarelo García e do xurista Juan Cotarelo García), Armanda, Concepción, Alicia e Teresa Cotarelo Botana.
OBRAS
Teatro
Trebón (drama rural, 1922)
Sinxebra (comedia sentimental, 1923)
Lubicán (drama rural, 1924)
Hostia (traxedia histórica, 1926)
Beiramar (drama mariñeiro, 1931)
Mourenza (drama mariñeiro, 1931)
Ultreya (libreto de ópera, 1935)
Érase una vez un rey... (1992)
Narrativa
Palladys Tyrones (1919; segunda parte da triloxía Memorias de un escolar de antaño 1808-1809. En castelán)
La enseña radía (1921; primeira parte da triloxía Memorias de un escolar de antaño 1808-1809. En castelán)
El Pazo (1923; novela bilingüe)
Contos de Nadal colleitos do pobo (1927; relatos)
Ensaio
Biografía del doctor D. Francisco Codera (1898)
La belleza femenina en las obras de Cervantes (1905)
Don Melendo García de Valdés, XX Obispo de Osma (1210-1225) (1908)
El teatro de Cervantes. Estudio crítico (1915; Premio Alba da RAE en 1912)
Vida militar, política y literaria de Alfonso III el Magno (1916)
Argonautas gallegos. 1519-1522 (1920)
Cancionero de Payo Gómez Chariño (Madrid, 1934)
El Seminario de Educación de la Vega de Ribadeo, hoy Vegadeo, y su Fundador, D. Jacinto Valledor y Presno, Obispo de Osma (1950)
«La poesía del mar en el Cancionero de la Vaticana» (1970); Grial, 30 (outubro-decembro), 463-477.
Bibliografía
Filgueira Valverde, X. (1984): Armando Cotarelo Valledor (1879-1950). A Coruña: Publicacións da Real Academia Galega.
Filgueira Valverde, X. (1984): A presencia de Armando Cotarelo Valledor en Galicia. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
Como citar: Estévez Iglesias, Adrián : Armando Cotarelo Valledor. Publicado o 12/1/2021 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=952. Recuperado o 30/09/2023

DOCUMENTACIÓN SOBRE
A primeira recepción xeral do SEG, para homenaxear á romanista Carolina Michaëlis de Vasconcellos, recollida por El compostelano. 15 de marzo de 1926
«Primera reunión general del Seminario de Estudos Galegos: Recepción de los poetas Cabanillas, Noriega, Abente y Taibo», El compostelano: diario independiente, 1795 (25 de marzo de 1926), 1.
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/consulta/registro.do?id=3841 [Descarga: 2023-02-24]
Ligazóns de interese
Luz na terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura, exposición conmemorativa do centenario do SEG. Cidade da Cultura, 4 de xullo de 2023 a 7 de xaneiro de 2024
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/luz-na-terra-o-seminario-de-estudos-galegos-unha-institucion-de-alta-cultura [Consulta: 2023-08-31]
Sitio web conmemorativo do centenario do Seminario de Estudos Galegos, elaborado polo Consello da Cultura Galega
Fonte: Consello da Cultura Galega
http://consellodacultura.gal/area2.php?arq=4372 [2023-03-08]
O Seminario de Estudos Galegos (1923-1936) en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta_aut/registro.do?id=35606 [Consulta: 2022-12-28]
Acceso á publicación Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. Galiciana
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=401088 [Consulta: 2022-12-30]
Catálogo en liña da exposición Galicia, de Nós a nós, coordinada por Afonso Vázquez-Monxardín e Ana Acuña. Cidade da Cultura, 2 de outubro de 2020 - 17 de xaneiro de 2021
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/galicia-de-nos-nos
A revista Nós en Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: https://revistanos.galiciana.gal
51 páxinas das nosas Letras
Catálogo da exposición organizada polo Parlamento de Galicia en 2013 para conmemorar o 50 aniversario do Día das Letras Galegas
Fonte: Parlamento de Galicia
https://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/Publicacions/51%20paxinas%20das%20nosas%20letras.pdf [consulta: 2022-12-30]
Videos
Antonio Fraguas conversa sobre o Seminario de Estudos Galegos
O 12 de outubro de 1923 un grupo de mozos universitarios trasládanse a Ortoño, parroquia natal de Rosalía, para constituír o Seminario de Estudos Galegos (SEG). Antonio Fraguas incorporaríase ao SEG uns anos máis tarde, en 1928, presentando unha investigación sobre o castro de Soutolongo. Neste vídeo vídeo divulgativo (6´ 32´´) conversa sobre o nacemento do Seminario de Estudos Galegos e os obxectivos cos que se fundou. A peza foi realizada por Acuarela Comunicación en 2019, ano no que a Real Academia Galega lle dedicou o Día das Letras Galegas a Antonio Fraguas.
Fonte: LInguaGalegaTV
https://www.youtube.com/watch?v=R6VmoRrlAys [Consulta: 2023-01-02]
As publicacións do Seminario
O Seminario de Estudos Galegos desenvolveu unha importante produción escrita, nomeadamente no que respecta a achegas científicas, aínda que no seu seo tamén se editaron contribucións literarias. Neste breve vídeo divulgativo (2´ 35´´) o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) ofrécenos unha panorámica das publicacións do Seminario, que testemuñan o firme compromiso deste grupo de intelectuais co uso do galego no ámbito académico e científico.
O reloxo do Seminario
Vídeo divulgativo (2´ 05´´) sobre o reloxo do século XVIII doado ao Seminario de Estudos Galegos (SEG) polo intelectual, político e mecenas galego Juan Arias Sanjurjo. A peza forma parte da serie de vídeos sobre a historia e o patrimonio documental e artístico do SEG, que o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento está a difundir este ano 2023.
Audios
REPORTAJE SOBRE ARMANDO COTARELO VALLEDOR
PROGRAMA ESPECIAL SOBRE EL DIA DE LAS LETRAS GALLEGAS