ARQUIVOS

----

Arquivos

Os arquivos son os centros para o estudo, documentación e recuperación da memoria cultural galega en diferentes campos de actuación e terán capacidade para poñer ao dispor de investigadores o seu material documental recuperado.

Arquivo da Emigración Galega (CCG)
Arquivo para o estudo e documentación do fenómeno migratorio.
Web do AEG

Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)
Arquivo para o estudo, documentación e recuperación do patrimonio oral e musical galegos.
Web do ASG

Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CCG)
Centro que compila e xestiona documentación e información relacionada coa planificación lingüística, tanto do galego como doutras linguas minorizadas.
Web do CDSG