INICIO BOLETÍNS MEDIATECA DIRECTORIO  
 

asonoro@consellodacultura.org
Tel: +34 881 995 147


 

Inicio
------------
Nós
Obxectivos
Membros
Publicacións

------------
Podcast
------------
Fondos
Editados
Inéditos
D. Schubarth

------------
Contacto
Consultas
Doazóns
Suxestións
Enderezo


Está en: Nós > Publicacións

O Arquivo Sonoro de Galicia facilita a difusión dos seus fondos sonoros a través da edición dalgunhas das gravacións que considera de maior interese patrimonial e histórico. Este traballo conta, en ocasións, coa colaboración de institucións e medios xornalísticos.

COLECCIÓN AS NOSAS VOCES:
Publicáronse, polo de agora, voces de persoeiros fundamentais da cultura galega que desenvolveron un labor fundamental para a transmisión e a permanencia dos nosos valores culturais en Galicia e na emigración.

A sensibilidade artística de Rafael Dieste, a brillantísima oratoria de Ramón Otero Pedrayo, a morriña apaixoada dende o exilio arxentino de Ramón Suárez Picallo, o ourensanismo de X. Ferro Couselo, a emotividade literaria de Eduardo Blanco Amor son algunhas mostras desta colección. Complétase coa publicación, nos anos en que se dispón, das voces dos persoeiros aos que se lles dedica o Día das Letras Galegas.

AUDIO DE MOSTRA
Ramón Otero Pedrayo
Lembranzas de médicos galegos vistos por un profano. Colexio Médico de Ourense. 1975





AUDIO DE MOSTRA
Ramón Suárez Picallo
Xornadas patrióticas galegas. Bos Aires, 1959.




VOCES LITERARIAS:
O Arquivo Sonoro de Galicia promove gravacións dos nosos escritores contemporáneos, creando así, propiamente, patrimonio sonoro.

AUDIO DE MOSTRA
Carlos Casares
O polbo xigante. Real Academia Galega. A Coruña, 1999



A LINGUA GALEGA:
Non se pode esquecer o vehículo insubstituíble de transmisión da nosa identidade que é a lingua. A estreita colaboración co Instituto da Lingua Galega permitiu a edición de A Nosa Fala.

AUDIO DE MOSTRA
A nosa fala
Bloque occidental . Camelle, 1994



ACTAS:
Por último, as ponencias dos Encontros O Son da Memoria están recompiladas nun volume de actas ao dispor público.


DISPOÑIBLES PARA DESCARGA

( 2004 ) Xaquín Lorenzo, Xocas
( 2004 ) Encontros O Son da Memoria. Actas I, II e III Encontros O Son da Memoria
( 2003 ) A Nosa Fala: bloques e áreas lingüísticas do galego
( 2003 ) Homenaxe a Antón Avilés de Taramancos
( 2000 ) Novas Voces da Poesía Galega. Recital


NON DISPOÑIBLES PARA DESCARGA

( 2006 ) Poetas e narradores nas súas voces. Vol. II


( 2001 ) Poetas e narradores nas súas voces. Vol. I


( 2000 ) Ramón Otero Pedrayo. Homenaxe a Noriega Varela


( 2000 ) Contos de Castelao


( 1999 ) Coroación poética de Ramón Cabanillas


( 1999 ) A Cultura Popular de Tradición Oral nos Centros da Terceira Idade


( 1998 ) Recital antolóxico da poesía galega dos séculos XII ao XX


( 1998 ) Ramón Otero Pedrayo, A paisaxe galega, as súas leis e tipos


( 1997 ) Homenaxe a Don Xosé Filgueira Valverde: entrevista


( 1997 ) Homenaxe a Anxel Fole


( 1997 ) Ramón Otero Pedrayo, Lembranzas de médicos galegos vistos por un profano


( 1996 ) Álvaro Cunqueiro: “A realidade histórica de Galicia”


( 1996 ) Celso Emilio Ferreiro: entrevista


( 1996 ) Xesús Ferro Couselo: “Orixe e formación da cidade de Ourense”


( 1996 ) Ramón Otero Pedrayo: “Ramón Cabanillas”


( 1995 ) Eduardo Blanco Amor: “Los poemas gallegos de Federico García Lorca”


( 1995 ) Ramón Otero Pedrayo en América I


( 1995 ) No Centenario. Museo Arqueolóxico de Ourense


( 1995 ) Homenaxe a Frei Martín Sarmiento no Terceiro Centenario do seu nacemento


( 1995 ) Homenaxe de Galicia a Don Ramón Otero Pedrayo


( 1995 ) Ofrenda a Rosalía no Centro Galego de Buenos Aires


( 1995 ) Ramón Otero Pedrayo: “A revista Nós no seu 75 aniversario”


( 1995 ) Sons da terra: Unha escolma de sons tradicionais de Galicia


( 1994 ) Homenaxe a Rafael Dieste


( 1994 ) Homenaxe a Manuel Meilán. A memoria galeguista en Montevideo


( 1994 ) Ramón Suárez Picallo e Ramón Otero Pedrayo en América II


( 1994 ) Ramón Piñeiro, “A lingoaxe e as lingoas”, Ingreso na Real Academia Galega


( 1993 ) Eduardo Blanco Amor en América


 

RECITAL ANTOLÓXICO DA POESÍA GALEGA DOS SÉCULOS XII AO XX
En xullo de 1956, Blanco Amor organizou en Bos Aires este recital no que destacados actores galego-arxentinos poñen voz a un excepcional percorrido pola literatura

Consultar especial


A NOSA FALA
Case medio centenar de gravacións de persoas de diferentes áreas lingüísticas, coa súa correspondente transcrición fonética, testemuñan neste especial a diversidade do galego oral

Consultar especial


XAQUÍN LORENZO, "XOCAS"
Unha escolma de documentos sonoros de Xocas percorren o pensamento e a biografía do etnógrafo homenaxeado o Día das Letras Galegas de 2004

Consultar especial

POETAS E NARRADORES NAS SÚAS VOCES (VOL. I)
Dezaseis poetas e quince narradores, como Manolo Rivas e Manuel María, poñen voz á súa propia obra nunha gravación feita en Nadal de 2000

Consultar especial


CONTOS DE CASTELAO
Os contacontos Santi Prego, Cándido Pazó e Avelino González interpretan ao seu xeito relatos de Castelao inspirados na tradición oral

Consultar especial


 

 
 

Cidade da Cultura de Galicia
Edificio da Biblioteca de Galicia, 1º andar
Monte Gaiás, s/n
CP 15707 Santiago de Compostela
asonoro@consellodacultura.org
Tel: +34 881995147 | +34 881995144

Envíos postais: Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi s/n 15705 Santiago de Compostela
A Coruña

 

  Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar / 15705 Santiago de Compostela
T: +34 957202 / F: +34 981 957205
Aviso Legal




Warning: Unknown: 1 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0