INICIO BOLETÍNS MEDIATECA DIRECTORIO  
 

asonoro@consellodacultura.org
Tel: +34 881 995 147


 

Inicio
------------
Nós
Obxectivos
Membros
Publicacións

------------
Podcast
------------
Fondos
Editados
Inéditos
D. Schubarth

------------
Contacto
Consultas
Doazóns
Suxestións
Enderezo


Está en: Fondos > Fondos Bibliográficos

FONDOS EDITADOS

A colección de fondos editados do Arquivo Sonoro de Galicia consta de preto de 5000 soportes de audio en distintos formatos (vinilos singles e LP, casetes, CD, DVD e discos de pizarra e pasta). A presentación destes soportes varía constantemente coa incorporación de documentacións anexas que permiten un enriquecemento de contidos alleos ao audio (imaxes, transcricións, libriños, folletos,…).




  • Contidos:

    Ao tratarse dunha colección de soportes discográficos editados é a música a protagonista case absoluta desta parte dos fondos do Arquivo Sonoro de Galicia. Non obstante, tamén existen documentos editados que recollen fondos orais (contacontos, voces de persoeiros, voces literarias,…).

    Dentro da música galega recollida, e consecuencia da historia cultural de Galicia do último século, predominan as composicións tradicionais e a música folk. O proceso de normalización, e mesmo de globalización, que sofre a cultura galega en xeral -e a música como unha das súas manifestacións- conleva unha apertura a distintos estilos musicais como queda reflectido nos últimos traballos discográficos. Tamén a creación das dúas orquestras sinfónicas subsana, aínda que polo de agora timidamente, a disposición de gravacións dos nosos compositores.


  • Procedencia:

    A colaboración de particulares, institucións, músicos e compañías discográficas resulta imprescindible para completar progresivamente a colección e evitar omisións, por outra parte, inexcusables.

    O Arquivo Sonoro de Galicia está a facer un esforzo, económico e de xestión, para a recuperación de discos de pizarra que se atopan en mans de particulares. As limitacións orzamentarias acurtan e pospoñen esta busca que unicamente a xenerosidade dos posuídores podería subsanar.

    Cabe destacar entre a nosa discografía, as edicións realizadas na emigración arxentina polo Instituto Arxentino de Cultura Galega (Centro Galego), entre outras organizacións, que recolle composicións dalgún dos nosos mellores maestros e que foron recuperadas e cedidas desinteresadamente.


A continuación, ofrecémoslles a lista-inventario dos fondos editados dispoñibles no Arquivo Sonoro de Galicia. Os datos que se facilitan son: intérprete, título disco, soporte, nº currens, ano edición. A lista vai alfabetizada polo intérprete. As siglas dos soportes corresponden a: CD (compact disc), SCD (single de compact disc), SI (single vinilo), LP (vinilo longa duración), CA (casete), OO (disco de pizarra ou de pasta), DVD (digital video tape), CD-DVD (compact disc + digital video tape). Estas siglas van acompañadas de –L cando o soporte audio vén complementado cun libriño.

Estes fondos discográficos catalóganse -en formato Marc e cun exhaustivo nivel de catalogación- no programa AbsysNET da Rede de Bibliotecas de Galicia. Actualmente hai catalogados: 1611 LP, 1052 CA, 630 SI, 72 CD-DVD, 225 CD-L, 2200 CD e 581 lousas.

Consulte a lista de Fondos Editados do ASG

AUDIOS DE MOSTRA

MÚSICA CLÁSICA
Roxelio Groba
Ao xeito de xiga. Orquestra de Cámara de Stuttgart. Director: Maximino Zumalave. Música gallega. 1990





MÚSICA TRADICIONAL
Treixadura
Fisterra. Unha semaniña enteira. 2006





MÚSICA FOLK
Berrogüetto
Unha volta e un poema. 10.0. 2006





MÚSICA JAZZ
Baldo Martínez Grupo
Danza final. Tusitalia. 2005




MÚSICA ROCK
Zënzar
Toma vé. Sigue e dalle. 2006







 
 

Cidade da Cultura de Galicia
Edificio da Biblioteca de Galicia, 1º andar
Monte Gaiás, s/n
CP 15707 Santiago de Compostela
asonoro@consellodacultura.org
Tel: +34 881995147 | +34 881995144

Envíos postais: Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi s/n 15705 Santiago de Compostela
A Coruña

 

  Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar / 15705 Santiago de Compostela
T: +34 957202 / F: +34 981 957205
Aviso Legal




Warning: Unknown: 1 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0