DISPOÑIBLE EN

GL
EN
ES

CONTACTAR

ACERCA DE LOIA

*LOIA

Cada noite, unha fonte pra espello.
Cada fonte, unha aurora de vidro.
Cada aurora, unha loia de gozo.
Cada loia, o seu sol pequeniño.
Noites e fontes, auroras e loias,
dornas estradas nas praias do amor.
E hai soio un berce e unha canción.

Aquilino Iglesia Alvariño: Leva o seu cantare (1964)


(1) Loia (<loa, derivado de loar, procedente do latín LAUDARE ‘gabar’): ‘rumor, información de orixe ignorada que corre de boca en boca’.

Ao primeiro, só algúns, arrimando o bico ao oído, se atrevían a espallar a tremenda nova; pero ao pouco, aquel run-run, aquela loia, foi crecendo e subindo, subindo, ata converterse en xeral clamoreo, que bordou por todos os curros e cantóns da cidade.

Antonio López Ferreiro: A tecedeira de Bonaval (1895).

(2) Loia (<aloia, procedente do latín ALAUDA, palabra de orixe céltica): alauda arvensis, paxaro comunmente designado como cotovía ou laverca, caracterizado polo seu canto melodioso’.

No meu xardín / volve a cantar a loia da ilusión

Aquilino Iglesia Alvariño: Señardá (1930).

«Canta a loia» 'Está un bo día de sol'

Expresión popular recollida polo poeta Aquilino Iglesia Alvariño.

Máis información sobre a palabra en: