DISPOÑIBLE EN

GL
EN
ES

CONTACTAR

ACERCA DE LOIA

NOCIÓNS DE GRAMÁTICA

O galego-portugués (denominación común usada no ámbito académico para referirse á forma primitiva e medieval do galego) é unha das linguas románicas máis conservadoras. Por exemplo, conserva sen ditongar as vogais latinas (latín PETRA > gal. pedra; latín NOVU > gal. novo), e conserva tamén algúns ditongos do latín ao protorromance que noutras linguas sufriron unha redución (protorromance do oeste *teito, *noite, *primario > gal. teito, noite, primeiro).

Os trazos principais que caracterizan o galego-portugués fronte ás outras linguas hispánicas fixáronse entre os séculos VIII e XII: redución de -LL- e -NN- intervocálicas para -l- e -n-, respectivamente (latín CAPILLU, CANNA > galego cabelo, cana), e caída de -L- e -N- intervocálicas (latín VOLARE, LUNA > galego voar, lúa). Unha característica xenuinamente distintiva do galego-portugués é a nasalización das vogais provocada pola caída de -N- intervocálica: lua, irmão, tẽer, etc.

No século XI o territorio da Gallaecia queda divido en dúas partes: o Reino independente de Portugal e o Reino de Galicia, vinculado á Coroa de León e de Castela. Dende esta fragmentación política do dominio lingüístico galego-portugués, o devir das dúas variedades foi diverxendo paulatinamente, tanto na forma como no estatus. Así, mentres o portugués se converteu en lingua oficial do Reino de Portugal, o galego quedou relegado a lingua minorizada no seu propio territorio, sometido sempre á presión do español.

Sumario

Fonoloxía e lingua escrita

O alfabeto galego ten 23 letras (a, b, c, d, e, f, g, h, i, l, m, n, ñ, o, p, q, r, s, t, u, v, x, z) e seis dígrafos (ch, gu, ll, nh, qu, rr). As letras ç, j, k, w e e úsanse só nos estranxeirismos. O til (´) utilízase para marcar a sílaba acentuada nas palabras polisílabas e tamén como diacrítico para distinguir pares de palabras que se diferencian entre si na lingua oral, porque unha é tónica e outra átona (dá, verbo dar / da, prep. de + artigo a) ou porque unha delas ten unha vogal media aberta e a outra tena pechada (vés, verbo vir / ves, verbo ver). Na lingua escrita, é e ó poden representar tanto as vogais medias abertas coma as pechadas.

Fonemas consonánticos

En moitos falantes galegos dáse a substitución do fonema lateral por un fonema central oclusivo ou africado /dj/, fenómeno que se coñece coma “yeísmo”.

Dependendo do dialecto, en lugar do fonema oclusivo velar sonoro /g/ existe un fonema fricativo ou aproximante, con realizacións xordas ou sonoras localizadas entre o veo do padal e a glote. Na maior parte dos dialectos de Galicia /g/ pronúnciase como fricativo velar xordo [h].

En posición final de palabra, -n ( en un, can, canción) pronúnciase coma nasal velar.

Fonemas vocálicos

Táboa de correspondencias fonemas-grafemas

Morfoloxía

Exceptuando os tres pronomes demostrativos de xénero neutro (isto, iso e aquilo), todos os artigos, adxectivos, substantivos e pronomes clasifícanse, segundo o xénero, como masculinos ou femininos e, segundo o número, como singulares ou plurais. O plural fórmase engadindo –s ou –es á forma singular, creando nalgúns casos novas formas lexicais: miolo/miolos. Os substantivos masculinos acaban en xeral en –o e os femininos en –a, coma neno/nena, lobo/loba. A oposición de xénero pode indicar nalgúns pares de substantivos diferenzas de sexo, tamaño (o feminino adoita representar obxectos de maior tamaño ca o masculino) ou forma (poza/pozo, machada/machado). Os substantivos exixen concordancia morfolóxica cos seus modificadores e pronomes referenciais.

Os artigos indefinidos son un, unha (masculino e feminino singular) e uns, unhas (masculino e feminino plural). Os artigos definidos son o, a, os e as. Na lingua falada, despois de palabras acabadas en -r ou -s, estes artigos represéntanse formalmente coma lo, la, los e las e únense habitualmente coa palabra precedente. Por exemplo, combinados coas preposicións por e tras, dan como resultado polo(s), pola(s), tralo(s), trala(s), respectivamente.

O galego ten unha clase de pronomes reflexivos e cinco tipos de pronomes persoais: de suxeito, de complemento directo, de complemento indirecto, preposicionais e de compañía. Estes últimos son pronomes de acompañamento, pero debe terse en conta que consigo é reflexivo: nós distinguimos entre estabamos con el e levaba unha pistola consigo. As seis clases de pronomes teñen formas singulares e plurais para a primeira, segunda e terceira persoa. Hai tamén formas formais e informais: as informais, ti (segunda persoa do singular) e vós (segunda persoa do plural); e as formais, vostede (segunda persoa do singular) e vostedes (segunda persoa do plural). Os pronomes suxeito, os preposicionais e os de compañía son tónicos e úsanse principalmente para enfatizar.

SuxeitoPreposicionalCompañía
1 sg.eumincomigo
2titicontigo
3el/ela el/elaconsigo
1 pl.nósnósconnosco
2vósvósconvosco
3 eles/elaseles/elasconsigo

Os pronomes de obxecto directo, obxecto indirecto e os reflexivos son átonos. Nas oracións declarativas afirmativas van enclíticos, unidos ao verbo. Nos demais casos van proclíticos (colocados antes do verbo).

Obxecto directoObxecto indirectoReflexivos
1 sg.mememe
2te chete
3o, a llese
1 pl.nosnosnos
2vosvosvos
3os, asllesse

Os verbos en galego (nas súas formas plenas) están formados por unha raíz, unha vogal temática e as desinencias de modo-tempo e número-persoa. Unha forma como andaremos analízase do seguinte modo: and- (raíz), -a- (1ª conxugación), -re- (futuro de indicativo), -mos (primeira persoa do plural). Existen en galego tres conxugacións verbais, que teñen como marca distintiva as súas respectivas vogais temáticas: -a- (andar), -e- (bater) e –i- (partir) [1]. Hai tamén algúns verbos irregulares: caber, dar, dicir, estar, facer, haber, ir, parir, poder, pór, pracer, querer, saber, ser, ter, traer, valer, ver e vir.

Só no indicativo os verbos se conxugan segundo o tempo e aspecto verbal: presente (ando), pretérito (andei), futuro (andarei), antepretérito (andara), copretérito (andaba), pospretérito (andaría). En subxuntivo os verbos aparecen ou en tempo presente (ande) ou en tempo pasado (andase). O futuro de subxuntivo (andar) utilízase só en textos legais ou moi formais. En galego existen dous tipos de infinitivos, o impersoal e o persoal ou flexionado. O infinitivo conxugado concorda co suxeito en segunda persoa do singular e do plural, e en primeira e terceira do plural. No paradigma verbal do galego existen outras dúas formas verbais impersoais: o xerundio (invariable) e o participio (con flexión de xénero e número). As formas verbais compostas existen só no futuro (hei andar) e no pospretérito (había andar).

Verbo andar

Sintaxe

A sintaxe do galego é a típica das linguas romances do sur. A orde normal das palabras na oración é SVO, situándose os complementos directos antes que os indirectos (aínda que as regras que rexen a colocación dos pronomes enclíticos son bastante complexas). Os pronomes suxeito que non están marcados fónicamente ou focalizados están representados morfolóxicamente só polo verbo. En xeral, nas oracións declarativas simples os auxiliares preceden ao verbo; os verbos, aos seus obxectos e complementos clausales; as preposicións preceden aos seus termos, e, nas frases nominais, o nome precede aos adxectivos e modificadores clausales (aínda que nalgúns casos o adxectivo precede ao núcleo nominal), mentres que en xeral os artigos posesivos, demostrativos, numerais e indefinidos preceden ao nome. A inversión de verbo e obxecto prodúcese habitualmente para enfatizar o obxecto.

A voz pasiva, formada polo verbo auxiliar ser e o participio do verbo principal, non se usa normalmente en galego, agás en documentos legais, periodísticos ou científicos. No seu lugar, utilízanse outras construcións para expresar a idea de pasividade: invírtese a orde habitual das palabras (Ese libro lino eu cando era pequeno, esa película rodárona na Coruña), úsase a forma activa do verbo co pronome reflexivo de terceira persoa (Esa película rodouse na Coruña); e existe tamén unha construción impersoal na que se usa a forma activa do verbo en terceira persoa de singular sen suxeito explícito, pero precedida polo pronome se (Véndese viño).

As interrogativas totais fórmanse normalmente invertindo a orde de suxeito e verbo (Veu Antón?). Se queremos enfatizala pode engadirse unha partícula interrogativa final (Veu Antón ou non?). Nas interrogativas parciais, a partícula interrogativa colócase ao principio da oración (Cando veu Antón?, Como veu Antón?, Onde está Antón?, Quen é Antón?, Que di Antón?, etc.). Cando se deduce a resposta, sexa negativa ou positiva, pode anticiparse cunha partícula interrogativa final (Veu Antón, non si?, se espera unha resposta positiva; Non veu Antón, a que non?, si espera unha resposta negativa). As respostas positivas exprésanse en xeral repetindo o verbo, reforzado en ocasiones co adverbio si: -Veu Antón? –Veu; -Fostes á festa? –Fomos, si. Para as respostas negativas, úsase o adverbio non.

A negación exprésase habitualmente poñendo o adverbio non antes do verbo: Carme non dixo nada interesante. Como se pode observar, en galego existe a “doble negación”.

Contacto co castelán

A interferencia do castelán no galego afecta sobre todo ao nivel do léxico e, en menor medida, aos niveis de sintaxe, morfoloxía e fonética. As interferencias léxicas están documentadas xa desde os textos eclesiásticos, legais e literarios medievais. Nun primero momento o vocabulario empregado nestas áreas foise castelanizando e, máis tarde, foise introducindo abundante vocabulario do castelán relacionado cós ámbitos da educación, a ciencia, o dereito, a tecnoloxía e os medios de comunicación. Esta interferencia chegou a tal nivel que a miúdo os falantes espontáneos de galego teñen dificultades para recoñecer como galegas algunhas palabras tradicionais e, pola contra, consideran autenticamente galegas as substitutas casteláns. A proximidade lingüística do galego e do castelán facilita a substitución, polo que a desintegración lingüística e a alteración da coherencia e autonomía do galego, xunto coa progresiva asimilación ao castelán, reforzan o proceso de substitución (pérdida de ámbitos de uso e falantes). Na actualidade, a substitución léxica está tan avanzada que a castelanización exténdese máis alá do vocabulario básico, diseminándose dende o campo semántico do corpo humano ás relacións de familia, os nomes dos días da semana e dos meses e a vida doméstica.

O proceso de perda de vocabulario tradicional galego débese sen dúbida á ruptura na cadea: aprendizaxe pasivo de A > uso activo de A > aprendizaxe pasivo de B > uso activo de B > aprendizaxe pasivo de C. Isto sucede cando na súa produción lingüística habitual o falante evita usar unha forma que coñece, xa sexa porque esta perdeu a súa eficacia comunicativa ou polas connotacións que conleva o seu uso. O proceso está tamén habitualmente influenciado por convencións sociais que funcionan de maneira semellante ás modas. Os falantes poden pensar que os seus interlocutores habituais non coñecen unha palabra, e entón deixan de usala. Pero o máis frecuente é que os falantes teñan a sensación de que unha palabra está vetada en certos grupos sociais de moda, que son os que marcan as tendencias de uso. Ocorre algo moi similar en todas as linguas cando unha forma se arcaíza. A diferenza está en que, no noso caso, pónselle a etiqueta de arcaísmo ao conxunto de vocabulario galego distintivo. A pesar disto, os medios de comunicación galegos desempeñan unha importante labor de recuperación de palabras prácticamente olvidadas ou marxinadas.

No nivel da morfosintaxe, algúns dos fenómenos provocados pola influencia do castelán no galego son: castelanización do xénero das palabras que comparten unha mesma orixe (gal. o leite / cast. la leche > castelanizado gal. a leite); colocación do pronome átono antes do verbo en contextos onde, de acordo coas regras do galego, colocaríanse despois do verbo (gal. lévote / cast. te llevo > castelanizado gal. te levo); castelanización das formas irregulares dos verbos (gal. souben / cast. supe > castelanizado gal. soupen). A estes fenómenos, que están presentes en diferentes niveis na lingua dos falantes espontáneos habituais, temos que engadir outros propios dos castelán-falantes: por exemplo, a elisión do artigo definido antes do adxectivo posesivo (gal. a súa roupa / cast. su ropa >súa roupa) e o uso de formas verbais como había cantado en lugar da forma galega cantara.

Algunhas palabras do galego común

galegoportuguéscastelán
abaixoabaixoabajo
adianteadiantedelante
ahí
alíaliallí
altoaltoalto
amareloamareloamarillo
anoanoaño
aquíaquiaquí
árboreárvoreárbol
arribaarribaarriba
atrásatrásatrás
augaaguaagua
avó/oaavó/ôabuelo/a
azulazulazul
baixobaixobajo
bobombueno
bonitobonitobonito
brancobrancoblanco
cabezacabeçacabeza
cancãoperro
casacasacasa
castañocastanhocastaño
ceocéucielo
chanchãosuelo
cidadecidadeciudad
cociñacozinhacocina
coitelofacacuchillo
corpocorpocuerpo
cullercolhercuchara
dentrodentrodentro
díadia día
estrelaestrelaestrella
feofeiofeo
fillo/afilho/ahijo/a
fóraforafuera
fracomagrodelgado
froitafrutafruta
grandegrandegrande
grosogrossogordo
homehomemhombre
horahora hora
hoxehojehoy
laranxalaranjanaranja
leiteleiteleche
lingualíngualengua
lonxelongelejos
lúalualuna
lumelumefuego
malomaumalo
manmãomano
mañáamanhãmañana
marmarmar
mazámaçãmanzana
mesmêsmes
mullermulhermujer
naimãemadre
negropretonegro
neno/amenino/aniño/a
noitenoitenoche
novonovonuevo
olloolhoojo
onteontemayer
paipaipadre
panpãopan
pie
pequenopequenopequeño
pernapernapierna
porcoporcocerdo
portaportapuerta
potapanelaolla
pratopratoplato
pretopertocerca
rúaruacalle
semanasemanasemana
solsolsol
teitotectotecho
terraterratierra
tixolafrigideirasartén
vellovelhoviejo
ventájanelaventana
verdeverdeverde
vermellovermelhorojo
viñovinhovino

[1] A primeira conxugación presenta normalmente –a- como vogal temática, agás na P1 de pretérito de indicativo, que presenta –e- (andei), e na P3 deste mesmo tempo, que presenta –o- (andou). A segunda conxugación, que presenta normalmente –e-, ten –i- no copretérito (collía, collías, collía...), nas P1 e P2 do pretérito de indicativo (collín, colliches) e no participio (collido/s, collida/s). En canto á terceira conxugación, a vogal temática habitual é –i-, pero presenta –e- nas P2, P3 e P6 do presente de indicativo (partes, parte, parten) e na P2 do imperativo (parte).

Bibliografía

  • Álvarez, R. e Xove, X. (2002): Gramática da lingua galega, Vigo, Galaxia.[GL]
  • Fernández Salgado, Benigno (coord.) (2004): Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega, Vigo, Galaxia.[GL]
  • Freixeiro Mato, X. R. (1998): Gramática da lingua galega I, Fonética e fonoloxía, Vigo, A Nosa Terra.[GL]
  • Freixeiro Mato, X. R. (2000): Gramática da lingua galega II, Morfosintaxe, Vigo, A Nosa Terra.[GL]
  • Freixeiro Mato, X. R. (2001): Gramática da lingua galega III, Semántica, Vigo, A Nosa Terra.[GL]
  • Freixeiro Mato, X. R. (2003): Gramática da lingua galega IV, Gramática do texto, Vigo, A Nosa Terra.[GL]
  • Freixeiro Mato, X. R. (2001): Manual de gramática galega, Vigo, A Nosa Terra.[GL]
  • Gambini, D. (1986): Introduzione alla linguistica galega, Perugia, Università.[IT]
  • Gómez Guinovart, X. (2011): Dicionario moderno inglés-galego, Ames, 2.0 Editora. [GL] [EN]
  • Herrmann, U. (1990): Das Galicische: Studien zur Geschichte und aktuellen Situation einer der nationalen Sprachen in Spanien, Frankfurt, TFM / Domus Editora Europaea.[DE]
  • Holtus, G. et alii (eds.) (1994): Lexikon der Romanistischen Linguistik. Vol. 6, 2: Galegisch, Portugiesisch, Tübingen, Max Niemeyer.
  • Monteagudo, H. (1993): "Aspects of corpus planning in Galicia", Plurilinguisme 6, 124-153.[EN]
  • Regueira Fernández, X. L. (coord.) (1998): Os sons da lingua, Vigo, Xerais.[GL]
  • Regueira Fernández, X. L. (2010): Dicionario da pronuncia da lingua galega, A Coruña, Real Academia Galega.
  • Xubín, I. (2010): Dicionario galego-éuscaro euskara-galiziera,Vigo, Universidade. [GL] [EUS]
  • Outra bibliografía en liña