DISPOÑIBLE EN

GL
EN
ES

CONTACTAR

ACERCA DE LOIA

Para comezar

Quen é quen

  • Comisión de Toponimia

  • Órgano creado dentro da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia ao que lle corresponde por lei a fixación da toponimia oficial de Galicia.

  • Consello das Linguas Oficiais da Administración Xeral do Estado

  • Órgano colexiado de análise, impulso e coordinación técnica entre os diferentes ministerios en relación co uso das linguas oficiais.

  • Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela

  • Departamento universitario da Facultade de Filoloxía ao que se adscriben as licenciaturas de Filoloxía Galega, Filoloxía Románica e Filoloxía Portuguesa.

  • Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo

  • Departamento universitario da Facultade de Filoloxía e Tradución ao que está adscrita a licenciatura de Filoloxía Galega.

  • Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña

  • Departamento universitario da Facultade de Filoloxía ao que se adscribe a licenciatura de Filoloxía Galega.

  • Nova Escola Galega

  • Asociación constituída por educadores e colaboradores partidarios dun ensino galego, público e democrático, que traballa coa finalidade de impulsar o traballo de renovación pedagóxica e a galeguización lingüística e curricular do sistema educativo galego.

  • Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

  • Organismo adscrito á Presidencia da Xunta de Galicia que ten como obxectivo a promoción e ensino da lingua galega.

  • Consello da Cultura Galega

  • Organismo estatutario con personalidade xurídica propia ao que lle compete a defensa e promoción dos valores culturais e lingüísticos do pobo galego. Desenvolve estes obxectivos a través do asesoramento, formación e investigación en todas as áreas que caracterizan o noso patrimonio cultural.

  • Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia

  • Entidade que se dedica á compilación, clasificación e difusión de documentación especializada en sociolingüística galega e doutras linguas.

  • Real Academia Galega

  • Institución científica que ten como obxectivo o estudo da cultura galega e en especial a ilustración, defensa e promoción do idioma galego.

  • Instituto da Lingua Galega

  • Centro de investigación, pertencente á Universidade de Santiago de Compostela, especializado no estudo científico da lingua galega. Tamén desenvolve actividades docentes e formativas; asesoramento técnico a institucións e a persoas relacionadas coa normalización lingüística e promoción e defensa do galego.

  • Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

  • Centro que se dedica á promoción e apoio á investigación nas áreas de literatura, lingua galega, tradución, documentación bibliográfica, ciencias sociais...

  • A Mesa pola Normalización Lingüística

  • Plataforma independente que ten como obxectivo a reivindicación e promoción do uso da lingua galega en todos os ámbitos sociais. Organiza campañas de sensibilización e reivindicación, asesoramento e colaboración con outras entidades que perseguen os mesmos fins.

  • Asociación Socio-Pedagóxica Galega

  • Organización que realiza xornadas, cursos, grupos de traballo e conferencias sobre as diferentes materias do ensino non universitario, así como publicación de materiais didácticos en lingua galega.

  • Asociación de Escritores en Lingua Galega

  • Asociación que traballa a prol da dignificación do status dos escritores en lingua galega, velando polos seus intereses e creando foros de debate que fomenten a interconexión e intercambio de ideas entre os autores.

  • Associaçom Galega da Língua

  • Asociación que reivindica a normalización do galego-portugués e a súa reintegración no ámbito lingüístico galego-luso-brasileiro.

  • Coordinadora de Traballadores e Traballadoras de Normalización da Lingua

  • Asociación profesional que traballa a prol da defensa dos intereses xerais dos/das traballadores/as de normalización lingüística.

  • Escola Galega de Administración Pública

  • Centro oficial de docencia e de investigación ao servizo da Xunta de Galicia e doutras administracións de Galicia. Entre os seus obxectivos destaca a difusión e a normalización do idioma galego na Administración pública, a capacitación lingüística do persoal e a participación na fixación da linguaxe técnica, administrativa e xurídica galega.