Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)
Cidade da Cultura de Galicia
Edificio da Biblioteca de Galicia, 1º andar
Monte Gaiás, s/n CP 15707
Santiago de Compostela
asonoro@consellodacultura.gal
Tel: +34 881995147 | +34 881995144
Obxectivos do Arquivo Sonoro de Galicia

O Arquivo Sonoro de Galicia desenvólvese como un programa dentro do Consello da Cultura Galega, dun xeito continuado dende 1995 aínda que os seus primeiros traballos comezan en 1992.

O labor esencial do Arquivo Sonoro de Galicia xira en torno á recuperación do patrimonio oral e musical galegos e xorde co propósito último de se converter ou, cando menos, sentar as bases para a creación e posta en funcionamento da necesaria e futura Fonoteca de Galicia.

Os obxectivos fundamentais, baseados nas tres tarefas artelladoras de toda actividade arquivística, son tres:

RECOMPILACIÓN:

O Arquivo Sonoro de Galicia está a facer unha constante busca de gravacións sonoras (arquivo da palabra, gravacións etnográficas, rexistros etnomusicolóxicos, material radiofónico, músicas galegas -culta, tradiconal, pop, rock,..-). Neste traballo conta coa imprescindible xenerosidade de particulares, institucións, colectivos e compañías discográficas que ceden o seu material desinteresadamente para que o arquivo complete de xeito continuado os seus fondos.


PRESERVACIÓN E CATALOGACIÓN:

A segunda tarefa inmediata que acomete o Arquivo Sonoro de Galicia é a conservación dos seus fondos. Para isto, procédese á súa dixitalización mentres que se conservan tamén os soportes orixinais en condicións óptimas de humidade e temperatura.
Nun proceso paralelo, catalóganse os fondos. Inicialmente, son os documentos discográficos de música galega os que se están a rexistrar en formato marc no sistema INNOPAC/MILLENIUM do Catálogo Colectivo da Rede de Bibliotecas de Galicia. (link).


DIFUSIÓN:

Os fondos documentais sonoros do arquivo están a disposición de estudosos para as investigacións pertinentes e tamén para outros empregos que non teñan carácter comercial.

Por outra parte, cunha periodicidade regular celébrase o Encontro O Son da Memoria. Ata agora houbo catro edicións na que cada unha delas estivo dedicada a un tema relacionado co patrimonio sonoro (música popular, música na emigración, arquivos sonoros e propiedade intelectual e metodoloxías de arquivo). Ademais, organízanse conferencias e cursos puntualmente que apoian o estudo do patrimonio oral galego. Este labor de difusión complétase coa edición de documentos pertencentes aos fondos do arquivo que son considerados de alto interese patrimonial.
DESTACADOS
Vento que zoa
A sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega procura a complicidade de todos e mostra unha selección dos nosos compositores
Últimas NOTICIAS
20/11/2019
As zarzuelas destacan na nova entrega do proxecto “Lousas”
09/10/2019
O proxecto “Lousas” sube á rede novos rexistros do noso patrimonio en pedra
09/10/2019
O Consello da Cultura Galega inaugura mañá no Museo do Pobo a mostra que recoñece o labor dos coros galegos
09/09/2019
O Consello da Cultura Galega e Afundación inauguran en Vigo Son de Galicia, a mostra que recoñece o labor dos coros galegos
03/09/2019
Presentamos “Radiodifusión galega na emigración” unha listaxe das emisións radiofónicas da diáspora
02/09/2019
O Consello da Cultura Galega e o Concello de Pontevedra rememoran o concerto homenaxe a Perfecto Feijoo cen anos despois
25/07/2019
O Consello da Cultura Galega pon na rede tres gravacións históricas do himno galego no Día Nacional de Galicia
22/07/2019
O Consello da Cultura Galega acolleu a presentación dun cancioneiro popular que xunta trescentas pezas musicais de Manzaneda e Terras de Trives
07/06/2019
“No bico un cantar” reúne en Tui a mocidade galega e portuguesa
23/05/2019
O Consello da Cultura Galega e o Ateneo Republicano dixitalizarán a memoria sonora da transición na Coruña

Consello da Cultura Galega en Facebook Consello da Cultura en Twitter

Identidade | Perfil do contratante | Lei de Transparencia | Aviso Legal | | Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela - A Coruña. Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205