PLENARIO

----
Representativo/a (1996 - 2018)

Francisco Díaz-Fierros Viqueira

Seminario de Estudos Galegos

Nado en Vilagarcía de Arousa en 1941 É doutor en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela e catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola desde 1987 As súas liñas de investigación son os factores de formación do solo, as propiedades físicas de solos de zonas húmidas, a avaliación e a cartografía de solos de Galicia e zona húmida, a erosión, os procesos de degradación de superficies queimadas ou a paleoecoloxía.

É membro de numerosas Sociedades Científicas nacionais e internacionais, como a Sociedade Galega de Historia Natural (1975-1980), a Sección I (Física do Solo) da Sociedade Española de Ciencia do Solo (1988-1996) ou a Council of the European Soil Conservation (1994-1998).
É autor, coautor ou coordinador de numerosas publicacións, entre as que se atopan: Contribución a la climatología de Galicia (1971); Testemuñas e perspectivas en homenaxe ao Seminario de Estudos Galegos (1978); A natureza ameazada. Xea, flora e fauna de Galicia en perigo (1989); 25 anos de Medio Ambiente en Galicia (2000) e O Bispo dos sen alma. Catálogo da Exposición Frei Rosendo Salvado (2001).

Acadou os Premios Fray Bernardino de Sahagún (1972), Federico Manciñeira (1978), o de Investigación da Deputación de Pontevedra (1980) e o Galicia de Investigación da USC (1982).

Histórico no Consello da Cultura Galega
Retrato