PLENARIO

----

Ramón Yzquierdo Perrín

Representativo/a. Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario (1997 - 2016)

É licenciado en Historia e doutor en Historia de Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, onde impartiu clases. Actualmente é catedrático de Historia da Arte na Universidade da Coruña.
Académico de número da Real Academia Galega de Belas Artes e académico correspondente da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e da Real Academia de la Historia.

A súa docencia e investigación oriéntanse, preferentemente, á arte medieval, á que dedicou a maioría das súas publicacións. Destacan as enfocadas á arquitectura románica e ao Mestre Mateo e o seu taller, o que lle permitiu reconstruír, co profesor Ramón Otero, parte do coro pétreo da catedral de Santiago de Compostela.

Histórico no Consello da Cultura Galega
Retrato