PLENARIO

----

Iago Seara Morales

Electivo/a. Consello da Cultura Galega (1998 - 2016)

Arquitecto. Foi secretario do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), xefe de servizo de Patrimonio Arquitectónico e director xeral de Patrimonio Histórico e Documental da Consellería de Cultura.

Ten desenvolvido obras de restauración ou rehabilitación como as efectuadas no mosteiro de Ferreira de Pantón, a biblioteca do Parlamento de Galicia, o edificio do Valedor do Pobo en Santiago, a sala de armas do Arsenal Militar de Ferrol, as cubertas do Pórtico da Gloria, ademais de elaborar o plan director do conxunto catedralicio de Tui. En obra nova, son da súa autoría a igrexa de Fontiñas (Santiago de Compostela), o edificio do Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia así como varios edificios da Escuela de Infantería de Marina en Cartaxena.

Recibiu galardóns como o Premio COAG de Obra Nova (1990); o Premio Agencia Española de Profesionales de Deseño, V edición; o Premio Internacional Forestalia á Construción en Madeira (2001); a Medalla de Prata da Asociación Española de Amigos de los Castillos (2009) e tivo obra seleccionada na Bienal de Arquitectura de 1993.

A partir de 1995 é membro de ICOMOS, organismo da Unesco dedicado á protección do Patrimonio. Desde 2003 foi vogal da xunta directiva de Hispania Nostra. Alén disto, codirixiu o Máster de Restauración na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña (1996-2006), onde imparte clase.

Histórico no Consello da Cultura Galega
Retrato