COMISIóN EXECUTIVA

----
Secretaría (1999 - 2010)

Henrique Monteagudo

Consello da Cultura Galega

Profesor titular de Filoloxías galega e portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela, e mais investigador do Instituto da Lingua Galega e do Centro de Lingüística Geral e Aplicada (CELGA) da Universidade de Coimbra. Membro do Consello da Cultura Galega, onde coordina a Sección de lingua, literatura e comunicación e dirixe o CDSG, é tamén académico numerario da Real Academia Galega. Tamén é codirector da revista Grial, membro do consello de redacción de Estudos de Lingüística Galega, do consello científico da revista Treballs de Sociolingüística Catalana e do Conselho editorial da Editorial Parábola de São Paulo.

É autor, coautor ou director de numerosos traballos sobre filoloxía, lingüística, sociolingüística e historia social da lingua galega. Salientan o volume Estudios de sociolingüística galega (1995), a monografía Historia Social da Lingua Galega (1999) e os informes A sociedade galega e o idioma. A evolución sociolingüística de Galicia (1992-2003) (2006), O idioma galego na sociedade. A evolución sociolingüística 1992-2008 (2001) e A(s) lingua(s) a debate. Inquérito sobre opinións, actitudes e expectativas da sociedade galega (2011). Codirixiu o Informe de Política Lingüística e Normalización en Galicia (1980-2000). É editor dos volumes Norma lingüística e variación (2005) e Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade (2009). Autor da colectánea As razóns do galego. Apelo á cidadanía (2009).

Leu o seu discurso de ingreso na RAG baixo o título Facer país co idioma. Sentido da Normalización Lingüística.

Histórico no Consello da Cultura Galega
Retrato